Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 17 Mércores, 24 de xaneiro de 2018 Páx. 5203

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural

ORDE do 28 de decembro de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións destinadas á elaboración de instrumentos de ordenación ou xestión forestais, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural no marco do Plan de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2018.

I

En aplicación da disposición transitoria sexta da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, os montes ou terreos forestais deberán de dispoñer dun instrumento de ordenación ou xestión forestal obrigatorio e vixente, como máximo, no prazo de seis anos desde a publicación das instrucións de ordenación de Galicia. É dicir, o 8 de maio de 2020. Pasado este prazo sen aprobación, non se autorizarán aproveitamentos forestais nos devanditos montes.

Antes desta data e segundo establécese na disposición transitoria terceira da Lei 43/2003, do 21 de novembro, de montes, a partir do 22 de febreiro de 2019 denegaranse os incentivos aos que se refire o seu artigo 63, salvo as excepcións que establece.

Con todo, a normativa autonómica fixa un prazo máis afastado que o anterior, polo que sería de aplicación para as demais axudas, subvencións ou beneficios fiscais regulados pola normativa vixente en materia forestal. Este segundo prazo é o 8 de maio de 2020 sinalado anteriormente.

Un caso especial son as axudas que exixan ter o monte ordenado antes de calquera destas dúas datas. Para estas liñas de financiamento, se o monte cumpre os requisitos para comunicar a súa adhesión aos referentes de boas prácticas e modelos silvícolas ou de xestión forestal, pode entenderse que non existe unha limitación temporal posto que é unha condición á que pode acceder o titular en calquera momento. De non reunir algún dos requisitos, é necesario tramitar un instrumento de ordenación ou xestión forestal que está suxeito a aprobación pola Administración forestal. Con todo, a disposición transitoria segunda do Decreto 52/2014, do 16 de abril, polo que se regulan as instrucións xerais de ordenación e de xestión de montes de Galicia, permite que calquera persoa propietaria ou titular dun monte, independentemente da súa titularidade, condición ou superficie en couto redondo e só para os efectos previstos en materia de obtención de beneficios, tales como axudas relativas ao desenvolvemento rural, comunique a súa adhesión aos referentes de boas prácticas e modelos silvícolas ou de xestión forestal. Mentres non se modifique, esta excepción caducará o 8 de agosto de 2018.

II

O Regulamento (UE) núm. 1305/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013, relativo á axuda ao desenvolvemento rural a través do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), establece a posibilidade de conceder axudas destinadas a investimentos no desenvolvemento de zonas forestais e mellora da viabilidade dos bosques (artigo 21), sinalando que «no caso das explotacións que superen certo tamaño, que os Estados membros determinarán no programa, a axuda estará supeditada á presentación da información pertinente procedente dun plan de xestión forestal ou instrumento equivalente que sexan compatibles cunha xestión forestal sustentable, de acordo coa definición da Conferencia Ministerial sobre Protección de Bosques en Europa de 1993». En consecuencia, a ordenación forestal vai ser esencial para o acceso ás axudas financiadas por este fondo.

Posteriormente, aprobouse o Regulamento de execución (UE) núm. 808/2014 da Comisión, do 17 de xullo de 2014, polo que se establecen disposicións de aplicación do Regulamento (UE) núm. 1305/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, relativo á axuda ao desenvolvemento rural a través do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader). Nel establécense disposicións de aplicación no que respecta á presentación dos programas de desenvolvemento rural.

O Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020 (en diante, PDR de Galicia 2014-2020) foi aprobado pola Decisión de execución da Comisión C (2015) 8144, do 18 de novembro de 2015, pola que se aproba o programa de desenvolvemento rural de Galicia (España) para efectos da concesión de axudas do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural. Recentemente foi modificado pola Decisión de execución da Comisión do 26.7.2017 pola que se aproba a modificación do Programa de desenvolvemento rural de Galicia (España) a efectos da concesión de axudas do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader). No programa recóllese a posibilidade de conceder axudas para a redacción e implementación de instrumentos de ordenación ou xestión forestal en varias submedidas:

a) A submedida 8.31 «prevención dos danos causados por incendios, desastres naturais e catástrofes» que desenvolve o punto 21.1.c) e o artigo 24 do Regulamento (UE) 1305/2013;

b) A submedida 8.50 «investimentos para aumentar a resiliencia e o valor ambiental dos ecosistemas forestais», derivada do punto 21.1.d) e o artigo 25 do Regulamento (UE) 1305/2013;

c) A submedida 8.60 «investimentos en tecnoloxías forestais», formulada en aplicación do punto 21.1.e) e o artigo 26 do Regulamento (UE) 1305/2013.

As subvencións que se regulan na presente orde correspóndense coas tres submedidas indicadas e teñen como obxectivo a redacción instrumentos de ordenación ou xestión forestal de acordo con:

1. O punto do 8.2.7.3.3.5 do PDR de Galicia 2014-2020 (submedida 8.31): redacción e implementación de instrumentos de ordenación ou xestión forestal.

2. O punto 8.2.7.3.5.5 do PDR de Galicia 2014-2020 (submedida 8.50):

a) Actuacións puntuais para a modificación da estrutura e composición dos bosques: preparación do proxecto e proxectos de ordenación ou instrumentos equivalentes en masas de frondosas caducifolias autóctonas ou outras que contribúan a consolidar o seu valor ambiental.

b) Investimentos en equipamentos e mellora do carácter público, ambiental e de protección dos ecosistemas forestais: redacción de instrumentos de ordenación ou xestión.

3. O punto 8.2.7.3.6.5 do PDR de Galicia 2014-2020 (submedida 8.60):

Investimentos na mellora do valor económico dos bosques (motivaranse en relación coas melloras previstas para os bosques nunha ou varias explotacións, e poden incluír os investimentos en maquinaria): elaboración ou adaptación á lexislación de plans de xestión forestal ou instrumentos equivalentes e implantación dos sistemas de xestión forestal sustentable en bosques produtivos, excluíndo os custos administrativos directos de emisión dos sistemas de certificación forestal.

Tamén resulta de aplicación o Regulamento (UE) 702/2014 da Comisión, do 25 de xuño de 2014, polo que se declaran determinadas categorías de axuda nos sectores agrícola e forestal e en zonas rurais compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea. De acordo co punto 13.7 do PDR de Galicia 2014-2020, este regulamento regula nos seus artigos 34, 35 e 41 as axudas ao sector forestal. Polo que se refire ás axudas aos investimentos que melloran a resiliencia e o valor ambiental dos ecosistemas forestais (artigo 35.6.e) os «custos de instauración de plans de xestión forestal ou instrumentos equivalentes» están exentos da obrigación de notificación prevista no artigo 108, punto 3.

Para cumprir a obrigación de publicidade do artigo 9.2 do citado Regulamento (UE) núm. 702/2014 deben comunicarse estas axudas á BDNS nos termos do artigo 20 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións. Esta medida foi comunicada polo Estado co número de axuda SA.43021 ao abeiro do Regulamento (UE) núm. 702/2014.

III

De acordo co artigo 27.10 da Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril, do Estatuto de autonomía de Galicia, corresponde á Comunidade Autónoma galega a competencia exclusiva en materia de montes, aproveitamentos forestais, vías pecuarias e pastos, sen prexuízo do disposto no artigo 149.1.23 da Constitución.

O Decreto 166/2015, do 13 de novembro, polo que se aproba a estrutura orgánica da Consellería do Medio Rural, establece que é o órgano da Administración galega competente en materia de montes.

En desenvolvemento desta competencia foi aprobado o Decreto 52/2014. Como ben se expón no seu preámbulo, a escasa superficie ordenada en Galicia non só está a provocar que os recursos e servizos que produce o monte galego se abandonen e non se poñan en valor de forma sustentable, senón que, ademais, está a influír claramente na competitividade do sector forestal galego.

A Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, ten por obxecto regular o réxime xurídico propio das subvencións cuxo establecemento e xestión lle corresponde á Administración da Comunidade autónoma de Galicia, organismos e demais entidades vinculadas ou dependentes desta.

En consecuencia, de conformidade co previsto no artigo 30.1.3 do Estatuto de autonomía de Galicia e no uso das facultades que me confiren os artigos 7, 14 e 20 da Lei 9/2007,

DISPOÑO:

TÍTULO I
Preliminar

Artigo 1. Obxecto das subvencións

Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras das subvencións dirixidas á elaboración de instrumentos de ordenación ou xestión forestal, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural no marco do PDR de Galicia 2014-2020 (códigos de procedemento MR462B e MR462C).

Así mesmo, procédese a realizar a convocatoria de subvencións correspondente ao ano 2018.

TÍTULO II
Bases reguladoras

CAPÍTULO I
Requisitos

Artigo 2. Investimentos subvencionables

1. Establécense sete liñas de subvencións:

a) Liña 1. Para instrumentos suxeitos a aprobación do órgano forestal da Comunidade Autónoma de Galicia, a través da submedida 8.31. Engloba:

1ª. Liña 1-Sofor. Reservada a solicitudes realizadas por sociedades de fomento forestal.

2ª. Liña 1-Común. Reservada ao resto de solicitantes.

b) Liña 2. Para instrumentos suxeitos a aprobación do órgano forestal da Comunidade Autónoma de Galicia, a través da submedida 8.50. Engloba:

1ª. Liña 2-Sofor. Reservada a solicitudes realizadas por sociedades de fomento forestal.

2ª. Liña 2-Común. Reservada ao resto de solicitantes.

c) Liña 3. Para instrumentos suxeitos a aprobación do órgano forestal da Comunidade Autónoma de Galicia, a través da submedida 8.60. Engloba:

1ª. Liña 3-Sofor. Reservada a solicitudes realizadas por sociedades de fomento forestal.

2ª. Liña 3-Común. Reservada ao resto de solicitantes.

d) Liña 4. Para documentos de adhesión expresa a referentes de boas prácticas e aos modelos silvícolas ou de xestión forestal orientativos, a través da submedida 8.60.

2. A través das liñas 1, 2 e 3 (procedemento MR462B), poderán recibir subvencións as persoas propietarias que xestionen directamente os seus montes, as titulares de dereitos sobre o monte (xa sexa por arrendamentos ou contratos plurianuais coa propiedade) e as responsables da xestión de terreos forestais para elaborar, conforme o establecido no artigo 10.1.a) e b) do Decreto 52/2014:

a) Proxectos de ordenación.

b) Documentos simples de xestión.

c) Documentos compartidos de xestión.

Os instrumentos cuxa elaboración se financie con estas subvencións non poderán, para o conxunto do monte, aumentar a superficie ocupada por masas de eucaliptos; tampouco poderán, para o conxunto do monte, aumentar a superficie ocupada por masas de Eucalyptus nitens.

3. As subvencións do punto anterior poderán financiar os seguintes conceptos:

a) Redacción do instrumento de ordenación ou xestión forestal, incluíndo a realización do inventario dos recursos e servizos forestais necesario para a redacción de proxectos de ordenación.

b) Redacción do estudo de impacto ambiental ou documento ambiental asociado ao procedemento simplificado, segundo corresponda, se fose obrigatorio someter o instrumento a unha avaliación de impacto ambiental de proxectos ordinaria ou simplificada conforme o disposto na Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental.

c) A instalación do cartel identificativo da subvención concedida.

4. A través da liña 4 (procedemento MR462C), poderán recibir subvencións para comunicar, conforme o establecido no artigo 9 do Decreto 52/2014, documentos de adhesión expresa a referentes de boas prácticas e aos modelos silvícolas ou de xestión forestal orientativos:

a) As asociacións forestais formalmente constituídas e inscritas no Rexistro de Asociacións da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xusticia de Galicia.

b) Os grupos de certificación de xestión forestal formalmente constituídos, que teñan a consideración de peme, microempresa ou pequena ou mediana empresa tal e como se define na Recomendación 2003/361/CE da Comisión.

5. O IVE non é subvencionable.

Artigo 3. Definicións

Para os efectos desta orde, utilizaranse os seguintes termos:

1. Enténdese por monte ou terreo forestal toda superficie que se axuste ao concepto establecido no artigo 2 da Lei 7/2012.

2. O concepto de «couto redondo» é o recollido no artigo 8.10 da Lei 7/2012.

3. Entenderase por persoal técnico competente en materia forestal aquel descrito no artigo 8.24 da Lei 7/2012: as persoas tituladas en Enxeñaría de Montes ou Enxeñería Técnica Forestal e as tituladas universitarias de grao ou posgrao en materia forestal que substitúan as anteriores.

4. Coordinador/a de o documento compartido de xestión forestal: aquela persoa responsable na tramitación da aprobación do documento compartido de xestión forestal para os efectos administrativos de presentación de solicitudes, requirimentos e comunicacións.

5. Montes abertais, de voces, de varas, de vocerío ou de fabeo son aqueles cuxas características se axusten á descrición incluída no artigo 19.1 da Lei 7/2012.

6. Montes de socios son, de acordo co artigo 27 bis da Lei 43/2003, aqueles cuxa titularidade corresponde, en pro indiviso, a varias persoas e algunha delas é descoñecida, con independencia da súa denominación e da súa forma de constitución. Para os efectos desta orde de subvencións, non se incluirán aquí os montes abertais, de voces, de varas, de vocerío ou de fabeo.

7. Por desastre natural enténdese os danos económicos sufridos na cuberta vexetal dun monte como consecuencia de pragas, enfermidades e fenómenos climáticos extremos ou outros debidamente xustificados, sexa de forma individual ou combinada durante os 5 anos anteriores á convocatoria.

8. Considéranse asociacións de persoas propietarias forestais aquelas entidades xurídicas sen ánimo de lucro formalmente constituídas e inscritas no Rexistro de Asociacións da Xunta de Galicia que teñan entre os seus fins sociais lograr unha xestión forestal sustentable para os terreos que pertenzan aos seus socios/as.

9. Defínense agrupacións forestais as entidades xurídicas de dereito privado legalmente constituídas que agrupen persoas propietarias forestais cunha finalidade de xestión e comercialización en común dos froitos das súas propiedades e que non teñan a condición de sociedades de fomento forestal (Sofor).

10. Enténdese por grupo de certificación de xestión forestal a entidade, sexa persoa física ou xurídica formalmente constituída, que é titular dun certificado de xestión forestal sustentable e é responsable de asegurar que os requisitos do estándar de xestión forestal sustentable se cumpren nas propiedades forestais que forman parte do grupo.

11. Considéranse «bosques produtivos» aquelas masas arbóreas en que se desenvolve unha silvicultura activa, constituídas por eucaliptais ou por plantacións doutras especies realizadas para ser aproveitadas cunha quenda máxima de 15 anos.

12. Os organismos nocivos aos que se refire o baremo da submedida 8.31 cítanse a seguir: Thaumetopoea pityocampa (procesionaria do piñeiro), Bursaphelenchus xylophilus (nematodo da madeira do piñeiro), limántridos e tortrícidos defoliadores de Quercus, Ips e Tomicus (perforadores de coníferas), Gonipterus spp. (gurgullos defoliadores de eucaliptares), Ctenarytaina eucalypti (pulgón do eucalipto), Glycaspis brimblecombei, Phytophthora cinnamomi (tinta do castiñeiro), Dryocosmus kuriphilus (avespa chinesa do castiñeiro), Fusarium circinatum (chancro resinoso dos piñeiros), Cryphonectria parasitica (chancro do castiñeiro), Altica quercetorum (pulga defoliadora de carballos), Phytophthora alni (afección sobre os alisos), Diplodia pinea, Dothistroma septosporum (banda vermella do piñeiro), Dioryctria sylvestrella, etc., ou outros de recente introdución na península que poden causar brotes ou sucesos catastróficos.

13. A «superficie do monte» é a superficie total da propiedade que ten a consideración de monte ou terreo forestal.

14. A «superficie de ordenación» é, para o instrumento que se pretende redactar, a superficie do monte, excluída a superficie onde exista conflito, dúbida ou litixio.

15. A «superficie inventariable» é a parte da superficie de ordenación ocupada por estratos de inventario que previsiblemente vaian ser obxecto de aproveitamento final, na súa totalidade ou parcialmente, durante o plan especial.

16. «Empresa en crise» é, de acordo co artigo 2.14 do Regulamento (UE) 702/2014, unha empresa en que concorra polo menos unha das seguintes circunstancias:

a) Se se trata dunha sociedade de responsabilidade limitada (distinta dunha peme con menos de tres anos de antigüidade), cando desaparecese máis da metade do seu capital social subscrito como consecuencia das perdas acumuladas, que é o que sucede cando a dedución das perdas acumuladas das reservas (e de todos os demais elementos que se adoitan considerar fondos propios da sociedade) conduce a un resultado negativo superior á metade do capital social subscrito. Para efectos da presente disposición, «sociedade de responsabilidade limitada» refírese, en particular, aos tipos de sociedades mencionados no anexo I da Directiva 2013/34/UE do Parlamento Europeo e do Consello e, «capital social» inclúe, cando cumpra, calquera prima de emisión.

b) Se se trata dunha sociedade en que polo menos algúns socios teñen unha responsabilidade ilimitada sobre a débeda da sociedade (distinta dunha peme con menos de tres anos de antigüidade), cando máis da metade do seu capital, segundo o indicado na súa contabilidade, desaparecese como consecuencia das perdas acumuladas. Para efectos da presente disposición, «sociedade en que polo menos algúns socios teñen unha responsabilidade ilimitada sobre a débeda da sociedade» refírese, en particular, aos tipos de sociedades mencionados no anexo II da Directiva 2013/34/UE.

c) Cando a empresa se atope inmersa nun procedemento de quebra ou insolvencia ou reúna os criterios establecidos no seu dereito nacional para ser sometida a un procedemento de quebra ou insolvencia por petición dos seus acredores.

d) Cando a empresa recibise axuda de salvamento e aínda non reembolsase o préstamo ou puxese fin á garantía, ou recibise axuda de reestruturación e estea aínda suxeita a un plan de reestruturación.

e) Se se trata dunha empresa distinta dunha peme, cando durante os dous exercicios anteriores:

1º. O cociente débeda/capital da empresa sexa superior a 7,5, e

2º. O cociente de cobertura de xuros da empresa, calculado sobre a base do EBITDA, situouse por baixo de 1,0.

Artigo 4. Requisitos comúns a todos os beneficiarios

1. Os beneficiarios non estarán incursos en ningunha das prohibicións sinaladas nos puntos 2 e 3 do artigo 10 da Lei 9/2007, nin en ningunha das circunstancias previstas no artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.

2. Non se admitirán a trámite solicitudes que inclúan terreos situados dentro das zonas consideradas densamente poboadas. Estas zonas son as recollidas no anexo XII.

3. Non se admitirán solicitudes que inclúan:

a) Zonas cun procedemento de concentración parcelaria en execución sen acordo firme de reestruturación parcelaria e toma de posesión definitiva.

b) Terreos cun proceso iniciado de expropiación forzosa.

4. En aplicación do artigo 1.5.a) do Regulamento (UE) 702/2014, non poderán ser beneficiarias as empresas que estean suxeitas a unha orde de recuperación pendente tras unha decisión previa da Comisión que declarase unha axuda ilegal e incompatible co mercado interior.

5. En aplicación do artigo 1.6 do Regulamento (UE) 702/2014, non poderán ser beneficiarias as empresas en crise.

Artigo 5. Requisitos dos beneficiarios das liñas 1, 2 e 3

1. Poderán solicitar as subvencións das liñas 1, 2 e 3 as sociedades de fomento forestal, as persoas propietarias particulares de forma individual, as asociacións de persoas propietarias particulares legalmente constituídas e inscritas no Rexistro de Asociacións da Xunta de Galicia, as cooperativas agrarias, os montes pro indivisos, os montes de varas, abertais, de voces, de vocerío e fabeo, os montes de socios, as comunidades de bens, outras persoas xurídicas e as comunidades de montes veciñais en man común.

2. Non se admitirán a trámite solicitudes que inclúan sociedades de fomento forestal con inscrición previa no Rexistro de Sociedades de Fomento Forestal, salvo que logren inscribirse de forma definitiva dentro do prazo de solicitude de cada convocatoria.

3. Nos montes de varas, abertais, de voces, de vocerío ou de fabeo, o solicitante deberá ter capacidade suficiente para solicitar a subvención, nos termos do artigo 45 da Lei 7/2012.

4. Nos montes de socios que conten con xunta xestora, o solicitante será o seu presidente. En caso de non constituírse unha xunta xestora, será necesario acreditar o voto favorable da maioría das cotas de participación das persoas propietarias coñecidas, presentes ou representadas.

5. Nos montes pro indivisos distintos dos anteriores, acordo da maioría dos partícipes e nomeamento de representante.

6. No caso de persoas físicas ou xurídicas que teñan a responsabilidade da xestión do monte será necesario contar coa conformidade expresa das persoas propietarias ou das titulares dos dereitos sobre o monte.

7. No caso de montes veciñais en man común (MVMC):

a) Non se admitirán a trámite as solicitudes cando a comunidade non cumpra algún dos seguintes requisitos:

1º. Ter os seus estatutos vixentes inscritos no Rexistro de Montes Veciñais en Man Común (RMVMC).

2º. Ter actualizado no RMVMC a composición da xunta reitora vixente.

3º. Ter o censo de comuneiros actualizado e inscrito no RMVMC.

b) Non serán admitidas a trámite as solicitudes de MVMC que non cumpran o disposto no artigo 125.7 da Lei 7/2012, segundo o cal, as comunidades de montes veciñais en man común non poderán ser beneficiarias de axudas públicas en canto non presenten as comunicacións dos investimentos realizados no ano anterior ou, presentadas as comunicacións, estas non se axusten ao establecido na devandita lei.

De conformidade co devandito artigo, e co artigo 13 do Decreto 23/2016, do 25 de febreiro, polo que se regula a reinvestimento dos ingresos obtidos polos montes veciñais en man común en actuacións de mellora e protección forestal, a comunicación deberá efectuarse durante o primeiro semestre de cada ano natural. Para estes efectos, en función da que a solicitude se presente no primeiro ou segundo semestre do ano:

1º. Se a solicitude de subvención se presenta dentro do primeiro semestre do ano, admitiranse as comunicacións de reinvestimentos do ano en curso ou do anterior.

2º. Se a solicitude de subvención se presenta dentro do segundo semestre do ano, só se admitirán as comunicacións de reinvestimentos do ano en curso.

8. As agrupacións forestais, comunidades de bens, montes de socios, montes en pro indiviso e outras entidades formadas por titulares sen necesidade de constituírse con personalidade xurídica para realizar en común as actuacións previstas nesta orde e na correspondente convocatoria deberán cumprir os requisitos exixidos no artigo 8.3 da Lei 9/2007, e deberán facer constar expresamente os compromisos e obrigacións de execución asumidos por cada membro da agrupación, que terán, igualmente, a consideración de beneficiarios. Deberán, así mesmo, nomear un representante con poderes bastantes para cumprir as obrigacións que, como beneficiario, corresponden á agrupación.

Artigo 6. Requisitos dos beneficiarios da liña 4

1. Poderán solicitar as subvencións da liña 4:

a) As asociacións de persoas propietarias forestais e inscritas no Rexistro de Asociacións da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xusticia de Galicia.

b) Os grupos de certificación de xestión forestal, que teñan a consideración de peme, microempresa ou pequena ou mediana empresa tal e como se define na Recomendación 2003/361/CE da Comisión.

2. As entidades solicitantes deberán cumprir os seguintes requisitos:

a) Estar formalmente constituídas e inscritas no rexistro correspondente.

b) Ter un mínimo de 100 socios que sexan persoas propietarias ou titulares de dereitos forestais sobre terreos forestais dentro da Comunidade autónoma de Galicia.

c) Ter entre os seus fins sociais lograr unha xestión forestal sustentable dos terreos que pertenzan aos seus asociados.

d) Cando a beneficiaria sexa unha empresa forestal, deberá estar inscrita no Rexistro de empresas do sector forestal de Galicia.

3. Non se admitirán a trámite solicitudes para comunicar documentos de adhesión expresa a referentes de boas prácticas e aos modelos silvícolas ou de xestión forestal orientativos de menos de 100 socios.

Artigo 7. Requisitos segundo a submedida a través da cal se financien as subvencións.

1. Os instrumentos de ordenación ou xestión forestal para os que se solicita a subvención a través da submedida 8.31 (liña 1) deberán cumprir que os terreos se atopen declarados previamente como de medio ou alto risco de incendios, conforme ao establecido na Orde do 18 de abril de 2007 pola que se zonifica o territorio con base no risco espacial de incendio forestal.

2. Os instrumentos de ordenación ou xestión forestal para os que se solicita a subvención a través da submedida 8.50 (liña 2) deberán cumprir, polo menos, un dos seguintes requisitos:

a) Tratarse de montes que, polo menos parcialmente, estean cubertos por masas consolidadas de frondosas autóctonas segundo se describen no artigo 93.1 da Lei 7/2012, que deberán estar inscritas no Rexistro de masas consolidadas de frondosas autóctonas, de acordo co artigo 126.1.m) da Lei 7/2012. Este requisito deberá cumprirse antes de solicitar o pagamento final da axuda e de que finalice o prazo de xustificación da subvención.

b) Ordenar terreos forestais cuxa superficie estea dentro da Rede Natura 2000, polo menos parcialmente, para contribuír a consolidar o seu valor ambiental.

c) A Directiva 2007/60/CE do Parlamento Europeo e do Consello, do 23 de outubro, de 2007 relativa á avaliación e xestión dos riscos de inundación, considera que é posible e conveniente reducir o risco de consecuencias negativas, en particular para a saúde e a vida humana, o ambiente, o patrimonio cultural, a actividade económica e as infraestruturas asociadas ás inundacións. Consecuentemente, tamén se admitirán os instrumentos elaborados sobre montes situados, polo menos parcialmente, na zona de policía de áreas de risco potencial significativo de inundación (ARPSI), para contribuír a consolidar o seu valor ambiental.

3. Os instrumentos de ordenación ou xestión forestal para os que se solicita a subvención a través da submedida 8.60 (liñas 3 e 4) deberán estar cubertos por bosques produtivos polo menos nun 50 %.

Nas solicitudes da liña 4, o cumprimento deste requisito será exixible considerando o conxunto de terreos forestais incluídos na solicitude, non parcela a parcela.

Artigo 8. Outros requisitos

1. Para aqueles montes que dispoñan dun instrumento de ordenación ou xestión forestal en vigor só poderán solicitar as axudas durante o seu último ano de vixencia; tamén poderán facelo antes en caso de sufrir (con posterioridade á solicitude de aprobación do instrumento) incendios, desastres naturais e catástrofes que causasen a destrución do 20 % do potencial forestal como mínimo.

2. Os instrumentos aplicaranse sobre a totalidade da superficie de ordenación de cada monte, non admitindo aquelas solicitudes que exclúan unha parte do monte. En particular, as comunidades de montes veciñais en man común ordenarán todos os montes que estean clasificados ao seu nome, excepción feita dos arrendamentos e dereitos de superficie para xestión diferenciada que poden ser ordenados de forma separada (contando sempre co visto e prace da comunidade veciñal).

3. Non se admitirán solicitudes que ordenen ou xestionen superficies que se beneficiaron dunha subvención anterior dirixida á elaboración ou comunicación dun instrumento de ordenación ou xestión forestal, cofinanciada co Feader dentro do PDR de Galicia 2014-2020, salvo os casos recollidos no punto 1 por unha soa vez.

Artigo 9. Prazo para acreditar os requisitos dos beneficiarios

Todos os requisitos deberán cumprirse dentro do prazo de solicitude de cada convocatoria de axudas, salvo os contidos no artigo 7.2.a), que o serán nos termos alí establecidos. No trámite de corrección de solicitudes non se admitirán documentos que deriven dun cumprimento dos requisitos posterior ao termo do prazo de presentación de solicitudes.

CAPÍTULO II
Procedemento de solicitude

Artigo 10. Solicitantes en subvencións das líneas 1, 2 e 3

1. No caso de instrumentos de ordenación ou xestión forestal que planifiquen os usos e aproveitamentos de terreos forestais cuxa titularidade corresponda a unha pluralidade de persoas, sexan físicas ou xurídicas, presentarase a relación de titulares segundo o anexo II. Mediante este anexo II, os asinantes delegarán a súa representación nun solicitante común a todos eles, que terá plena capacidade para presentar a solicitude e realizar todos os trámites administrativos oportunos que deriven da tramitación da subvención.

2. No resto dos casos, o único titular actuará como solicitante. Para os efectos desta orde, enténdese que son titulares únicos os seguintes:

a) Comunidades de montes veciñais en man común.

b) Montes de varas, abertais, de voces, de vocerío ou de fabeo, actúen mediante xunta xestora ou en asemblea.

c) Xuntas xestoras de montes de socios.

d) Sociedades de fomento forestal.

e) Persoas físicas ou xurídicas que sexan titulares únicas de todo o monte.

f) Agrupacións forestais.

Artigo 11. Solicitantes en subvencións da liña 4

1. As subvencións financiadas dentro da liña 4 só poderán ser solicitadas polas asociacións de persoas propietarias forestais inscritas no Rexistro de Asociacións da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xusticia de Galicia ou polos grupos de certificación de xestión forestal, que teñan a consideración de peme, microempresa ou pequena ou mediana empresa tal e como se define na Recomendación 2003/361/CE da Comisión, a través dos representantes que designen.

2. Cada asociación de persoas propietarias forestais ou grupo de xestión de certificación forestal só poderá presentar unha solicitude en cada convocatoria. No suposto de presentarse varias, admitirase a trámite a última, resolvendo por desistencia as demais.

3. Para incluír un terreo forestal nunha solicitude presentada por unha asociación de persoas propietarias forestais ou grupo de certificación de xestión forestal será necesario que os seus titulares delegasen na entidade solicitante capacidade suficiente para presentar unha comunicación no seu nome, ou delegación equivalente suficiente.

4. Cubrirase o anexo II.1 para cada unha das titularidades.

Artigo 12. Solicitudes

1. Os solicitantes das liñas 1, 2 e 3 presentarán a solicitude do anexo I.1.

As solicitudes en que o tipo de solicitante sexa unha sociedade de fomento forestal, optarán as liñas 1-Sofor, 2-Sofor e 3-Sofor; as demais optarán as liñas 1-Común, 2-Común e 3-Común.

2. Os solicitantes da liña 4 presentarán a solicitude do anexo I.2.

3. A solicitude, tanto das liñas 1, 2 e 3 como da liña 4, dirixirase ao servizo de montes da provincia en que se atopen os terreos para ordenar. Se os terreos se localizan en varias provincias, corresponderalle a tramitación ao servizo en cuxa provincia estea a maior parte da superficie de ordenación.

4. En todo caso, as persoas titulares e solicitantes poderán actuar mediante representantes.

5. Os datos que non figuren na solicitude e que sexan esenciais para a súa puntuación non serán considerados ao aplicar os baremos de puntos.

6. Cando se detecte que unha solicitude contén datos inexactos ou falsos que sexan esenciais para a súa puntuación, determinarán a imposibilidade de continuar coa súa tramitación e dará lugar a inadmisión da solicitude, sen prexuízo das responsabilidades penais, civís ou administrativas que procedesen. Cando se trate de datos de superficies, a súa valoración realizarase no momento procesual en que se aplica o artigo 24.10.

Artigo 13. Forma de solicitude das subvencións

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.

A presentación electrónica será obrigatoria para os suxeitos relacionados no artigo 14.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Se algunha das persoas interesadas obrigadas á presentación electrónica presenta a súa solicitude presencialmente, solicitaráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.

Para a presentación das solicitudes poderá utilizarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

Aquelas persoas non obrigadas á presentación electrónica, opcionalmente, poderán presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Artigo 14. Prazos de solicitude das subvencións

O prazo de solicitude establecerase en cada convocatoria, non será inferior a 1 mes.

Artigo 15. Documentación que hai que presentar coas solicitudes das liñas 1, 2 e 3

1. Documentación xeral:

a) As persoas físicas que actúen como representantes, acreditación da representación.

b) Relación de titulares mediante o anexo II.

2. Documentación específica:

a) Cando se trate de documentos compartidos de xestión, o solicitante designado por todos os titulares asinantes actuará como coordinador para os efectos do Decreto 52/2014, debendo presentar:

1º. A correspondente designación a través do anexo II.

2º. Acordo de compromisos e obrigacións segundo o anexo IV.

b) Para os terreos que sexan montes veciñais en man común:

1º. Certificación expedida pola secretaría da comunidade en que figure a data de aprobación dos estatutos vixentes, a data da última actualización do censo de comuneiros, a composición da xunta reitora vixente, unha listaxe de todos os actos de disposición sobre o monte que se atopen en vigor, especificando a superficie de cada un deles, e a data de presentación da comunicación dos investimentos efectuados no ano anterior.

2º. Acordo previo da asemblea xeral da comunidade propietaria, ben por medio de copia do acta da asemblea ou mediante certificación expedida pola secretaría da comunidade, que habilite o solicitante para a solicitude destas subvencións e a elaboración do instrumento de ordenación ou de xestión forestal. Admitirase tanto un acordo específico como xenérico.

c) Nos montes de varas, abertais, de voces, de vocerío ou de fabeo:

1º. Se existe unha xunta xestora en vigor, presentarase un certificado da persoa que desenvolva a función de secretaría en que figure a data de constitución da xunta xestora, o período de vixencia e a identificación das persoas que teñan as funcións de presidencia, secretaría e tesouraría. Ademais, de acordo co artigo 45.8 da Lei 7/2012, achegarase o acta da asemblea en que se autoriza a xunta xestora para a solicitude destas subvencións e a elaboración do instrumento de ordenación ou de xestión forestal.

2º. En caso de non existir xunta xestora en vigor, acta da asemblea de persoas propietarias constituída nos termos do artigo 45.4 da Lei 7/2012, en que se aprobe a solicitude destas subvencións e a elaboración do instrumento de ordenación ou de xestión forestal e se nomeen as persoas para exercer as funcións de presidencia e secretaría.

d) Nos montes de socios:

1º. Se existe unha xunta xestora validamente constituída de conformidade co artigo 27 bis da Lei 43/2003, presentarase a acta da constitución da xunta xestora en que figure a identificación do monte ou montes afectados, a designación polo menos dun presidente e un secretario e as normas de funcionamento interno, que deberán incluír o criterio de incorporación de novos membros.

A xunta xestora constituída presentará a identificación fiscal que teña asignada para a realización de negocios xurídicos da súa competencia, así como o acordo en que se aprobe a solicitude destas subvencións e a elaboración do instrumento de ordenación ou de xestión forestal.

2º. En caso de non existir xunta xestora en vigor, acordo das persoas copropietarias co voto favorable da maioría das cotas de participación das persoas propietarias coñecidas, presentes ou representados en que se aprobe a solicitude destas subvencións e a elaboración do instrumento de ordenación ou de xestión forestal. O acordo identificará as persoas propietarias coñecidas, a cota de participación de cada unha, a cota de participación das descoñecidas, a suma total das cotas de quen votou favorablemente e a designación da persoa solicitante para os efectos destas subvencións.

e) Nos montes pro indivisos distintos dos anteriores, acordo da maioría dos partícipes para a solicitude destas subvencións e a elaboración do instrumento de ordenación ou de xestión forestal e nomeamento de representante.

Non haberá maioría senón cando o acordo estea tomado polos partícipes que representen a maior cantidade dos intereses que constitúan o obxecto da comunidade. O acordo identificará a persoa solicitante, as cotas de participación de todas as persoas copropietarias e a suma total das cotas de quen votou favorablemente.

f) No caso das agrupacións forestais non inscritas no Rexistro de sociedades de fomento forestal (Rexistro de Sofor), deberá presentarse:

1º. Documento constitutivo da agrupación.

2º. Anexo III de acordo de cesión dos titulares forestais para a xestión.

3º. Anexo IV de acordo de compromisos e obrigacións establecidos na orde.

g) As comunidades de bens, cooperativas agrarias e outras entidades xurídicas, presentarán:

1º. Documento constitutivo.

2º. Estatutos, de ser o caso.

3º. Anexo III de acordo de cesión dos titulares forestais para a xestión.

4º. Anexo IV de acordo de compromisos e obrigacións establecidos na orde.

h) No caso de terreos forestais en que os dereitos de xestión ou aproveitamento os teña persoa distinta á persoa propietaria, contrato que xustifique quen ten a titularidade deses dereitos. Este caso admitirase, en particular, para partes de montes veciñais en man común de acordo co sinalado no artigo 8.2. Exclúense deste requisito ás sociedades de fomento forestal.

i) Para aqueles montes que dispoñan dun instrumento de ordenación ou xestión forestal en vigor, acreditación de que se atopan nalgunha das seguintes circunstancias:

1º. O instrumento atópase no seu último ano de vixencia.

2º. A superficie de ordenación sufriu (con posterioridade á solicitude de aprobación do instrumento) incendios, desastres naturais e catástrofes que causaron a destrución de polo menos o 20 % do potencial forestal.

j) Se é o caso, acreditación de que conta con xestión forestal sustentable.

k) Para os efectos do artigo 4.5, cando se trate de sociedades, fotocopia dos balances e contas de explotación dos tres últimos anos.

3. Declaracións incluídas na solicitude:

a) Declaración de que os terreos obxecto de ordenación non se atopan en zonas cun procedemento de concentración parcelaria en execución sen acordo firme de reestruturación parcelaria e toma de posesión definitiva.

b) Declaración de que os terreos non están afectados por un proceso iniciado de expropiación forzosa.

c) En caso de querer acollerse á liña 1:

1º. Declaración da porcentaxe de danos causados por incendios forestais, os organismos nocivos sinalados no punto 12 do artigo 3 (lista de especies de organismos nocivos para as plantas que poidan provocar unha catástrofe) ou vendavais, durante os dous (2) últimos anos, sempre que os danos supoñan polo menos un 20 % de perda de voo arbóreo.

2º. Se é o caso, declaración de que os montes están situados en parroquias de alta actividade incendiaria.

3º. Declaración de que os terreos se atopan en zonas de medio risco ou zonas de alto risco de incendio forestal.

d) En caso de querer acollerse á liña 2, declaración de cal ou cales dos requisitos establecidos no artigo 7.2 se cumpre ou se está en disposición de cumprir (letra a ).

e) En caso de querer acollerse á liña 3:

1º. Declaración de que os terreos cumpren o requisito establecido no artigo 7.3.

2º. Declaración das circuntancias baremables recollidas no artigo 21.5.

3º. Declaración da porcentaxe de superficie forestal con fracción de cuberta arborizada superior ao 20 % sobre a superficie do monte. De non indicarse, entenderase que a porcentaxe é cero.

f) No caso dos proxectos de ordenación:

1º. Compromiso ou non de que o plan especial terá unha duración de 10 anos.

2º. Superficie de ordenación prevista.

g) Declaración da superficie do monte.

h) En caso de prever que fose obrigatorio someter o instrumento a unha avaliación de impacto ambiental de proxectos ordinaria ou simplificada, declaración da epígrafe dos anexos I ou II da Lei 21/2013 que determina tal obrigatoriedade.

i) Para os efectos do artigo 4.5, cando se trate de empresas, unha declaración de non atoparse en situación de crise conforme á normativa comunitaria.

Artigo 16. Documentación que hai que presentar coas solicitudes da liña 4

1. Documentos de identificación:

a) As persoas físicas que actúen como representantes, acreditación da representación.

2. Para as solicitudes efectuadas por asociacións forestais ou grupos de certificación de xestión forestal:

a) Documentos que acrediten que os socios titulares dos terreos forestais para os que se pretenden realizar as comunicacións delegasen na asociación ou grupo capacidade suficiente para presentar unha comunicación no seu nome, ou documentación equivalente suficiente.

Presentarase o anexo II.2 coa relación de todas as persoas socias titulares e os anexos II.1 de cada un dos titulares para os que se vaian realizar as adhesións.

b) Acreditación da condición de asociación de persoas propietarias forestais:

1º. Nome completo e número de inscrición no rexistro correspondente.

2º. Acreditación de ter entre os seus fins sociais lograr unha xestión forestal sustentable dos terreos que pertenzan aos seus asociados.

c) Acreditación da condición de grupo de certificación de xestión forestal:

1º. Certificación de xestión forestal en vigor.

2º. Obxectivos para os que se creou o grupo.

d) Para os efectos do artigo 4.5, cando se trate de sociedades, fotocopia dos balances e contas de explotación dos tres últimos anos.

3. No caso de que corresponda, acreditación de que o terreo forestal conta con xestión forestal sustentable.

4. Declaracións incluídas na solicitude:

a) Declaración de que os terreos obxecto de ordenación non se atopan en zonas cun procedemento de concentración parcelaria en execución sen acordo firme de reestruturación parcelaria e toma de posesión definitiva.

b) Declaración de que os terreos non están afectados por un proceso iniciado de expropiación forzosa.

c) Declaración de que os terreos cumpren o requisito establecido no artigo 7.3.

d) Declaración das circuntancias baremables recollidas no artigo 21.5.

e) Declaración da porcentaxe de superficie con fracción de cuberta arborizada superior ao 20 % sobre a superficie do monte. De non indicarse, entenderase que a porcentaxe é cero.

f) Para os efectos do artigo 4.5, cando se trate de empresas, unha declaración de non atoparse en situación de crise conforme a normativa comunitaria.

Artigo 17. Documentación complementaria necesaria para a tramitación do procedemento

1. A documentación complementaria presentarase preferiblemente por vía electrónica. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para comparalo coa copia electrónica presentada.

A presentación electrónica será obrigatoria para os suxeitos obrigados á presentación electrónica da solicitude. Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle para que a enmiende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.

Aquelas persoas non obrigadas á presentación electrónica, opcionalmente, poderán presentar a documentación complementaria presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

2. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

3. No caso de que algún dos documentos que se van presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Artigo 18. Comprobación de datos

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:

a) Os documentos de identificación das persoas solicitantes, titulares de terreos forestais (incluíndo persoas propietarias, cesionarias, socias, membros de agrupacións, etc.), no seu caso titores de menores, persoas que acepten a responsabilidade da xestión, persoas que asumen os compromisos establecidos na orde, persoal técnico competente en materia forestal, persoas provedoras e persoas beneficiarias (DNI ou NIE no caso de persoas físicas e NIF no caso de persoas xurídicas, segundo corresponda), persoas cesionarias e persoas representantes (DNI ou NIE).

b) As certificacións que deban emitir a Axencia Estatal da Administración Tributaria, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e a consellería competente en materia de facenda da Xunta de Galicia, segundo o establecido no artigo 20.3 da Lei 9/2007.

2. Consultaranse, ademais, os seguintes datos cando a persoa interesada faga constar na solicitude que lle é de aplicación á circunstancia que acredita o documento correspondente:

a) Para aqueles montes que dispoñan dun instrumento de ordenación ou xestión forestal en vigor inscrito no Rexistro de montes ordenados, acreditación de que o instrumento se atopa no seu último ano de vixencia.

b) Para montes de xestión pública, acreditación de que conta con xestión forestal sustentable.

c) Se os terreos se atopan declarados previamente como de medio ou alto risco de incendios conforme o establecido na Orde do 18 de abril de 2007 pola que se zonifica o territorio con base no risco espacial de incendio forestal.

3. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no cadro habilitado no formulario e achegar os documentos correspondentes.

4. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

5. En aplicación do artigo 71 do Regulamento (UE) 1305/2013, os beneficiarios comprométense a proporcionar á autoridade de xestión, aos evaluadores designados ou a outros organismos en que a dita autoridade delegase a realización de tarefas, toda a información necesaria para poder realizar o seguimento e a avaliación do programa, en particular, en relación co cumprimento de determinados obxectivos e prioridades.

Artigo 19. Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes

A sede electrónica da Xunta de Galicia ten á disposición das persoas interesadas unha serie de modelos normalizados para facilitar a realización de trámites administrativos despois da presentación das solicitudes de inicio. Estes modelos presentaranse por medios electrónicos accedendo a Carpeta do cidadán da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia. Cando as persoas interesadas non resulten obrigadas á presentación electrónica das solicitudes tamén poderán presentalos presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Artigo 20. Transparencia e bo goberno

1. En virtude do disposto no artigo 4 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, as persoas físicas e xurídicas beneficiarias de subvencións están obrigadas a fornecer á Administración, ao organismo ou á entidade das previstas no artigo 3.1 desa lei, á que se atopen vinculadas, logo de requirimento, toda a información necesaria para o cumprimento por aquelas das obrigacións previstas no título I da citada lei.

2. De conformidade co artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, e co artigo 15 da Lei 9/2007, a consellería responsable da iniciativa publicará na súa páxina web oficial a relación das persoas beneficiarias e o importe das axudas concedidas. Incluirá, igualmente, as referidas axudas e as sancións que, como consecuencia delas, puidesen impoñerse nos correspondentes rexistros públicos, polo que a presentación da solicitude leva implícita a autorización para o tratamento necesario dos datos das persoas beneficiarias e a referida publicidade.

3. Por outra banda, de conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, transmitirase á Base de datos nacional de subvencións a información requirida por esta, o texto da convocatoria para a súa publicación na citada base e o seu extracto no Diario Oficial de Galicia.

CAPÍTULO III
Criterios e contías

Artigo 21. Baremos

1. Para axustar a concesión das subvencións aos principios de publicidade, transparencia, concorrencia, obxectividade, igualdade e non discriminación establecidos no artigo 5.2.a) da Lei 9/2007, establécense distintos baremos en función da liña de subvención a que se queira acoller cada solicitude.

2. Empregarase un baremo de puntuación, conforme co PDR de Galicia 2014-2020, que se compón dunha parte común e outra específica. A parte común a todas as liñas é a seguinte:

A. En función do tipo de monte (puntuarase utilizando só o maior dos valores):

a) Os montes inscritos no Catálogo de montes de utilidade pública, 1 punto.

b) Os montes protectores, 1 punto.

c) Os montes veciñais en man común, 3 puntos.

d) Os montes de varas, abertais, de voces, de vocerío ou de fabeo, 3 puntos.

e) Calquera outra forma de agrupación da propiedade ou da xestión forestal recoñecida pola Administración forestal, 3 puntos.

Para os efectos desta orde, puntuaranse especificamente como tales os solicitantes da liña 4.

f) As sociedades de fomento forestal, 5 puntos.

B. En función das características do monte:

a) Os montes que dispoñan dun proxecto de ordenación ou instrumento de xestión forestal aprobado pola Administración forestal e cursen a solicitude durante o seu último ano de vixencia, 1 punto.

b) Os montes que dispoñan dun proxecto de ordenación ou instrumento de xestión forestal aprobado pola Administración forestal e cursen a solicitude antes do seu último ano de vixencia, en caso de sufrir (con posterioridade á solicitude de aprobación do instrumento) incendios, desastres naturais e catástrofes que causasen a destrución do 20 % do potencial forestal como mínimo, 1 punto.

c) Os montes con certificación de xestión forestal sustentable, 1 punto.

C. En función da superficie de ordenación e o tipo de instrumento:

a) Montes que poidan ordenarse mediante un documento de adhesión expresa a referentes de boas prácticas e aos modelos silvícolas ou de xestión forestal orientativos, salvo que opten por integrarse nun documento compartido de xestión, 0 puntos.

b) Montes que se ordenen mediante un documento compartido de xestión, sempre que a superficie ordenada forme, polo menos, un couto redondo de 15 a 25 ha, 10 puntos.

c) Montes que se ordenen mediante un documento compartido de xestión, sempre que a superficie ordenada forme, polo menos, un couto redondo de 25 a 50 ha, 15 puntos.

d) Montes que se ordenen mediante un documento compartido de xestión, sempre que a superficie ordenada forme, polo menos, un couto redondo de 50 a 75 ha, 20 puntos.

e) Montes que se ordenen mediante un documento compartido de xestión, sempre que a superficie ordenada forme, polo menos, un couto redondo de máis de 75 ha, 25 puntos.

f) Montes que deban ordenarse mediante un documento simple de xestión, 20 puntos.

g) Montes que deban ordenarse mediante un proxecto de ordenación (excluídos os do artigo 7.a de o Decreto 52/2014), cando a superficie sexa inferior a 50 ha, 5 puntos.

h) Montes que deban ordenarse mediante un proxecto de ordenación (excluídos os do artigo 7.a de o Decreto 52/2014), cando a superficie estea entre 50 e 100 ha, 10 puntos.

i) Montes que deban ordenarse mediante un proxecto de ordenación (excluídos os do artigo 7.a de o Decreto 52/2014), cando a superficie estea entre 100 e 200 ha, 15 puntos.

j) Montes que deban ordenarse mediante un proxecto de ordenación (excluídos os do artigo 7.a de o Decreto 52/2014), cando a superficie estea entre 200 e 500 ha, 20 puntos.

k) Montes que deban ordenarse mediante un proxecto de ordenación (excluídos os do artigo 7.a de o Decreto 52/2014), cando a superficie sexa maior ou igual a 500 ha, 25 puntos.

D. Proxectos de ordenación cuxo plan especial teña unha duración de 10 anos, 1 punto.

3. Para as liñas 1-Sofor e 1-Común, a parte común do baremo establecido no punto 2 deste artigo completarase coa parte específica que se indica a continuación:

E. En función da localización do monte:

a) Montes situados en parroquias de alta actividade incendiaria, 8 puntos.

b) Montes situados en zonas de alto risco de incendio forestal (ZAR), 9 puntos.

4. Para as liñas 2-Sofor e 2-Común, a parte común do baremo establecido no punto 2 deste artigo completarase coa parte específica que se indica a continuación:

E. En función da localización do monte:

a) Montes que, polo menos parcialmente, estean cubertos por masas consolidadas de frondosas autóctonas segundo se describen no artigo 93.1 da Lei 7/2012, que deberán ser inscritas no Rexistro de masas consolidadas de frondosas autóctonas, 6 puntos.

b) Terreos forestais cuxa superficie estea dentro da Rede Natura 2000, polo menos parcialmente, 6 puntos.

c) Montes situados, polo menos parcialmente, na zona de policía de áreas de risco potencial significativo de inundación (ARPSI), 5 puntos.

5. Para as as liñas 3-Sofor, 3-Común e 4, a parte común do baremo establecido no punto 2 deste artigo completarase coa parte específica que se indica a continuación:

C. En función da superficie de ordenación e o tipo de instrumento:

l) Comunicacións, conforme o establecido no artigo 9 do Decreto 52/2014, de documentos de adhesión expresa a referentes de boas prácticas e aos modelos silvícolas ou de xestión forestal orientativos. Cando se comunique terreos de polo menos 100 titulares, 25 puntos.

E. En función da localización do monte:

a) Terreos forestais cuxa superficie estea fora da Rede Natura 2000, 4 puntos.

b) Montes situados fóra da zona de policía de áreas de risco potencial significativo de inundación (ARPSI), 3 puntos.

c) Montes situados fóra de parroquias de alta actividade incendiaria, 3 puntos.

d) Montes situados fóra de zonas de alto risco de incendio forestal (ZAR), 3 puntos.

e) Montes situados fóra dos distritos de aplicación dos modelos silvícolas EG1 e EG2 establecidos na Orde do 19 de maio de 2014 pola que se establecen os modelos silvícolas ou de xestión forestal orientativos e referentes de boas prácticas forestais para os distritos forestais de Galicia. Cando a superficie ocupada por masas de Eucalyptus globulus sexa inferior ao 10 % da superficie do monte, 2 puntos.

f) Montes situados fóra dos distritos de aplicación dos modelos silvícolas EN1 e EN2 establecidos na Orde do 19 de maio de 2014 pola que se establecen os modelos silvícolas ou de xestión forestal orientativos e referentes de boas prácticas forestais para os distritos forestais de Galicia. Cando a superficie ocupada por masas de Eucalyptus nitens sexa inferior ao 10 % da superficie do monte, 2 puntos.

6. Para todas as liñas, a puntuación máxima é de 50 puntos e non se admitirán solicitudes con menos de 15 puntos.

Artigo 22. Criterios de adxudicación das subvencións

1. As solicitudes ordenaranse de maior a menor puntuación de acordo cos baremos establecidos no anterior artigo. Dentro de cada liña, en caso de empate na puntuación, ordenaranse conforme os seguintes criterios:

a) Liñas 1-Sofor e 1-Común:

1º. Primeiro, os montes situados, total ou parcialmente, en zonas de alto risco de incendio forestal.

2º. A continuación, de maior a menor superficie de ordenación.

b) Liñas 2-Sofor e 2-Común:

1º. Primeiro, os montes situados, total ou parcialmente, dentro da Rede Natura 2000.

2º. A continuación, de maior a menor superficie de ordenación.

c) Liñas 3-Sofor, 3-Común e 4:

1º. Primeiro, de maior a menor superficie de ordenación.

2º. A continuación, de maior a menor porcentaxe de superficie con fracción de cuberta arborizada superior ao 20 % sobre o total do monte.

2. A dispoñibilidade orzamentaria limitará o número de expedientes que se aprobarán. Iranse concedendo as axudas seguindo a orde establecida ata esgotar a contía económica asignada en cada convocatoria.

3. Cando a unha solicitude se lle poida conceder unha axuda por máis dunha liña actuarase do seguinte modo:

a) Concederase a subvención pola liña á cal poida optar seguindo a orde especificada na solicitude.

b) Se o solicitante non establece unha orde, aplicarase o seguinte: primeiro a liña 1 (1-Sofor ou 1-Común), despois a liña 2 (2-Sofor ou 2-Común), por último a liña 3 (3-Sofor ou 3-Común).

Artigo 23. Contía máxima das subvencións

1. Redacción do instrumento de ordenación ou xestión forestal.

O custo máximo de redacción dun instrumento de ordenación ou xestión forestal determinarase a partir do custo de elaboración dun proxecto de ordenación (PO). Para os efectos desta orde, este custo calcularase en función da superficie de ordenación (SO) e a superficie inventariable (SI) mediante a seguinte fórmula:

No caso dos documentos simples de xestión, ao valor calculado mediante a ecuación anterior aplicaráselle a seguinte para establecer o custo deste instrumento:

Por último, para os documentos compartidos de xestión, o custo do instrumento será o resultado de realizar o seguinte cálculo:

2. Redacción do estudo de impacto ambiental ou documento ambiental simplificado, no caso de que sexa obrigatorio someter o instrumento a unha avaliación de impacto ambiental de proxectos ordinaria ou simplificada conforme o disposto na Lei 21/2013.

Este concepto só subvencionará se se xustifica suficientemente ao solicitar a axuda.

O custo dun estudo de impacto ambiental ou documento ambiental non pode determinarse a priori, pois depende dos estudios que o documento de alcance exixa; en consecuencia, establécese unha contía máxima de 2.000 € no caso do estudo de impacto ambiental e de 300 € no caso dun documento ambiental.

3. Comunicación de documentos de adhesión expresa a referentes de boas prácticas e aos modelos silvícolas ou de xestión forestal orientativos. Establécese un importe máximo subvencionable de 30,00 € por cada socio cuxas propiedades se adhiran.

4. A concesión da subvención inclúe en todos os casos unha partida para a instalación dun cartel cuxas características se especifican no anexo XI. O custo unitario do cartel é de 255,00 €.

O cartel instalarase nun lugar visible, preferentemente no punto de acceso ao monte pola vía con maior intensidade de tráfico.

5. Nas liñas 1, 2 e 3, o custo máximo do investimento calcularase sumando o custo de redacción do instrumento de ordenación ou de xestión forestal (punto 1), o estudo de impacto ambiental ou documento ambiental, se fose obrigatorio, (punto 2) e a instalación do cartel (punto 4).

Na liña 4, a contía máxima será o resultado de multiplicar o importe máximo subvencionable establecido no punto 3 deste artigo polo número de socios cuxas propiedades forestais se adhiran.

6. Cando se trate de montes xestionados pola Administración forestal que teñan un instrumento de ordenación ou xestión forestal en vigor sobre a parte de xestión pública, o custo máximo do investimento calculado segundo se describiu no punto anterior reducirase multiplicándoo por un coeficiente reductor (CR).

Este coeficiente calcularase en función da superficie de xestión pública (Sgp) sobre a superficie do monte (S) e o cociente entre os anos que aínda restan de vida ao instrumento (Avida) e o prazo de duración previsto (Aprevistos) para a súa revisión:

7. A intensidade da axuda será do 100 % nas liñas 1 e 2 e do 40 % nas liñas 3 e 4.

8. Todos os precios indicados son sen IVE.

CAPÍTULO IV
Procedemento de concesión da subvención

Artigo 24. Instrución das solicitudes

1. O procedemento de concesión tramitarase en réxime de concorrencia competitiva, separando as solicitudes en función das liñas de subvencións ás cales opten.

2. Os servizos de montes efectuarán unha preavaliación de cada expediente de solicitude, verificando o cumprimento das condicións impostas para adquirir a condición de posible beneficiario da subvención.

Se a solicitude non reúne os requisitos establecidos nas bases reguladoras e na correspondente convocatoria, requirirase o interesado para que a emende no prazo máximo e improrrogable de 10 días, indicándolle que se non o fai se terá por desistido da súa solicitude, logo de resolución que deberá ser ditada nos termos previstos no artigo 68 da Lei 39/2015.

3. Superado este prazo, os servizos de montes emitirán un informe en que se clasifiquen as solicitudes en dous grupos:

a) Solicitudes correctamente presentadas, puntuadas aplicando os baremos do artigo 21.

b) Solicitudes con defectos non emendados, indicando para cada unha delas as causas polas que non se axustan á convocatoria.

4. Para o grupo de solicitudes correctamente presentadas, os informes indicarán para cada solicitude:

a) As liñas de subvencións ás cales pode optar e a puntuación alcanzada en cada unha delas de conformidade cos baremos establecidos no artigo 21.

b) O tipo de instrumento a elaborar.

c) Se, de acordo coa declaración de solicitude, se pretende someter o instrumento ou non a unha avaliación de impacto ambiental, diferenciando en caso afirmativo se é simplificada (documento ambiental) ou ordinaria (estudo de impacto ambiental).

d) No caso da liña 4, o número de socios que se van adherir.

e) En función da información anterior e das especificacións do artigo 23, a contía máxima da subvención en cada unha das liñas a que opte.

f) O prazo máximo de xustificación.

5. Os informes dos servizos de montes remitiranse, xunto cos expedientes, á Subdirección Xeral de Recursos Forestais.

6. O Servizo de Xestión Forestal emitirá informe en que sinalará os terreos forestais para os cales iniciou a redacción dun instrumento de ordenación forestal por estar xestionados pola Administración forestal. As solicitudes das liñas 1, 2 e 3 que se refiran a estes montes non poderán ser obxecto de subvención.

7. Unha vez reunidos todos os expedientes, constituirase un órgano colexiado composto polas persoas que dirixen a Subdirección Xeral de Recursos Forestais, o Servizo de Fomento Forestal, o Servizo de Xestión Forestal e o Servizo de Montes Veciñais en Man Común e Estruturas Forestais.

En aplicación dos artigos 17.3 e 12.1 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, nos casos de ausencia, enfermidade ou vacante dalgún dos membros do órgano colexiado, a persoa titular da Dirección Xeral de Ordenación Forestal designará os suplentes que sexan necesarios dentro dos respectivos órganos.

Este órgano colexiado ordenará, dentro de cada liña de subvencións, o conxunto de solicitudes correctamente presentadas seguindo os criterios de adxudicación establecidos no artigo 22 e emitirá, de acordo co artigo 21.4 da Lei 9/2007, un informe en que se concrete o resultado da avaliación efectuada, formulando unha proposta provisional de concesión coa relación de solicitantes para os que se propón a concesión da subvención, especificando a súa avaliación e os criterios de valoración seguidos para efectuala, especificando para cales existe suficiente dispoñibilidade orzamentaria, así como as solicitudes que deben denegarse por non emendar os defectos en prazo.

Para cada unha das solicitudes propostas provisionalmente indicarase, concretamente, a liña dentro a cal se concederá a subvención e a contía máxima da axuda.

8. O órgano instrutor, con anterioridade á proposta de resolución de concesión da subvención, de acordo co facultado no artigo 20.4 da Lei 9/2007 requirirá os solicitantes para os que se propón provisionalmente a concesión da subvención a presentación nun prazo de 15 días hábiles de acordo co artigo 30.2 da Lei 39/2015, da documentación que se relaciona no anexo XIII.

9. O requirimento realizarase por medio de persoal técnico competente en materia forestal que deberá estar colexiado no correspondente colexio profesional, a través da aplicación XORFOR-Subvencións.

Introducidos e validados devanditos datos a través da aplicación, o persoal técnico competente en materia forestal obterá, de maneira automática, un informe resumo a fin de que poida verificar a información finalmente cargada e asignaráselle un número de expediente unívoco que estará contido no devandito informe. Este resumo deberá ser asinado pola persoa solicitante e achegarse á instancia que se presentará segundo o modelo do anexo XIV dentro do prazo establecido no punto anterior.

10. Unha vez finalizado o prazo de presentación e validada a documentación presentada, realizarase un informe por cada servizo provincial de montes que indique a concordancia entre a documentación requirida e a información declarada polo solicitante no anexo I.1 ou anexo I.2.

Admitirase que as superficies recollidas na documentación técnica achegada na XORFOR-Subvencións sexa ata un 15 % inferior ás superficies indicadas na solicitude (anexo I.1 e I.2). En caso contrario, a solicitude declararase decaída no seu dereito a trámite.

Procederá a desestimación da solicitude se, aplicado o baremo establecido no artigo 21 (puntos 2.C e 5.C) a esta nova superficie se producise unha redución de puntos tal que a nova suma total de puntos se corresponda con, polo menos, un dos seguintes casos:

a) É inferior ao mínimo establecido no artigo 21.6.

b) Dentro da liña de subvencións en que foi preseleccionada a solicitude existe algunha solicitude non preseleccionada con máis puntos.

O devandito informe recollerá a contía máxima obxecto da subvención asignada a cada solicitante como resultado dos cálculos efectuados en función da superficie inicial declarada e a oferta económica seleccionada.

11. Á vista do informe indicado no punto anterior, o órgano instrutor formulará a proposta de resolución de concesión da subvención que elevará ao órgano competente para resolver.

A contía da subvención axustarase ao menor dos seguintes valores:

a) A contía máxima por concepto subvencionable calculada no artigo 23.

b) A resultante da oferta seleccionada polo solicitante (segundo o establecido no anexo XIII), que deberá ser a menor das presentadas ou xustificarse a elección doutra diferente, e en ningún caso se subvencionará máis da contía máxima establecida por concepto recollido no artigo 23 da presente orde.

No caso de que o solicitante xustificase contrato laboral con persoal técnico competente, a subvención será a contía máxima, e sempre tendo en conta o especificado no presente punto.

12. O expediente de concesión conterá o informe do órgano instrutor en que conste que, da información que consta na súa poder, se desprende que os beneficiarios cumpren todos os requisitos necesarios para acceder a elas.

Artigo 25. Resolución

1. A persoa titular da Consellería do Medio Rural ou, se é o caso, a persoa en quen delegue esta función, resolverá o procedemento de concesión no prazo de quince días desde a data de elevación da proposta de resolución, de acordo co previsto no artigo 34 do Decreto 11/2009.

2. A resolución motivarase de conformidade co que dispoñan as bases reguladoras da subvención debendo, en todo caso, quedar acreditados no procedemento os fundamentos da resolución que se adopte.

3. A resolución conterá a relación de solicitantes a que se concede a subvención, a desestimación do resto de solicitudes correctamente presentadas e a non concesión das demais por desistencia, renuncia ao dereito ou imposibilidade material sobrevinda.

En todo caso, deberán quedar claramente identificados os elementos sinalados no artigo 34.4 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

4. O prazo máximo para resolver e notificar a resolución do procedemento non poderá exceder os seis meses. O prazo computarase a partir da publicación da correspondente convocatoria, salvo que esta pospoña os seus efectos a unha data posterior.

5. O vencemento do prazo máximo sen notificarse a resolución lexitima os interesados para entender desestimada por silencio administrativo a solicitude de concesión da subvención.

Artigo 26. Recursos contra a resolución

1. A resolución de concesión ditada ao abeiro da correspondente orde de convocatoria poñerá fin á vía administrativa.

2. Contra ela poderán interpoñerse os seguintes recursos, sen prexuízo de que os interesados poidan exercer calquera outro que consideren procedente:

a) Recurso potestativo de reposición ante a persoa titular da Consellería do Medio Rural, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación da resolución.

b) Recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xusticia de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da notificación da resolución.

Artigo 27. Notificacións

1. As notificacións de resolucións e actos administrativos practicaranse preferentemente por medios electrónicos e, en todo caso, cando as persoas interesadas resulten obrigadas a recibilas por esta vía. As persoas interesadas que non estean obrigadas a recibir notificacións electrónicas poderán decidir e comunicar en calquera momento que as notificacións sucesivas se practiquen ou deixen de practicarse por medios electrónicos.

2. As notificacións electrónicas realizaranse mediante o Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal (https://notifica.xunta.gal/), dispoñible no portal web institucional da Xunta de Galicia (www.xunta.gal), e a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal). Este sistema remitirá ás persoas interesadas avisos da posta á disposición das notificacións ao dispositivo electrónico e/ou ao enderezo de correo electrónico que conste na solicitude. Estes avisos non terán, en ningún caso, efectos de notificación practicada e a súa falta non impedirá que a notificación sexa considerada plenamente válida.

3. A persoa interesada deberá manifestar expresamente a modalidade escollida para a notificación (electrónica ou en papel). No caso de persoas interesadas obrigadas a recibir notificacións só por medios electrónicos deberán optar en todo caso pola notificación por medios electrónicos, sen que sexa válida, nin produza efectos no procedemento, unha opción diferente.

4. As notificacións por medios electrónicos entenderanse practicadas no momento en que se produza o acceso ao seu contido. Cando a notificación por medios electrónicos sexa de carácter obrigatorio, ou fose expresamente elixida polo interesado, entenderase rexeitada cando transcorresen dez días naturais desde a posta á disposición da notificación sen que se acceda ao seu contido.

5. Se o envío da notificación electrónica non é posible por problemas técnicos, a Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia practicará a notificación polos medios previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

6. En virtude do Regulamento de execución (UE) núm. 808/2014, punto 1.5 do seu anexo III, na notificación de concesión da axuda serán informadas as persoas beneficiarias de que a medida se subvenciona en virtude dun programa cofinanciado polo Feader, e da medida e da prioridade do PDR de que se trate.

Artigo 28. Modificación da resolución

1. As persoas beneficiarias poderán solicitar a modificación da resolución de concesión cando concorra algunha das seguintes circunstancias:

a) Perda de superficie de ordenación (SO) e/ou de superficie inventariable (SI) que implique unha diminución da contía da subvención concedida.

b) Variación da superficie do monte que obrigue, en virtude do Decreto 52/2014, a elaborar un tipo de instrumento de ordenación ou xestión forestal distinto daquel para o que se concedeu a subvención.

2. Para a modificación da resolución non poderán ser tidos en conta requisitos ou circunstancias que, debendo concorrer no momento en que se ditou a resolución, tiveron lugar con posterioridade a ela.

3. Poderase rectificar de oficio ou por instancia dos interesados a resolución cando dos elementos que figuren nela se deduza a existencia dun erro material, de feito ou aritmético.

CAPÍTULO V
Xustificación e pago

Artigo 29. Prazos de xustificación

1. O prazo de xustificación será:

a) Liñas 1-Sofor, 1-Común, 2-Sofor, 2-Común, 3-Sofor e 3-Común: un ano.

b) Liña 4: o prazo que se estableza na convocatoria, que estará entre 1 mes e 6 meses.

2. Sen prexuízo do anterior e en aplicación do artigo 45.3 e 45.5 do Decreto 11/2009, o órgano concedente da subvención poderá outorgar unha ampliación do prazo establecido para a presentación da xustificación, sempre que non exceda da metade do prazo concedido inicialmente, que con iso non se prexudiquen dereitos de terceiros e que se conceda antes do vencemento do prazo e que permita ao órgano concedente a verificación do cumprimento dos requisitos fixados nas bases reguladoras dentro do exercicio orzamentario correspondente.

3. Ningún prazo de xustificación, nin inicial nin prorrogado, poderá superar en ningún caso o prazo máximo de xustificación do PDR de Galicia 2014-2020.

Artigo 30. Pagamentos anticipados

1. Cando o prazo de xustificación abarque dúas anualidades, a convocatoria poderá prever, para as liñas financiadas a través das submedidas 8.50 e 8.60, que a primeira se aboe mediante un pagamento anticipado. De acordo co artigo 45.4 do Regulamento (UE) 1305/2013, este pagamento anticipado será dun 50 % como máximo da axuda pública correspondente ao investimento. En todo caso, deberá terse en conta o artigo 67 do Decreto 11/2009, e respectaranse os límites establecidos no artigo 63 do citado decreto.

A liña financiada a través da submedida 8.31 non poderá acollerse a pagos anticipados.

2. Para iso, e de conformidade co establecido no artigo 67 do Decreto 11/2009, os beneficiarios estarán obrigados a constituír garantías nos termos establecidos nese artigo 67.A garantía deberá cubrir o 110 % do importe das cantidades aboadas á conta ou das cantidades anticipadas e deberá constituírse na Caixa Xeral de Depósitos da CCAA de Galicia, segundo a normativa autonómica. Con todo, estarán exonerados da constitución de garantía aqueles beneficiarios das subvencións concedidas nas cales os pagamentos anticipados non superen os 18.000 euros.

3. A solicitude de pagamento anticipado, cando así se estableza na correspondente convocatoria, efectuarase mediante a solicitude do anexo VIII no prazo de 10 días contados a partir da data de notificación da resolución. A non formalización do documento dentro do prazo previsto, cando o pagamento anticipado sexa obrigatorio, considerarase unha renuncia tácita á axuda.

Artigo 31. Xustificación do obxecto da subvención das liñas 1, 2 e 3

1. Para o pagamento da subvención realizarase unha validación de que o instrumento cumpre coa lexislación forestal en vigor.

Aqueles instrumentos cuxa solicitude de aprobación fose presentada antes de solicitar a subvención non serán válidos para xustificar o pagamento.

2. A elaboración do instrumento de ordenación ou xestión forestal para o que se concedeu unha subvención xustificarase do seguinte modo, dependendo da tramitación que siga o instrumento:

a) Para todos os beneficiarios, certificado do servizo de montes que tramite o instrumento facendo constar que, dentro do prazo de xustificación:

1º. Os terreos forestais incluídos no instrumento coinciden cos previstos na memoria técnica, aínda que se admitirá unha tolerancia do 10 % sobre a superficie de ordenación concedida que, en ningún caso, modificará a contía de subvención por este concepto.

2º. Tramitouse o instrumento conforme o establecido no Decreto 52/2014, tendo toda a documentación completa para os efectos de poder solicitar os informes sectoriais pertinentes.

b) Para aqueles instrumentos que tivesen previsto someterse obrigatoriamente ao trámite de avaliación de impacto ambiental, tanto simplificada como ordinaria, o certificado do servizo de montes que tramite o instrumento tamén fará constar que o promotor presentou o documento ambiental correspondente dentro do prazo de xustificación.

c) Unha validación de que o instrumento cumpre coa lexislación forestal en vigor.

3. A documentación sinalada no punto anterior será substituída pola resolución de aprobación do instrumento polo órgano forestal, no caso de que se producise dentro do prazo concedido, sexa de forma expresa ou por silencio administrativo, mediante certificado expedido pola xefatura de sección do Sistema Rexistral Forestal do Servizo de Montes Veciñais en Man Común e Estruturas Forestais.

4. A instalación do cartel xustificarase mediante fotografías do cartel colocado e as coordenadas ETRS-TM da súa situación.

5. A execución do inventario xustificarase mediante unha listaxe das parcelas de inventario realizadas, cos seus correspondentes coordenadas ETRS-TM. A situación das parcelas deberán permanecer ben identificadas no monte con, polo menos, o marcado do centro da parcela de mostraxe.

6. De acordo co previsto no artigo 7.2, cando a subvención se concedeu porque o monte, polo menos parcialmente, está cuberto por masas consolidadas de frondosas autóctonas segundo descríbense no artigo 93.1 da Lei 7/2012, xustificarase que están inscritas no Rexistro de masas consolidadas de frondosas autóctonas.

7. No caso dos instrumentos de ordenación ou xestión forestal financiados a través da submedida 8.31, a primeira anualidade poderá xustificarse coa execución parcial dos traballos do seguinte modo:

a) De completarse o instrumento de ordenación ou xestión forestal, a xustificación efectuarase segundo se indica no punto 31.2.

b) De non completarse o instrumento de ordenación ou xestión forestal, admitirase unha xustificación parcial do instrumento, valorada nun 50 % da contía da subvención para este concepto, que se fará mediante certificado do servizo de montes que tramite o instrumento facendo constar que, dentro do prazo de xustificación da primeira anualidade:

1º. Se solicitou a aprobación do instrumento conforme o establecido no Decreto 52/2014.

2º. O instrumento foi redactado por persoal técnico competente en materia forestal.

3º. Os terreos forestais incluídos no instrumento coinciden cos previstos na memoria técnica, aínda que se admitirá unha tolerancia do 10 % sobre a superficie de ordenación concedida que, en ningún caso, modificará a contía de subvención por este concepto.

4º. No caso de proxectos de ordenación, se realizou o inventario forestal, o que se acreditará segundo indícase no punto 31.5.

c) Para aqueles instrumentos que tivesen previsto someterse obrigatoriamente ao trámite de avaliación de impacto ambiental, tanto simplificada como ordinaria, poderá xustificarse a execución deste traballo se o certificado do servizo de montes a que se refire a subepígrafe anterior tamén fai constar que o promotor presentou o documento ambiental correspondente.

d) A colocación do cartel segundo se especifica no punto 31.4.

8. Para a tramitación do pagamento, a maiores do anterior, será necesario achegar a seguinte documentación:

a) Solicitude de pago empregando o anexo IX.1.

b) Facturas e as súas correspondentes probas de terse feito efectivo o pagamento.

9. No caso de que o solicitante xustificase contrato laboral con persoal técnico competente en materia forestal, o instrumento de ordenación ou de xestión forestal será presentado e asinado por este, ou ben polo persoal técnico competente en materia forestal que o substitúa, sempre mediante contrato laboral. Para iso presentarase o TC2 actualizado da empresa onde se xustificará a contratación de persoal técnico competente en materia forestal, un como mínimo, desde a data de resolución da concesión da axuda ata a data da súa xustificación.

10. No caso de que a persoa beneficiaria da subvención se acolla á cesión do dereito de cobramento, establecido no punto 1 do artigo 83 do Real decreto 887/2006, do 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, considerarase efectivamente pagado o gasto coa cesión do dereito de cobramento da subvención a favor dos cesionarios, sempre que estes sexan os acredores por razón do gasto realizado, presentada do seguinte modo:

a) Comunicación dando dereito de cobramento, conforme o modelo que figura no anexo IX.2 desta orde.

b) Documento público ou privado orixinal polo que se formalizou a cesión.

c) Orixinal ou copia compulsada do xustificante de pagamento ou de exención do ITP e AJD, cando cumpra.

11. Nas cesións do dereito de cobramento consultaranse automaticamente os documentos de identificación das persoas cedentes e cesionarias (DNI ou NIE no caso de persoas físicas e NIF no caso de persoas xurídicas, segundo corresponda).

No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no cadro habilitado no formulario e achegar os documentos correspondentes.

Artigo 32. Xustificación do obxecto da subvención da liña 4

1. O beneficiario solicitará o pagamento mediante o formulario do anexo IX.1 ao cal achegará:

a) Facturas e as súas correspondentes probas de terse feito efectivo o pagamento no caso de realizar as comunicacións por medios alleos.

b) Listaxe de comunicacións efectuadas, indicando, no caso de asociacións forestais, para cada unha delas o socio titular e a superficie adherida.

Aquelas adhesións cuxa comunicación fose presentada antes de solicitar a subvención non serán válidas para xustificar o pagamento.

2. A instalación do cartel xustificarase mediante fotografías do cartel colocado e as coordenadas ETRS-TM da súa situación.

3. No caso de que o solicitante xustificase contrato laboral con persoal técnico competente en materia forestal, deberá acreditar que as comunicacións foron realizadas por este, sempre mediante contrato laboral. Para iso presentarase o TC2 actualizado da empresa onde se xustificará a contratación de persoal técnico competente en materia forestal, un como mínimo, desde a data de resolución da concesión da axuda ata a data da súa xustificación.

4. A persoa beneficiaria da subvención poderá realizar a cesión do dereito de cobramento nos mesmos termos que os establecidos no artigo 31.10.

CAPÍTULO VI
Sistema de control

Artigo 33. Compromisos de execución asumidos polos beneficiarios

1. En xeral, para todos os beneficiarios, o compromiso de instalar o cartel publicitario que identifica a subvención segundo o modelo do anexo XI.

2. Dar publicidade das subvencións percibidas nos termos e condicións establecidos na Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno. No caso de que se faga uso da previsión contida no artigo 5.4 da citada lei, a Base de datos nacional de subvencións servirá de medio electrónico para o cumprimento das obrigacións de publicidade.

3. Os beneficiarios das liñas 1, 2 e 3 asumen os seguintes compromisos:

a) Elaborar o instrumento de ordenación ou xestión forestal para o que se concede a axuda, solicitar a súa aprobación de acordo co establecido no Decreto 52/2014 e realizar todas as xestións necesarias ata lograr a súa aprobación. De ser necesario, someter o instrumento ao procedemento de avaliación de impacto ambiental.

b) Cumprimento das prescricións previstas no instrumento de ordenación ou xestión forestal aprobado pola Administración forestal.

4. Os compromisos de execución polos beneficiarios da liña 4:

a) Elaborar e comunicar os documentos de adhesión.

b) Compromiso de cumprir as prescricións previstas nos referentes de boas prácticas e nos modelos silvícolas obxecto de adhesión.

5. En aplicación do artigo 71 do Regulamento (UE) 1305/2013, os beneficiarios comprométense a proporcionar á autoridade de xestión, aos avaliadores designados ou a outros organismos en que a dita autoridade delegase a realización de tarefas toda a información necesaria para poder realizar o seguimento e a avaliación do programa, en particular en relación co cumprimento de determinados obxectivos e prioridades.

6. En aplicación do artigo 66.1.c) do Regulamento (UE) 1305/2013, os beneficiarios quedan informados de que, como consecuencia da concesión da axuda, están obrigados a levar ben un sistema de contabilidade separado ben un código contable adecuado para todas as transaccións relativas á operación.

Artigo 34. Controis

1. A Consellería do Medio Rural realizará os controis sobre o terreo, as comprobacións e inspeccións que considere oportunas co fin de comprobar a veracidade dos datos e da documentación presentada, xunto co seguimento e control das axudas concedidas.

2. O beneficiario está obrigado a facilitar toda a información que lle sexa requirida pola Intervención xeral da Comunidade Autónoma, o Tribunal de Contas, o Consello de Contas, a Consellería do Medio Rural e os organismos de control comunitarios no exercicio das súas funcións de fiscalización e control do destino das subvencións.

3. Seralles de aplicación ás subvencións recollidas nesta orde e non se poderá efectuar ningún pagamento sen realizar o pertinente control sobre o terreo, así como o réxime de controis, reducións e exclusión reguladas no Regulamento (UE) 809/2014 da Comisión, do 17 de xullo de 2014, polo que se establecen disposicións de aplicación do Regulamento (UE) 1306/2013 do Parlamento Europeo e do Consello no que se refire ao sistema integrado de xestión e control, ás medidas de desenvolvemento rural e á condicionalidade, en relación coas medidas de axuda ao desenvolvemento rural.

4. A Consellería do Medio Rural, ao abeiro do establecido no Regulamento (UE) 809/2014 da Comisión, realizará controis administrativos de todas as solicitudes de axuda e de pagamento con respecto a todos os aspectos que sexa posible controlar en relación coa admisibilidade da solicitude, así como controis sobre o terreo antes do pagamento final dunha mostra que represente, polo menos, o 5 % do gasto público de cada ano civil, así como a posibilidade, se é o caso, de sometemento a controis a posteriori dada a posibilidade de realizar actividades de investimento.

Artigo 35. Obrigación do reintegro

Procederá o reintegro das cantidades percibidas e a exixencia do xuro de demora correspondente desde o momento do pagamento da subvención ata a data en que se acorde a procedencia do reintegro, cando se incorra nalgunha das causas establecidas no artigo 33 da Lei 9/2007. Os xuros calcularanse segundo o disposto no artigo 7 del Regulamento (UE) 809/2014 da Comisión.

Artigo 36. Infraccións e sancións

En materia de infraccións e sancións será de aplicación o disposto no título IV da Lei 9/2007, no Regulamento (UE) 640/2014 da Comisión, do 11 de marzo de 2014, polo que se completa o Regulamento (UE) núm. 1306/2013 do Parlamento Europeo e do Consello no que respecta ao sistema integrado de xestión e control e ás condicións sobre a denegación ou retirada dos pagamentos e sobre as sancións administrativas aplicables aos pagamentos directos, á axuda ao desenvolvemento rural e á condicionalidade, e no Regulamento (UE) 809/2014 da Comisión.

CAPÍTULO VII
Financiamento das convocatorias

Artigo 37. Marco financeiro

O financiamento das subvencións efectuarase en aplicación dos artigos 21 e 25 do Regulamento (UE) núm. 1305/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013, relativo á axuda ao desenvolvemento rural a través do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader).

Artigo 38. Contía da convocatoria

1. A orde que regule cada convocatoria determinará a repartición da contía total entre as sete liñas de subvencións.

2. En cada procedemento de selección, se unha vez priorizadas as solicitudes de cada liña non se esgotase o crédito asignado a cada unha delas, as cantidades sobrantes poderán acumularse primeiro na liña 1-Sofor; en segundo lugar á liña 2-Sofor; a continuación, na liña 3-Sofor; seguidamente á liña 1-Común; despois á liña 2-Común; posteriormente á liña 3-Común; e, por último, á liña 4.

3. A convocatoria poderá prever, ademais da contía total máxima dentro dos créditos dispoñibles, a posibilidade de ampliar o crédito nos termos do artigo 30.2 do Decreto 11/2009.

4. Tratándose dunha liña de axudas plurianuais, a convocatoria indicará a distribución por anualidades da contía total máxima.

TÍTULO III
Convocatoria

Artigo 39. Solicitudes

De acordo co previsto no artigo 14, establécese que o prazo de presentación de solicitudes de subvencións desta convocatoria será de 2 meses, que comezará o día seguinte ao da publicación desta orde.

Artigo 40. Financiamento

1. Esta convocatoria realizase por tramitación anticipada de acordo co establecido no artigo 25 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e a Orde da Consellería de Economía do 11 de febreiro de 1998, pola que se regula a tramitación anticipada dos expedientes de gasto, modificada pola Orde do 27 de novembro de 2000 e pola Orde de 25 de outubro de 2001. Como consecuencia disto:

a) A concesión das subvencións queda condicionada á existencia de crédito adecuado e suficiente no momento da resolución de concesión, unha vez aprobados os orzamentos da Comunidade autónoma de Galicia para o ano 2018.

b) Todos os actos de trámite ditados no expediente de gasto se entenderán condicionados a que no momento de ditarse a resolución de concesión subsistan as mesmas circunstancias de feito e de dereito existentes no momento en que foron producidos os ditos actos.

c) En aplicación do artigo 3.1 da Orde da Consellería de Economía do 11 de febreiro de 1998, na tramitación anticipada dos expedientes de subvencións poderase chegar, como máximo, ata o momento anterior ao da disposición ou compromiso de gasto.

As subvencións financiaranse con cargo á aplicación orzamentaria 13.02.713B.770.0, códigos de proxecto 2016 00209 (liñas 1-Sofor e 1-Común, submedida 8.31), 2016 00210 (liñas 2-Sofor e 2-Común, submedida 8.50) e 2016 00211 (liñas 3-Sofor, 3-Común e 4, submedida 8.60).

Estas axudas financiaranse con cargo ao PDR de Galicia 2014-2020, cunha achega do Fondo europeo agrícola de desenvolvemento rural (Feader) do 75 %, do Ministerio de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente do 7,5 % e da Xunta de Galicia do 17,5 %.

2. A contía total ascende a 4.000.000 €, coa seguinte distribución:

Anualidade

2018

2019

Total

Liña 1-Común

1.120.000,00

1.120.000,00

2.240.000,00

Liña 1-Sofor

80.000,00

80.000,00

160.000,00

Liña 2-Común

490.000,00

490.000,00

980.000,00

Liña 2-Sofor

10.000,00

10.000,00

20.000,00

Liña 3-Común

190.000,00

190.000,00

380.000,00

Liña 3-Sofor

10.000,00

10.000,00

20.000,00

Liña 4

100.000,00

100.000,00

200.000,00

Suma

2.000.000,00

2.000.000,00

4.000.000,00

3. Poderán incrementarse os créditos asignados á convocatoria como consecuencia de xeracións, incorporacións ou ampliacións das partidas orzamentarias que a financian, nos termos do artigo 30.2 do Decreto 11/2009.

En todo caso, as concesións limitaranse á dispoñibilidade orzamentaria. No suposto de procederse á devandita ampliación, terase en conta o disposto no artigo 31 da Lei 9/2007.

Artigo 41. Prazo de xustificación da liña 4

Para os efectos do disposto no artigo 29.1.b) das bases reguladoras, o prazo de xustificación da liña 4 será de 6 meses.

Artigo 42. Prazo de xustificación da primeira anualidade nos instrumentos financiados a través da submedida 8.31

A primeira anualidade dos investimentos obxecto das subvencións concedidas a través das liñas 1-Común e 1-Sofor deberán ser executadas, pagadas e xustificadas con data límite do 10 de outubro de 2018. Este prazo máximo é improrrogable.

Artículo 43. Prazo de xustificación das liñas 2 e 3

Para os efectos do disposto no artigo 29.1.a) das bases reguladoras, o prazo de xustificación das liñas 2 e 3 será dun ano.

Artigo 44. Órgano instrutor

A instrución do procedemento de concesión das axudas correspondentes a esta convocatoria será a Subdirección Xeral de Recursos Forestais.

Artigo 45. Pagamento anticipado da primeira anualidade

De acordo co previsto no artigo 30, a primeira anualidade das liñas financiadas a través das submedidas 8.50 e 8.60 abonarase mediante un pago anticipado cuxo importe será o 50 % da cantidade total concedida.

Disposición adicional primeira. Limitación doutras axudas

1. As subvencións concedidas ao abeiro das bases reguladoras contidas nesta orde son incompatibles con calquera outro tipo de axuda que sexa contraria aos obxectivos específicos ou concretos de xestión establecidos para cada superficie de ordenación no instrumento financiado ou as súas modificacións aprobadas.

Esta limitación estará vixente durante un prazo de 5 anos contados a partir da aprobación do instrumento. No caso de proxectos de ordenación, ampliarase ata o termo do plan especial.

O instrumento conterá unha cláusula en que se recolle esta limitación.

2. Os gastos financiados non poderán optar a ningunha outro financiamento con cargo ao orzamento da Unión Europea, en aplicación do artigo 30 do Regulamento (UE) 1306/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013, sobre o financiamento, xestión e seguimento da política agrícola común, polo que se derrogan os regulamentos (CE) núm. 352/78, (CE) núm. 165/94, (CE) núm. 2799/98, (CE) núm. 814/2000, (CE) núm. 1290/2005 e (CE) núm. 485/2008 do Consello.

Disposición adicional segunda. Publicidade de datos

De acordo co establecido na disposición adicional do Decreto 132/2006, do 27 de xullo, polo que se regulan os rexistros públicos creados nos artigos 44 e 45 da Lei 7/2005, do 29 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2006, as solicitudes inclúen o consentimento expreso dos interesados á Administración concedente para incluír e facer públicos, nos rexistros regulados neste decreto, os datos relevantes referidos ás axudas e subvencións recibidas, así como ás sancións impostas.

Disposición adicional terceira. Datos de carácter persoal

De conformidade coa Lei orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal, os datos persoais recollidos na tramitación deste procedemento, cuxo tratamento e publicación autoricen as persoas interesadas mediante a presentación das solicitudes, serán incluídos nun ficheiro denominado «Relacións administrativas coa cidadanía e entidades» co obxecto de xestionar o presente procedemento, así como para informar as persoas interesadas sobre a súa tramitación. O órgano responsable deste ficheiro é a Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural. Os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición poderanse exercer ante o órgano responsable, mediante o envío dunha comunicación ao seguinte enderezo: Consellería do Medio Rural-Secretaría Xeral Técnica, Edificio Administrativo de San Caetano, San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela, A Coruña ou a través dun correo electrónico a sxt.medio-rural@xunta.gal.

Disposición final primeira. Facultade de desenvolvemento

1. Facúltase o director xeral de Ordenación Forestal para ditar as instrucións ou actos de aplicación que xulgue oportunos para executar esta orde.

2. Poderá modificar mediante resolución a estrutura das táboas de atributos incluídas no anexo X ao desenvolver a aplicación XORFOR-Subvencións naqueles aspectos que sexan necesarios para o seu adecuado funcionamento. A dita modificación implicará a correspondente publicación no Diario Oficial de Galicia.

3. O defectuoso funcionamento da aplicación XORFOR-Subvencións que faga imposible facer efectivo o requirimento, logo de xustificación polo órgano tecnolóxico que a xestione, implicará a suspensión do termo do prazo de presentación da documentación requirida no artigo 24.8 desta orde ata que poida facerse efectivo o requirimento por parte do destinatario.

Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor

Esta orde terá efectos o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 28 de decembro de 2017

Ángeles Vázquez Mejuto
Conselleira do Medio Rural

ANEXOS

Anexo I.1 – Solicitude liñas 1, 2 e 3 (1-Sofor, 1-Común, 2-Sofor, 2-Común, 3-Sofor e 3-Común).

Anexo I.2 – Solicitud liña 4.

Anexo II – Relación de titulares e nomeamento de representante.

Anexo II.1 – Declaración de titularidade para asociacións ou grupos de certificación de xestión forestal.

Anexo II.2 – Relación de socios-titulares (asociacións ou grupos de certificación de xestión forestal)

Anexo III – Acordo de cesión dos titulares forestais para a xestión.

Anexo IV – Acordo de compromisos e obrigacións establecidos na orde.

Anexo V – Nomeamento de persoal técnico competente en materia forestal.

Anexo VI – Declaración de non vinculación de ofertas.

Anexo VII - Declaración de titularidade.

Anexo VIII – Pagamento anticipado.

Anexo IX.1 – Pagamento.

Anexo IX.2 – Comunicación de cesión de dereitos de cobramento.

Anexo X – Estrutura das táboas de atributos.

Anexo XI – Modelo de cartel informativo.

Anexo XII – Zonas consideradas densamente poboadas.

Anexo XIII – Documentación que teñen que presentar os solicitantes para os que se propón provisionalmente a concesión da subvención.

Anexo XIV – Presentación da documentación que se relaciona no anexo XIII.

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file

ANEXO X
Estrutura das táboas de atributos

A información xeográfica descrita no anexo XIII presentarase mediante capas en formato shape cuxas táboas de atributos se describen neste anexo. Todas as capas son de tipo poligonal.

A. Táboa de atributos da capa de parcelas catastrais.

Campo

Tipo

Tamaño

Precisión

Descrición

IdXF-Sub

Texto

11

0

Código que asigna a propia aplicación XORFOR-Subvencións de forma automática.

IDMONTE

numérico

5

0

Campo de obrigado cumprimento no caso de montes públicos, protectores ou MVMC. Obtense do Rexistro de Montes.

IDPREDIO

numérico

2

0

Código correlativo (1, 2, 3,..., 99).

REFCAT

texto

14

0

Código da referencia catastral obtida da sede electrónica do catastro.

Tipo

numérico

1

0

Tipo de propiedade segundo táboa.

SExcl

numérico

10

4

Campo de obrigado cumprimento que integra as superficies en dúbida, conflito ou litixio; enclavados; arrendamentos, cesións, dereitos de superficie, ocupacións e outros tipos de actos de disposición polos cales non se dispón do terreo; e superficies non forestais. Dato en hectáreas. En XORFOR estaría desagregado en SLitix, SEncra, SArrenda, SCesion, SDerSup, SOcupa, SServi, SOutros e SNonFor.

Sorden

numérico

10

4

Superficie de ordenación prevista, en hectáreas.

Os tipos de propiedade son os seguintes:

Tipo

Descrición

1

Monte veciñal en man común

2

Sociedade de fomento forestal inscrita no Rexistro de Sofor

3

Agrupacións de persoas propietarias non inscritas no Rexistro de Sofor

4

Persoa propietaria individual (sexa persoa física ou xurídica)

5

Monte de varas, abertais, de voces, de vocerío ou de fabeo

6

Monte de socios

7

Pro indivisos

8

Arrendatarios

Asociada á táboa de atributos incluirase unha táboa cuxa estrutura se presenta a continuación. Ambas estarán vinculadas polo campo REFCAT.

Campo

Tipo

Tamaño

Precisión

Descrición

IDPREDIO

numérico

2

0

Código correlativo (1, 2, 3,..., 99).

REFCAT

Texto

14

0

Campo identificativo de cada unha das referencias catastrais.*

NIF

texto

9

0

NIF/CIF do titular.

CodTit

texto

5

0

Código para o tipo de titularidade:

«PROPI», para persoas propietarias.

«TITUL», para persoas non propietarias.

T-Apel1

texto

255

0

Titular: primeiro apelido.

T-Apel1

texto

255

0

Titular: segundo apelido.

T-Nombre

texto

255

0

Titular: nome ou razón social.

T-100

numérico

3

2

Porcentaxe sobre a parcela catastral que corresponde ao titular.

B. Táboa de atributos da capa de danos causados por incendios forestais, organismos nocivos ou vendavais.

Shape coas superficies que presentan danos causados por incendios forestais, os organismos nocivos sinalados no punto 12 do artigo 3 (lista de especies de organismos nocivos para as plantas que poidan provocar unha catástrofe) ou vendavais, durante os dous (2) últimos anos.

Campo

Tipo

Tamaño

Precisión

Descrición

Vuelo

Numérico

10

4

Cantidade de voo arbóreo

Ud

Texto

254

0

Unidade de medida do voo arbóreo (utilizar a mesma para todo o monte). Área basimétrica, FCC, VCC, …

Grado

Numérico

3

2

Perda de voo arbóreo durante os dous últimos anos, en

porcentaxe

CodDano

Numérico

3

0

Axentes que causaron o dano. Segundo táboa B1.TaboaLimDanos de XORFOR.

CodCon

Numérico

5

0

Código do concello

Concello

Texto

254

0

Nome do concello

Prov

Texto

254

0

Nome da provincia

C. Táboa de atributos da capa de parroquias de alta actividade incendiaria.

Shape coas superficies situadas en parroquias de alta actividade incendiaria.

Campo

Tipo

Tamaño

Precisión

Descrición

CodParr

Numérico

9

0

Código da parroquia

Parr

Texto

254

0

Nome da parroquia

CodCon

Numérico

5

0

Código do concello

Concello

Texto

254

0

Nome do concello

Prov

Texto

254

0

Nome da provincia

D. Táboa de atributos da capa de zonas de medio risco e zonas de alto risco de incendio forestal.

Shape coas superficies situadas en zonas de medio risco e zonas de alto risco de incendio forestal.

Campo

Tipo

Tamaño

Precisión

Descrición

Concello

Texto

254

0

Nome do concello

CodCon

Numérico

5

0

Código do concello

Prov

Texto

254

0

Nome da provincia

Zonas

Texto

3

0

Zona ZAR (Zona de alto risco de incendio) ou ZMR (Zona de medio risco)

E. Táboa de atributos da capa de masas consolidadas de frondosas autóctonas.

Shape das masas consolidadas de frondosas autóctonas inscritas no seu rexistro que se vexan afectadas total ou parcialmente polo instrumento. No caso de masas consolidadas de frondosas autóctonas, segundo o descrito no artigo 93.1 da Lei 7/2012, que aínda non estivesen rexistradas, establecerase o perímetro da masa cuxa inscrición no rexistro se solicitará, para os efectos de comprobar a viabilidade da súa futura inscrición.

Campo

Tipo

Tamaño

Precisión

Descrición

RegMCFA

Texto

20

0

No caso de que a masa estea rexistrada, código do rexistro

Suptotal

Numérico

10

4

Superficie total da masa consolidada de frondosas autóctonas

Supmonte

Numérico

10

4

Superficie da masa consolidada de frondosas autóctonas no monte obxecto de ordenación

CodCon

Numérico

5

0

Código do concello

Concello

Texto

254

0

Nome do concello

Prov

Texto

254

0

Nome da provincia

F. Táboa de atributos da capa de Rede Natura 2000.

Shape do ámbito de Rede Natura 2000 que afecta total ou parcialmente ao ámbito do instrumento.

Campo

Tipo

Tamaño

Precisión

Descrición

Nome

Texto

254

0

Nome da figura do PD Rede Natura 2000

Categ

Texto

254

0

Zona especial protección de aves (ZEPA) ou zona especial de conservación (ZEC).

Tipo

Texto

254

0

Tipo de área: conservación, protección ou uso xeral.

G. Táboa de atributos da capa de zona de policía de áreas de risco potencial significativo de inundación (ARPSI).

Shape da zona de policía de áreas de risco potencial significativo de inundación (ARPSI).

Campo

Tipo

Tamaño

Precisión

Descrición

CodDem

Numérico

1

0

Código de demarcación hidrográfica segundo a táboa B2.TaboaLimHidrograficas.

CodARPSI

Texto

254

0

Código ARPSI segundo o SHP descargable do MAPAMA.

NomARPSI

Texto

254

0

Nome ARPSI segundo o SHP descargable do MAPAMA.

H. Táboa de atributos da capa de localización de especies recollidas no Catálogo galego de especies ameazadas e Catálogo español de especies exóticas invasoras.

Shape da localización de especies recollidas no Catálogo galego de especies ameazadas e Catálogo español de especies exóticas invasoras.

Campo

Tipo

Tamaño

Precisión

Descrición

Catálogo

Texto

5

0

Catálogo galego de especies ameazadas (CGEA) ou Catálogo español de especies exóticas invasoras (CEEEI)

CodSp

Numérico

4

0

Especies presentes destes catálogos, segundo táboas B1.TaboaLimDanos e B3.TaboaOutrasLim de XORFOR.

CodCon

Numérico

5

0

Código do concello

Concello

Texto

254

0

Nome do concello

Prov

Texto

254

0

Nome da provincia

1º. Táboa de atributos da capa de bosques produtivos.

Shape da superficie cuberta por bosques produtivos, considéranse «bosques produtivos» aquelas masas arbóreas en que se desenvolve unha silvicultura activa, constituídas por eucaliptais ou por plantacións doutras especies realizadas para seren aproveitadas cunha quenda máxima de 12 anos.

Campo

Tipo

Tamaño

Precisión

Descrición

BP

Texto

3

0

Bosque produtivo: SI / NON

Masa

Texto

1

0

Tipo de masa forestal, coníferas (C), frondosas (F) ou mixtas (M).

CodSp

Numérico

5

0

Código que mostra a especie da masa. Consultar táboa Excel D1.TaboaEstratosInv de XORFOR.

CodCon

Numérico

5

0

Código do concello

Concello

Texto

254

0

Nome do concello

Prov

Texto

254

0

Nome da provincia

J. Táboa de atributos da capa de superficie ocupada por masas de Eucalyptus globulus fóra dos distritos de aplicación dos modelos silvícolas EG1 e EG2.

No caso de montes situados fóra dos distritos de aplicación dos modelos silvícolas EG1 e EG2 establecidos na Orde do 19 de maio de 2014 pola que se establecen os modelos silvícolas ou de xestión forestal orientativos e referentes de boas prácticas forestais para os distritos forestais de Galicia. Shape coa superficie ocupada por masas de Eucalyptus globulus.

Enténdese que unha superficie está ocupada por esta especie se se atopa representada polo menos polo 90 % dos pés maiores ou é unha repoboación efectuada polo menos nun 90 % con esta especie.

Campo

Tipo

Tamaño

Precisión

Descrición

EG

Texto

2

0

Ámbito de aplicación dos modelos EG1 e EG2: SI / NON

Globulus

Texto

2

0

Superficie ocupada por masas de Eucalyptus globulus: SI / NON

CodCon

Numérico

5

0

Código do concello

Concello

Texto

254

0

Nome do concello

Distrito

Texto

254

0

Nome do distrito

Prov

Texto

254

0

Nome da provincia

K. Táboa de atributos da capa de superficie ocupada por masas de Eucalyptus nitens fóra dos distritos de aplicación dos modelos silvícolas EN1 e EN2.

No caso de montes situados fóra dos distritos de aplicación dos modelos silvícolas EN1 e EN2 establecidos na Orde do 19 de maio de 2014 pola que se establecen os modelos silvícolas ou de xestión forestal orientativos e referentes de boas prácticas forestais para os distritos forestais de Galicia. Shape coa superficie ocupada por masas de Eucalyptus nitens.

Enténdese que unha superficie está ocupada por esta especie se se atopa representada polo menos polo 90 % dos pés maiores ou é unha repoboación efectuada polo menos nun 90 % con esta especie.

Campo

Tipo

Tamaño

Precisión

Descrición

EN

Texto

2

0

Ámbito de aplicación dos modelos EN1 e EN2: SI / NON

Nitens

Texto

2

0

Superficie ocupada por masas de Eucalyptus nitens: SI / NON

CodCon

Numérico

5

0

Código do concello

Concello

Texto

254

0

Nome do concello

Distrito

Texto

254

0

Nome do distrito

Prov

Texto

254

0

Nome da provincia

L. Táboa de atributos da capa de superficie con fracción de cuberta arborizada superior ao 20 %.

Shape coa superficie con fracción de cuberta arborizada superior ao 20 %.

Campo

Tipo

Tamaño

Precisión

Descrición

FCC

Numérico

3

0

Fracción de cabida cuberta arborizada, en porcentaxe

CodCon

Numérico

5

0

Código do concello

Concello

Texto

254

0

Nome do concello

Prov

Textoq

254

0

Nome da provincia

ANEXO XI
Modelo de cartel informativo

A composición do cartel informativo axustarase ao seguinte modelo:

Para o texto do espazo inferior, de fondo negro, utilizarase o que corresponda dos seguintes en función da liña de subvención:

Liña 1

Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014_2020

Submedida 8.31. Prevención dos danos causados por incendios, desastres naturais e catástrofes

Liña 2

Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014_2020

Submedida 8.50. Investimentos para aumentar a resiliencia e o valor ambiental dos ecosistemas forestais

Liñas 3 e 4

Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014_2020

Submedida 8.60. Investimentos en tecnoloxías forestais

O cartel informativo terá as seguintes dimensións mínimas:

• Altura do cartel: 100 cm.

• Largo: 150 cm.

• Altura do bordo inferior do cartel ata o chan: 130 cm.

O elemento publicitario manterase, polo menos, durante un prazo idéntico ao do compromiso que adquire o beneficiario ao recibir a subvención.

ANEXO XII
Zonas consideradas densamente poboadas

Código municipio

Municipio

Código parroquia

Parroquia

– Provincia da Coruña

15017

Cambre

150171100

O Temple (Santa María)

15030

Coruña, A

150300001

A Coruña

15030

Coruña, A

150300200

Oza (Santa María)

15030

Coruña, A

150300400

San Cristovo das Viñas (San Cristovo)

15030

Coruña, A

150300500

Visma (San Pedro)

15031

Culleredo

150310100

Almeiras (San Xián)

15031

Culleredo

150310200

O Burgo (Santiago)

15031

Culleredo

150310800

Rutis (Santa María)

15036

Ferrol

150360001

Ferrol

15036

Ferrol

150361200

Santa Cecilia de Trasancos (Santa Cecilia)

15054

Narón

150540001

Narón

15058

Oleiros

150580800

Perillo (Santa Locaia)

15078

Santiago de Compostela

150780001

Santiago de Compostela

15078

Santiago de Compostela

150782100

San Caetano (Santiago)

15078

Santiago de Compostela

150782300

San Lázaro (Santiago)

15078

Santiago de Compostela

150782500

Vista Alegre (San Xoán)

– Provincia de Lugo

27028

Lugo

270280001

Lugo

– Provincia de Ourense

32008

Barbadás

320080600

A Valenzá (San Bernabeu)

32054

Ourense

320540001

Ourense

32054

Ourense

320540800

Montealegre (A Milagrosa)

32054

Ourense

320542000

Vista Fermosa (San Xosé)

– Provincia de Pontevedra

36038

Pontevedra

360380001

Pontevedra

36038

Pontevedra

360380900

Lérez (San Salvador)

36038

Pontevedra

360381200

Mourente (Santa María)

36038

Pontevedra

360381500

Salcedo (San Martiño)

36038

Pontevedra

360381800

A Virxe do Camiño (Virxe do Camiño)

36041

Poio

360410300

Poio (San Salvador)

36057

Vigo

360570002

Vigo

36057

Vigo

360570100

Alcabre (Santa Baia)

36057

Vigo

360570600

Candeán (San Cristovo)

36057

Vigo

360570700

Castrelos (Santa María)

36057

Vigo

360570900

Santo André de Comesaña (Santo André)

36057

Vigo

360571300

Freixeiro (San Tomé)

36057

Vigo

360571400

Lavadores (Santa Cristina)

36057

Vigo

360571600

Navia (San Paio)

36057

Vigo

360572500

Sárdoma (San Pedro)

36057

Vigo

360572700

Teis (San Salvador)

ANEXO XIII
Documentación que teñen que presentar os solicitantes para os que se propón provisionalmente a concesión da subvención

– Documentación básica.

1. Información xeral.

a) Número do expediente ou código único da solicitude.

b) Número de colexiado e colexio profesional.

2. Documento técnico que conteña:

a) Memoria.

Incluirá a acreditación documental ou técnica de todos os requisitos necesarios para ser considerado beneficiario desta axuda e de todas aquelas circunstancias baremables indicadas na solicitude, non presentados anteriormente polo solicitante e que a presente orde non permite acreditar con posterioridade.

Para todas as liñas:

1º. Tipo de instrumento para o que se solicita a subvención e acreditación da súa necesidade, de acordo co establecido no Decreto 52/2014. No caso dos documentos de adhesión expresa a referentes de boas prácticas e aos modelos silvícolas ou de xestión forestal orientativos, acreditación do cumprimento dos requisitos establecidos no artigo 9.1 do Decreto 52/2014, segundo corresponda.

2º. Acreditación de que se cumpre polo menos un dos requisitos do PDR Galicia 2014-2020 (artigo 7) dentro da liña na cal se propuxo provisionalmente a concesión da subvención.

Para as liñas 1, 2 e 3:

1º. Previsións sobre a obrigación de someter ou non o instrumento a avaliación de impacto ambiental. En caso afirmativo, expresaranse os motivos polos que o instrumento estará dentro dalgún dos supostos dos anexos I e II da Lei 21/2013 e se a avaliación será ordinaria ou simplificada.

2º. De ser o caso, acreditación da existencia dun instrumento de ordenación ou de xestión forestal en vigor, e que se atopa no seu último ano de vixencia, ou ben de sufrir (con posterioridade á solicitude de aprobación do instrumento) incendios, desastres naturais e catástrofes que causase a destrución de como mínimo o 20 % do potencial forestal.

3º. Se é o caso, relacionaranse as persoas propietarias que conforman a agrupación, onde cada persoa propietaria dispoñerá dun código único que virá reflectido na táboa de atributos segundo modelo do anexo X (CodTit).

– Documentación adicional.

Esta sección incluirá calquera documento acreditativo que deba ser achegado como complemento da memoria.

1. Se o solicitante ten contratado persoal técnico competente en materia forestal que vaia a realizar o instrumento de ordenación ou de xestión forestal, documentación que o acredite.

De acordo co artigo 29.3 da Lei 9/2007 e do artigo 138.3 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, cando o importe do gasto subvencionable supere 18.000 €, o beneficiario deberá solicitar, como mínimo, tres (3) ofertas de diferentes provedores, con carácter previo á contratación do compromiso para a prestación do servizo, salvo que polas súas especiais características non exista no mercado suficiente número de entidades que as presten.

Os contratos, facturas pro formas ou similares desagregarán os distintos conceptos para os que se solicite a subvención do seguinte modo:

a) En canto ás liñas 1, 2 e 3:

1º. Os custos de redacción do instrumento de ordenación ou xestión forestal.

2º. O estudo de impacto ambiental ou ben documento ambiental simplificado.

3º. A instalación do cartel.

b) En canto á liña 4:

1º. O custo unitario de cada comunicación.

2º. A instalación do cartel.

2. Para a oferta elixida:

a) Declaración de non vinculación do ofertante elixido segundo o anexo VI.

b) Nomeamento e autorización ao persoal técnico competente en materia forestal, por parte do solicitante, para efectuar os trámites derivados do requirimento recollido no artigo 24, segundo o anexo V.

3. Para as liñas 1, 2 e 3:

a) Listaxe de parcelas e titulares que conforman o documento, segundo anexo VII da presente orde. Unha vez asinado por cada titular, achegarase copia á XORFOR-Subvencións.

4. Para a liña 4:

a) Listaxe de parcelas e titulares do número total de parcelas e de titulares, segundo o anexo II.1.

– Información xeográfica.

Esta información presentarase mediante capas en formato shape ou en táboas de atributos, segundo corresponda. O sistema de referencia xeodésico será o ETRS89 (European Terrestrial Reference System 1989) e utilizarase o sistema de referencia de coordenadas ETRS-Transversa de Mercator (ETRS-TM), de conformidade co Real decreto 1071/2007, do 27 de xullo, polo que se regula o sistema xeodésico de referencia oficial en España.

Segundo corresponda, a información xeográfica que se cargará na plataforma XORFOR-Subvencións descríbese a continuación:

1. Shape coa relación de parcelas catastrais, indicando a superficie para ordenar e a que se exclúe de ordenación, segundo a estrutura das táboas de atributos incluída no anexo X.

2. Táboa de titulares de cada parcela catastral. Incluiranse todos os titulares coñecidos e as participacións que correspondan a descoñecidos, e independentemente de que vaian ou non asinar a declaración de titularidade, e segundo o modelo do anexo X.

3. Solicitudes propostas provisionalmente para seren subvencionadas a través da liña 1:

a) Shape coas superficies que presentan danos causados por incendios forestais, os organismos nocivos sinalados no punto 12 do artigo 3 (lista de especies de organismos nocivos para as plantas que poidan provocar unha catástrofe) ou vendavais, durante os dous (2) últimos anos, sempre que os danos supoñan polo menos un 20 % de perda de voo arbóreo.

b) Shape coas superficies situadas en parroquias de alta actividade incendiaria.

c) Shape coas superficies situadas en zonas de medio risco e zonas de alto risco de incendio forestal.

4. Solicitudes propostas provisionalmente para ser subvencionadas a través da liña 2:

a) Shape das masas consolidadas de frondosas autóctonas inscritas no seu rexistro que se vexan afectadas total ou parcialmente polo instrumento. No caso de masas consolidadas de frondosas autóctonas, segundo o descrito no artigo 93.1 da Lei 7/2012, que aínda non estivesen rexistradas, os solicitantes da liña 2 incluirán un plano co perímetro da masa cuxa inscrición no rexistro se solicitará para os efectos de comprobar a viabilidade da súa futura inscrición.

b) Shape do ámbito de Rede Natura 2000 que afecta total ou parcialmente o ámbito do instrumento.

c) Shape da zona de policía de áreas de risco potencial significativo de inundación (ARPSI), que afecte total ou parcialmente o ámbito do instrumento.

5. Solicitudes propostas provisionalmente para seren subvencionadas a través das liñas 3 e 4:

a) Shape da superficie cuberta por bosques produtivos identificando as áreas onde se pode comprobar a existencia das masas que cumpren coa definición establecida no artigo 3.11.

b) No caso de montes situados fóra dos distritos de aplicación dos modelos silvícolas EG1 e EG2 establecidos na Orde do 19 de maio de 2014 pola que se establecen os modelos silvícolas ou de xestión forestal orientativos e referentes de boas prácticas forestais para os distritos forestais de Galicia. Shape coa superficie ocupada por masas de Eucalyptus globulus.

Enténdese que unha superficie está ocupada por esta especie se se atopa representada polo menos polo 90 % dos pés maiores ou é unha repoboación efectuada polo menos nun 90 % con esta especie.

c) No caso de montes situados fóra dos distritos de aplicación dos modelos silvícolas EN1 e EN2 establecidos na Orde do 19 de maio de 2014 pola que se establecen os modelos silvícolas ou de xestión forestal orientativos e referentes de boas prácticas forestais para os distritos forestais de Galicia. Shape coa superficie ocupada por masas de Eucalyptus nitens.

Enténdese que unha superficie está ocupada por esta especie se se atopa representada polo menos polo 90 % dos pés maiores ou é unha repoboación efectuada polo menos nun 90 % con esta especie.

d) En caso de indicarse na solicitude, shape coa superficie con fracción de cuberta arborizada superior ao 20 %.

missing image file
missing image file