Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 14 Venres, 19 de xaneiro de 2018 Páx. 4304

III. Outras disposicións

Axencia Galega de Desenvolvemento Rural

CORRECCIÓN DE ERROS. Extracto da Resolución do 15 de decembro de 2017 para a concesión directa, mediante resolución, das axudas correspondentes ao Plan de mellora de camiños municipais 2018-2019.

Advertido un erro no extracto da Orde do 15 de decembro de 2017 para a concesión directa, mediante resolución, das axudas correspondentes ao Plan de mellora de camiños municipais 2018-2019, publicado no Diario Oficial de Galicia núm. 10, do 15 de xaneiro de 2018, cómpre efectuar a seguinte corrección:

No punto cuarto (contía), onde di:

«A contía global da convocatoria é de 15.998.687 €, distribuída en dúas anualidades:

2017: 7.999.343,50 €.

2018: 7.999.343,50 €»,

Debe dicir:

«A contía global da convocatoria é de 15.998.687 € distribuída en dúas anualidades:

2018: 7.999.343,50 €.

2019: 7.999.343,50 €».