Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 15 Luns, 22 de xaneiro de 2018 Páx. 4810

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 15 de decembro de 2017 pola que se acorda realizar unha oferta pública de adquisición, mediante compra, de inmobles situados nos núcleos históricos dos concellos de Ferrol, Betanzos, Lugo e Ourense, para a construción de edificios de vivendas ou para a súa rehabilitación.

Advertidos erros na citada resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia número 9, do 12 de xaneiro de 2018, cómpre efectuar as seguintes correccións:

– Nas páxinas 2353 e 2354, no punto II) Condicións económicas da oferta. A) Prezo do inmoble, onde di:

«O prezo de adquisición do inmoble non superará o valor límite da oferta (Vlti), que será o menor dos dous seguintes:

– O valor máximo admisible de adquisición do inmoble.

– O valor de mercado do inmoble.

A estes efectos:

Entenderase como valor máximo admisible de adquisición (Vmx), o valor máximo que o IGVS poderá abonar polo inmoble, calculado segundo a seguinte fórmula:

Vmxi = Svi × VSvi €/m2 + Sli × VSlvi €/m2 + Vci

Onde:

– Svi e Sli son as superficies edificables destinadas a vivendas e locais, respectivamente.

– VSvi e Vslvi son os valores de repercusión do solo, por metro cadrado edificable, de vivenda e locais, respectivamente, calculados segundo a norma 2 do artigo 12 da Orde do 28 de decembro de 2015, da Consellería de Facenda, pola que se regulan os medios de comprobación do valor dos bens inmobles que se utilizarán, dos previstos no artigo 57 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria, no ámbito dos impostos sobre sucesións e doazóns e sobre transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados, así como a normativa técnica xeral. Para o cálculo do Vs adoptaranse os valores e coeficientes recollidos na Resolución do 17 de abril de 2017 pola que se actualizan os anexos da citada orde.

– Vc é o valor da construción; calcúlase multiplicando por 160 o número de metros cadrados de superficie de fachada con muro de pedra labrada que se poida manter.

Entenderase como valor de mercado do inmoble o valor que resulte da taxación encargada polo IGVS respecto a cada unha das propostas admitidas»

Debe dicir:

«O prezo de adquisición do inmoble non superará o valor límite da oferta (Vlti), que será o menor dos dous seguintes:

– O valor máximo admisible de adquisición do inmoble.

– O valor de mercado do inmoble.

Para estes efectos:

Entenderase como valor máximo admisible de adquisición (Vmx) o valor máximo que o IGVS poderá aboar polo inmoble, calculado segundo a seguinte fórmula:

Vmxi = (Svi × VSvi €/m2 + Sli × VSli €/m2) × 1,15 + Vci

Onde:

– Svi e Sli son as superficies edificables destinadas a vivendas e locais, respectivamente.

– VSvi e VSli son os valores de repercusión do solo, por metro cadrado edificable, de vivenda e locais, respectivamente, calculados segundo a norma 2 do artigo 12 da Orde do 28 de decembro de 2015, da Consellería de Facenda, pola que se regulan os medios de comprobación do valor dos bens inmobles que se utilizarán, dos previstos no artigo 57 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria, no ámbito dos impostos sobre sucesións e doazóns e sobre transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados, así como a normativa técnica xeral. Para o cálculo do VS adoptaranse os valores e coeficientes recollidos na Resolución do 17 de abril de 2017 pola que se actualizan os anexos da citada orde.

–Vc é o valor da construción; calcúlase multiplicando por 160 o número de metros cadrados de superficie de fachada con muro de pedra labrada que se poida manter.

Entenderase como valor de mercado do inmoble o valor que resulte da taxación encargada polo IGVS respecto a cada unha das propostas admitidas».

– Na páxina 2358, no punto IV) Procedemento de admisión das ofertas e establecemento da orde de prioridade da adquisición, número 5.1, onde di:

«Se os inmobles cumpren os requisitos de admisión establecidos nesta resolución e, se é o caso, se malia non cumprir algún dos requisitos establecidos no punto 2 da letra l) Condicións dos inmobles, se considera conveniente aceptar a proposta por concorrer algunha das seguintes circunstancias».

Debe dicir: «Se os inmobles cumpren os requisitos de admisión establecidos nesta resolución e, se é o caso, se malia non cumprir algún dos requisitos establecidos no número 2 do punto I) Condicións dos inmobles, se considera conveniente aceptar a proposta por concorrer algunha das seguintes circunstancias».

– No anexo III, onde se establece o ámbito de localización dos inmobles que se van adquirir no núcleo histórico de Lugo, debe corrixirse o citado ámbito segundo o establecido no anexo desta resolución.

Esta corrección de erros determina que o prazo de tres meses para presentar os escritos relativos a esta oferta pública de adquisición, sinalado no punto III) Condicións formais da oferta, contará desde a publicación da corrección no Diario Oficial de Galicia.

missing image file
missing image file