Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 17 Mércores, 24 de xaneiro de 2018 Páx. 5334

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (254/2017).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 254/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Marco Antonio Calviño Paz contra SS Fernández Concesionario, S.L.U. e Fondo de Garantía Salarial, se ditou a seguinte resolución:

«Acordo:

a) Declarar a executada, SS Fernández Concesionario, S.L.U., en situación de insolvencia total por importe de 12.923,55 euros en concepto de principal máis outros 1.292,35 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, de ser o caso, se poidan devindicar durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación, insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisional.

b) Arquivar as actuacións logo de anotación no libro correspondente, sen prexuízo de reabrir a execución se no sucesivo se coñecen novos bens da executada, e expedir os testemuños necesarios para a súa presentación ante o Fogasa, que poderán ser retirados nesta secretaría.

c) Unha vez que sexa firme esta resolución, inscríbase no rexistro correspondente.

Modo de impugnación. Contra esta resolución cabe recurso directo de revisión que se deberá interpor ante quen dita a resolución no prazo de tres días hábiles seguintes ao da súa notificación, con expresión da infracción cometida nela ao xuízo do recorrente (artigo 188 da Lei reguladora da xurisdición social (LXS)».

Para que sirva de notificación en legal forma a SS Fernández Concesionario, S.L.U., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 21 de decembro de 2017

A letrada da Administración de xustiza