Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 20 Luns, 29 de xaneiro de 2018 Páx. 6424

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 23 de xaneiro de 2018, da Secretaría Xeral de Cultura, que modifica a Resolución do 28 de decembro de 2017 pola que se anuncia a licitación, mediante procedemento aberto, non suxeito a regulación harmonizada, anticipado de gasto, da contratación documentalmente simplificada do servizo de seguridade e vixilancia no Centro Galego de Arte Contemporánea.

Logo de advertir erro na cláusula 13.2, sobre B: oferta técnica e económica, no anexo V do prego de claúsulas administrativas particulares e no anexo ao prego de prescricións técnicas que rexen nesta licitación,

DISPOÑO:

Realizar as modificacións oportunas no dito documento. O texto corrixido poderá consultarse no enderezo da internet:

http://www.contratosdegalicia.gal/resultado.jsp?N=245048

O novo prazo de presentación das ofertas rematará as 19.00 horas do 6.2.2018.

Santiago de Compostela, 23 de xaneiro de 2018

Anxo Manuel Lorenzo Súarez
Secretario xeral de Cultura