Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 14 Venres, 19 de xaneiro de 2018 Páx. 4305

III. Outras disposicións

Axencia Turismo de Galicia

RESOLUCIÓN do 4 de xaneiro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións a entidades locais para actuacións de mellora das infraestruturas turísticas, e se anuncia a convocatoria para o ano 2018.

A Lei 7/2011, do 27 de outubro, de turismo de Galicia, establece entre os fins que persegue a lei, aos que a Administración autonómica acomodará as súas actuacións, a promoción e o estímulo dun sector turístico galego competitivo, de calidade e accesible, e a promoción de Galicia como destino turístico de calidade, con garantía do seu tratamento unitario na difusión interior e exterior dos recursos do país.

A Axencia Turismo de Galicia créase en virtude da autorización contida na disposición adicional cuarta da Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia, polo Decreto 196/2012, do 27 de setembro, como unha axencia pública autonómica, que terá como finalidade impulsar, coordinar e xestionar a política autonómica en materia de turismo e, en especial, a promoción e a ordenación do turismo dentro da comunidade.

Entre os obxectivos básicos da Axencia están o desenvolvemento do turismo na comunidade autónoma de acordo cos principios de calidade, accesibilidade e sustentabilidade; a potenciación do turismo como un factor de crecemento económico, a valorización dos recursos turísticos; o fomento do turismo como un instrumento de reequilibrio territorial.

Dado que o desenvolvemento rural galego debe abordarse desde unha perspectiva integral, prevese, o apoio a actuacións de diferente natureza, que a Axencia Turismo de Galicia vai materializar a través da concesión de subvencións ás entidades locais para actuacións de mellora das infraestruturas turísticas.

En consecuencia e con cargo aos créditos da Axencia Turismo de Galicia asignados para esta finalidade, e todo isto consonte o establecido sobre medidas de fomento no artigo 94 da Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia, en concordancia co sinalado no artigo 95 da dita lei e tendo en conta o determinado na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o regulamento da devandita lei, o Decreto 193/2011, do 6 de outubro, polo que se regulan especialidades nas subvencións ás entidades locais galegas, e de conformidade coa competencia conferida polo artigo 19 dos Estatutos da Axencia Turismo de Galicia, aprobados polo Decreto 196/2012, do 27 de setembro,

RESOLVO:

Primeiro. Convocatoria e bases reguladoras

O obxecto desta resolución é aprobar as bases –que se inclúen como anexo I–, polas que se rexerá a concesión das subvencións a entidades locais, en réxime de concorrencia competitiva, para actuacións de mellora das infraestruturas turísticas, así como efectuar a súa convocatoria para o ano 2018 (TU501B).

Segundo. Solicitudes

1. Para poder ser beneficiario das subvencións deberá presentarse unha solicitude axustada ao modelo normalizado que se inclúe como anexo II desta resolución, que irá acompañada dos documentos que se especifican no artigo 5 das bases reguladoras.

2. As solicitudes deberán presentarse na forma e no prazo establecidos no devandito artigo 5 das bases reguladoras.

Terceiro. Prazo de duración do procedemento de concesión

Unha vez rematado o prazo para a presentación de solicitudes, estas serán tramitadas e valoradas de acordo co procedemento establecido nas bases reguladoras.

O procedemento de concesión non poderá ter unha duración superior aos cinco meses contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia (DOG).

Cuarto. Información as persoas interesadas

Sobre este procedemento administrativo poderase obter documentación normalizada ou información adicional na Axencia Turismo de Galicia, a través dos seguintes medios:

a) Páxina web oficial da Axencia Turismo de Galicia: http://www.turismo.gal

b) Os teléfonos 981 546 363 e 981 540 146 e o fax 981 546 371 da devandita axencia.

c) Enderezo electrónico: xerencia.turismo@xunta.gal.

d) Presencialmente.

Quinto. Réxime de recursos

Esta resolución pon fin á vía administrativa e contra ela poderán interpoñerse os seguintes recursos, sen prexuízo de que os interesados poidan exercer calquera outro que consideren procedente:

a) Recurso potestativo de reposición ante a Axencia Turismo de Galicia, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

b) Recurso contencioso-administrativo ante os xulgados do contencioso-administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contado desde o día seguinte ao da publicación da resolución.

Sexto. Base de datos nacional de subvencións

En cumprimento do disposto no artigo 20 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, o texto da convocatoria e a información requirida no ordinal oitavo do devandito artigo será comunicado á Base de datos nacional de subvencións (BDNS). A BDNS dará traslado ao Diario Oficial de Galicia do extracto da convocatoria para a súa publicación.

Santiago de Compostela, 4 de xaneiro de 2018

Mª Nava Castro Domínguez
Directora da Axencia Turismo de Galicia

ANEXO I
Bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva,
das subvencións a entidades locais para actuacións de mellora
das infraestruturas turísticas

Artigo 1. Obxecto e réxime das subvencións

1. As subvencións reguladas por estas bases teñen por obxecto o fomento da accesibilidade e sinalización dos recursos turísticos no medio rural cara á consolidación da oferta turística nas zonas rurais a través da posta en valor da súa riqueza histórica, cultural, patrimonial e paisaxística.

2. O procedemento de concesión destas subvencións tramitarase en réxime de concorrencia competitiva.

3. Ao abeiro desta resolución, son subvencionables as seguintes accións:

a) Actuacións de embelecemento dos accesos aos recursos turísticos da entidade solicitante, que poderán incluír:

– Recuperación e tratamento paisaxístico do contorno dos recursos turísticos

– Iluminación ornamental dos recursos turísticos, xa sexa primeira instalación ou mellora, ampliación ou substitución da existente. Non será subvencionable a iluminación urbana da entidade local.

– Recuperación de miradoiros paisaxísticos, sendeiros, rutas....

– Adecuación de espazos destinados ao estacionamento de vehículos dos visitantes, nos que a súa finalidade sexa reducir o impacto negativo que estes producen.

b) Actuacións de embelecemento dos bens declarados de interese cultural ou cun procedemento de declaración xa iniciado, así como as que afecten o seu contorno de protección que poderán consistir en:

– Embelecemento de vías.

– Soterramento de contedores de residuos.

– Eliminación de cableado aéreo e antenas de comunicacións.

c) Actuacións de posta en valor turístico dos recursos que poderán incluír as seguintes:

– Rehabilitación ou restauración para a súa dedicación a usos turísticos distintos do aloxamento de persoas.

– Recuperación de elementos de interese etnográfico ou da arquitectura tradicional.

d) Actuacións de mellora da accesibilidade dos recursos turísticos:

– Eliminación de barreiras arquitectónicas no acceso aos bens, recursos e rutas turísticas.

– Facilitar o acceso das persoas con algún tipo de discapacidade sensorial á información turística dos recursos, mediante a adaptación das páxinas web, sinalización en linguaxe braille ou calquera outra de análoga natureza.

En todo caso, deberá cumprirse a normativa vixente en materia de accesibilidade e eliminación de barreiras arquitectónicas.

Só serán subvencionables as obras que utilicen materiais construtivos que permitan a integración harmónica e respectuosa coa contorna na que se atopa o recurso. Neste sentido deberá evitarse o uso de asfalto ou de formigón cando visualmente non se acomoden esteticamente co medio.

e) Sinalización dos recursos turísticos.

A sinalización poderá comprender tanto a primeira instalación como a substitución da existente nos camiños e nas estradas das redes locais, provinciais e autonómica, así como nos cascos urbanos cando esta se atope deteriorada ou obsoleta nos seus contidos e/ou imaxe.

So será subvencionable a sinalización turística, que é a referida exclusivamente aos recursos e servizos turísticos.

Os paneis interpretativos deberán utilizar materiais resistentes ás inclemencias meteorolóxicas, ao vandalismo e deberán harmonizar co contorno no que se instalen.

Os materias e características da sinalización deberán cumprir o disposto no manual oficial de sinalización turística da Xunta de Galicia, Decreto 85/2012, do 16 de febreiro (DOG núm. 47, do 7 de marzo), os correspondentes manuais de homologación de sendeiros conforme a normativa da Federación Galega de Montañismo e de acordo coa sinalización deseñada pola Axencia Turismo de Galicia para os Centros BTT.

En todo caso, de ser necesarias para levar a cabo a actuación para a que se solicita subvención, deberá contarse coas autorizacións das administracións sectoriais correspondentes (patrimonio, estradas, ambiente....). De non contar coas referidas autorizacións, deberá achegarse coa solicitude de subvención a súa petición ás administracións competentes.

Artigo 2. Gastos subvencionables e requisitos dos proxectos

1. De acordo co establecido no artigo 29 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, considéranse gastos subvencionables aqueles gastos que de xeito indubidable respondan á natureza da actividade subvencionada e sexan efectivamente realizados no ano 2018.

2. Ao abeiro do regulado nestas bases, serán gastos subvencionables os seguintes:

a) Gastos necesarios para a axeitada execución das actuacións subvencionadas, incluíndo de ser o caso, os gastos financeiros, de asesoría xurídica ou financeira, gastos notariais e rexistrais e os de peritaxe, sempre e cando fosen indispensables para a execución da intervención.

b) Gastos correspondentes a honorarios facultativos devindicados pola redacción dos proxectos técnicos precisos para a execución das actuacións, así como pola dirección facultativa das obras e o custo dos estudos necesarios para a súa realización.

Os tributos (IVE) serán gasto subvencionable cando a entidade beneficiaria da subvención os aboe efectivamente. En ningún caso se van subvencionar os impostos indirectos cando sexan susceptibles de recuperación ou compensación nin os impostos persoais sobre a renda.

3. Non son gastos subvencionables:

a) As actuacións que constitúen o obxecto destas bases cando segundo os criterios de valoración establecidos no seu artigo 11, a entidade solicitante non acade a puntuación mínima (41 puntos).

b) Os gastos correntes de funcionamento da entidade beneficiaria.

c) Equipamento e materiais non funxibles de segunda man.

d) Actuacións de mantemento que se realicen periodicamente para manter o recurso en perfecto uso ou estado (limpeza, pintura, arranxos de carpintaría...).

4. Na adquisición de bens e servizos mediante contratos públicos non son subvencionables: a) os pagamentos efectuados polo contratista á Administración en concepto de taxa de dirección de obra ou control de calidade, b) calquera outros conceptos que supoñan ingresos ou descontos que se deriven da execución do contrato, c) os pagamentos efectuados polo beneficiario que se deriven da execución dos contratos públicos.

5. En ningún caso serán obxecto de subvención os gastos de xuros debedores en contas bancarias; os xuros, recargos e sancións administrativas e penais, nin os gastos dos procedementos xudiciais.

Artigo 3. Financiamento e concorrencia

1. As subvencións obxecto desta resolución imputaranse cun crédito total de 2.500.000 € á aplicación orzamentaria 04 A2 761A 760.0, proxecto 2016 00002 dos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia sen prexuízo de ulteriores variacións producidas como consecuencia da existencia dunha maior dispoñibilidade orzamentaria, de conformidade co disposto no artigo 30.2 do Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, o que poderá dar lugar á posibilidade de atender novas solicitudes que poderán levar á subvención oportuna.

Nestes casos o órgano concedente deberá publicar a ampliación de crédito nos mesmos medios nos que publicou a convocatoria sen que esta publicación implique unha apertura do prazo para presentar novas solicitudes nin o inicio de novo cómputo dos prazos para resolver.

2. Esta convocatoria tramítase ao abeiro do artigo 25.1.a) do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, como expediente anticipado de gasto, e existe crédito suficiente previsto no proxecto de orzamentos da Comunidade Autónoma para o exercicio 2018.

Así mesmo, estará sometida ao regulado na orde da Consellería de Economía e Facenda do 11 de febreiro de 1998, sobre tramitación anticipada de expedientes de gasto, modificada polas ordes da mesma consellería do 27 de novembro de 2000 e do 25 de outubro de 2001.

Ao abeiro desta normativa, a concesión das subvencións queda condicionada á existencia de crédito adecuado e suficiente no momento da resolución de concesión.

3. Para a determinación do investimento subvencionable, do orzamento presentado pola entidade solicitante detraeranse os gastos non subvencionables, tendo en conta a existencia dun límite máximo de inversión aprobada de 100.000 €.

O importe máximo da subvención que se vai aboar será do 85 % del importe de adxudicación sen que a intensidade da axuda poida superar o importe máximo de 45.000 €. As diferentes contías establecéranse en función da puntuación obtida por cada solicitude en aplicación dos criterios de valoración establecidos no artigo 11 destas bases.

4. As subvencións reguladas nestas bases son compatibles coa percepción doutras subvencións, axudas, ingresos ou recursos para o mesmo obxecto e finalidade procedentes de calquera administración ou entes públicos ou privados, estatais ou de organismos internacionais, pero o seu importe, en ningún caso, poderá ser de tal contía que, illadamente ou en concorrencia con subvencións, axudas, ingresos ou recursos doutras administracións públicas ou doutros entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, supere o custo da actividade subvencionada.

Artigo 4. Persoas beneficiarias

1. Poderán ser beneficiarias das subvencións, sen prexuízo de reunir os requisitos establecidos nestas bases, as entidades locais que desenvolvan actuacións de mellora das infraestruturas turísticas, que se relacionan:

a) Concellos.

b) Mancomunidades e consorcios locais constituídos de acordo coa Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración local de Galicia. Estas entidades supramunicipais deberán ter atribuídas competencias en materia de turismo.

c) Agrupacións de concellos, de conformidade co disposto no artigo 8.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. Neste caso deberá facerse constar expresamente, tanto na solicitude como na resolución de concesión, os compromisos de execución asumidos por cada membro da agrupación, así como o importe de subvención a aplicar por cada un deles, que terán igualmente a consideración de beneficiarios. Deberá nomearse un representante ou apoderado único da agrupación, con poderes suficientes para cumprir as obrigas que, como beneficiario, lle corresponden á agrupación. Esta agrupación non poderá disolverse ata que transcorra o prazo de prescrición previsto nos artigos 35 e 63 da citada lei.

2. Non poderán participar nesta convocatoria as setes grandes cidades galegas: A Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, Vigo, Ferrol e Santiago de Compostela, e as entidades locais de carácter supramunicipal nas que estean integradas.

3. Non se admitirán as solicitudes presentadas por consorcios locais dos cales forme parte a Xunta de Galicia e financie, en todo ou en parte, os seus gastos de funcionamento.

4. Os requisitos para ser beneficiarias deberán cumprirse antes do remate do prazo de presentación de solicitudes.

5. Non poderán obter a condición de beneficiario aqueles nos cales concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. A acreditación de non estaren incursos nas ditas prohibicións realizarase mediante declaración responsable da entidade.

6. So poderá solicitarse unha axuda por concello, mancomunidade, consorcio ou agrupación.

Os concellos pertencentes a entidades locais supramunicipais ou agrupacións que soliciten axudas como integrantes destas, poderán pola súa vez solicitar unha axuda para unha actuación diferente de maneira independente.

Artigo 5. Solicitudes

1. A presentación das solicitudes realizarase obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal. Para a presentación das solicitudes, poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

2. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. A Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.

Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente se dispón del.

3. Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar durante a tramitación deste procedemento deberán ser realizados electronicamente accedendo á carpeta do cidadán da persoa interesada.

4. O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación.

Se o último día de prazo fose inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes do vencemento non houbese día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último do mes.

5. As entidades interesadas achegarán a seguinte documentación:

a) Solicitude segundo o modelo do anexo II subscrita polo órgano competente do concello, mancomunidade, consorcio ou agrupación.

Respecto das declaracións contidas na solicitude, no caso das agrupacións de concellos, estas declaracións emitiranse con base nas emitidas polos respectivos representantes de cada un dos concellos que a integran. Estas declaracións orixinais deberán quedar en poder do concello representante para a súa achega no procedemento de subvencións, de ser requirido para iso polo órgano tramitador.

b) Acreditación da titularidade do inmoble ou de calquera título de disposición válido en dereito que garanta a súa permanencia durante un período que permita cumprir os prazos establecidos.

c) Certificación da secretaría da entidade local, que deberá ser un documento único no que se recollerán os seguintes extremos:

– O acordo polo cal se solicita a subvención para as obras ou equipamentos que se pretenden executar e se aceptan as condicións de financiamento e demais requisitos establecidos nesta resolución, así como o compromiso de financiar o importe da actividade que non resulte subvencionado ao abeiro desta convocatoria ata o importe total da execución prevista segundo a documentación achegada coa solicitude.

Este acordo deberá estar adoptado antes do vencemento do prazo de presentación das solicitudes. O incumprimento destes requisitos constituirá causa de inadmisión da solicitude.

– Remisión das contas da entidade local ao consello de Contas de Galicia. No certificado quedará acreditado que a remisión das contas ao Consello de Contas se efectuou antes do vencemento do prazo de presentación de solicitudes.

– Acreditación de que as obras non estaban iniciadas na data do 1 de xaneiro de 2018.

– Acreditación da poboación da entidade local de acordo cos últimos datos do padrón de habitantes na data da publicación da convocatoria.

No caso de agrupacións de concellos, certificación emitida pola secretaría do concello representante, na cal se faga constar con base nos acordos adoptados polos órganos competentes de cada un dos concellos agrupados e/ou nas certificacións emitidas polas secretarías dos concellos integrantes da agrupación:

– Que todos os concellos integrantes da agrupación adoptaron o acordo polo cal se solicita a subvención para as obras ou equipamentos que se pretenden executar e se aceptan as condicións de financiamento e demais requisitos establecidos nesta resolución, así como o compromiso de financiar o importe da actividade que non resulte subvencionado ao abeiro desta convocatoria ata o importe total da execución prevista segundo a documentación achegada coa solicitude.

– O nomeamento da persoa titular da alcaldía como representante con poderes suficientes para cumprir con todas as obrigas que como entidade beneficiaria corresponden á agrupación, e que actuará como coordinador/a, interlocutor/a e perceptor/a da subvención.

– Que todos os concellos participantes na solicitude remitiron as contas do concello ao Consello de Contas de Galicia. Nesta certificación deberá quedar acreditado que a remisión das contas ao Consello de Contas de Galicia se efectuou antes do vencemento do prazo de presentación de solicitudes.

Os acordos deberán estar adoptados e as contas remitidas antes do vencemento do prazo de presentación de solicitudes. O incumprimento destes requisitos ou a falta da referencia expresa ao contido determinado nos números anteriores, aínda que afecte unha soa das entidades agrupadas, determinará a inadmisión da solicitude.

– O instrumento xurídico que regule a agrupación, no que consten os compromisos de execución asumidos por cada membro, así como o importe de subvención que vaia aplicar cada un deles e a designación da persoa titular da alcaldía que actuará como representante da agrupación. A este representante corresponderalle asinar a solicitude e con el efectuaranse todas as actuacións a que o procedemento dea lugar.

– Acreditación de que as obras non estaban iniciadas na data do 1 de xaneiro de 2018.

– Acreditación da poboación da agrupación de acordo cos últimos datos do padrón de habitantes na data de publicación da convocatoria.

d) Memoria detallada asinada por técnico competente que permita unha definición exacta da intervención que se vai realizar que deberá incluír:

– Planos de localización do investimento.

– Planos do estado actual.

– Planos do proxecto que se vai levar a cabo.

– Relación exhaustiva (indicando calidades) dos materiais e acabamentos propostos.

– Relación detallada dos mobles e equipamentos (débese indicar calidades, localización e número) que se van instalar.

– Reportaxe fotográfica do inmoble, exteriores, interiores e da contorna.

– Orzamento detallado, agrupado por partidas dos gastos necesarios para a execución do proxecto.

e) No caso de que a solicitude comporte a realización de obras, tres ofertas como mínimo de diferentes provedores de acordo co establecido no artigo 29.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, agás que polas especiais características dos gastos non existan no mercado suficiente número de entidades que o subministren ou presten. Cando o beneficiario teña a obriga de solicitar, como mínimo, tres ofertas de diferentes provedores deberá xustificar nunha memoria a elección da oferta cando non recaia na proposta económica máis vantaxosa.

En todo caso é de obrigado cumprimento por parte da entidade beneficiaria o disposto no Real decreto lexislativo 3/2011, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público.

No caso de que a execución do proxecto se tramite a través dun expediente de contratación, sinalarase expresamente.

f) No caso de ser necesarias para levar a cabo a actuación para a que se solicita subvención, autorizacións das administracións sectoriais correspondentes (patrimonio, estradas, ambiente....).

De non contar coas referidas autorizacións, deberán xuntar a petición do/dos correspondente/s permisos ás administracións competentes.

Todo isto, sen prexuízo de que se solicite documentación complementaria aclaratoria dos datos que figuren na solicitude.

No caso de que algún dos documentos que vaia presentar a parte da entidade solicitante, de forma electrónica, superase os tamaños límites establecidos ou en formatos non admitidos pola sede electrónica, permitirase a súa presentación de forma presencial dentro dos prazos previstos. Para iso, e xunto co documento que se presenta, a persoa interesada deberá mencionar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de expediente e o número ou código único de rexistro. Na sede electrónica da Xunta de Galicia publicarase a relación de formatos, protocolos e tamaño máximo admitido da documentación complementaria para cada procedemento.

De conformidade co establecido no artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, se a solicitude non reúne os requisitos establecidos na convocatoria, o órgano competente requirirá ao interesado para que a emende no prazo máximo e improrrogable de 10 días, e indicaráselle que, se non o fixese, se terá por desistido da súa solicitude, logo de resolución que deberá ser ditada nos termos previstos no artigo 21 da citada lei.

Artigo 6. Transparencia e bo goberno

1. A presentación da solicitude implica o coñecemento e a aceptación destas bases reguladoras.

2. De conformidade co artigo 17.3 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, a Axencia Turismo de Galicia publicará na súa páxina web, ademais da información que se debe facer pública segundo a normativa básica en materia de transparencia (importe, obxectivo ou finalidade e beneficiarios), o texto íntegro da convocatoria das axudas ou subvencións, e as concesións das devanditas axudas ou subvencións, polo que a presentación da solicitude leva implícita a autorización para o tratamento necesario dos datos das persoas beneficiarias e a referida publicidade.

3. En cumprimento do disposto no artigos 18 e 20.8 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, comunicarase a concesión das axudas reguladas nesta convocatoria á Base de datos nacional de subvencións que operará como sistema nacional de publicidade de subvencións.

Artigo 7. Datos de carácter persoal

De conformidade coa Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal, os datos persoais recollidos na tramitación desta disposición, cuxo tratamento e publicación autoricen as persoas interesadas mediante a presentación das solicitudes, serán incluídos nun ficheiro denominado «Relacións administrativas coa cidadanía e entidades» cuxo obxecto é xestionar o presente procedemento, así como para informar as persoas interesadas sobre o seu desenvolvemento. O órgano responsable deste ficheiro é a Axencia Turismo de Galicia. Os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición poderanse exercer ante a Axencia Turismo de Galicia, mediante o envío dunha comunicación ao seguinte enderezo: Estrada Santiago-Noia, km. 3 (A Barcia) Santiago de Compostela ou a través dun correo electrónico a xerencia.turismo@xunta.gal.

Artigo 8. Órganos competentes

A Xerencia da Axencia Turismo de Galicia será o órgano competente para a instrución do procedemento de concesión da subvención, correspondendo á persoa titular da Dirección da Axencia ditar a resolución de concesión.

Artigo 9. Instrución dos procedementos

1. De conformidade co establecido no artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, se a solicitude non reúne algún dos requisitos exixidos nestas bases reguladoras ou na correspondente convocatoria, requirirase o interesado para que, nun prazo de dez días, emende a falta ou achegue os documentos preceptivos. Neste requirimento farase indicación expresa de que, se así non o fixese, se considerará que desistiu na súa petición, logo da correspondente resolución.

2. Sen prexuízo do disposto no parágrafo anterior, poderáselle requirir á entidade solicitante que achegue cantos datos, documentos complementarios e aclaracións resulten necesarios para a tramitación e resolución do procedemento.

3. Os proxectos ou memorias valoradas serán avaliados na Área de Obras e Mantemento que emitirá un informe ao respecto para o seu estudo pola comisión.

4. Os expedientes que non cumpran as exixencias contidas nestas bases ou na normativa de aplicación, ou que non conteñan a documentación necesaria, quedarán á disposición do órgano instrutor para que formule a proposta de resolución de inadmisión, en que se indicarán as causas desta.

Artigo 10. Comisión de valoración

1. As solicitudes serán valoradas en réxime de concorrencia competitiva, conforme os criterios de adxudicación e baremación previstos nestas bases por unha comisión de avaliación que será a responsable de propoñer a resolución final ao órgano competente para resolver.

2. A composición da comisión de valoración será a seguinte:

a) A persoa titular da dirección da Axencia Turismo de Galicia, que a presidirá.

b) As persoas titulares das delegacións territoriais ou persoas nas que deleguen.

c) A persoa titular da xerencia da Axencia Turismo de Galicia ou persoa na que delegue.

d) Un/unha representante da Xerencia designada pola persoa titular da Dirección da Axencia Turismo de Galicia.

e) Un/unha funcionario/a da Axencia Turismo de Galicia designado/a pola persoa titular da Dirección, que actuará como secretario/a.

3. No informe que formule a comisión figurarán de xeito individualizado ás entidades solicitantes propostos para obter a subvención, especificándose a avaliación que lles corresponde, segundo os criterios recollidos no artigo seguinte e indicando o importe da concesión que se propón para cada un deles.

4. No caso de existiren solicitudes que non figuran no informe anterior por razón do baremo aplicado ao terse esgotado o crédito dispoñible, a comisión poderá emitir propostas sucesivas, ben por dispor de crédito por producirse algunha renuncia ou modificación nos proxectos inicialmente propostos ou ben por incremento do orzamento inicialmente destinado a esta subvención.

Artigo 11. Criterios de valoración

Os proxectos ou actuacións que se presenten deberán ser técnica, económica e financeiramente viables, e os criterios de avaliación que servirán de base para a determinación da preferencia na concesión da subvención serán os seguintes:

1. Existencia de recursos turísticos estratéxicos de Galicia no ámbito territorial da entidade solicitante: máximo 30 puntos.

a) Que exista algún ben declarado patrimonio mundial: 10 puntos.

b) Que exista algún ben declarado ou cun expediente de declaración incoado como ben de interese cultural: 10 puntos.

c) Que exista algún espazo natural declarado protexido: 5 puntos.

d) Que transcorra algunha das rutas turísticas máis relevantes da comunidade autónoma e que se enumeran a continuación: máximo 5 puntos.

• Camiño de Santiago.

• Rutas ou itinerarios deseñados pola Axencia Turismo de Galicia que poden consultarse no seguinte enlace: http://www.turismo.gal

2. Interese turístico da actuación: máximo 20 puntos.

Para valorar este criterio teranse en conta os seguintes parámetros:

a) Contribución da actuación á diversificación e a desestacionalización da oferta: máximo 10 puntos. Valorarase.

– A diversificación da oferta turística da entidade solicitante, entendendo que esta se produce cando a proposta de actuación presentada non ten relación coa oferta turística actual da dita entidade solicitante: 5 puntos.

– Que a actuación supoña a creación de produtos que permitan desestacionalizar a oferta turística da entidade, entendendo que a dita desestacionalización se produce cando a actuación presentada amplía o período da oferta turística da entidade solicitante: 5 puntos.

b) Grao de integración da actuación. Valorarase cun máximo de 10 puntos:

– Que a actuación presentada se integre con outros proxectos ou iniciativas turísticas existentes no ámbito territorial da entidade solicitante, de xeito que sexa susceptible de xerar unha oferta conxunta: 5 puntos.

– A execución conxunta dunha mesma actuación por distintas entidades locais ou concellos fusionados: 5 puntos.

3. Carácter innovador. Valorarase a orixinalidade dos formulacións e solucións ofrecidas nas actuacións propostas: máximo 5 puntos.

4. Utilización de novas tecnoloxías como realidade aumentada, códigos QR, audioguías, guías virtuais, internet... e uso das redes sociais para as actuacións de información e promoción turística: máximo 5 puntos.

5. Que a entidade solicitante teña constituído un destino SICTED ou algúns dos recursos municipais estean en posesión dalgún certificado de calidade recoñecido: máximo 5 puntos.

6. Que a entidade solicitante estea en posesión dalgunha certificación ambiental recoñecida. Máximo 5 puntos.

No caso de que a entidade solicitante sexa unha mancomunidade, consorcio ou agrupación de concellos, e a actuación para a que se solicite a subvención afecte varios concellos, terá a puntuación indicada no parágrafo anterior no caso de que, polo menos, un dos citados concellos conte coas ditas certificacións.

7. Que as actuacións solicitadas contribúan á accesibilidade dos recursos turísticos de persoas con algún tipo de diversidade funcional: máximo 5 puntos.

8. Que a entidade solicitante estea declarada Municipio Turístico ou teña declarada algunha festa de interese turístico: máximo 9 puntos.

– Declaración de Municipio Turístico ou Festa de Interese Turístico Internacional: 4 puntos.

– Festa de Interese Turístico Nacional: 3 puntos.

– Festa de Interese Turístico de Galicia: 2 puntos.

No caso de que a entidade solicitante sexa unha mancomunidade, consorcio ou agrupación de concellos, e a actuación para a que se solicite a subvención afecte varios concellos, terá a puntuación indicada no parágrafo anterior no caso de que cando menos un dos citados concellos conte con tal declaración.

9. Localización territorial da actuación obxecto da subvención: máximo 6 puntos.

– Entidades con poboación igual ou inferior a 5.000 habitantes: 6 puntos.

– Concellos con poboación superior a 5.000 habitantes e inferior a 10.000 habitantes: 3 puntos.

– Concellos con poboación igual ou superior a 10.000 habitante e inferior a 15.000 habitantes: 3 puntos.

Para a valoración deste criterio, teranse en conta os últimos datos do padrón municipal de habitantes elaborado polo Instituto Nacional de Estatística na data de publicación da convocatoria.

No caso de solicitudes presentadas por mancomunidades, consorcios ou agrupacións de concellos, este criterio aplicarase tendo en conta o tramo no que se inclúan a maioría dos concellos agrupados.

A porcentaxe de axuda sobre o investimento subvencionable calcularase con base na puntuación que acaden as solicitudes presentadas, segundo se detalla a continuación:

• Entre 41 e 60 puntos: 65 %.

• Entre 61 e 80 puntos: 75 %.

• Entre 81 e 90 puntos: 85 %.

As solicitudes que non acaden o mínimo de 41 puntos non terán dereito á subvención.

Se os fondos dispoñibles nesta convocatoria non fosen suficientes para conceder axudas a todas as solicitudes que acaden a puntuación mínima, serán excluídas as de menor puntuación.

Se por aplicación dos criterios de valoración dúas ou mais solicitudes acadasen igual puntuación e non existise crédito suficiente para atendelas a todas, atenderanse aquelas solicitudes cuxo importe solicitado fose menor. De continuar o empate, resolverase a favor da entidade de menor poboación.

O resultado da análise plasmarase nun informe que o órgano de instrución elevará, xunto coa proposta de resolución provisional da comisión de avaliación, ao órgano competente para resolver.

A proposta de resolución expresará de forma motivada a relación de proxectos para os que se propón a concesión da axuda, coa identificación, en relación a cada proxecto, do beneficiario e importe e porcentaxe da subvención proposta. De ser o caso, contará cunha lista dos proxectos admitidos que non acadasen subvención polo esgotamento do orzamento dispoñible. Así mesmo, expresará, de xeito motivado, a relación de proxectos para os que non se propón a concesión de subvención, por falta de documentación, por non reunir os requisitos.

No suposto de que algún beneficiario renuncie á subvención concedida, decaia no dereito á súa percepción ou proceda o reintegro de acordo co previsto nestas bases e na normativa que resulte de aplicación, os créditos liberados poderán asignarse por orde decrecente de puntuación aos proxectos admitidos que non obtivesen subvención por esgotamento do crédito previsto. Actuarase, de igual xeito, cando, por razóns de dispoñibilidade orzamentaria, se acorde incrementar o crédito máximo inicialmente previsto nesta convocatoria.

Artigo 12. Audiencia

1. Instruído o procedemento, o órgano instrutor formulará proposta de resolución provisional debidamente motivada que será notificada aos interesados para que, nun prazo de dez días, poidan formular alegacións e presentar os documentos e xustificacións que coiden pertinentes de acordo co establecido no artigo 21.4 da Lei 9/2007, do 13 de xuño.

2. Porén, poderase prescindir do trámite a que se refire o punto anterior cando non figuren no procedemento nin se vaian ter en conta na resolución outros feitos nin outras alegacións ou probas que as aducidas polo interesado. Neste caso, a proposta de resolución formulada terá o carácter de definitiva.

Artigo 13. Resolución e notificación

1. Unha vez concluído o trámite de audiencia, o órgano instrutor elaborará a proposta de resolución definitiva que elevará á persoa titular da dirección da Axencia Turismo de Galicia para a súa resolución. A dita proposta conterá a relación de expedientes instruídos, establecida por rigorosa orde de incoación, e nela indicarase o número de expediente, denominación e NIF da entidade ou entidades solicitantes, data de presentación da solicitude, a actuación subvencionable e a contía da subvención proposta, ou ben a causa da proposta de denegación ou inadmisión, segundo corresponda.

2. A persoa titular da Dirección da Axencia Turismo de Galicia, á vista da proposta, ditará a correspondente resolución, que deberá estar debidamente motivada e expresará, cando menos, a entidade solicitante á que se lle concede a subvención, a actuación subvencionada, así como a subvención concedida e a súa contía ou, de ser o caso, a causa de inadmisión ou denegación da solicitude.

De conformidade co previsto no artigo 30.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, unha vez esgotado o crédito dispoñible poderá ampliarse este cando o aumento veña derivado dalgunha das condicións previstas no dito artigo.

3. O prazo máximo para resolver e notificar a resolución aos interesados será de cinco meses, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Se transcorrese o prazo máximo para resolver sen que recaese resolución expresa, os interesados poderán entender desestimadas as súas solicitudes por silencio administrativo.

4. As notificacións de resolucións e actos administrativos practicaranse só por medios electrónicos, nos termos previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

As solicitudes desestimadas notificaranse individualmente, con indicación das causas da desestimación.

5. As notificacións electrónicas realizaranse mediante a plataforma de notificación electrónica «Notifica.gal» dispoñible a través da sede electrónica da Xunta de Galicia https://notifica.xunta.gal. De acordo coa normativa vixente en materia desenvolvemento da administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes, o sistema de notificación permitirá acreditar a data e hora na que se produza a posta á disposición da persoa interesada do acto obxecto de notificación, así como a de acceso ao seu contido, momento a partir do cal a notificación se entenderá practicada para todos os efectos legais. Sen prexuízo do anterior, a Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia poderá remitir ás persoas interesadas avisos da posta á disposición das notificacións, mediante correo electrónico dirixido ás contas de correo que consten nas solicitudes para efectos de notificación. Estes avisos non terán, en ningún caso, efectos de notificación practicada.

6. Se transcorren dez días naturais desde a posta á disposición dunha notificación electrónica sen que accedese ao seu contido, entenderase que a notificación foi rexeitada e terase por efectuado o trámite seguíndose o procedemento, salvo que de oficio ou por instancia da persoa destinataria se comprobe a imposibilidade técnica ou material do acceso.

7. Se a notificación electrónica non fose posible por problemas técnicos, a Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia practicará a notificación polos medios previstos na normativa vixente en materia de procedemento administrativo.

Artigo 14. Réxime de recursos

a) As resolucións ditadas ao abeiro da correspondente resolución de convocatoria poñerán fin á vía administrativa e contra elas poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante a Axencia Turismo de Galicia. O prazo para a interposición do recurso de reposición será dun mes, se o acto fose expreso. Transcorrido o dito prazo, unicamente poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo, sen prexuízo, se é o caso, da procedencia do recurso extraordinario de revisión. Se o acto non fose expreso, a entidade solicitante e outros posibles interesados poderán interpoñer recurso de reposición en calquera momento a partir do día seguinte a aquel en que de acordo, coa súa normativa específica, se produza o acto presunto.

b) Recurso contencioso-administrativo ante os xulgados do contencioso-administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contado desde o día seguinte ao da notificación da resolución, se esta fose expresa, ou de seis meses contados a partir do seguinte a aquel en que se produza o acto presunto.

Artigo 15. Modificación da resolución

1. Unha vez ditada a resolución de concesión, a entidade ou entidades locais beneficiarias poderán solicitar a modificación do seu contido antes de que remate o prazo para a realización da actividade.

2. A modificación poderase autorizar sempre que non dane dereitos de terceiros. En todo caso, a modificación da resolución de concesión deberá respectar o obxecto da subvención, as actuacións subvencionables e non dar lugar a actuacións deficientes e incompletas.

3. Para a modificación da resolución non poderán ser tidos en conta requisitos ou circunstancias que, debendo concorrer no momento en que ditou a resolución, tiveran lugar con posterioridade a ela.

4. Xunto coa solicitude, a entidade deberá presentar: memoria xustificativa, orzamento modificado e relación e identificación concreta dos cambios introducidos.

5. O acto polo que se acorde ou denegue a modificación da resolución será ditado pola persoa titular da Dirección da Axencia Turismo de Galicia, logo da instrución do correspondente expediente en que se lle dará audiencia ao interesado nos termos previstos no artigo 12.

6. Cando o beneficiario da subvención poña de manifesto na xustificación que se produciron alteracións das condicións tidas en conta para a concesión desta, que non alteren esencialmente a natureza ou os obxectivos da subvención, e que puidesen dar lugar a modificación da resolución conforme o establecido no artigo 14.1.m) da Lei de subvencións de Galicia, téndose omitido o trámite de autorización administrativa previa para a súa aprobación, o órgano concedente da subvención poderá aceptar a xustificación presentada, sempre e cando tal aceptación non supoña danar dereitos de terceiros.

Esta aceptación por parte do órgano concedente non exime ao beneficiario das sancións que poidan corresponderlle conforme citada Lei de subvencións de Galicia.

Artigo 16. Aceptación e renuncia

1. Notificada a resolución definitiva polo órgano competente, os interesados propostos como beneficiarios disporán dun prazo de dez días para a súa aceptación, transcorrido o cal sen que se producise manifestación expresa en contra, entenderase tacitamente aceptada.

2. A renuncia á subvención poderase facer axustándose ao modelo que se inclúe como anexo IV, así como por calquera outro medio que permita a súa constancia, de acordo co establecido no artigo 94 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

No caso de que se comunicase a renuncia en prazo, a persoa titular da Dirección da Axencia ditará a correspondente resolución nos termos do artigo 21 da citada lei.

3. A presentación da renuncia logo do dito prazo de dez días de notificación da resolución, agás suposto de forza maior, será causa de inadmisión de solicitude de subvención na convocatoria da anualidade seguinte para o mesmo obxecto, se a houber.

Artigo 17. Obrigas dos beneficiarios

Os beneficiarios das subvencións adquiren os seguintes compromisos e obrigas, de conformidade co establecido no artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, sen prexuízo das demais obrigas que resulten da normativa aplicable:

a) Cumprir o obxectivo e realizar a actuación subvencionada, de conformidade co presentado ao concurso de subvencións ou, se é o caso, ao modificado coa autorización da Axencia Turismo de Galicia.

b) Xustificar ante o órgano concedente o cumprimento dos requisitos e das condicións, así como a realización da actividade e o cumprimento da finalidade que determine a concesión ou o gozo da subvención.

c) Manter o investimento durante un período non inferior a cinco anos, cando se trate de bens inscribibles nun rexistro público e non inferior a 2 anos para o resto de bens, de conformidade co disposto no artigo 29.4 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

d) Ao longo deste período deberanse levar a cabo as obras de mantemento e limpeza necesarias para a correcta conservación da actuación.

e) Someterse ás actuacións de comprobación que efectuará a Axencia Turismo de Galicia, ás de control financeiro que lle corresponden á Intervención Xeral da Comunidade Autónoma en relación coas subvencións e axudas concedidas, ás previstas na lexislación do Tribunal de Contas e o Consello de Contas para o que se achegará canta información lle sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores.

f) Comunicarlle á Axencia Turismo de Galicia a obtención doutras subvencións, axudas, ingresos ou recursos para a mesma finalidade procedentes de calquera Administración ou entes públicos ou privados nacionais ou internacionais. Estas comunicacións deberanse efectuar tan pronto como se coñeza e, en todo caso, con anterioridade á xustificación da aplicación dada aos fondos percibidos.

g) Os beneficiarios deberán dispoñer dos libros contables, rexistros dilixenciados e demais documentos debidamente auditados nos termos exixidos na lexislación mercantil e sectorial aplicable coa finalidade de garantir o exercicio adecuado das facultades de comprobación e control; así mesmo deberán conservar os documentos xustificativos da aplicación dos fondos recibidos.

h) Os beneficiarios deberán dar a adecuada publicidade do carácter público do financiamento en todas as actuacións que deriven da execución do proxecto, en cumprimento do artigo 15.3 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia.

i) As entidades beneficiarias colocarán nun lugar visible para o público un cartel ou placa permanente, no que deberán facer constar o financiamento dos proxectos subvencionados pola Xunta de Galicia a través da Axencia Turismo de Galicia, segundo o modelo do anexo VI.

j) Igualmente os beneficiarios deberán incluír, nas súas accións promocionais, a marca turística de Galicia. De ser o caso, na páxina web deberán inserir un báner cunha ligazón á páxina de promoción turística de Galicia. Nos folletos e outras publicacións deberán incluír na contraportada a marca turística, seguindo as indicacións do manual de uso. Para a aplicación correcta da marca deberán descargar de http://www.turismo.gal/marca01 os arquivos informáticos cos elementos gráficos en calidade e formatos axeitados así como as indicacións do uso.

Os beneficiarios quedan obrigados a reintegrar, total ou parcialmente, o importe percibido pola subvención concedida, así como os correspondentes xuros de demora devengados desde o momento do pagamento, nos seguintes casos:

– Por incumprimento dos compromisos e obrigas relacionados neste artigo.

– Obtención da subvención sen reunir os requisitos exixidos para a súa concesión, con falsificación das condicións requiridas para isto ou ocultación daquelas que o impedisen.

– Incumprimento total ou parcial do obxectivo da actividade, do proxecto ou non adopción do comportamento que fundamentou a subvención.

– Resistencia, escusa, obstrución ou negativa ás actuacións de comprobación e control financeiro, o incumprimento das obrigas contables, rexistrais ou de conservación de documentos, cando disto derive a imposibilidade de verificar o emprego dado aos fondos percibidos, o incumprimento do obxectivo ou a concorrencia con outras axudas para a mesma finalidade percibidas de calquera Administración ou ente público ou privado.

– Nos demais supostos previstos na normativa reguladora da subvención.

Artigo 18. Subcontratación

Poderán ser obxecto de subcontratación, ata o 100 %, as actuacións subvencionadas nos termos establecidos no artigo 27 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia e no artigo 43 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007. En todo caso, quedan fóra da subcontratación aqueles gastos nos que teña que incorrer a entidade beneficiaria para a realización por si mesmo da actividade subvencionada.

En ningún caso, poderán subcontratarse actividades que, aumentando o custo da actividade subvencionada, non acheguen valor engadido ao contido desta.

No caso no que se realice a subcontratación, só se considerará gasto subvencionable o custo dos traballadores contratados de conformidade co disposto no parágrafo 2 do artigo 2, e en ningún caso, se subvencionará o beneficio da empresa ou entidade que realice a contratación, nin ningún imposto indirecto derivado desta.

Artigo 19. Xustificación da subvención

Para cobrar a subvención concedida, os beneficiarios terán de prazo ata o 1 de outubro de 2018 para presentar nos lugares sinalados no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, mediante a modalidade de conta xustificativa copia da documentación que a continuación se indica:

a) Solicitude de cobramento asinada segundo o modelo do anexo V.

b) Conta xustificativa conforme aos artigos 8 e 10 do Decreto 193/2011, do 6 de outubro, polo que se regulan especialidades nas subvencións ás entidades locais galegas, que incorporará:

1. En todo caso, a certificación da intervención ou do órgano que teña atribuídas as facultades de control da toma de razón en contabilidade e do cumprimento da finalidade para a que foi concedida.

2. Certificación expedida pola secretaría da entidade local, co visto e prace da alcaldía, relativa á aprobación polo órgano competente da conta xustificativa da subvención, en que se faga constar, como mínimo, de forma detallada:

– O cumprimento da finalidade da subvención.

– Os distintos conceptos e contías correspondentes aos gastos totais soportados pola entidade beneficiaria imputables á actuacións subvencionadas coa seguinte relación: identificación da persoa acredora, número de factura ou documento equivalente, certificación da obra, importe, data de emisión e data de recoñecemento da obriga polo órgano competente. Salvo disposición expresa das bases reguladoras, e sen prexuízo do previsto na alínea 4, non será exixible a remisión dos documentos relacionados no artigo 48.2.b) do Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro.

3. Certificado da persoa que efectúe a taxación, que será independente e estará debidamente acreditada e inscrita no correspondente rexistro oficial, no caso de adquisición de bens inmobles.

4. Os documentos acreditativos dos gastos realizados con medios ou recursos propios e a indicación, se é o caso, dos criterios de repartición dos custos xerais e/ou indirectos incorporados na relación a que se fai referencia na alínea 2.

5. Unha relación detallada doutros ingresos ou subvencións que financiasen a actividade subvencionada con indicación do importe e a súa procedencia.

6. Se é o caso, os tres orzamentos que se exixen en aplicación do artigo 29.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

c) No caso de agrupacións previstas no artigo 4.2 destas bases, documento subscrito polos concellos agrupados que regule as relacións entre eles, no que respecta á subvención.

d) Unha memoria sobre a actuación xustificativa do cumprimento das condicións impostas na concesión da subvención con indicación das actividades realizadas que deberá incluír fotografías, en soporte dixital ou papel, do lugar ou lugares onde se efectuasen as actuacións.

e) Anexo III: Modelo de declaracións.

No caso das agrupacións de concellos, estas declaracións emitiranse con base nas emitidas polos respectivos representantes de cada un dos concellos que a integran. Estas declaracións orixinais deberán quedar en poder do concello representante para a súa achega no procedemento de subvencións, de ser requirido para iso polo órgano tramitador.

O investimento xustificado deberá coincidir coa resolución de concesión da subvención ou coas modificacións autorizadas.

Se os beneficiarios xustifican conceptos e elementos subvencionables aprobados que representen menos do 60 % do importe do investimento subvencionable entenderase que non se acadaron os obxectivos propostos na solicitude e, polo tanto, perderase o dereito de cobramento da subvención, agás que pola natureza da actuación se acredite e se comprobe que nesta non se incumpren os ditos obxectivos. Se a xustificación é superior ao 60 %, pero sen acadar o 100 % do investimento subvencionable, percibirase a subvención proporcional correspondente ao investimento xustificado admisible, sempre que se cumpran o resto das condicións de concesión e a finalidade ou obxectivos para os que se concedeu a axuda.

A falta de presentación da xustificación no prazo establecido ou a concorrencia dalgunha das causas de reintegro previstas no artigo 33 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, comportará a perda do dereito ao cobramento total ou parcial da subvención, a exixencia do reintegro e demais responsabilidades establecidas na lei de subvencións de Galicia. Neste caso ditarase a oportuna resolución, nos termos do artigo 21 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Artigo 20. Pagamento

1. Recibida a documentación xustificativa da subvención, os órganos competentes da Axencia, antes de proceder ao seu pagamento, realizarán as actuacións de comprobación oportunas para verificar o cumprimento da actividade subvencionada.

Previamente ao pagamento deberá acreditarse que o beneficiario se atopa ao día no cumprimento das súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social e que non ten pendente de pagamento débeda por ningún concepto coa Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia nin é debedor por resolución de procedencia de reintegro. Esta acreditación poderá substituírse pola presentación dunha declaración responsable do beneficiario, de acordo co disposto no artigo 11 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro. No caso de agrupacións de concellos, estes deberán presentar cada un a súa.

2. As entidades beneficiarias, unha vez ditada a resolución de concesión da subvención, poderán solicitar un pagamento anticipado do 50 % do importe total, de conformidade co disposto no artigo 63 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei de subvencións de Galicia.

O pagamento anticipado está exento de constituír garantía, segundo se establece no artigo 65.4 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro.

Artigo 21. Incumprimento, reintegros e sancións

1. O incumprimento das obrigas contidas nestas bases reguladoras, na convocatoria ou na demais normativa aplicable, así como das condicións que, se é o caso, se establezan na resolución de concesión, dará lugar á obriga de devolver total ou parcialmente as subvencións percibidas, así como os xuros de demora correspondentes de conformidade co establecido no artigo 38 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

2. Para facer efectiva a devolución a que se refire o punto anterior, tramitarase o oportuno procedemento de reintegro, que se axustará ao previsto no título II da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e na súa normativa de desenvolvemento.

3. Tendo en conta o artigo 14.1.n) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, cando o cumprimento polo beneficiario se aproxime de modo significativo ao cumprimento total e este acredite unha actuación inequivocamente tendente á satisfacción dos seus compromisos, a cantidade que se van reintegrar será unha porcentaxe da subvención percibida igual á do tempo de incumprimento da actividade ou requisito exixido (mantemento do emprego, prestación do servizo, mantemento do ben, etc.).

Artigo 22. Control

1. A Axencia Turismo de Galicia poderá levar a cabo as actividades de inspección que considere oportunas para controlar o cumprimento das subvencións.

2. Ademais do anterior, as subvencións estarán sometidas á función interventora e de control financeiro exercida pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, nos termos que establece o título III da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e na súa normativa de desenvolvemento. Así mesmo, estará sometida ás actuacións de comprobación previstas na lexislación do Tribunal de Contas e do Consello de Contas.

Artigo 23. Publicidade

No prazo máximo de tres meses contado desde a data de resolución da concesión, publicarase no Diario Oficial de Galicia a relación das subvencións concedidas con indicación da norma reguladora, beneficiario, o programa e crédito orzamentario, contía e finalidade da subvención.

Igualmente, farano na correspondente páxina web oficial nos termos previstos no artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno.

Así mesmo, e de conformidade cos artigos 18.3 e 20 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, comunicarase a concesión das axudas reguladas nesta convocatoria á Base de datos nacional de subvencións que operará como Sistema nacional de publicidade de subvencións.

Os interesados poderán facer constar o seu dereito a que non se fagan públicos os seus datos cando concorran algunha das causas previstas no artigo 15.2.d) da Lei 9/2007, do 13 de xuño.

Malia o anterior, cando os importes das subvencións concedidas, individualmente consideradas, sexan de contía inferior a tres mil euros (3.000 euros), non será necesaria a publicación no Diario Oficial de Galicia, que será substituída pola publicación das subvencións concedidas na páxina web da Axencia Turismo de Galicia.

Así mesmo, a solicitude para ser beneficiario da axuda levará implícita a autorización, no suposto de que se conceda a axuda solicitada, para a inscrición no Rexistro Público de Axudas, Subvencións, Convenios e Sancións dependente da Consellería de Facenda, dos datos facilitados á Xunta de Galicia na súa solicitude, así como na Base de datos nacional de subvencións. Non obstante, as persoas ou entidades solicitantes poderán denegar expresamente o seu consentimento á inscrición dos seus datos no Rexistro Público de Subvencións, cando concorran algunhas das circunstancias previstas na letra d) do número 2 do artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño.

As persoas ou entidades interesadas terán, en calquera momento, o dereito de acceso, rectificación, cancelación e oposición dos datos que figuren no Rexistro Público de Subvencións, de conformidade co establecido na Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal.

Artigo 24. Remisión normativa

Aplicarase o previsto na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, no Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, no Decreto 193/2011, do 6 de outubro, polo que se regulan especialidades nas subvencións ás entidades locais galegas, no Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, o disposto na Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, e o Real decreto 887/2006, do 21 de xullo, polo que se aproba o seu regulamento.

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file