Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 17 Mércores, 24 de xaneiro de 2018 Páx. 5410

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Outeiro de Rei

ANUNCIO da aprobación inicial da modificación puntual do Plan de sectorización CC1-1ª fase.

Aprobada inicialmente o 16 de outubro de 2017 por decreto da Alcaldía, a modificación puntual do Plan de sectorización CC1-1ª fase, promovido polo Concello, sométese o expediente a información pública polo prazo de dous meses, contados a partir da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, durante o cal calquera interesado poderá examinar o expediente na Secretaría municipal, en horario de oficina, e formular as alegacións e observacións que se consideren procedentes en escrito dirixido a Alcaldía.

Outeiro de Rei, 15 de decembro de 2017

José Pardo Lombao
Alcalde