Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 16 Martes, 23 de xaneiro de 2018 Páx. 5086

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

ANUNCIO do 21 de decembro de 2017, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador 2017199AL-CO por infraccións en materia sanitaria.

Non se puido levar a cabo a notificación da resolución do expediente sancionador 2017199AL-CO, incoado a Open Boiro, S.L.

De acordo co previsto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícase mediante anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE). Poderá consultar o expediente nas dependencias da Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade, sita na rúa Durán Loriga, 3, A Coruña.

A resolución non esgota a vía administrativa e poderá interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Sanidade no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, segundo establecen os artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

No caso de estar de acordo co contido desta resolución, o pagamento voluntario da sanción poderá efectualo en calquera entidade bancaria colaboradora, empregando os impresos normalizados que se lle facilitarán nas dependencias da xefatura territorial.

Os prazos serán os seguintes:

– Sancións notificadas entre os días 1 e 15 de cada mes: ata o día 20 do mes posterior ou, se este non fose hábil, ata o primeiro día hábil seguinte.

– Sancións notificadas entre os días 16 e último de cada mes: desde a data da notificación ata o día 5 do segundo mes posterior ou, se este non é hábil, ata o primeiro día hábil seguinte.

A Coruña, 21 de decembro de 2017

Cristina Pérez Fernández
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Nº expediente: 2017199AL-CO.

Interesada: Open Boiro, S.L. (Café Bar Discoteca Open Boiro).

DNI/NIF/CIF: B70007299.

Derradeiro enderezo coñecido: esquina rúa Raño, 75, baixo D, 15930 Boiro.

Feito/s imputado/s: infracción da lexislación aplicable en materia sanitaria.