Non se puido levar a cabo a notificación da resolución do expediente sancionador 2017280AL-CO, incoado a Carlos Roberto Blanco Blanco.
De acordo co previsto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícase mediante anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE). Poderá consultar o expediente nas dependencias da Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade, sita na rúa Durán Loriga, 3, A Coruña.
A resolución non esgota a vía administrativa e poderá interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Sanidade no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, segundo establecen os artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.
No caso de estar de acordo co contido desta resolución, o pagamento voluntario da sanción poderá efectualo en calquera entidade bancaria colaboradora, empregando os impresos normalizados que se lle facilitarán nas dependencias da xefatura territorial.
Os prazos serán os seguintes:
– Sancións notificadas entre os días 1 e 15 de cada mes: ata o día 20 do mes posterior ou, se este non é hábil, ata o primeiro día hábil seguinte.
– Sancións notificadas entre os días 16 e último de cada mes: desde a data da notificación ata o día 5 do segundo mes posterior ou, se este non é hábil, ata o primeiro día hábil seguinte.
A Coruña, 21 de decembro de 2017
Cristina Pérez Fernández
Xefa territorial da Coruña
ANEXO
Nº de expediente: 2017280AL-CO.
Interesado: Carlos Roberto Blanco Blanco (Rincón Maya).
DNI/NIF/CIF: 32740912K.
Último enderezo coñecido: Rúa Nova de Caranza, 111, 15404 Ferrol.
Feito/s imputado/s: infracción da lexislación aplicable en materia sanitaria.