Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 20 Luns, 29 de xaneiro de 2018 Páx. 6425

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

RESOLUCIÓN do 9 de xaneiro de 2018, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Política Social, pola que se convoca a contratación da subministración, por lotes, suxeita a regulación harmonizada, de produtos de alimentación non perecedoiros destinados aos centros prestadores de servizos sociais dependentes desta consellería (expediente 71/2017).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Política Social.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica, Servizo de Contratación e Control Económico Contractual.

c) Enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela.

d) Enderezo do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=249859

e) Número de expediente: 71/2017.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: subministración.

b) Descrición: contratación, mediante procedemento aberto, da subministración de produtos de alimentación non perecedoiros destinados aos centros de servizos sociais dependentes da Consellería de Política Social.

c) Nomenclatura CPV:

03000000-1 Produtos da agricultura, gandaría, pesca, silvicultura e produtos afíns.

15000000-8 Alimentos, bebidas, tabaco e produtos afíns.

d) Nomenclatura CPA:

A 01 Produtos da agricultura, a gandaría e a caza, e servizos relacionados con estes.

C 10 Produtos alimenticios.

C 11 Bebidas.

e) División por lotes e número de lotes/número de unidades: si/4.

• Lote 1: centros situados na provincia da Coruña.

• Lote 2: centros situados na provincia de Lugo.

• Lote 3: centros situados na provincia de Ourense.

• Lote 4: centros situados na provincia de Pontevedra.

f) Lugar de execución/entrega: nos centros dependentes da Consellería de Política Social, de acordo co indicado no prego de prescricións técnicas.

g) Prazo de execución/entrega: 12 meses a partir da data de formalización. O prazo de vixencia do contrato que se formalice para cada lote poderá ser prorrogado, por mutuo acordo das partes antes da súa finalización, por un prazo máximo de 5 meses, polo que o período máximo de duración será de 17 meses, incluídas as prórrogas.

h) Admisión de prórroga: si.

i) Establecemento dun acordo marco: non.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto e suxeito a regulación harmonizada.

c) Poxa electrónica: non.

d) Criterios de adxudicación: ver o número 12 da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Valor estimado:

a) Valor estimado do contrato: 3.930.488,14 € (tres millóns novecentos trinta mil catrocentos oitenta e oito euros con catorce céntimos).

b) Valor estimado por lotes:

– Valor estimado lote 1: 1.293.919,10 €.

– Valor estimado lote 2: 1.204.247,59 €.

– Valor estimado lote 3: 234.979,53 €.

– Valor estimado lote 4: 1.197.341,92 €.

5. Garantías exixidas:

a) Provisional: non se exixe.

b) Garantía definitiva: si. 5 % do orzamento do contrato derivado, IVE excluído.

6. Requisitos específicos do contratista:

a) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: ver os números 16 e 17 da folla de especificacións do PCAP.

7. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: Servizo de Contratación e Control Económico Contractual. Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Política Social.

b) Domicilio e localidade: Edificio Administrativo de San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela.

c) Teléfono de contacto:

– Información administrativa: 981 54 56 43 (Elías Gómez Folgoso).

– Información administrativa: 981 54 56 62 (Rosa Ana Martínez Fernández).

d) Fax: 981 54 56 85.

e) Correo electrónico: centralizados.traballo@xunta.gal

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o último día do prazo de presentación de ofertas.

g) Tamén se poderán obter os pregos relativos a esta contratación no seguinte enderezo da internet: http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=249859

8. Presentación de ofertas:

a) Prazo de presentación: ata as 14.00 horas do día 19 de febreiro de 2018, salvo acordo de ampliación do prazo debidamente motivado polo órgano de contratación, que será publicado no perfil do contratante.

b) Lugar de presentación: Oficina de Rexistro Xeral e Información á Cidadanía do Complexo Administrativo de San Caetano, 15781 Santiago de Compostela, dirixidas ao Servizo de Contratación e Control Económico Contractual da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Política Social.

As solicitudes tamén poderán enviarse por correo dentro do prazo de admisión indicado, xustificando a data de imposición do envío e anunciándoo a este Servizo de Contratación e Control Económico Contractual mediante fax ou correo electrónico, no mesmo día e nun só envío, segundo o establecido no número 19 da folla de especificacións do PCAP (fax: 981 54 56 85/correo electrónico: centralizados.traballo@xunta.gal).

Se a documentación se presenta en calquera outro rexistro diferente dos indicados nos parágrafos anteriores, non será admitida á licitación.

c) Documentación que hai que presentar: a sinalada nas cláusulas 5.3 e 5.4 do PCAP.

9. Apertura de ofertas:

a) Entidade: Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Política Social.

b) Domicilio e localidade: Edificio Administrativo de San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela.

c) Data: o acto público de apertura do sobre B efectuarase no lugar, na data e na hora que se publicará no perfil do contratante como mínimo con tres días hábiles de antelación ao da súa realización, así como calquera posible variación destas datas.

10. Gastos de publicidade: este anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 9 de xaneiro de 2018

O conselleiro de Política Social
P.D. (Artigo 1 da Orde do 3.3.2016)
Francisco Javier Abad Pardo
Secretario xeral técnico da Consellería de Política Social