Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 14 Venres, 19 de xaneiro de 2018 Páx. 4392

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Vivenda

RESOLUCIÓN do 29 de decembro de 2017, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Infraestruturas e Vivenda, pola que se emprazan os interesados no recurso contencioso-administrativo P.O. 4463/2017 interposto por Autocares Manolete, S.L.

Nesta secretaría xeral recibiuse escrito do presidente da Sección Segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, en relación co recurso contencioso-administrativo P.O. 4463/2017 interposto por Autocares Manolete, S.L., contra o Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 6 de xullo de 2017, a Resolución do director xeral de Mobilidade do 10 de xullo e outras ditadas pola Consellería de Infraestruturas e Vivenda.

Para os efectos de cumprir o solicitado no citado escrito, faise constar que o expediente xa foi remitido por esta secretaría á Sección Segunda do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia nesta mesma data.

O que se notifica para o xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, emprazándoas para que poidan comparecer como demandados nos autos no prazo de nove días, de acordo co disposto no artigo 49.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 29 de decembro de 2017

Joaquín Macho Canales
Secretario xeral técnico da Consellería de Infraestruturas e Vivenda