Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 16 Martes, 23 de xaneiro de 2018 Páx. 5036

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 16 de xaneiro de 2018, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o acceso na categoría 003 (ordenanza e outras) do grupo V de persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, en prazas reservadas para seren cubertas por persoas que acrediten discapacidade intelectual, convocado pola Orde do 25 de febreiro de 2016, pola que se fai pública a baremación provisional da fase de concurso dun aspirante.

O aspirante Rodrigo Perezzan Menor, con DNI 49201110-Q, en data 5 de xaneiro de 2018 presentou escrito de alegacións en que manifesta que, dentro do prazo regulamentariamente previsto de 15 días hábiles tras superar a fase de oposición, achegou a correspondente documentación compulsada acreditativa dos méritos para valorar na fase de concurso.

Tras verificar o Tribunal que a dita documentación non figuraba dentro do conxunto de expedientes para valorar e que fora correctamente presentada en tempo e forma polo aspirante no Rexistro Xeral da Subdelegación do Goberno na Coruña o día 1 de setembro de 2017, na sesión que tivo lugar o día 16 de xaneiro de 2018 o tribunal nomeado pola Orde do 27 de febreiro de 2017 (DOG número 44, do 3 de marzo), modificada pola Orde do 9 de marzo de 2017 (DOG número 52, do 15 de marzo), encargado de cualificar o proceso selectivo para o acceso na categoría 003 (ordenanza e outras) do grupo V de persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, en prazas reservadas para seren cubertas por persoas que acrediten discapacidade intelectual, convocado pola Orde do 25 de febreiro de 2016 (DOG número 45, do 7 de marzo),

ACORDOU:

Primeiro. Facer pública, como anexo a esta resolución, a baremación provisional da fase de concurso, con indicación da puntuación obtida polo aspirante Rodrigo Perezzan Menor en cada epígrafe, de acordo co disposto na base 2.3 da convocatoria.

Segundo. De acordo co disposto na base 2.3.3 da convocatoria, a persoa aspirante poderá presentar reclamación contra esta baremación no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

A reclamación irá dirixida ao tribunal designado para cualificar o proceso selectivo para o acceso á categoría 003 (ordenanza e outras) do grupo V de persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, en prazas reservadas para seren cubertas por persoas que acrediten discapacidade intelectual, Consellería de Facenda, Dirección Xeral da Función Pública (Edificio Administrativo San Caetano. Santiago de Compostela).

Santiago de Compostela, 16 de xaneiro de 2018

Constantino Piñeiro Cajete
Presidente do tribunal

ANEXO

2.3.1. Méritos profesionais

2.3.2. Méritos académicos

DNI

Apelidos e nome

2.3.1 Total

2.3.1.A.1

2.3.1.A

2.3.1.B.1

2.3.1.B

2.3.2.A

Titulación

2.3.2.B

Cursos

Total

49201110Q

Perezzan Menor, Rodrigo

0

0

0

0

0

2

0

2