Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 18 Xoves, 25 de xaneiro de 2018 Páx. 5650

III. Outras disposicións

Instituto Galego de Promoción Económica

RESOLUCIÓN do 29 de decembro de 2017 pola que se lle dá publicidade ao acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas destinadas á creación de empresas para actividades non agrícolas en zonas rurais, cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva (Galicia Rural Emprende).

O Consello de Dirección do Igape, na súa xuntanza do día 2 de novembro de 2017 acordou por unanimidade dos membros asistentes aprobar as bases reguladoras das axudas do Igape destinadas á creación de empresas para actividades non agrícolas en zonas rurais, cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e proceder á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva (Galicia Rural Emprende), e facultou o director xeral para convocalas para o exercicio 2018, aprobar os créditos e publicalas no Diario Oficial de Galicia.

Na súa virtude, e de conformidade coas facultades que teño conferidas,

RESOLVO:

Primeiro. Publicar as bases reguladoras das axudas do Igape destinadas á creación de empresas para actividades non agrícolas en zonas rurais, cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e proceder á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva (Galicia Rural Emprende) para 2018 (procedemento IG501A).

Estas axudas están cofinanciadas ao 75 % polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural no marco do Programa de desenvolvemento rural para Galicia 2014-2020 e, en particular:

Prioridade 6.A: facilitar a diversificación, a creación e o desenvolvemento de pequenas empresas e a creación de emprego.

Medida 06: desenvolvemento de explotacións agrícolas e empresariais.

Submedida 6.2.: axudas destinadas á creación de empresas para actividades non agrícolas en zonas rurais.

O restante 25 % correspóndese con cofinanciamento nacional, do cal a Administración xeral do Estado asume o 7,5 % e a Xunta de Galicia o 17,5 %.

Segundo. Esta convocatoria tramítase conforme o establecido na Orde da Consellería de Economía e Facenda do 11 de febreiro de 1998, modificada polas ordes do 27 de novembro de 2000 e do 25 de outubro de 2001, relativa á tramitación anticipada de expedientes de gasto e ao abeiro do artigo 25.1.a) do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro de 2009, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, como expediente anticipado de gasto e existe crédito suficiente previsto no proxecto de orzamentos da Comunidade Autónoma para o exercicio 2018. Na súa virtude, a concesión das subvencións condiciónase á existencia de crédito adecuado e suficiente no momento da resolución da concesión.

Terceiro. Prazo de presentación de solicitudes.

O prazo de presentación de solicitudes será de dous meses contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Cuarto. Créditos:

Os créditos dispoñibles para concesións nesta convocatoria aboaranse con cargo á seguinte aplicación orzamentaria e polos seguintes importes e distribución plurianual:

Código do proxecto

Partida orzamentaria

Ano 2018

Ano 2019

2016 00028

09.A1.741A.7704

2.000.000 €

2.500.000 €

O director xeral do Igape poderá ampliar os créditos, logo de declaración da súa dispoñibilidade nos termos referidos no artigo 30.2 do Decreto 11/2009, mediante resolución publicada para o efecto.

Quinto. Prazos de duración do procedemento, de execución do proxecto e para solicitar o cobramento:

O prazo máximo para resolver e publicar a resolución será o 30 de xuño de 2018, transcorrido o cal poderase entender desestimada por silencio administrativo a solicitude de concesión de axuda.

O prazo máximo de execución dos proxectos rematará na data establecida na resolución de concesión, sen que nunca poida exceder o 30 de novembro de 2019, e o beneficiario deberá presentar a solicitude de cobramento como máximo o 10 de decembro 2019.

O beneficiario deberá presentar a solicitude de cobramento da primeira cota da axuda concedida (60 %) como máximo o 31 de outubro de 2018 para o exercicio 2018 e como máximo o 31 de marzo de 2019 para o exercicio 2019.

Sexto. En cumprimento do disposto no artigo 20 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, o texto da convocatoria e a información requirida no ordinal oitavo do devandito artigo será comunicado á Base de datos nacional de subvencións (BDNS). A BDNS dará traslado ao Diario Oficial de Galicia do extracto da convocatoria para a súa publicación.

Sétimo. Os requisitos das letras c), e), f), h), i), k), l), m) e n) do artigo 20.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, indícanse nas bases anexas a esta resolución.

Santiago de Compostela, 29 de decembro de 2017

Juan Manuel Cividanes Roger
Director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica

Bases reguladoras das axudas do Instituto Galego de Promoción
Económica (Igape) destinadas á creación de empresas para actividades
non agrícolas en zonas rurais, cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola
de Desenvolvemento Rural (Feader), no marco do Programa de
desenvolvemento rural (PDR) para Galicia 2014-2020

O Instituto Galego de Promoción Económica, no cumprimento das súas funcións, desempeña un papel esencial no desenvolvemento de programas e iniciativas que contribúan a acadar os obxectivos económicos estratéxicos da comunidade galega.

A necesidade de que as administracións públicas implanten medidas concretas para fomentar o emprendemento e apoiar o emprendedor como axente dinamizador da economía en Galicia, vén dada polo alto grao de representatividade das microempresas e pequenas empresas, determinantes do crecemento económico e soporte para a creación de emprego.

O actual contexto de escaseza de recursos require unha xestión máis eficaz e eficiente dos apoios públicos, creando contornos favorables que promovan e consoliden a actividade emprendedora. Un dos retos máis salientables do Goberno galego é o crecemento empresarial, para o cal se debe facilitar un contorno laboral máis estable, que permita o desenvolvemento dunha economía máis equilibrada. O apoio aos emprendedores é fundamental para que poidan actuar como catalizadores do repuntamento da nosa economía.

O Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, aprobado mediante a Decisión de execución da Comisión Europea do 18 de novembro de 2015 (Decisión C(2015) 8144 final do 18.11.2015), prevé como prioridade 6.A facilitar a diversificación, a creación e o desenvolvemento de pequenas empresas e a creación de emprego, establecendo na súa medida 06 –desenvolvemento de explotacións agrícolas e empresariais– a necesidade de promover axudas destinadas á creación de empresas para actividades non agrícolas en zonas rurais (submedida 6.2.).

Co obxectivo de contribuír á diversificación económica, crecemento do emprego, sustentabilidade do medio rural e equilibrio territorial, tanto en termos económicos como sociais, o Igape desenvolve un sistema de incentivos de apoio á primeira implantación e desenvolvemento de novas actividades económicas non agrarias viables.

Considerando o carácter básico do Igape como instrumento de promoción eminentemente horizontal e aberto á colaboración cos distintos departamentos da Xunta de Galicia, ademais do previsto nestas e demais bases, poderá xestionar e canalizar cara ao tecido empresarial outras medidas, de acordo cos departamentos competentes por razón de materia.

A convocatoria desta axuda será obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia mediante resolución do director xeral do Igape. A convocatoria incluirá o procedemento de tramitación, o prazo de presentación de solicitudes e os créditos asignados.

As axudas reguladas nestas bases outorgaranse en réxime de concorrencia competitiva, ao abeiro do disposto no artigo 19.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Artigo 1. Proxectos obxecto de apoio

1. Serán subvencionables os proxectos dirixidos á creación de emprego nas zonas rurais mediante axudas á primeira implantación e desenvolvemento de novas actividades económicas non agrarias viables, que deben contribuír á diversificación económica, crecemento de emprego, sustentabilidade do medio rural e equilibrio territorial, tanto en termos económicos como sociais.

Para os efectos destas bases, a delimitación das zonas rurais establécese tendo en conta a clasificación proposta pola Comisión, denominada «grao de urbanización», que toma como unidade de referencia LAU2 (municipios) e na cal se definen tres categorías:

a) Zonas densamente poboadas (código 1): aquelas cunha densidade de poboación igual ou superior a 1.500 habitantes por km2 e unha poboación mínima de 50.000 persoas.

b) Zonas de densidade intermedia (código 2): aquelas nas que menos do 50 % da poboación vive nas cuadrículas rurais (onde as cuadrículas nas zonas rurais son as que están fóra das agrupacións urbanas) e menos do 50 % vive en altos grupos de densidade.

c) Zonas de baixa densidade (código 3): aquelas nas que máis do 50 % da poboación vive nas cuadrículas rurais. Os LAU2 cunha poboación inferior a 5.000 habitantes e co 90 % ou máis da súa área nas cuadrículas rurais foron reclasificados como rurais.

A definición das zonas rurais realízase por eliminación daquelas zonas consideradas densamente poboadas (urbanas) nun territorio. No caso de Galicia, só teñen esa consideración os sete concellos dos núcleos de poboación máis grandes da Comunidade Autónoma (A Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, Vigo, Ferrol e Santiago de Compostela).

A autoridade de xestión, xunto co Instituto Galego de Estatística, perfila as cuadrículas de estudo (1 km2) dentro de cada unha das zonas urbanas a nivel parroquia. Neste sentido, as parroquias definidas como rurais ou intermedias de todos os concellos de Galicia poden ser admisibles para os efectos do financiamento de proxectos a través do PDR 2014_2020 e cofinanciados co fondo Feader. Porén, considéranse tamén non admisibles, aquelas parroquias que están en concellos non urbanos pero si teñen parroquias que teñen esta característica (ZDP).

No anexo VIII inclúese a relación de parroquias non admisibles para os efectos das presentes bases.

2. Actividades. Con carácter xeral serán subvencionables as seguintes actividades:

a) Obradoiros e fábricas destinados á produción de bens e materiais.

Non obstante o anterior, os investimentos relacionados coa utilización da madeira como materia prima ou fonte de enerxía limitaranse ás operacións de segunda transformación.

b) Transformación e/ou comercialización de produtos agrarios, cando o produto final do proceso de transformación e/ou comercialización derivado dos investimentos non estea incluído no anexo I do Tratado de funcionamento da Unión Europea (TFUE).

c) Prestación de servizos en calquera sector económico (agricultura, silvicultura, sector industrial e de servizos,...).

d) Prestación de servizos sociais (gardarías, coidado de anciáns, de persoas con discapacidade, granxas-escola...).

e) Actividades de lecer, recreativas e deportivas.

f) Artesanía e actividades artesanais.

g) Actividades baseadas nas novas tecnoloxías da información e da comunicación (TICs), innovación tecnolóxica e comercio electrónico.

h) Actividades nos sectores da enxeñaría, arquitectura, servizos técnicos, limpeza industrial, contabilidade, veterinaria.

i) Comercio polo miúdo de produtos non incluídos no anexo I do TFUE.

j) No sector da restauración turística, exclusivamente a creación de novos restaurantes situados en construcións patrimoniais senlleiras (pazos, muíños, patrimonio industrial, pallozas, faros…) e que vaian ofertar unha cociña baseada na gastronomía galega tradicional ou que con ese substrato propoñan técnicas innovadoras ou fusións con outras gastronomías do mundo.

3. Para estes efectos, entenderase que existe unha nova actividade cando non coincida coa actividade preexistente a nivel de tres díxitos da Clasificación nacional de actividades económicas (CNAE), e os gastos e/ou investimentos derivados da súa posta en marcha estean claramente vinculados á nova actividade.

Non se considera que existe nova actividade se a persoa física ou calquera dos socios dunha peme desenvolven a mesma actividade por conta propia nos 12 meses anteriores á data da solicitude de axuda.

4. Os proxectos deberán cumprir os seguintes requisitos:

a) Non ter comezado antes da presentación da solicitude de axuda.

b) Os gastos e/ou investimentos incluídos no plan de negocio que deberá presentar o solicitante terán que estar localizados no centro de traballo da empresa en Galicia.

c) Será obrigatoria a creación dun mínimo dun emprego, sexa por conta propia ou indefinido por conta allea. A creación de emprego considerarase en unidades UTA. Para estes efectos, considérase (UTA) unha unidade de traballo anual, nos termos previstos no anexo I do Regulamento 651/2014, e equivale ao traballo dunha persoa na empresa en cuestión ou por conta da dita empresa a tempo completo durante todo o ano de que se trate. O traballo das persoas que non traballan todo o ano, ou traballan a tempo parcial, independentemente da duración do seu traballo, ou o traballo estacional, computarase como fraccións de UTA. No caso de creación de emprego a tempo parcial, acumularanse as fraccións ata acadar a unidade; non computarán creacións de emprego por fraccións UTA restantes.

5. O plan de negocio que amose a viabilidade da iniciativa, axustarase aos contidos definidos no formulario electrónico de solicitude de axuda. O plan de negocio describirá como mínimo os seguintes aspectos:

a) Antecedentes da entidade e/ou promotores.

1º. Capacidade técnica e tecnolóxica: recursos humanos, técnicos, materiais, colaboracións, cooperacións, patentes I+D+i, certificacións de calidade e ambientais.

2º. Capacidade comercial: canles de comercialización, mercados, grao de internacionalización, exportacións.

3º. Capacidade económica: principais activos e aspectos máis significativos dos estados financeiros.

b) Proxecto.

1º. Orixe e xustificación (necesidade, oportunidade e adecuación do proxecto ou actuación respecto á entidade).

2º. Descrición técnica (contido, metodoloxía, fases, etc.).

3º. Necesidades de medios técnicos (descrición detallada e valorada dos novos investimentos).

4º. Necesidades de medios materiais (descrición dos materiais adquiridos e utilizados).

5º. Necesidades de persoal asociadas ao proxecto.

6º. Fases (calendario de execución) para a realización e para o logro dos obxectivos.

c) Produto e mercado.

1º. Tamaño do mercado, características e competencia.

2º. Análise comercial do produto (cota de mercado e comparación fronte á competencia).

d) Análise económica do proxecto.

1º. Previsións económicas.

2º. Estrutura do financiamento.

3º. Rendibilidade e previsións de tesouraría.

e) Obxectivos que hai que conseguir: realización dos investimentos e gastos necesarios para a execución do proxecto e contratación e/ou mantemento de postos de traballo.

f) Dependendo da natureza e da magnitude da actuación proxectada, e con maior extensión e concreción en función destes principios, deberá incluírse un capítulo específico sobre problemas relacionados co cambio climático, centrado nas medidas de mitigación e adaptación que se adoptarán.

Artigo 2. Procedemento e réxime de aplicación

1. O procedemento de concesión destas subvencións tramitarase en réxime de concorrencia competitiva.

2. Non se poderán outorgar subvencións por contía superior á que se determine na presente convocatoria, salvo que se realice unha nova convocatoria, ou se produza un incremento de créditos derivados dunha xeración, ampliación ou incorporación de crédito; ou da existencia de remanentes doutras convocatorias financiadas con cargo ao mesmo crédito ou a créditos incluídos no mesmo programa ou en programas do mesmo servizo, ao abeiro do disposto no artigo 31.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

3. As axudas previstas nestas bases están amparadas no réxime de minimis establecido no Regulamento (UE) núm. 1407/2013 da Comisión, do 18 de decembro de 2013, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis (DOUE L 352, do 24 de decembro de 2013).

4. A subvención aos proxectos estará cofinanciada ao 75 % polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural no marco do PDR de Galicia 2014-2020, prioridade 6.A (facilitar a diversificación, a creación e o desenvolvemento de pequenas empresas e a creación de emprego), medida 06 (desenvolvemento de explotacións agrícolas e empresariais), submedida 6.2. (axudas destinadas á creación de empresas para actividades non agrícolas en zonas rurais), e están sometidas ás obrigas de información e difusión establecidas na regulamentación da UE, en particular as establecidas no anexo III do Regulamento de execución (UE) 808/2014 da Comisión, do 17 de xullo de 2014 (DOUE L 227/18, do 31 de xullo de 2014), polo que se establecen disposicións de aplicación do Regulamento (UE) núm. 1305/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, relativo á axuda ao desenvolvemento rural a través do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader).

O restante 25 % correspóndese con cofinanciamento nacional, do cal a Administración Xeral do Estado asume o 7,5 % e a Xunta de Galicia o 17,5 %.

Artigo 3. Concorrencia con outras axudas ou subvencións públicas

1. As subvencións reguladas nestas bases están financiadas con fondos Feader e, polo tanto, serán incompatibles con calquera outra axuda que para o mesmo proxecto ou finalidade leve cofinanciamento comunitario, independentemente do fondo de procedencia e a súa tipoloxía (subvención directa, bonificación de xuros...).

Coa excepción anterior, as subvencións concedidas ao abeiro destas bases reguladoras serán compatibles con outras axudas, subvencións ou recursos destinados á mesma finalidade, tanto de orixe pública coma privada, sempre que a intensidade máxima das axudas con fondos públicos non exceda o 100 % do importe elixible do proxecto.

2. As empresas beneficiarias deberán presentar unha declaración responsable na que manifesten que se comprometen a axustarse ao limiar máximo de 200.000 € de importe máximo de axuda de minimis que poden recibir nun período de tres anos. Estes tres anos deben avaliarse con carácter permanente de tal modo que para cada subvención de axuda de minimis que se conceda a unha empresa en cuestión (como a presente), debe tomarse en consideración o exercicio fiscal no que se conceda a axuda (2018) e os dous exercicios fiscais anteriores.

3. A obtención doutras axudas ou subvencións ao mesmo proxecto deberá comunicarse ao Instituto Galego de Promoción Económica tan pronto como se coñeza e, en todo caso, no momento en que se presente a documentación xustificativa do proxecto realizado. En todo caso, antes de conceder a axuda, requirirase do solicitante unha declaración escrita ou en soporte electrónico, sobre calquera axuda recibida para este mesmo proxecto. O incumprimento do disposto neste artigo considerarase unha alteración das condicións tidas en conta para a concesión da axuda e poderá dar lugar a un procedemento de reintegro.

4. Para aqueles beneficiarios que reciban axudas e realicen previamente ou simultaneamente actividades non incluídas no paraugas do Regulamento (UE) 1407/2014, da Comisión, do 18 de febreiro de 2013 (actividades de carácter agrícola ou de transporte por estrada...), deberá atenderse á necesaria distinción entre as axudas de minimis outorgadas para cada tipo de actividade e os seus correspondentes limiares (15.000 e 100.000 euros respectivamente).

5. O órgano xestor deberá atender á necesaria garantía da distinción das actividades obxecto de financiamento ou separación de sectores de actividade a nivel de custo.

Artigo 4. Beneficiarios

1. Poderán ser beneficiarios:

a) Os titulares ou membros dunha unidade familiar dunha explotación agraria que diversifiquen as súas actividades en ámbitos non agrícolas e que desenvolvan o seu proxecto na propia explotación.

A explotación agraria deberá estar inscrita no Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia (Reaga) e ter a cualificación de explotación agraria prioritaria no momento da solicitude da axuda.

Para estes efectos, considerarase que forman parte da unidade familiar dunha explotación os familiares da persoa titular ata o terceiro grao de consanguinidade ou afinidade que estean empadroados no domicilio familiar vinculado á explotación.

b) As microempresas e pequenas empresas de nova creación ou que inicien unha actividade distinta á que tiña no momento da solicitude da axuda.

Segundo a definición que resulta do anexo I do Regulamento (UE) núm. 651/2014, do 17 de xuño, polo que se declaran determinadas categorías de axudas compatibles co mercado interior, en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea, ten a consideración de pequena empresa aquela que ocupa menos de 50 persoas e cuxo volume de negocios anual ou cuxo balance xeral anual non supera os 10 millóns de euros.

De ser o caso, a cualificación de pequena empresa tomará en consideración os datos das empresas asociadas e vinculadas para o cálculo de efectivos e importes financeiros, nos termos previstos no artigo 3 do citado anexo I do Regulamento (UE) núm. 651/2014.

c) As persoas físicas que residan nunha zona rural e que creen unha nova empresa ou que inicien unha actividade distinta á que tiñan no momento da solicitude da axuda.

Para estes efectos considerarase zona rural o territorio elixible segundo o previsto no artigo 1.1 destas bases reguladoras.

2. Non poderán ser beneficiarias as agrupacións de persoas xurídicas, as comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade que careza de personalidade xurídica propia, así como as persoas xurídicas que non teñan ánimo de lucro, aínda que realicen actividade económica. Para o caso das sociedades civís, poderán ser beneficiarias aquelas que acrediten constitución en escritura pública e inscrición no Rexistro Mercantil.

Non se concederán axudas a empresas en crise, de acordo coa definición e condicións establecidas nas directrices comunitarias sobre as axudas estatais de salvamento e de reestruturación de empresas non financeiras en crise (2014/C 249/01). Para verificar o cumprimento deste requisito, as empresas presentarán coa solicitude da axuda unha declaración de non atoparse en situación de crise conforme a normativa comunitaria.

Tampouco poderán ser beneficiarias das axudas as empresas que estean suxeitas a unha orde de recuperación de axudas como consecuencia dunha decisión previa da Comisión Europea que as declare ilegais e incompatibles co mercado común.

Non poderán ser beneficiarias das axudas previstas nestas bases reguladoras as empresas que operan no sector da pesca e da acuicultura.

Non poderán ter a condición de beneficiarios as sociedades en que concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10.2 e 3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (DOG núm. 121, do 25 de xuño) ou incumpran as obrigas do artigo 11 da citada lei de subvencións.

Non poderán ser beneficiarias as persoas físicas non empadroadas no medio rural, condición que se verificará no momento da solicitude e que debe cumprirse ata o fin do prazo de execución do proxecto fixado na resolución de concesión.

Artigo 5. Condicións de admisibilidade

1. Segundo o establecido no PDR de Galicia 2014-2020 a axuda terá carácter de pagamento a tanto global e concederase pola execución dun plan empresarial ou plan de negocio que terá unha duración de 18 meses.

2. Os solicitantes deberán de presentar un plan empresarial ou plan de negocio que mostre a viabilidade da iniciativa. O plan poderá comezar a aplicarse desde o día da solicitude de axuda e como máximo dentro dos nove meses seguintes á data en que se adopte a decisión pola que se concede a axuda. Deben ser proxectos viables financeiramente e axustarse á normativa sectorial correspondente (comunitaria, estatal e autonómica) e o promotor non debe estar suxeito a situación ou procedemento xurídico e/ou administrativo que o inhabilite para poder optar á subvención.

3. Dependendo da natureza e da magnitude da actuación proxectada, e con maior extensión e concreción en función destes principios, deberá incluírse un capítulo específico sobre problemas relacionados co cambio climático, centrado nas medidas de mitigación e adaptación que se adoptarán.

4. As operacións non deben estar iniciadas na data de presentación da solicitude e deben desenvolverse no ámbito xeográfico das zonas definidas como rurais de Galicia. Ademais deben ser finalistas e cumprir os obxectivos para os que foron aprobados no momento da certificación final e non se admitirán fases de proxectos.

Artigo 6. Intensidade da axuda e criterios de avaliación e selección de proxectos

1. A axuda consistirá nunha prima cuxa contía básica se establece en 20.000 €, e que poderá incrementarse ata un máximo de 70.000 € nas seguintes situacións:

a) De acordo co seguinte rango de gasto e investimento admisible:

1º. De 20.000 a 30.000 €: incremento sobre a prima básica de 12.500 €.

2º. De 30.001 a 40.000 €: incremento sobre a prima básica de 17.500 €.

3º. De 40.001 a 60.000 €: incremento sobre a prima básica de 25.000 €.

4º. De 60.001 a 80.000 €: incremento sobre a prima básica de 31.500 €.

5º. De 80.001 a 100.000 €: incremento sobre a prima básica de 40.500 €.

6º. Maior de 100.000 €: incremento sobre a prima básica de 45.000 €.

b) Creación de emprego indefinido (mínimo 1 emprego UTA). A creación de emprego debe ser adicional, ademais da man de obra correspondente ao beneficiario da axuda: 20.000 €.

c) Situación nunha zona con limitacións naturais ou outras limitacións específicas establecidas no artigo 32 do Regulamento (UE) 1305/2013 e relacionadas no anexo VII das bases reguladoras: 5.000 €.

2. Para os efectos de cálculo da subvención a fondo perdido serán elixibles os investimentos materiais e inmateriais recollidos no plan de negocio, coas seguintes consideracións respecto das seguintes partidas:

a) Adquisición de terreos. Máximo un 10 % do total de custos elixibles.

b) Adquisición de inmobles, que só poderán ser utilizados en relación cos obxectivos do proxecto. O seu importe non superará o 50 % da base elixible.

c) Obra civil para construción, reforma ou habilitación de instalacións, suxeitos aos módulos máximos que se achegan como anexo V.

d) Bens de equipamento: maquinaria de proceso, equipamentos informáticos, mobiliario, instalacións específicas para a actividade subvencionable, elementos de transporte, e equipos de protección do ambiente.

Os bens e equipamentos de segunda man, sempre que:

1º Estea expresamente recollido no PDR de Galicia 2014-2020.

2º Non fosen obxecto de ningunha subvención nacional ou comunitaria.

3º O prezo non sexa superior ao valor de mercado e sexa inferior ao custo dos bens novos similares, para o cal deberá achegarse certificado de taxador independente debidamente acreditado e inscrito no correspondente rexistro oficial.

e) Activos inmateriais, tales como adquisición de dereitos de patentes, licencias, Know how e coñecementos técnicos non patentados, aplicacións informáticas (excluídas as licenzas en sistemas operativos e aplicacións de ofimática).

No caso dos activos inmateriais, para seren considerados elixibles, deberán cumprir estas condicións: 1) Empregaranse exclusivamente no establecemento beneficiario da axuda; 2) Consideraranse activos amortizables; 3) Adquiriranse en condicións de mercado a terceiros non relacionados co comprador; 4) Deberán incluírse nos activos da empresa beneficiaria e permanecer asociados ao proxecto a que se destina a axuda durante polo menos tres anos.

f) Custos de funcionamento: estes custos deberán atender ao disposto no artigo 61 do Regulamento (UE) 1305/2013, do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013, polo que se terán en consideración as seguintes tipoloxías de custo: custos de explotación, custos de persoal, custos de formación, custos de relacións públicas, custos financeiros, custos de rede.

g) As contribucións en especie, en forma de provisión de obras, bens, servizos, terreos e bens inmobles polos que non se efectuase ningún pagamento en efectivo documentado con facturas ou documentos de valor probatorio equivalente, sempre que:

1º. O valor e a execución da contribución se poidan avaliar e verificar de forma independente.

2º. O valor atribuído ás contribucións en especie non exceda os custos xeralmente aceptados no mercado de referencia.

3º. O apoio público aboado á operación que inclúa contribucións en especie non exceda o gasto subvencionable total, excluídas as contribucións en especie, ao final da operación.

4º. No caso de que se acheguen terreos ou bens inmobles, poida efectuarse un pagamento en efectivo para efectos dun contrato de arrendamento cuxo importe nominal anual non exceda unha única unidade da moeda do Estado membro. O valor dos terreos ou bens inmobles deberá estar certificado por un experto independente cualificado ou organismo debidamente autorizado e non exceder o 10 % do gasto total subvencionable da operación de que se trate.

5º. No caso de contribucións en especie en forma de traballo non retribuído, o valor dese traballo se determine tendo en conta o tempo dedicado verificado e o nivel de remuneración por un traballo equivalente.

h) Con respecto aos gastos xerais do proxecto (honorarios de arquitectos, enxeñeiros e asesores, honorarios relativos ao asesoramento, sobre a sustentabilidade económica e ambiental, incluídos os estudos de viabilidade, a que se refire o artigo 45.2.c) do Regulamento (UE) 1305/2013) suporán como máximo un 12 % do total de custos elixibles.

i) Considéranse elixibles os custos notariais derivados da certificación do non inicio da actividade, no caso de proxectos que prevexan investimentos (obra civil).

En todo caso, non se considerarán subvencionables os seguintes gastos:

a) O IVE e impostos indirectos que sexan susceptibles de recuperación ou compensación, nin os impostos persoais sobre a renda.

b) Os xuros de débeda, excepto no caso de subvencións concedidas en forma de bonificacións de xuros ou subvencións de comisións de garantía, así como o disposto anteriormente para os gastos de funcionamento.

c) Os xuros de demora, recargas, multas coercitivas e sancións administrativas e penais.

d) Os gastos de procedementos xudiciais.

e) Nos casos de alugamento con opción a compra, non serán gastos subvencionables os demais custos relacionados cos contratos, tales como a marxe do arrendador, os custos de refinanciamento dos xuros, gastos xerais, gastos de seguro, etc.

f) No caso de investimentos agrícolas, os gastos de adquisición de dereitos de produción agrícola, de dereitos de axuda, animais, plantas anuais e a súa plantación. Non obstante, a compra de animais poderá ser subvencionable cando teña por obxecto a reconstitución do potencial produtivo afectado por desastres naturais e catástrofes.

g) Os investimentos que se limiten a reparar ou substituír un edificio ou maquinaria existente, sen ampliar a capacidade de produción en mais dun 25 por cento ou sen introducir cambios fundamentais na natureza da produción ou a tecnoloxía correspondente.

Non terá a consideración anterior a substitución total dun edificio agrario de 30 anos ou máis por outro moderno, nin a renovación xeral dun edificio cando o seu custo supoña como mínimo o 50 por cento do valor do edificio novo.

No caso de adquisición de maquinaria, as bases reguladoras deberán prever a subvencionabilidade do incremento de potencia, prestacións ou capacidade de produción.

h) Os efectuados mediante a contratación polo beneficiario das actividades subvencionadas con:

– Persoas ou entidades incursas nalgunha das prohibicións recollidas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

– Persoas ou entidades que percibisen outras subvencións para a realización da actividade obxecto da contratación.

– Intermediarios ou asesores naqueles casos en que os pagamentos se definan como unha porcentaxe de custo total da operación, salvo que o dito pagamento estea xustificado con referencia ao valor de mercado.

– Persoas ou entidades vinculadas co beneficiario, salvo que a contratación se realice de acordo coas condicións normais de mercado e conte coa autorización previa da unidade xestora nos termos que fixen as bases reguladoras. Considerarase que existe vinculación con aquelas persoas, físicas ou xurídicas, ou agrupacións sen personalidade, nas cales concorra algunha das circunstancias recollidas no artigo 43.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

i) Os gastos relativos á subcontratación dos beneficiarios que aumenten o custo de execución da operación sen achegar valor engadido.

j) Na adquisición de bens e servizos mediante contratos públicos:

– Os pagamentos efectuados polo contratista á Administración en concepto de taxa de dirección de obra ou control de calidade.

– Calquera outro concepto que supoña ingresos ou descontos que deriven da execución do contrato.

– Os pagamentos efectuados polo beneficiario que deriven de modificacións de contratos públicos mentres que non se admita a súa subvencionabilidade pola autoridade de xestión.

3. Poderán ser beneficiarios da axuda os proxectos que acaden un mínimo de 30 puntos de acordo co seguinte baremo xeral (puntuación máxima 100 puntos):

a) O sector de actividade a que se dirixe o proxecto (máx. 20 puntos). Aos proxectos dos sectores relacionados no anexo III destas bases asignaránselles 20 puntos; resto de actividades 0.

b) O valor engadido medio xerado pola actividade económica en que se vai encadrar o proxecto (en función da ratio asignable a cada sector de actividade a 2 díxitos), segundo as táboas indicadas no anexo IV destas bases (máx. 20 puntos).

A puntuación vén dada por aplicación da seguinte fórmula: (valor engadido medio do sector x 20)/98,34 %, sendo 98,34 o valor máis alto do valor engadido bruto medio por sectores de actividade.

c) Compromiso de creación de emprego (máx. 25 puntos). Outorgaranse 5 puntos pola creación de cada novo emprego –en termos UTA– por conta propia ou indefinido por conta allea.

d) Achega económica prevista por parte dos promotores ao proxecto en relación coas necesidades financeiras globais (máx. 25 puntos).

A puntuación será a resultante de aplicar a seguinte fórmula:

Puntos= X/70 * 25 puntos, onde «X» é a porcentaxe de fondos propios en relación ao custo total do proxecto.

e) Potenciación da exportación que poida supor a actividade (máx. 10 puntos). Os proxectos que recollan no plan de negocio inicio de exportación de produtos/servizos ou incrementos dos mesmos obterán 10 puntos.

Artigo 7. Solicitude e documentación complementaria necesaria para a tramitación

1. Forma e lugar de presentación das solicitudes:

Dentro do prazo establecido na convocatoria para presentar a solicitude de axuda, os interesados deberán cubrir previamente un formulario descritivo das circunstancias do solicitante e do proxecto para o cal solicita a subvención a través da aplicación establecida no enderezo da internet http://www.tramita.igape.es.

Deberán cubrirse necesariamente todos os campos do formulario establecidos como obrigatorios, tras o cal a aplicación emitirá un identificador de documento electrónico (IDE) que identificará univocamente a solicitude de axuda. O IDE estará composto de 40 caracteres alfanuméricos e obterase mediante o algoritmo estándar de extractado SHA-1 160 bits a partir do documento electrónico xerado pola aplicación informática citada anteriormente.

O plan de negocio estará integrado no formulario electrónico de solicitude de axuda.

A solicitude presentarase mediante o formulario normalizado que se obterá de xeito obrigatorio na citada aplicación informática e que se xunta como anexo I a estas bases a título informativo. No formulario será obrigatorio a inclusión dos 40 caracteres alfanuméricos do IDE obtido no paso anterior. As solicitudes que carezan do IDE ou nas que este sexa erróneo (sexa porque ten un formato erróneo ou porque non foi xerado pola aplicación informática) non serán tramitadas e aos solicitantes concederáselles un prazo de 10 días hábiles para a súa emenda, transcorrido o cal se lles terá por desistidos da súa petición, previa resolución de arquivamento.

Unha vez xerada a solicitude deberá presentarse obrigatoriamente por vía electrónica, a través do formulario de solicitude normalizado co IDE (anexo I), accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal, de acordo co establecido no artigo 14.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. Queda acreditado que todos os solicitantes, sexan persoas físicas ou xurídicas, dispoñen dos medios electrónicos e dos coñecementos para proceder á tramitación electrónica, polo feito de que todos os solicitantes exerzan ou prevexan exercer unha actividade económica e que deben achegar coa solicitude declaración sobre a súa capacidade administrativa, financeira e operativa para cumprir os obxectivos do proxecto.

No caso de presentación da solicitude de xeito presencial, o Igape requirirá o solicitante para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.

Os solicitantes por esta vía electrónica deberá reunir os seguintes requisitos:

a) Será necesario que o asinante da solicitude teña a representación da empresa ou entidade solicitante. Esta representación deberá ser individual ou solidaria, de xeito que coa súa sinatura abonde para acreditar a vontade do solicitante.

b) O asinante deberá posuír un certificado dixital en vigor baixo a norma X.509 V3 válido tal e como especifica a Orde do 25 de novembro de 2004, da Consellería de Economía e Facenda, pola que se establecen as normas específicas sobre o uso da sinatura electrónica nas relacións por medios electrónicos, informáticos e telemáticos coa Consellería de Facenda e os seus organismos e entidades adscritas (DOG núm. 239, do 10 de decembro). Os certificados de clase 2 CA emitidos pola Fábrica Nacional de Moeda e Timbre-Real Casa da Moeda serán válidos para efectos de presentación de solicitudes. Se o certificado corresponde a unha persoa física, a súa representación acreditarase documentalmente ao longo da tramitación do expediente.

A presentación ante o Rexistro Electrónico da Xunta de Galicia admite a sinatura da solicitude por parte dun único solicitante. No caso de que deba ser asinada por máis dun solicitante (por exemplo solicitudes con dous asinantes, representación mancomunada, etc.), deberá necesariamente anexar un documento en que se deixe constancia de que todos os asinantes autorizan un deles para presentar a solicitude. Este documento realizarase en papel con sinaturas manuscritas e deberá ser escaneado a formato PDF para ser anexado.

Unha vez asinado o formulario de solicitude co IDE, mediante certificación dixital do presentador, e transferidos estes ao Igape, procederase á anotación dunha entrada no Rexistro Electrónico da Xunta de Galicia.

No momento da presentación o rexistro expedirá, empregando as características da aplicación telemática, un recibo en que quedará constancia do feito da presentación.

Os solicitantes poderán obter en todo momento un xustificante da recepción por parte do Igape dos termos da súa solicitude contidos no formulario. Deberano solicitar no enderezo de correo electrónico informa@igape.es, indicando os 40 caracteres do IDE e o enderezo de correo electrónico no que desexan recibir o xustificante.

2. As persoas interesadas deberán achegar xunto coa solicitude a seguinte documentación:

a) Para todas as solicitudes:

1º Certificado de vida laboral na data de solicitude de axuda dos promotores (persoas físicas) e no caso de sociedades de todos os socios.

2º Declaración responsable do representante legal da empresa de ter a capacidade administrativa, financeira e operativa para cumprir os obxectivos do proxecto para o cal se solicita a axuda, que se deberá cubrir no formulario de solicitude.

3º No caso de proxecto que prevexa investimentos en obra civil, deberá achegarse:

i) Acta notarial de presenza ou control sobre o terreo ou certificado do técnico responsable da dirección de obra, que acredite que na data de solicitude da axuda non se iniciaran os investimentos.

ii) Proxecto técnico visado elaborado para a obtención da correspondente licenza urbanística no caso de que sexa preceptiva a dita licenza (construción ou reforma de nave, oficinas, locais comerciais, etc.).

iii) Documentación técnica (proxecto técnico, memoria, …) referida ao acondicionamento do local precisa para realizar a comunicación previa de actividade, ou acreditación do concello de conforme non se require documentación algunha para a posta en marcha da iniciativa, no caso de proxectos de execución de obras ou instalacións menores.

iv) No caso de proxecto que prevexa investimentos en obra civil en local arrendado, contrato ou precontrato de alugamento a nome do titular do expediente, no cal se faga constar que o local se destinará ao fin concreto para o cal se solicitou a subvención. A duración do contrato debe ser dun mínimo de 5 anos desde a data de finalización do proxecto.

4º Para poder atender a axuda Feader, as operacións de investimento irán precedidas dunha avaliación do impacto ambiental previsto, de conformidade coa normativa específica aplicable a este tipo de investimentos, cando poida ter efectos nocivos para o ambiente.

b) Para sociedades xa constituídas:

1º. Escritura de constitución e dos estatutos debidamente inscritos no rexistro competente, e modificacións posteriores, de ser o caso.

2º. Poder do representante que presenta a solicitude, inscrito, se é o caso, no rexistro competente.

3º. Informe do cadro de persoal medio de traballadores en situación de alta na empresa, correspondente aos doce meses anteriores á data de presentación da solicitude da axuda, expedido pola Tesouraría Xeral da Seguridade Social.

4º. Últimas contas depositadas no rexistro correspondente, relativas ao exercicio 2017 ou, de ser o caso, ao exercicio 2016, e última memoria anual de actividades aprobada pola entidade, en que figure o número de empregados do último exercicio pechado, o volume de negocio e o balance xeral.

c) Para sociedades en constitución:

1º. Certificado do Rexistro Xeral de Sociedades Mercantís da Dirección Xeral dos Rexistros e do Notariado do Ministerio de Xustiza, ou do rexistro competente, de non figurar inscrita a futura denominación social da entidade que se vai constituír.

2º. Proxecto de estatutos da sociedade, o cal se debe xuntar como documento ao formulario de solicitude.

Nestes casos deberá acreditarse a válida constitución da sociedade no prazo máximo dun mes desde a presentación da instancia de solicitude no Igape. Para tal fin, a documentación establecida no artigo 7.2.b) anterior terá que ser presentada no Igape dentro do dito prazo. De non ser presentada ou se a documentación presentada fose incorrecta, e logo de requirimento para a súa emenda no prazo de dez días, o Igape arquivará o expediente.

d) Para membros de unidades familiares dunha explotación agrícola:

1º. Acreditación da inscrición da explotación no Rexistro de Explotacións Agraria de Galicia.

2º. Acreditación da cualificación de explotación agraria prioritaria.

3º. Acreditación do grao de parentesco co titular da explotación.

e) Para sociedades civís: escritura de constitución e a súa inscrición no Rexistro Mercantil.

De acordo co disposto no artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e o artigo 20.3 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia, non será necesario presentar a documentación que xa estea en poder do Igape, sempre que se manteña vixente e se identifique no formulario de solicitude o procedemento administrativo para o cal foi presentada. No suposto de imposibilidade material de obter a documentación ou no caso de que se constate a non validez desta, o órgano competente poderá requirirlle ao solicitante a súa presentación ou, na súa falta, a acreditación por outros medios dos requisitos a que se refire o documento.

De conformidade co artigo 28 da citada Lei 39/2015, deberán achegar coa solicitude as copias dixitalizadas dos documentos relacionados no artigo 7.2. O solicitante responsabilizarase da veracidade dos documentos que presente. A achega de tales copias implica a autorización para que a Administración acceda e trate a información persoal contida en tales documentos.

Excepcionalmente, cando existan dúbidas derivadas da calidade da copia, o Igape poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas polo interesado, para o cal poderá requirirse a exhibición do documento orixinal.

Para achegar xunto co formulario de solicitude os documentos en formato electrónico, o solicitante deberá previamente dixitalizar os documentos orixinais e obter arquivos en formato PDF. A aplicación informática permitirá anexar estes arquivos en formato PDF sempre que cada arquivo individual non supere os 4 MB. No caso de que un documento PDF ocupe máis do dito tamaño, deberá xerarse con menor tamaño. Calquera outro formato de arquivo distinto do PDF non será aceptado pola aplicación informática nin será considerado como documentación presentada.

3. Trámites administrativos posteriores á presentación da solicitude.

Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar durante a tramitación deste procedemento deberán ser realizados electronicamente accedendo ao enderezo da internet http://www.tramita.igape.es.

Artigo 8. Comprobación de datos

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:

a) Para todas as solicitudes:

1º. DNI da persoa representante.

2º. Certificado de estar ao día nas obrigas tributarias coa AEAT.

3º. Certificado de estar ao día no pagamento coa Seguridade Social.

4º. Certificado de estar ao día no pagamento coa Consellería de Facenda.

b) Para sociedades xa constituídas:

1º. NIF da entidade solicitante.

2º. Certificado da AEAT de alta no imposto de actividades económicas (IAE) da entidade solicitante. 

c) Para membros de unidades familiares dunha explotación agrícola e para persoas físicas que teñan previsto desenvolver a súa actividade como empresarios individuais: certificado de empadroamento do solicitante.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no cadro correspondente habilitado no formulario de inicio e achegar os documentos.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Artigo 9. Órganos competentes

A Área de Competitividade será o órgano competente para a instrución do procedemento de concesión da subvención, e corresponde, por delegación do Consello de Dirección do Igape, ao titular da Dirección Xeral do Instituto Galego de Promoción Económica ditar a resolución que poña fin ao procedemento administrativo.

Os proxectos serán avaliados por un órgano avaliador, composto por tres membros de entre o persoal técnico da Área de Competitividade: o xerente da oficina competitiva Igape Nova, que actuará como presidente, un secretario/a con voz e voto e un vogal. Axustará o seu funcionamento ás disposicións sobre órganos colexiados contidas na Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

Artigo 10. Instrución dos procedementos

1. A solicitude de axuda será avaliada polo órgano avaliador en función dos datos declarados na solicitude de axuda, no formulario electrónico e na documentación presentada, e elaborará unha relación delas coa puntuación que lle corresponde a cada unha, en aplicación dos criterios de valoración establecidos nestas bases.

2. De conformidade co establecido no artigo 68 da Lei 39/2015, se a solicitude ou o formulario non reúne algún dos requisitos exixidos nestas bases reguladoras, requirirase o interesado para que, nun prazo de dez días hábiles, emende a falta ou achegue os documentos preceptivos. Neste requirimento farase indicación expresa de que, se así non o fixer, se lle terá por desistido da súa petición, logo da correspondente resolución.

Por tratarse dun procedemento de concorrencia competitiva, e de conformidade co establecido artigo 45 da Lei 39/2015, os requirimentos de emenda citados realizaranse preferentemente mediante a publicación no DOG. Esta publicación tamén se realizará na páxina web do Igape no enderezo www.tramita.igape.es, ao cal se remitirá desde o texto publicado no DOG, e poderase indicar que os seguintes actos administrativos deste procedemento serán notificados a través do citado enderezo.

3. No caso de empate nas puntuacións, para desempatar terase en conta a mellor puntuación segundo o ordinal dos criterios establecidos no artigo 6.3.

4. A Área de Competitividade ditará proposta de resolución de acordo con este procedemento e elevaraa ao director xeral do Igape, quen resolverá a concesión das subvencións, por delegación do Consello de Dirección do Igape. Na resolución farase constar o importe do concepto elixible que hai que xustificar, a contía da axuda concedida, o prazo máximo para executar o proxecto e o prazo máximo para presentar a xustificación ao Igape. Na resolución denegatoria de axuda farase constar o motivo da denegación.

5. A resolución será obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia e na páxina web do Igape no enderezo www.tramita.igape.es, ao cal se remitirá desde o texto publicado no DOG, de acordo co artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. Os interesados poderán descargar a súa resolución individual introducindo o seu NIF e o código IDE no enderezo www.tramita.igape.es (epígrafe «Consulta de resolucións definitivas» http://www.igape.es/gl/oficina-virtual/resolucions-definitivas). En todo caso, na dita resolución individual de concesión, deberán establecerse as condicións da axuda, na cal deben figurar como mínimo os seguintes aspectos:

a) Que a axuda está cofinanciada con Fondos Feader de Desenvolvemento Rural no marco do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020 (PDR), o cal exixe o cumprimento da normativa aplicable a este fondo, do Regulamento de execución (UE) 808/2014 da Comisión, do 17 de xullo, así como a súa normativa comunitaria, estatal e autonómica de desenvolvemento. En particular, indicarase que se encadra no PDR segundo segue:

Prioridade 6.A: facilitar a diversificación, a creación e o desenvolvemento de pequenas empresas e a creación de emprego.

Medida 06: desenvolvemento de explotacións agrícolas e empresariais.

Submedida 6.2.: axudas destinadas á creación de empresas para actividades non agrícolas en zonas rurais.

b) Os requisitos específicos relativos aos produtos ou servizos que deban obterse coa axuda.

c) O plan financeiro e o calendario de execución.

d) Indicación do método que debe aplicarse para determinar os custos da operación e as condicións para o pagamento da axuda.

e) Que a aceptación da axuda implica a aceptación da inclusión dos beneficiarios na lista de operacións que se publicará co contido previsto no anexo XII do Regulamento (UE) núm. 1303/2013.

f) Indicación das obrigas de información e publicidade que deberá cumprir nos termos previstos na Estratexia de información e publicidade PDR 2014-2020 de Galicia.

g) Obriga de manter un sistema separado de contabilidade ou un código de contabilidade suficiente para todas as transaccións relacionadas coa operación

h) Obriga de conservar a documentación xustificativa dos gastos e/ou investimentos durante un prazo de tres anos a partir do 31 de decembro seguinte á presentación das contas en que estean incluídos os gastos e/ou investimentos definitivos da operación concluída. Informarase o beneficiario da data de comezo dese prazo.

i) Establecer as condicións detalladas para o intercambio electrónico de datos, de ser o caso.

As notificacións das resolucións e actos administrativos do procedemento que non sexan obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia realizaranse só por medios electrónicos, nos termos previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común. Os solicitantes deberán acceder á páxina web do Igape no enlace «tramitación electrónica» para recibir as notificacións. O sistema solicitará do interesado o seu certificado dixital en vigor, e a sinatura electrónica dun xustificante de recepción das notificacións (xustificante de recepción telemático).

6. O prazo máximo para resolver e notificar a resolución será o establecido na resolución de convocatoria, transcorrido o cal poderase entender desestimada por silencio administrativo a solicitude de concesión de axuda.

Artigo 11. Réxime de recursos

As resolucións ditadas ao abeiro destas bases porán fin á vía administrativa e contra elas poderán interporse os seguintes recursos, sen prexuízo de que os interesados poidan exercer calquera outro que consideren procedente:

a) Recurso contencioso-administrativo, ante os xulgados do contencioso-administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da publicación da resolución, ou no prazo de seis meses contados a partir do día seguinte a aquel en que se produza o acto presunto.

b) Potestativamente, recurso previo de reposición ante a persoa titular da Dirección Xeral do Igape, por delegación do Consello de Dirección do Igape, no prazo dun mes desde o día seguinte ao da publicación da resolución, ou en calquera momento a partir do día seguinte a aquel en que de acordo co establecido nestas bases reguladoras se produza o acto presunto.

Artigo 12. Modificación da resolución

1. Unha vez recaída a resolución de concesión aplicarase o establecido no artigo 35 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o regulamento da Lei de subvencións e admitiranse, dentro dos límites xerais establecidos nestas bases, modificacións relativas á localización, compromiso de creación de emprego e variacións entre partidas de gasto e/ou investimento.

2. A solicitude de modificación deberá presentarse con anterioridade mínima de tres meses ao vencemento do prazo de execución do proxecto establecido na resolución de concesión; será denegada calquera solicitude presentada fóra deste prazo.

3. O beneficiario deberá solicitar a modificación tramitando o formulario sinalado no artigo 7. O acto polo que se acorde ou se denegue a modificación da resolución será ditado, por delegación do Consello de Dirección do Igape, pola persoa titular da Dirección Xeral do Igape, logo da instrución do correspondente expediente.

4. Nos casos en que o beneficiario non execute na súa totalidade o plan de negocio para o cal ten concedida a axuda ou se produzan desviacións substanciais entre o gasto e/ou o investimento realizado e aprobado, deberá indicar na solicitude de pagamento o gasto e/ou investimento polos cales a solicita, recalculándose a axuda segundo corresponda.

Artigo 13. Obrigas dos beneficiarios

Son obrigas dos beneficiarios:

a) Xustificar ante o Igape o cumprimento dos requisitos e condicións da subvención, así como a realización da actividade e o cumprimento do establecido no plan de negocio.

b) Someterse ás actuacións de comprobación que efectúe o Igape, así como calquera outra actuación, sexa de comprobación ou control financeiro, que poida realizar a autoridade de xestión, os avaliadores designados ou outros organismos en que a dita autoridade delegase a realización deste tipo de tarefas, facilitando toda a información necesaria para poder realizar o seguimento e avaliación do programa, en particular en relación co cumprimento de determinados obxectivos e prioridades, segundo o previsto no artigo 71 do Regulamento (UE) 1305/2013 do Parlamento Europeo e do Consello e o previsto no Regulamento (UE) 809/2014 da Comisión, do 17 de xullo de 2014, polo que se establecen disposicións de aplicación do Regulamento (UE) 1306/2013 do Parlamento Europeo e do Consello no que se refire ao Sistema integrado de xestión e control, as medidas de desenvolvemento rural e a condicionalidade e a modificación realizada a este, polo Regulamento de execución (UE) 2017/1242 da Comisión, do 10 de xullo de 2017. Para tal fin, deberá dispoñer dos libros contables, rexistros dilixenciados e demais documentos debidamente auditados nos termos exixidos pola lexislación mercantil e sectorial aplicable ao beneficiario en cada caso, así como a documentación xustificativa da realización e aboamento dos gastos e investimentos elixibles, coa finalidade de garantir o adecuado exercicio das facultades de comprobación e control, durante polo menos un período de cinco anos a partir do 31 de decembro seguinte á presentación das contas en que estean incluídos os gastos e/ou investimentos da operación. O Igape informará desta data de inicio a que se refire esta obriga.

c) Comunicar ao Igape a solicitude e/ou obtención doutras subvencións, axudas, ingresos ou recursos que financien as actividades subvencionadas, así como a modificación das circunstancias que fundamentasen a concesión da subvención. Esta comunicación deberá efectuarse no momento en que se coñeza e, en todo caso, con anterioridade á xustificación da aplicación dada aos fondos percibidos. En ningún caso o importe da subvención poderá ser de tal contía que, illadamente ou en concorrencia con outras subvencións ou axudas doutras administracións públicas, supere as contías establecidas no artigo 6.1 destas bases respecto do custo elixible do proxecto que vai desenvolver o beneficiario.

d) Manter un sistema de contabilidade separado ou un código contable adecuado en relación con todas as transaccións relacionadas cos gastos e investimentos subvencionados, sen prexuízo das normas xerais da contabilidade, que permita seguir unha pista de auditoría sobre os gastos e investimentos financiados con fondos Feader, de acordo co artigo 66 do Regulamento (UE) núm. 1305/2013.

e) Cumprir os requisitos de comunicación do financiamento público do proxecto polo Igape, a Xunta de Galicia e o Feader segundo o establecido no anexo VI a estas bases.

f) Subministrar toda a información necesaria para que o Igape poida dar cumprimento ás obrigas previstas no título I da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno. As consecuencias do incumprimento desta obriga serán as establecidas no artigo 4.4 da devandita lei. Proceder ao reintegro dos fondos percibidos, total ou parcialmente, no suposto de incumprimento das condicións establecidas para a súa concesión ou nos supostos previstos no título II da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

g) No caso de non ser quen de realizar o proxecto para o cal se concedeu a axuda, comunicar a renuncia ao expediente solicitado no momento en que se produza a certeza da non execución.

h) Todo isto sen prexuízo das demais obrigas que resulten do artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

i) Debe establecerse de forma expresa o limiar de axudas concedidas con cargo a este réxime de minimis, que será un total de 200.000 euros en tres anos.

Debe atenderse a regras de cómputo deste limiar previstas no propio Regulamento (UE) 1407/2013 e establecer de forma expresa que os tres anos se computarán e avaliarán de forma permanente de tal modo que, para cada nova concesión dunha axuda de minimis, deba tomarse en consideración o importe total das axudas de minimis concedidas no exercicio fiscal en cuestión e durante os dous exercicios fiscais anteriores.

j) Executar o proxecto que fundamenta a concesión da subvención no prazo establecido na resolución de concesión e manter os investimentos durante polo menos tres anos. No caso de investimento en bens inmobles a obriga de mantemento será de cinco anos desde a data de finalización do proxecto. No caso de reforma en inmobles arrendados, deberá manterse o arrendamento ata transcorrido o período de cinco anos desde a data de finalización do proxecto.

k) Crear o emprego comprometido na solicitude de axuda e mantelo durante, polo menos, tres anos desde a finalización do prazo de execución do proxecto.

Artigo 14. Xustificación da subvención

1. O prazo para presentar a solicitude de cobramento será o establecido na resolución de convocatoria.

Para presentar a solicitude de cobramento, o beneficiario deberá cubrir previamente o formulario electrónico de liquidación a través da aplicación establecida no enderezo da internet http://tramita.igape.es.

Deberán cubrirse necesariamente todos os campos do formulario establecidos como obrigatorios, tras o cal a aplicación emitirá un identificador de documento electrónico de liquidación (IDEL) que identificará univocamente a solicitude de cobramento. Este IDEL estará composto de 40 caracteres alfanuméricos e obterase mediante o algoritmo estándar de extractado SHA-1 160 bits a partir do documento electrónico xerado pola aplicación citada anteriormente. O dito formulario conterá os requisitos establecidos no artigo 48 do Decreto 11/2009 para a presentación da conta xustificativa.

2. A solicitude de cobramento presentarase mediante o formulario normalizado que a título informativo figura como anexo II a estas bases, na cal será obrigatorio a inclusión dos 40 caracteres alfanuméricos do IDEL obtido no paso anterior. As solicitudes de cobramento que carezan do IDEL ou nas que este sexa erróneo (sexa porque teñen un formato erróneo ou porque non foi xerado pola aplicación informática) poderán dar lugar ao inicio do expediente de incumprimento no caso de non seren corrixidas, logo de requirimento formulado para tal fin.

3. Unha vez xerada a solicitude de cobramento, deberá presentarse obrigatoriamente por vía electrónica a través do formulario de solicitude de cobramento normalizado co IDEL (anexo II), accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal, de acordo co establecido no artigo 14 da Lei 39/2015, e sempre que o solicitante cumpra os requisitos previstos no anterior artigo 7.1 das bases reguladoras.

4. Na presentación por vía electrónica, de conformidade co artigo 28 da citada Lei 39/2015, o beneficiario deberá achegar coa solicitude as copias dixitalizadas dos documentos relacionados no artigo 14.6. O beneficiario responsabilizarase da veracidade dos documentos que presente. A achega de tales copias implica a autorización para que a Administración acceda e trate a información persoal contida en tales documentos. Excepcionalmente, cando existan dúbidas derivadas da calidade da copia, o Igape poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas polo beneficiario, para o cal poderá requirirse a exhibición do documento orixinal.

Exceptúase do anterior, os documentos que, de conformidade co artigo 14.6, deban ser orixinais (orixinal en formato electrónico ou copia auténtica). No caso de que o documento orixinal estea en formato papel, o beneficiario deberá obter unha copia auténtica, segundo os requisitos establecidos no artigo 27 da Lei 39/2015, con carácter previo á súa presentación electrónica.

5. No caso de que a solicitude de cobramento non se presente en prazo ou a xustificación sexa incorrecta, requirirase o beneficiario para que corrixa os erros ou defectos observados no prazo de 10 días hábiles. A falta de presentación da xustificación no prazo improrrogable establecido comportará a perda do dereito ao cobramento total ou parcial da subvención, a exixencia do reintegro e demais responsabilidades establecidas na Lei de subvencións de Galicia, segundo o disposto no artigo 45.2 do seu regulamento. A presentación da xustificación neste prazo adicional non eximirá o beneficiario das sancións que, conforme a lei, correspondan. A xustificación cumprirá, en todo caso, os requisitos establecidos nos artigos 28 e 30 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

6. Xunto coa solicitude de cobramento correspondente ao pagamento final, o beneficiario da axuda presentará:

a) Orixinal das facturas ou documentos de valor probatorio equivalente, xustificativos do gasto e investimento elixible. No caso de construción, mellora ou rehabilitación de bens inmobles en propiedade requirirase escritura pública que terá que facer constancia de que o ben se destinará ao fin concreto para o cal se concedeu a subvención e o importe da subvención concedida; estes aspectos deberán ser obxecto de inscrición no rexistro público correspondente, de acordo co establecido no artigo 29.4 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia.

b) Copia da documentación acreditativa do pagamento, por algún dos seguintes medios:

1º. Xustificante de transferencia bancaria ou documentos mercantís utilizados como medios de pagamento emitidos e con vencemento dentro do período de execución do proxecto establecido na resolución de concesión, así como o seu cargo en conta. Nestes documentos deberán quedar claramente identificados o receptor e o emisor do pagamento, e estarán debidamente selados pola entidade financeira, e asinados polo beneficiario. Os extractos bancarios a través da internet deberán ter estampado o selo orixinal da entidade financeira ou dispoñer dun código para a súa verificación por terceiros na sede electrónica da devandita entidade financeira.

2º. Certificación bancaria conforme o pagamento foi realizado efectivamente dentro do prazo de execución do proxecto establecido na resolución de concesión. Nestes documentos deberán quedar claramente identificados o receptor e o emisor do pagamento, así como a data efectiva deste.

3º. Informe de auditor de contas inscrito como exercente no Rexistro Oficial de Auditores de Contas, que deberá manifestarse sobre o período de realización (facturación) e pagamento dos investimentos alegados, así como sobre a existencia ou non de aboamentos ou devolucións posteriores que poidan supoñer unha redución no valor patrimonial dos bens alegados como elixibles no expediente.

No suposto de que o xustificante de pagamento inclúa varias facturas, deberase xuntar unha relación delas, asinada polo representante legal.

No suposto de facturas pagadas conxuntamente con outras non referidas ao proxecto subvencionado, a xustificación do pagamento débese realizar sempre mediante algún dos medios sinalados nos puntos anteriores para as facturas alegadas no proxecto e, ademais, algún dos seguintes documentos: relación emitida polo banco dos pagamentos realizados, orde de pagamentos da empresa selada polo banco ou recibo asinado polo provedor, para os efectos de identificar as facturas non referidas ao proxecto.

As facturas en moeda estranxeira deben presentarse con fotocopia dos documentos bancarios de cargo nos cales conste o cambio empregado.

c) No caso de investimentos en activos intanxibles, deberán acreditarse as condicións establecidas no artigo 6.2.e) destas bases, mediante copia do informe de auditor inscrito como exercente no Rexistro Oficial de Auditores de Contas, que verifique o cumprimento das condicións 2º, 3º e 4º do citado artigo.

d) No caso de que o proxecto subvencionado inclúa obra civil, deberá constar a copia da licenza municipal que sexa requirida ou, no caso de obras menores, da comunicación previa prevista no artigo 24 da Lei 9/2013, do 19 de decembro, do emprendemento e da competitividade económica de Galicia.

e) Copia da comunicación previa do inicio da actividade ou da apertura do establecemento prevista no artigo 24 da Lei 9/2013, do 19 de decembro, do emprendemento e da competitividade económica de Galicia.

f) A copia –que permita a súa lectura– de material onde se aprecie que se cumpriu a obrigatoriedade de publicidade do financiamento público citada no artigo 13.e) destas bases, conforme o seu anexo VI.

g) No caso de creación de emprego por conta propia, acreditación de alta no RETA do empresario individual e dos socios traballadores de sociedades mercantís aos cales corresponda alta no referido réxime.

h) No caso de creación de emprego indefinido por conta allea copia dos contratos de traballo formalizados e rexistrados no SEPE e certificados de vida laboral da empresa ao día de solicitude de axuda e á data límite de execución do proxecto aprobado.

i) As tres ofertas de diferentes provedores para todos os elementos incluídos na base elixible, coas excepcións recollidas no anexo IX. Para dar cumprimento ao requisito de moderación de custos, que se establece no artigo 48.2.e) do Regulamento (UE) núm. 809/2014 da Comisión, no anexo IX fíxanse medidas de moderación de custos para determinados conceptos.

O beneficiario deberá solicitar, como mínimo, tres ofertas de diferentes provedores, con carácter previo á contratación do compromiso para a obra, a prestación do servizo ou a entrega do ben.

O Igape poderá solicitar as aclaracións pertinentes á documentación achegada.

7. O beneficiario deberá cubrir na ficha resumo de facturas do formulario electrónico de liquidación os seguintes datos relativos á contabilidade nos cales se reflictan os custos subvencionados para acreditar a obriga establecida no artigo 13.d): número de asento, data do asento e número de conta contable, xunto cunha declaración responsable do beneficiario de que estes datos reflicten a realidade contable da operación subvencionada.

8. En todos os casos, os beneficiarios deberán estar ao día das súas obrigas coa Facenda Pública, coa Comunidade Autónoma de Galicia e coa Seguridade Social. No caso de que o beneficiario denegue expresamente o consentimento ao Igape para solicitar as certificacións, deberán achegarse xunto co resto da documentación xustificativa.

9. Advírtese que calquera discrepancia entre a documentación xustificativa e as declaracións da solicitude de axuda poderá ser motivo de inicio de expediente de incumprimento que, se é o caso, poderá supor a modificación ou revogación da concesión e o reintegro, de ser o caso, das cantidades previamente aboadas.

10. O Igape poderá aceptar variacións nos diversos conceptos de gasto ou investimento aprobados, coa dobre condición de que a oscilación, en máis ou menos, non supere o 20% de cada concepto e que, no seu conxunto, non varíe o importe total aprobado nin da axuda concedida, nin desvirtúe as características do proxecto e condicións que fosen tidas en conta para resolver a concesión.

11. Cando o beneficiario da subvención poña de manifesto na xustificación que se produciron alteracións das condicións tidas en conta para a concesión desta que non alteren esencialmente a natureza ou os obxectivos da subvención, e que puidesen dar lugar á modificación da resolución conforme o artigo 12 destas bases, despois de omitirse o trámite de autorización administrativa previa para a súa aprobación, o órgano concedente da subvención poderá aceptar a xustificación presentada, sempre e cando tal aceptación non supoña danar dereitos de terceiros. A aceptación das alteracións por parte do Igape no acto de comprobación non exime o beneficiario das sancións que poidan corresponderlle conforme a Lei de subvencións de Galicia.

Artigo 15. Aboamento das axudas

1. A axuda aboarase en dúas cotas: unha primeira, correspondente a un 60 % do importe da axuda, cando se acredite o inicio das actuacións incluídas no plan empresarial no prazo máximo de nove meses contados desde a data en que se adopte a decisión pola que se concede a axuda. Xunto coa solicitude de pagamento, presentarase a correspondente acreditación do inicio de actividades. O importe restante, aboarase cando se comprobe a correcta execución do plan de negocio, logo de solicitude dentro do prazo límite establecido na resolución de concesión.

O plan poderá comezar a aplicarse desde o día da solicitude de axuda e como máximo dentro dos nove meses seguintes á data en que se adopte a decisión pola que se concede a axuda.

2. O inicio das actuacións acreditarase mediante declaración responsable do representante legal sobre o dito feito, acompañado segundo proceda de:

a) Documento acreditativo de alta no réxime de Seguridade Social que corresponda, só no caso de denegar expresamente a súa consulta.

b) Documento acreditativo de alta no epígrafe do imposto sobre actividades económicas que corresponda, só no caso de denegar expresamente a súa consulta.

3. O pagamento da primeira cota será obxecto de resolución motivada polo órgano concedente da subvención.

4. No caso de que non se acredite o inicio de actuacións no prazo establecido no artigo 5.2 ou a acreditación sexa incorrecta, requirirase o beneficiario para que corrixa os erros ou defectos observados no prazo de 10 días. A falta de presentación da acreditación no prazo improrrogable establecido comportará a perda do dereito ao cobramento total.

5. Exímese aos/ás beneficiarios/as da obriga de constituír garantías, previa a súa autorización polo Consello da Xunta de Galicia, segundo o establecido no artigo 67.4 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, que regulamenta a Lei de subvencións de Galicia.

Artigo 16. Perda do dereito á subvención e reintegro das axudas

1. Producirase a perda do dereito ao cobramento total ou parcial da subvención no suposto de falta de xustificación do cumprimento do proxecto, das condicións impostas na resolución de concesión, das obrigas contidas nestas bases reguladoras, das obrigas contidas no artigo 33 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia, ou na demais normativa aplicable, o cal dará lugar á obriga de devolver total ou parcialmente a subvención percibida, así como os xuros de mora correspondentes.

2. O procedemento para declarar a procedencia da perda do dereito de cobramento da subvención e para facer efectiva a devolución a que se refire o punto anterior será o establecido no título II da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

3. Procederá a perda total do dereito ao cobramento da axuda concedida, sen prexuízo da incoación do oportuno expediente sancionador, nos seguintes casos:

a) Non comunicar ao Igape a obtención doutras subvencións e axudas que financien as actividades subvencionadas.

b) Non comunicar ao Igape a modificación das circunstancias que fundamentasen a concesión da subvención, excepto o permitido no artigo 14.11.

c) Non darlle publicidade ao financiamento do proxecto, de acordo co establecido no artigo 13.e) destas bases.

d) Non manter un sistema de contabilidade separado ou un código contable adecuado en relación con todas as transaccións relacionadas cos gastos subvencionables, sen prexuízo das normas xerais da contabilidade, que permita seguir unha pista de auditoría sobre os gastos financiados co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural.

e) Obter a subvención sen reunir as condicións requiridas.

f) Non xustificar ante o Igape o cumprimento dos requisitos e condicións da subvención, así como a realización da actividade e o cumprimento da finalidade que determinen a concesión ou desfrute da subvención.

g) Non permitir someterse ás actuacións de comprobación que efectúe o Igape, así como calquera outra actuación, sexa de comprobación e control financeiro, que poidan realizar os órganos de control competentes, nomeadamente a Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, o Tribunal de Contas, o Consello de Contas, os órganos de control da Comisión Europea, achegando canta información lle sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores e as verificacións do artigo 125 do Regulamento (UE) núm. 1303/2013 do Consello.

h) Non acreditar estar ao día nas obrigas fiscais, coa Seguridade Social e coa Comunidade Autónoma.

4. Incumprimento parcial: sempre que se cumpran os requisitos ou condicións esenciais tomadas en conta na concesión das axudas, o Igape poderá apreciar un incumprimento parcial, e deberá resolver sobre o seu alcance, aplicando a mesma ponderación que tivese a condición incumprida na resolución de concesión e, se é o caso, establecendo a obriga de reintegro cos seguintes criterios:

a) No caso de condicións referentes á contía ou conceptos da base elixible, o alcance do incumprimento determinarase considerando o rango de gasto e investimento establecido no artigo 6.1.a), debendo, se é o caso, reintegrarse as cantidades percibidas indebidamente. Con carácter xeral, se o incumprimento supera o 50 % do rango de gasto e investimento elixible, entenderase que o dito incumprimento é total, e deberán reintegrarse todas as cantidades percibidas e os seus xuros de demora.

b) No caso de condicións referentes ao compromiso de creación de emprego, rebaremarase o proxecto. No caso de que a puntuación final quede por debaixo da nota de corte ou da mínima establecida no artigo 6.3, significará a perda total da subvención concedida. No caso de que o incumprimento afecte a creación de emprego adicional ao correspondente aos socios, de xeito que comporte a perda do dereito a percibir a contía adicional de 20.000 euros establecida no artigo 6.1.b), procederá o reintegro desta contía máis os xuros de mora, sen prexuízo das sancións que poidan corresponder.

5. No período de mantemento dos investimentos e do emprego se procederá á rebaremación e, se é o caso, incoación dun procedemento de reintegro nos supostos e co alcance que se indica a continuación:

a) Non manter a publicidade ao financiamento do proxecto, de acordo co establecido no artigo 13.e) destas bases, suporá o reintegro dun 2 % da subvención concedida.

b) Se o incumprimento atinxe ao mantemento do ben, rebaremarase o proxecto proporcionalmente ao tempo de incumprimento. No caso de que a puntuación final quede por debaixo da nota de corte ou da mínima establecida no artigo 6.3, significará a perda total da subvención concedida. No caso de que o incumprimento afecte a contía adicional establecida no artigo 6.1.a), axustarase ao tramo que corresponda, e procederá o reintegro da contía indebidamente percibida máis os xuros de mora, sen prexuízo das sancións que poidan corresponder.

c) Se o incumprimento atinxe ao mantemento de emprego, rebaremarase o proxecto proporcionalmente ao tempo de incumprimento. No caso de que a puntuación final quede por debaixo da nota de corte ou da mínima establecida no artigo 6.3, significará a perda total da subvención concedida. No caso de que o incumprimento afecte o mantemento de emprego adicional ao correspondente aos socios, de xeito que comporte a perda do dereito a percibir a contía adicional de 20.000 euros establecida no artigo 6.1.b), procederá o reintegro desta contía máis os xuros de mora, sen prexuízo das sancións que poidan corresponder.

Artigo 17. Réxime sancionador

Os beneficiarios das axudas, de ser o caso, estarán suxeitos ao réxime sancionador previsto nos títulos IV da LSG e VI do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Tamén estará suxeitos á normativa comunitaria en materia de sancións: Regulamento (UE) 640/2014 da Comisión, do 11 de marzo de 2014, polo que se completa o Regulamento (UE) 1306/2013 do Parlamento Europeo e do Consello no que respecta ao Sistema integrado de xestión e control e ás condicións sobre a denegación ou retirada dos pagamentos e sobre as sancións administrativas aplicables aos pagamentos directos, á axuda ao desenvolvemento rural e á condicionalidade; Regulamento (UE) 809/2014 da Comisión, do 17 de xullo de 2014, polo que se establecen disposicións de aplicación do Regulamento (UE) 1306/2013 do Parlamento Europeo e do Consello no que se refire ao Sistema integrado de xestión e control, as medidas de desenvolvemento rural e a condicionalidade e a modificación realizada a este polo Regulamento de execución (UE) 2017/1242 da Comisión, do 10 de xullo de 2017.

Artigo 18. Comprobación de subvencións

1. O órgano concedente comprobará a axeitada xustificación da subvención, así como a realización da actividade e o cumprimento da finalidade que determinen a concesión ou o goce da subvención.

2. Nas subvencións de capital superiores a 60.000 euros, no seu cómputo individual, destinadas a investimentos en activos tanxibles, será de aplicación o establecido no artigo 60.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o regulamento da Lei de subvencións de Galicia.

Todas as operacións de investimento incluirán unha visita in situ para comprobar o remate do proxecto obxecto da solicitude de pagamento, en cumprimento do artigo 48 do Regulamento (UE) núm. 809/2014 da Comisión, do 17 de xullo, polo que se establecen as disposicións de aplicación do Regulamento (UE) núm. 1306/2013. Os gastos e investimentos xustificados deben coincidir cos compromisos adquiridos segundo a resolución de concesión da subvención.

3. Para todo o non previsto nos puntos anteriores será aplicable o disposto no artigo 30 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Artigo 19. Publicidade

1. De conformidade co previsto no Decreto 132/2006, do 27 de xullo, polo que se regulan os rexistros públicos creados nos artigos 44 e 45 da Lei 7/2005, do 29 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2006, o Igape e a Consellería de Economía, Emprego e Industria incluirán as axudas concedidas ao abeiro destas bases, e as sancións que como consecuencia delas puidesen impoñer, nos correspondentes rexistros públicos, polo que a presentación da solicitude leva implícita a autorización para o tratamento necesario dos datos persoais dos beneficiarios e a referida publicidade.

2. De acordo co artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno e co artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, o Igape publicará as subvencións concedidas ao abeiro destas bases na páxina web do Igape, www.igape.es e no Diario Oficial de Galicia expresando a norma reguladora, beneficiario, crédito orzamentario, contía e finalidade da subvención, polo que a presentación da solicitude leva implícita a autorización para o tratamento necesario dos datos do beneficiario e da súa publicación nos citados medios.

A publicación no Diario Oficial de Galicia realizarase no prazo máximo de tres meses contados desde a data de resolución das concesións. Non obstante, cando os importes das subvencións concedidas, individualmente consideradas, sexan de contía inferior a 3.000 euros, non será necesaria a publicación no Diario Oficial de Galicia, que será substituída pola publicación das subvencións concedidas na páxina web do Instituto Galego de Promoción Económica.

3. De acordo co establecido no artigo 20.4 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, a cesión de datos de carácter persoal que debe efectuarse á Intervención Xeral da Administración do Estado, para os efectos de publicar as subvencións concedidas na Base de datos nacional de subvencións, non requirirá o consentimento do beneficiario. Neste ámbito non será de aplicación o disposto no número 1 do artigo 21 da Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal.

Artigo 20. Datos de carácter persoal

De conformidade coa Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal, os datos persoais recollidos na tramitación destas bases reguladoras, cuxo tratamento e publicación autorizan as persoas interesadas mediante a presentación das solicitudes, serán incluídos nun ficheiro denominado «Beneficiarios-Terceiros», cuxo obxecto, entre outras finalidades, é xestionar estas bases reguladoras, así como informar as persoas interesadas sobre o seu desenvolvemento. O órgano responsable deste ficheiro é o Igape, quen, no ámbito das súas respectivas competencias, cederá os datos á Consellería de Economía, Emprego e Industria para a resolución do expediente administrativo, así como aos outros órganos especificados nestas mesmas bases reguladoras para a súa tramitación. O solicitante faise responsable da veracidade de todos eles e declara ter o consentimento das terceiras persoas cuxos datos poida ser necesarios acehgar. Os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición poderanse exercer ante o Igape, mediante unha comunicación ao seguinte enderezo: Complexo Administrativo San Lázaro s/n, 15703 de Santiago de Compostela, ou a través dun correo electrónico a lopd@igape.es.

Artigo 21. Remisión normativa

Para todo o non previsto netas bases aplicarase o previsto:

a) Na Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.

b) No Decreto 887/2006, do 21 de xullo, polo que se aproba o seu regulamento.

c) Na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

d) No Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

e) No Regulamento (UE) núm. 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro, polo que se establecen disposicións comúns relativas ao Feder, FSE, ao Fondo de Cohesión, ao Feader e ao Femp, e polo que se establecen disposicións xerais relativas ao Feder, FSE, ao Fondo de Cohesión e ao Femp.

f) No Regulamento (UE) 1305/2013, do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro, de axuda ao desenvolvemento rural a través do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural.

g) No Regulamento (UE) núm. 1306/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro, sobre o financiamento, xestión e seguimento da política agrícola común.

h) No Regulamento de execución (UE) 808/2014 da Comisión, do 17 de xullo de 2014 (DOUE L 227/18, do 31 de xullo de 2014, polo que se establecen disposicións de aplicación do Regulamento (UE) núm. 1305/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, relativo á axuda ao desenvolvemento rural a través do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader).

i) No Regulamento (UE) de execución 809/2014 da Comisión, do 17 de xullo, polo que se establecen as disposicións de aplicación do Regulamento 1306/2013, do Parlamento Europeo e do Consello, no que se refire ao sistema de seguridade e control, ás medidas de desenvolvemento rural e ácondicionalidade.

j) No Regulamento (UE) 1407/2013, da Comisión, do 18 de decembro, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da UE ás axudas de minimis (DOUE L 352, do 24 de decembro de 2013).

k) En canto ao cómputo de prazos, aplicarase o disposto no artigo 30 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administración públicas.

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file

ANEXO III
Sectores prioritarios

Axudas do Igape destinadas á creación de empresas para actividades non agrícolas en zonas rurais, cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola
de Desenvolvemento Rural (Feader), no marco do Programa de
desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020

1. Sector de automoción.

2. Sector téxtil/moda (confección e complementos), agás o que se refira ao sector das fibras sintéticas tal como o define o anexo II1 das Directrices comunitarias sobre axudas de Estado de finalidade rexional para o período 2007-2013 (2006/C 54/08), DOUE do 4.3.2006.

3. Industria aeronáutica/aeroespacial e auxiliar.

4. Sector químico e industria farmacéutica.

5. Fabricación de material sanitario.

6. Biotecnoloxía, biomecánica, novos materiais, ecoindustria

7. Fabricación de equipamentos ambientais.

8. Fabricación de equipamentos e sistemas para instalacións de enerxías renovables.

9. Eliminación, valorización ou reciclaxe de residuos.

10. Servizos e desenvolvemento de software.

11. Sector audiovisual e desenvolvemento de contidos.

12. Industria da pedra natural.

13. Industria da saúde e do benestar.

14. Industrias creativas.

ANEXO IV
Táboa con datos do valor engadido bruto medio por sectores de actividade

Axudas do Igape destinadas á creación de empresas para actividades non agrícolas en zonas rurais, cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola
de Desenvolvemento Rural (Feader), no marco do Programa de
desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020

Co fin de estimular e impulsar a recuperación do tecido empresarial na Comunidade Autónoma e contribuír á xeración de riqueza e permitir o desenvolvemento dunha economía máis equilibrada e competitiva, prímanse as actividades económicas de maior peso na economía rexional da Comunidade Autónoma.

A táboa que segue recolle o valor engadido bruto das actividades económicas segundo os seus CNAE desagregado a nivel de dous díxitos. Aplicarase unicamente para efectos de baremo sobre aquelas actividades que sexan apoiables segundo o definido no artigo 1 destas bases, á marxe de que, pola súa propia definición, se recollen nalgunha epígrafe actividades non elixibles.

Sectores de actividade

VEB

Sectores de actividade

VEB

01.61, 01.62 e 01.63 Servizos relacionados coa agricultura e gandaría

19,49 %

51 Transporte aéreo

38,24 %

02 Silvicultura e explotación forestal

28,88 %

52 Almacenamento e actividades anexas ao transporte

38,43 %

07 Extracción de minerais metálicos

41,91 %

53 Actividades postais e de correos

31,21 %

08 Outras industrias extractivas

44,13 %

55 Servizos de aloxamento

49,58 %

09 Actividades de apoio ás industrias extractivas

86,39 %

56 Servizos de comidas e bebidas

37,46 %

10 Industria da alimentación

12,79 %

58 Edición

43,13 %

11 Fabricación de bebidas

28,59 %

59 Actividades cinematográficas, de vídeo e de programas de televisión, gravación de son e edición musical

63,07 %

13 Industria téxtil

35,66 %

60 Actividades de programación e emisión de radio e televisión

-14,42 %

14 Confección de roupa de vestir

19,38 %

61 Telecomunicacións

52,26 %

15 Industria do coiro e do calzado

35,37 %

62 Programación, consultaría e outras actividades relacionadas coa informática

63,30 %

16 Industria da madeira e da cortiza; excepto mobles; cestería e espartería

25,82 %

63 Servizos de información

56,59 %

17 Industria do papel

19,58 %

64 Servizos financeiros; excepto seguros e fondos de pensións

75,36 %

18 Artes gráficas e reprodución de soportes gravados

38,31 %

65 Seguros; reaseguros e fondos de pensións, salvo Seguridade Social obrigatoria

45,35 %

20 Industria química

17,98 %

66 Actividades auxiliares aos servizos financeiros e aos seguros

76,36 %

21 Fabricación de produtos farmacéuticos

56,43 %

68 Actividades inmobiliarias

58,26 %

22 Fabricación de produtos de caucho e plásticos

26,41 %

69 Actividades xurídicas e de contabilidade

85,19 %

23 Fabricación doutros produtos minerais non metálicos

30,11 %

70 Actividades das sedes centrais; actividades de consultaría de xestión empresarial

85,01 %

24 Metalurxia; fabricación de produtos de ferro; aceiro e ferroaliaxes

13,65 %

71 Servizos técnicos de arquitectura e enxeñaría; ensaios e análises técnicas

57,28 %

25 Fabricación de produtos metálicos, salvo maquinaria e equipamento

33,41 %

72 Investigación e desenvolvemento

69,93 %

26 Fabricación de produtos informáticos; electrónicos e ópticos

36,72 %

73 Publicidade e estudos de mercado

31,25 %

27 Fabricación de material e equipamento eléctrico

23,81 %

74 Outras actividades profesionais; científicas e técnicas

98,34 %

28 Fabricación de maquinaria e equipamento n.c.n.

39,86 %

75 Actividades veterinarias

30,32 %

29 Fabricación de vehículos de motor; remolques e semirremolques

16,90 %

77 Actividades de alugueiro

50,63 %

30 Fabricación doutro material de transporte

31,74 %

78 Actividades relacionadas co emprego

94,87 %

31 Fabricación de mobles

35,80 %

79 Actividades de axencias de viaxes; operadores turísticos; servizos de reservas e actividades relacionadas con estes

15,65 %

32 Outras industrias manufactureiras

33,10 %

80 Actividades de seguridade e investigación

67,85 %

33 Reparación e instalación de maquinaria e equipamento

39,60 %

81 Servizos a edificios e actividades de xardinaría

74,71 %

35 Fornecemento de enerxía eléctrica, gas, vapor e aire acondicionado

54,79 %

82 Actividades administrativas de oficina e outras actividades auxiliares ás empresas

68,75 %

36 Captación; depuración e distribución de auga

52,43 %

85 Educación

54,41 %

37 Recolla e tratamento de augas residuais

44,65 %

86 Actividades sanitarias

73,11 %

38 Recolla; tratamento e eliminación de residuos; valorización

23,07 %

87 Asistencia en establecementos residenciais

51,63 %

39 Actividades de descontaminación e outros servizos de xestión de residuos

39,30 %

88 Actividades de servizos sociais sen aloxamento

71,93 %

41 Construción de edificios

25,84 %

90 Actividades de creación, artísticas e espectáculos

86,74 %

42 Enxeñaría civil

32,59 %

91 Actividades de bibliotecas, arquivos, museos e outras actividades culturais

40,49 %

43 Actividades de construción especializada

38,45 %

92 Actividades de xogos de azar e apostas

81,29 %

45 Venda e reparación de vehículos de motor e motocicletas

17,10 %

93 Actividades deportivas, recreativas e de entretemento

35,57 %

46 Comercio por xunto e intermediarios do comercio, salvo vehículos de motor e motocicletas

17,80 %

94 Actividades asociativas

73,28 %

47 Comercio polo miúdo, salvo vehículos de motor e motocicletas

23,02 %

95 Reparación de ordenadores, efectos persoais e artigos de uso doméstico

61,24 %

49 Transporte terrestre e por tubaxe

36,96 %

96 Outros servizos persoais

44,89 %

50 Transporte marítimo e por vías navegables interiores

36,81 %

99 Actividades de organizacións e organismos extraterritoriais

53,09 %

ANEXO V
Criterios de módulos de custos elixibles máximos

Axudas do Igape destinadas á creación de empresas para actividades non agrícolas en zonas rurais, cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola
de Desenvolvemento Rural (Feader), no marco do Programa de
desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020

Módulos de custo máximo aplicables:

Obra civil (construcións e rehabilitacións).

– Espazos industriais e loxísticos:

1. Naves: 252 €/m2.

2. Oficinas: 303 €/m2.

3. Naves con instalacións frigoríficas: 315 €/m2.

Reforma ou rehabilitación: aplícase o 60 % dos módulos anteriores.

– Sector turismo: modernización, rehabilitación ou reforma.

1. Edificios:

Hoteis de 5 estrelas: 1.003 €/m2.

Hoteis de 4 estrelas: 821 €/m2.

Hoteis 3 estrelas e inferiores e turismo rural: 730 €/m2.

Cámping: 438 €/m2.

2. Aparcadoiros:

Interiores (situados en edificio): aplícase o módulo nave industrial.

Aparcadoiros externos: 36 €/m2.

3. Instalacións especiais (piscinas, spas, canchas deportivas...):

Respectarase o custo proxectado.

– Sectores de restauración, cafetaría, comercio e servizos en xeral:

1. Custos construtivos, reformas ou rehabilitacións : 730 €/m2.

2. Aparcadoiros: se son interiores, situados en edificios, aplícase o módulo de nave industrial, e se son aparcadoiros externos: 36 €/m2.

ANEXO VI
Requisitos de comunicación do financiamento público

Axudas do Igape destinadas á creación de empresas para actividades non agrícolas en zonas rurais, cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola
de Desenvolvemento Rural (Feader), no marco do Programa de
desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020

Obrigas do beneficiario.

En todas as actividades de información, publicidade e comunicación que leve a cabo o beneficiario deberá recoñecer o apoio do Feader á operación financiada mostrando o emblema da Unión e unha referencia á axuda do Feader.

En concreto, os beneficiarios deberán cumprir as seguintes obrigas:

1. Cando o beneficiario dispoña dun sitio web para uso profesional, deberá incluír nun lugar visible del, unha breve descrición da operación cando poida establecerse un vínculo entre o obxecto do sitio web e a axuda prestada á operación, cos seus obxectivos e resultados, e destacando a axuda financeira da Unión.

2. No caso de operacións que reciban unha axuda pública total superior a 50.000 €, deberase colocar polo menos, un Cartel ou unha Placa, con información sobre o proxecto, en que se destacará a axuda financeira da Unión, nun lugar visible e nas condicións e cos requisitos especificados seguidamente:

O emblema da Unión Europea e a denominación do Fondo, conxuntamente co lema, ademais da descrición do proxecto ou operación deberán ocupar como mínimo o 25 % do deseño.

Dimensións

Cartel

Placa

Dimensións mínimas (A)

100 cm

30 cm

Altura mínima chan (h)

130 cm

-

Cores e tipo de letra

Cor branca fondo

Branco

Cor fondo 1

Gris

Cor fondo 2

Cian 100%

Cor fondo 3

Negro

Tipo de letra

Rafale

Tipo de letra Feader e lema

News Gothic

Cor letra 1

Negro

Cor letra 2

Branco

As condicións e características dos logotipos e lema poderán consultarse no anexo I da Estratexia de información e publicidade PDR 2014_2020 de Galicia, dispoñible no enderezo http://www.igape.es/gl/que-e-o-igape/documentacion

Cando o investimento financiado afecte un edificio, maquinaria ou similar, utilizaranse preferentemente placas. Tanto os carteis como as placas serán de material resistente (ríxido ou semirríxido), e non será admisible a simple impresión en papel. Colocaranse sempre nun lugar visible ao público.

Cando o obxecto da axuda sexa maquinaria, equipamento informático, de telecomunicacións ou calquera outro ben no que, pola súa estrutura ou tamaño, non sexa posible identificar unha situación adecuada, o cartel ou placa poderá ser substituído por un adhesivo ou impresión no que, polo menos, figure a bandeira da UE, o Fondo e o lema.

O elemento publicitario debe manterse, polo menos, durante un prazo idéntico ao do compromiso que adquire o beneficiario ao recibir a subvención.

3. Cando a operación financiada se corresponda con publicacións (folletos, prospectos, libros ou catálogos), informes, estudos, etc., deberase incluír a información e elementos que se indican seguidamente:

As publicacións que versen sobre operacións e actividades cofinanciadas polo Feader incluirán na páxina de portada os logotipos e lema nas condicións e características indicadas no anexo I da Estratexia de información e publicidade PDR 2014_2020 de Galicia, dispoñible no enderezo http://www.igape.es/gl/que-e-o-igape/documentacion

As publicacións incluirán referencias ao organismo responsable do contido e á autoridade de xestión do PDR 2014_2020 de Galicia (Secretaría Xeral da Consellería do Medio Rural).

ANEXO VII
Zona con limitacións naturais ou outras limitacións específicas

Axudas do Igape destinadas á creación de empresas para actividades non agrícolas en zonas rurais, cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola
de Desenvolvemento Rural (Feader), no marco do Programa de
desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020

Provincia: 15. A Coruña

Código

Concello

Tipo zona

1503003

Aranga

Montaña

1503006

Arzúa

Outras

1503010

Boimorto

Outras

1503018

Capela, A

Montaña

1501022

Cedeira

Montaña

1503024

Cerceda

Outras

1501025

Cerdido

Montaña

1501027

Coirós

Montaña

1503032

Curtis

Outras

1503038

Frades

Outras

1503039

Irixoa

Outras

1501044

Mañón

Montaña

1503046

Melide

Outras

1503047

Mesía

Outras

1503050

Monfero

Montaña

1503059

Ordes

Outras

1503060

Oroso

Outras

1501061

Ortigueira

Montaña

1503066

Pino, O

Outras

1503070

Pontes de García Rodríguez, As

Montaña

1501076

San Sadurniño

Montaña

1503079

Santiso

Outras

1503080

Sobrado

Outras

1503081

Somozas, As

Montaña

1503083

Toques

Outras

1503084

Tordoia

Outras

1503085

Touro

Outras

1503086

Trazo

Outras

1503088

Val do Dubra

Outras

1503090

Vilasantar

Outras

1501901

Cariño

Montaña

Provincia: 27. Lugo

Código

Concello

Tipo zona

2702001

Abadín

Montaña

2701002

Alfoz

Montaña

2703003

Antas de Ulla

Outras

2704004

Baleira

Montaña

2704006

Becerreá

Montaña

2702007

Begonte

Outras

2705008

Bóveda

Outras

2705009

Carballedo

Montaña

2702010

Castro de Rei

Outras

2703011

Castroverde

Outras

2704012

Cervantes

Montaña

2703014

Corgo, O

Outras

2702015

Cospeito

Outras

2705016

Chantada

Montaña

2705017

Folgoso do Courel

Montaña

2704018

Fonsagrada, A

Montaña

2703020

Friol

Outras

2702021

Xermade

Montaña

2702022

Guitiriz

Montaña

2703023

Guntín

Outras

2703024

Incio, O

Montaña

2703026

Láncara

Montaña

2703028

Lugo

Outras

2702029

Meira

Montaña

2701030

Mondoñedo

Montaña

2705031

Monforte de Lemos

Outras

2703032

Monterroso

Outras

2702033

Muras

Montaña

2704034

Navia de Suarna

Montaña

2704035

Negueira de Muñiz

Montaña

2704037

Nogais, As

Montaña

2701038

Ourol

Montaña

2703039

Outeiro de Rei

Outras

2703040

Palas de Rei

Outras

2705041

Pantón

Outras

2703042

Paradela

Montaña

2703043

Páramo, O

Outras

2702044

Pastoriza, A

Outras

2704045

Pedrafita do Cebreiro

Montaña

2702046

Pol

Outras

2705047

Pobra do Brollón, A

Montaña

2701048

Pontenova, A

Montaña

2703049

Portomarín

Outras

2705050

Quiroga

Montaña

2705052

Ribas de Sil

Montaña

2702053

Ribeira de Piquín

Montaña

2701054

Riotorto

Montaña

2703055

Samos

Montaña

2703056

Rábade

Outras

2703057

Sarria

Outras

2705058

Saviñao, O

Outras

2705059

Sober

Outras

2705060

Taboada

Outras

2704062

Triacastela

Montaña

2701063

Valadouro, O

Montaña

2702065

Vilalba

Outras

2704901

Baralla

Montaña

Provincia: 32. Ourense

Código

Concello

Tipo zona

3201001

Allariz

Outras

3201002

Amoeiro

Outras

3201003

Arnoia, A

Montaña

3201004

Avión

Montaña

3203005

Baltar

Montaña

3203006

Bande

Montaña

3203007

Baños de Molgas

Outras

3201008

Barbadás

Outras

3202009

Barco de Valdeorras, O

Montaña

3201010

Beade

Outras

3201011

Beariz

Montaña

3203012

Blancos, Os

Montaña

3201013

Boborás

Outras

3201014

Bola, A

Outras

3202015

Bolo, O

Montaña

3203016

Calvos de Randín

Montaña

3202017

Carballeda de Valdeorras

Montaña

3201018

Carballeda de Avia

Outras

3201019

Carballiño, O

Outras

3201020

Cartelle

Outras

3203021

Castrelo do Val

Montaña

3201022

Castrelo de Miño

Outras

3202023

Castro Caldelas

Montaña

3201024

Celanova

Outras

3201025

Cenlle

Outras

3201026

Coles

Outras

3201027

Cortegada

Outras

3203028

Cualedro

Montaña

3202029

Chandrexa de Queixa

Montaña

3203030

Entrimo

Montaña

3201031

Esgos

Montaña

3203032

Xinzo de Limia

Outras

3201033

Gomesende

Montaña

3202034

Gudiña, A

Montaña

3201035

Irixo, O

Montaña

3203036

Xunqueira de Ambía

Outras

3201037

Xunqueira de Espadanedo

Montaña

3202038

Larouco

Montaña

3203039

Laza

Montaña

3201040

Leiro

Otras

3203041

Lobeira

Montaña

3203042

Lobios

Montaña

3203043

Maceda

Montaña

3202044

Manzaneda

Montaña

3201045

Maside

Otras

3201046

Melón

Montaña

3201047

Merca, A

Otras

3202048

Mezquita, A

Montaña

3202049

Montederramo

Montaña

3203050

Monterrei

Montaña

3203051

Muíños

Montaña

3201052

Nogueira de Ramuín

Montaña

3203053

Oímbra

Montaña

3201054

Ourense

Otras

3201055

Paderne de Allariz

Otras

3201056

Padrenda

Montaña

3202057

Parada de Sil

Montaña

3201058

Pereiro de Aguiar, O

Otras

3201059

Peroxa, A

Montaña

3202060

Petín

Montaña

3201061

Piñor

Montaña

3203062

Porqueira

Outras

3202063

Pobra de Trives, A

Montaña

3201064

Pontedeva

Outras

3201065

Punxín

Outras

3201066

Quintela de Leirado

Montaña

3203067

Rairiz de Veiga

Montaña

3201068

Ramirás

Outras

3201069

Ribadavia

Outras

3202070

San Xoán de Río

Montaña

3203071

Riós

Montaña

3202072

Rúa, A

Montaña

3202073

Rubiá

Montaña

3201074

San Amaro

Outras

3201075

San Cibrao das Viñas

Outras

3201076

San Cristovo de Cea

Outras

3203077

Sandiás

Outras

3203078

Sarreaus

Outras

3201079

Taboadela

Outras

3202080

Teixeira, A

Montaña

3201081

Toén

Outras

3203082

Trasmiras

Outras

3202083

Veiga, A

Montaña

3203084

Verea

Montaña

3203085

Verín

Montaña

3202086

Viana do Bolo

Montaña

3201087

Vilamarín

Outras

3202088

Vilamartín de Valdeorras

Montaña

3203089

Vilar de Barrio

Montaña

3203090

Vilar de Santos

Outras

3203091

Vilardevós

Montaña

3202092

Vilariño de Conso

Montaña

Provincia: 36. Pontevedra

Código

Concello

Tipo zona

3604001

Arbo

Montaña

3603007

Campo Lameiro

Montaña

3603009

Cañiza, A

Montaña

3601011

Cerdedo

Montaña

3603012

Cotobade

Montaña

3603013

Covelo

Montaña

3604014

Crecente

Montaña

3601015

Cuntis

Outras

3601016

Dozón

Montaña

3601017

Estrada, A

Outras

3601018

Forcarei

Montaña

3603019

Fornelos

Montaña

3601020

Agolada

Outras

3601024

Lalín

Outras

3603025

Lama, A

Montaña

3604030

Mondariz

Montaña

3604034

Neves, As

Montaña

3603037

Pazos de Borbén

Montaña

3603043

Ponte Caldelas

Montaña

3601047

Rodeiro

Outras

3601052

Silleda

Outras

3601059

Vila de Cruces

Outras

ANEXO VIII
Parroquias non admisibles segundo o grao de urbanización
(código 1. Grao de urbanización ZDP)

Axudas do Igape destinadas á creación de empresas para actividades non agrícolas en zonas rurais, cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), no marco do Programa de desenvolvemento
rural de Galicia 2014-2020

Código

Parroquia

Provincia

Código concello

Concello

150171100

Temple (O) (Santa María)

15

15017

15017 Cambre

150300001

Coruña (A)

15

15030

15030 Coruña, A

150300200

Oza (Santa María de)

15

15030

15030 Coruña, A

150300400

Viñas (San Cristovo das)

15

15030

15030 Coruña, A

150300500

Visma (San Pedro de)

15

15030

15030 Coruña, A

150310100

Almeiras (San Xián)

15

15031

15031 Culleredo

150310200

Burgo (O) (Santiago)

15

15031

15031 Culleredo

150310800

Rutis (Santa María)

15

15031

15031 Culleredo

150360001

Ferrol

15

15036

15036 Ferrol

150361200

Trasancos (Santa Icia)

15

15036

15036 Ferrol

150540001

Narón

15

15054

15054 Narón

150580800

Perillo (Santa Leocadia)

15

15058

15058 Oleiros

150780001

Santiago de Compostela

15

15078

15078 Santiago de Compostela

150782100

Santiago (San Caetano)

15

15078

15078 Santiago de Compostela

150782300

Santiago (San Lázaro)

15

15078

15078 Santiago de Compostela

150782500

Santiago (San Xoán de Fóra)

15

15078

15078 Santiago de Compostela

270280001

Lugo

27

27028

27028 Lugo

320080600

Valenzá (A) (San Bernabé)

32

32008

32008 Barbadás

320540001

Ourense

32

32054

32054 Ourense

320540800

Montealegre (A Milagrosa)

32

32054

32054 Ourense

320542000

Vista Fermosa (San Xosé)

32

32054

32054 Ourense

360380001

Pontevedra

36

36038

36038 Pontevedra

360380900

Lérez

36

36038

36038 Pontevedra

360381200

Mourente

36

36038

36038 Pontevedra

360381500

Salcedo

36

36038

36038 Pontevedra

360381800

Virxe do Camiño (A)

36

36038

36038 Pontevedra

360410300

Poio (San Salvador p.)

36

36041

36041 Poio

360570002

Vigo

36

36057

36057 Vigo

360570100

Alcabre

36

36057

36057 Vigo

360570600

Candeán

36

36057

36057 Vigo

360570700

Castrelos

36

36057

36057 Vigo

360570900

Comesaña

36

36057

36057 Vigo

360571300

Freixeiro

36

36057

36057 Vigo

360571400

Lavadores

36

36057

36057 Vigo

360571600

Navia

36

36057

36057 Vigo

360572500

Sárdoma

36

36057

36057 Vigo

360572700

Teis

36

36057

36057 Vigo

ANEXO IX
Medidas de moderación de custos aplicables

Axudas do Igape destinadas á creación de empresas para actividades non agrícolas en zonas rurais, cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), no marco do Programa de desenvolvemento
rural de Galicia 2014-2020

Considerando a tipoloxía de gastos e investimentos integrados na base elixible (artigo 6.2. das bases reguladoras), serán de aplicación as seguintes medidas de moderación de custos, manténdose a obriga de achegar tres ofertas de diferentes provedores para os elementos de custo non incluídos na relación que segue (agás indicación expresa):

Concepto

(art. 6.2. bases reguladoras)

Medida de moderación de custos

a) Compra de terreos

Máximo un 10 % do total de custos elixibles, segundo se establece nas bases reguladoras.

b) Adquisición de inmobles

O importe elixible non superará o 50 % dos gastos e investimentos elixibles, segundo se establece nas bases reguladoras.

c) Obra civil

Deberán achegarse tres ofertas sempre que o seu custo supere os 50.000 €.

Suxeitos aos módulos máximos (anexo V das bases reguladoras).

d) Activos inmateriais

Segundo se establece nas bases reguladoras, un informe de auditor deberá verificar, entre outras cuestións, que os activos se adquirirán en condicións de mercado a terceiros non relacionados co comprador

e) Custos de funcionamento

Deberán achegarse tres ofertas para aquelas partidas que se prevexa que superen os 1.000 euros de gasto por provedor no período de 18 meses.

Custos de persoal: considerarase integrado dentro da base elixible co límite máximo do triple do SMI establecido para o ano 2018 en termos mensuais. Os meses de actividade que correspondan a 2019, limitaranse aplicando un incremento do 2 % sobre a cantidade anterior.

Dada a súa natureza, exceptúase da presentación de tres ofertas á seguinte tipoloxía de gastos:

• Teléfono

• Luz

• Gas

• Comisións bancarias

• Alugueiros

• Axudas de custo e gastos de viaxe

f) Contribucións en especie

Acreditaranse en escritura pública, no caso de sociedades e mediante taxación oficial no caso de autónomos.

g) Honorarios técnicos

Máximo do 10 % do total de custos elixibles, segundo se establece nas bases reguladoras.

h) Custos notariais derivados da certificación do non inicio da actividade

Dada a tipoloxía destes, non será preciso achegar tres ofertas, nin procede a aplicación de medida de moderación de custos.

missing image file