Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 14 Venres, 19 de xaneiro de 2018 Páx. 4361

IV. Oposicións e concursos

Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde

RESOLUCIÓN do 16 de xaneiro de 2018 pola que se modifica a Resolución do 20 de decembro de 2017 pola que se convoca proceso selectivo para a provisión mediante contrato laboral temporal de tres prazas de titulado/a superior de xestor de proxecto para a Unidade de Desenvolvemento e Innovación Sanitaria.

Advertido erro na Resolución do 20 de decembro de 2017, publicada no Diario Oficial de Galicia número 9, do 12 de xaneiro de 2018, cómpre facer a seguinte corrección:

No anexo I base segunda número 3: Titulación académica, no primeiro parágrafo,nas páxinas 2267-2268, onde di: «Estar en posesión dunha das seguintes titulacións de grao (ou equivalente): Economía, Dereito, Ciencias Políticas, Administración e Dirección de Empresas, Ciencias Químicas, Farmacia, Ciencias Biolóxicas, Medicina, Bioquímica, Biotecnoloxía, Psicoloxía, Enfermaría, Ciencias Ambientais, Física, Veterinaria ou Enxeñaría», debe dicir: «Para as prazas de xestor de proxecto de innovación e xestor de proxecto de investigación estar en posesión dunha das seguintes titulacións de grao (ou equivalente): Economía, Dereito, Ciencias Políticas, Administración e Dirección de Empresas, Ciencias Químicas, Farmacia, Ciencias Biolóxicas, Medicina, Bioquímica, Biotecnoloxía, Psicoloxía, Enfermaría, Ciencias Ambientais, Física, Veterinaria ou Enxeñaría; para a praza de xestor de comunicación engádense, ademais das anteriores, as titulacións de grao en Comunicación Audiovisual (ou equivalente), grao en Xornalismo (ou equivalente) e grao en Publicidade e Relacións Públicas (ou equivalente)»

A publicación da presente resolución modifica o prazo de presentación de solicitudes sinalado na base terceira do anexo I da citada Resolución do 20 de decembro de 2017, amplía a 15 días hábiles contados desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 16 de xaneiro de 2018

A Xerencia da Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde
P.S. (Acordo do 30.6.2017)
Luis Ángel León Mateos
Director da Área de Planificación e Promoción da Investigación Sanitaria