Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 14 Venres, 19 de xaneiro de 2018 Páx. 4393

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Vivenda

ANUNCIO do 15 de decembro de 2017, do Servizo de Mobilidade de Lugo, polo que se notifican os acordos de incoación de expedientes sancionadores en materia de transportes terrestres (expediente LU-02375-O-2017 e un máis).

A persoa titular do Servizo de Mobilidade de Lugo acordou a incoación dos expedientes sancionadores número LU-02375-O-2017 e un máis por infracción da normativa sobre transporte terrestre.

Intentada a notificación do acordo de incoación por correo certificado con xustificante de recepción no domicilio que consta no correspondente expediente sancionador, esta foi devolta polo servizo de Correos. Por este motivo e de conformidade co artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a notificación efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia. En consecuencia, mediante este anuncio notifícanse os acordos de incoación ditados ás persoas interesadas.

Infórmaselles que os expedientes sancionadores se atopan á súa disposición nas oficinas do Servizo de Mobilidade de Lugo.

Outórgaselles un prazo quince días hábiles contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE para alegar o que consideren conveniente, presentando ou propoñendo as probas que consideren oportunas.

No suposto que decida voluntariamente pagar a sanción antes de que transcorran trinta días contados desde o seguinte ao da publicación do presente anuncio no BOE, a súa contía reducirase nun 30 % na forma prevista no artigo 146.3 da Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres. A realización do dito pagamento implica a conformidade cos feitos denunciados, a renuncia a formular alegacións por parte da persoa interesada e a terminación do procedemento sancionador.

Lugo, 15 de decembro de 2017

María Pilar Represa Fernández
Xefa do Servizo de Mobilidade de Lugo

ANEXO

Expediente

Matrícula

Denunciado

DNI/CIF

Infracción denunciada

Data; hora; estrada; p.q.

Precepto cualificador

Precepto sancionador

Sanción proposta

LU-02375-O-2017

NA-5235-AN

Juan Antonio Montoya Larralde

33343008T

O exceso igual ou superior ao 25 % sobre a MMA total en vehículos con MMA ata 12 toneladas. Exceso de peso igual ou superior ao 27 %.

2.10.2017; 10.15; N-VI; 543,8

Art. 140.23 LOTT

Art. 143.1.h) LOTT

2.400 euros

LU-02490-I-2017

5492-DTF

Luis Alfonso Ramos Santillana

X2569067J

O exceso igual ou superior ao 5 % e inferior ao 15 por cento sobre a MMA total en vehículos con MMA ata 12 toneladas. Exceso de peso igual ou superior ao 11 %.

17.10.2017; 11.46; A-8; 574

Art. 142.2 LOTT

Art. 143.1.c) LOTT

375 euros