Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 16 Martes, 23 de xaneiro de 2018 Páx. 5120

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Coruña

ANUNCIO de licitación (expediente S-14/2017).

1. Entidade adxudicadora: Concello da Coruña. a) Dependencia: Servizo de Contratación. b) Número de expediente: S-14/2017.

2. Obxecto do contrato: arrendamento, polo sistema de renting, dun lote de vehículos eléctricos con destino á Área de Infraestructuras, así como o arrendamento dos puntos de recarga intelixente.

3. Tramitación: anticipada. Procedemento: aberto, suxeito a regulación harmonizada.

4. Orzamento base de licitación: 66.060 euros anuais (IVE incluído).

5. Garantía provisional: non se exixe.

6. Obtención de documentación: web municipal (Perfil do contratante): www.coruna.es. Información: a) Teléfono: 981 18 42 19. b) Fax: 981 18 42 71. c) Enderezo: praza de María Pita, 1-2º.

7. Requisitos específicos do contratista: véxase prego de cláusulas administrativas.

8. Presentación de proposicións: a) Prazo: ata o día 5 de febreiro de 2018. b) Documentación que hai que presentar: véxase o prego de cláusulas administrativas particulares. c) Lugar de presentación: Rexistro Xeral de Entrada.

9. Apertura de proposicións técnicas e económicas: a) Lugar: véxase o punto 6. b) Data e hora: publicarase no perfil do contratante.

10. Outras informacións: véxanse os pregos reguladores da contratación.

11. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

A Coruña, 2 de xaneiro de 2018

O alcalde
P.D. (Decreto do 28.6.2017)
Alberto Lema Suárez
Tenente de alcalde delegado da Área de Emprego e Economía Social