Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 16 Martes, 23 de xaneiro de 2018 Páx. 5119

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Becerreá

ANUNCIO de exposición pública da aprobación inicial da modificación puntual das normas subsidiarias co obxecto de delimitar o núcleo rural da Venda de Cruzul.

Aprobado inicialmente polo Pleno do Concello do 30 de novembro de 2017 o proxecto de modificación das normas subsidiarias do Concello de Becerreá, co obxecto de delimitar o núcleo rural da Venda de Cruzul, e de conformidade co artigo 78 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, sométese a información pública polo prazo de dous meses, contados desde a última publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e nos dous xornais de maior difusión da provincia de Lugo (El Progreso e La Voz de Galicia).

Durante o referido plazo poderá ser examinado por calquera interesado/a nas dependencias municipais, en días hábiles, das 9.00 ás 14.00 horas, e poderanse presentar as alegacións e suxestións que se consideren pertinentes.

Quedan suspendidas as licenzas en toda a área afectada pola delimitación durante dous anos, suspensión que en todo caso quedará extinguida coa aprobación definitiva da modificación puntual.

Becerreá, 3 de xaneiro de 2018

Manuel Martínez Núñez
Alcalde