De conformidade co establecido no artigo 18 do Decreto 91/2015, do 18 de xuño, polo que se aproba o Regulamento de organización e funcionamento do Consello Consultivo de Galicia, esta presidencia
RESOLVE:
Facer público o Acordo plenario do 10 de xaneiro de 2018, do Consello Consultivo de Galicia, polo que se designan os conselleiros integrantes da Sección de Estudos e Informes do Consello Consultivo para 2018, do teor literal seguinte:
«Segundo o disposto nos artigos 21 da Lei 3/2014, do 24 de abril, do Consello Consultivo de Galicia e 18 do seu regulamento de organización e funcionamento, aprobado polo Decreto 91/2015, do 18 de xuño, o Pleno do Consello Consultivo de Galicia, na súa reunión do día 10 de xaneiro de 2018, acorda:
Primeiro. A designación do conselleiro electivo Ignacio de Loyola Aranguren Pérez como membro da Sección de Estudos e Informes.
Segundo. A designación do conselleiro nato Fernando Ignacio González Laxe, como membro da Sección de Estudos e Informes.
Terceiro. Que, de acordo co número 2 do citado artigo 18, se publique este acordo no Diario Oficial de Galicia».
Santiago de Compostela, 10 de xaneiro de 2018
José Luis Costa Pillado
Presidente do Consello Consultivo de Galicia