Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 15 Luns, 22 de xaneiro de 2018 Páx. 4710

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Vigo

EDICTO de notificación de sentenza (717/2015).

Eu, Begoña Acha Barral, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de reforzo de familia de Vigo, anuncio que no presente procedemento seguido por instancia de Belinda Fernández Domínguez contra Luis Emilio Texeira Albornoz foi ditada a sentenza cuxo teor literal é o seguinte:

«Sentenza número 429/2016

Vigo, 19 de xullo de 2016.

Teresa A. Fernández Molinos, xuíza de reforzo dos xulgados de Primeira Instancia número 5 e número 12 de Vigo e do seu partido xudicial, viu e oíu os presentes autos de xuízo ordinario sobre privación de patria potestade núm. 717/2015, seguidos por instancia de Belinda Fernández Domínguez, representada procesualmente pola procuradora Sra. Fernández Piñeiro e asistida do letrado Sr. Diz Domínguez, contra Luis Emilio Texeira Albornoz, en situación de rebeldía procesual, con intervención do Ministerio Fiscal, ante a existencia dun fillo menor habido en común,

Decido:

Que, estimando parcialmente a demanda de divorcio interposta pola procuradora dos tribunais Sra. Fernández Piñeiro, en nome e representación de Belinda Fernández Domínguez, contra Luis Emilio Texeira Albornoz, en situación de rebeldía procesual, con intervención do Ministerio Fiscal, procede suspender o proxenitor demandado Luis Emilio Texeira Albornoz no exercicio da patria potestade respecto do fillo común Alejandro Agustín Texeira Fernández, e, correlativamente, atribuír á nai en exclusiva a totalidade das facultades inherentes ao exercicio da patria potestade sobre o menor.

Non se fai expresa imposición das custas procesuais causadas.

Notifíquese esta resolución ás partes e ao Ministerio Fiscal, con apercibimento de que esta non é firme e que contra ela cabe interpor recurso de apelación ante este xulgado, nos termos e cos requisitos establecidos nos artigos 458 e seguintes da Lei de axuizamento civil, para a súa resolución pola Audiencia Provincial de Pontevedra.

Así o pronuncio, mando e asino por esta miña sentenza, da cal se unirá certificación aos autos da súa razón, xulgando definitivamente nesta instancia».

E encontrándose o devandito demandado, Luis Emilio Texeira Albornoz, en paradoiro descoñecido, expídese este edicto a fin de que lle sirva de notificación en forma.

Vigo, 28 de novembro de 2017

A letrada da Administración de xustiza