BDNS (Identif.): 382613.
De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo pode consultarse na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).
Primeiro. Entidades beneficiarias
Poderán solicitar as subvencións das liñas 1, 2 e 3 as sociedades de fomento forestal, as persoas propietarias particulares de forma individual, as asociacións de persoas propietarias particulares legalmente constituídas e inscritas no Rexistro de Asociacións da Xunta de Galicia, as cooperativas agrarias, os montes pro indivisos, os montes de varas, abertais, de voces, de vocerío e fabeo, os montes de socios, as comunidades de bens, outras persoas xurídicas e as comunidades de montes veciñais en man común.
Poderán solicitar as subvencións da liña 4:
a) As asociacións de persoas propietarias forestais e inscritas no Rexistro de Asociacións da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza de Galicia.
b) Os grupos de certificación de xestión forestal que teñan a consideración de peme microempresa ou pequena ou mediana empresa tal e como se define na Recomendación 2003/361/CE da Comisión.
Segundo. Obxecto
Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras das subvencións dirixidas á elaboración de instrumentos de ordenación ou xestión forestal, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural no marco do PDR de Galicia 2014-2020 (códigos de procedemento MR462B e MR462C).
Ao mesmo tempo, procédese a realizar a convocatoria de subvencións correspondente ao ano 2018.
Para iso, serán subvencionables:
1. Establécense sete liñas de subvencións:
a) Liña 1. Para instrumentos suxeitos a aprobación do órgano forestal da Comunidade Autónoma de Galicia, a través da submedida 8.31. Engloba:
1ª. Liña 1-Sofor. Reservada a solicitudes realizadas por sociedades de fomento forestal.
2ª. Liña 1-Común. Reservada ao resto de solicitantes.
b) Liña 2. Para instrumentos suxeitos a aprobación do órgano forestal da Comunidade Autónoma de Galicia, a través da submedida 8.50. Engloba:
1ª. Liña 2-Sofor. Reservada a solicitudes realizadas por sociedades de fomento forestal.
2ª. Liña 2-Común. Reservada ao resto de solicitantes.
c) Liña 3. Para instrumentos suxeitos a aprobación do órgano forestal da Comunidade Autónoma de Galicia, a través da submedida 8.60. Engloba:
1ª. Liña 3-Sofor. Reservada a solicitudes realizadas por sociedades de fomento forestal.
2ª. Liña 3-Común. Reservada ao resto de solicitantes.
d) Liña 4. Para documentos de adhesión expresa a referentes de boas prácticas e aos modelos silvícolas ou de xestión forestal orientativos, a través da submedida 8.60.
2. A través das liñas 1, 2 e 3 (procedemento MR462B) poderán recibir subvencións as persoas propietarias que xestionen directamente os seus montes, as titulares de dereitos sobre o monte (xa sexa por arrendamentos ou contratos plurianuais coa propiedade) e as responsables da xestión de terreos forestais para elaborar, conforme o establecido no artigo 10.1.a) e b) do Decreto 52/2014:
a) Proxectos de ordenación.
b) Documentos simples de xestión.
c) Documentos compartidos de xestión.
Os instrumentos cuxa elaboración se financie con estas subvencións non poderán, para o conxunto do monte, aumentar a superficie ocupada por masas de eucaliptos; tampouco poderán, para o conxunto do monte, aumentar a superficie ocupada por masas de Eucalyptus nitens.
3. As subvencións do punto anterior poderán financiar os seguintes conceptos:
a) Redacción do instrumento de ordenación ou xestión forestal, incluíndo a realización do inventario dos recursos e servizos forestais necesario para a redacción de proxectos de ordenación.
b) Redacción do estudo de impacto ambiental ou documento ambiental asociado ao procedemento simplificado, segundo corresponda, se é obrigatorio someter o instrumento a unha avaliación de impacto ambiental de proxectos ordinaria ou simplificada, conforme o disposto na Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental.
c) A instalación do cartel identificativo da subvención concedida.
4. A través da liña 4 (procedemento MR462C) poderán recibir subvencións para comunicar, conforme o establecido no artigo 9 do Decreto 52/2014, documentos de adhesión expresa a referentes de boas prácticas e aos modelos silvícolas ou de xestión forestal orientativos:
a) As asociacións forestais formalmente constituídas e inscritas no Rexistro de Asociacións da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xusticia de Galicia.
b) Os grupos de certificación de xestión forestal formalmente constituídos que teñan a consideración de peme, microempresa ou pequena ou mediana empresa, tal e como se define na Recomendación 2003/361/CE da Comisión.
5. O IVE non é subvencionable.
Terceiro. Bases reguladoras
Orde do 28 de decembro de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións destinadas á elaboración de instrumentos de ordenación ou xestión forestais, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural no marco do Plan de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2018.
Cuarto. Importe
A contía total ascende a 4.000.000 €, coa seguinte distribución:
Anualidade |
2018 |
2019 |
Total |
Liña 1-Común |
1.120.000,00 |
1.120.000,00 |
2.240.000,00 |
Liña 1-Sofor |
80.000,00 |
80.000,00 |
160.000,00 |
Liña 2-Común |
490.000,00 |
490.000,00 |
980.000,00 |
Liña 2-Sofor |
10.000,00 |
10.000,00 |
20.000,00 |
Liña 3-Común |
190.000,00 |
190.000,00 |
380.000,00 |
Liña 3-Sofor |
10.000,00 |
10.000,00 |
20.000,00 |
Liña 4 |
100.000,00 |
100.000,00 |
200.000,00 |
Suma |
2.000.000,00 |
2.000.000,00 |
4.000.000,00 |
Quinto. Prazo de presentación de solicitudes
O prazo para a presentación de solicitudes é de dous meses desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 28 de decembro de 2017
Tomás Fernández-Couto Juanas
Director xeral de Ordenación Forestal