Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 20 Luns, 29 de xaneiro de 2018 Páx. 6455

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

ANUNCIO do 10 de xaneiro de 2018 polo que se somete ao trámite de información pública a separata para información pública do proxecto de construción do itinerario peonil e ciclista na PO-313. Treito Coirados-Pardavila, punto quilométrico 1+380-3+330, de clave PO/16/266.06, así como a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados polo proxecto referenciado.

Antecedentes:

A Lei 8/2013, de estradas Galicia, determina no seu artigo 6.2 que os espazos destinados a sendas para peóns ou para a circulación de ciclistas teñan a consideración de elementos funcionais da estrada. Tendo en conta este precepto, a Xunta de Galicia elaborou a Estratexia en materia de mobilidade alternativa de Galicia, entre cuxos obxectivos está o fomento dos sistemas de transporte alternativos aos motorizados, que permitan minimizar as repercusións sobre o ambiente e os seus impactos sociais e económicos.

Os beneficios esperados con esta iniciativa son, entre outros, a mellora da mobilidade, a mellora da calidade do aire, da saúde, da igualdade e benestar da economía, do patrimonio e do urbanismo.

Con data do 2 de novembro de 2016 a Axencia Galega de Infraestruturas aprobou, con base na Estratexia en materia de mobilidade alternativa de Galicia, o documento Estratexia en materia de mobilidade alternativa na comarca de Morrazo e concellos limítrofes, onde unha das sendas propostas era un itinerario peonil e ciclista na PO-313, que agora se desenvolve mediante o proxecto construtivo itinerario peonil e ciclista na PO-313. Treito: Coirados-Pardavila, p.q. 1+380 - 3+330, clave PO/16/266.06.

O presente proxecto ten por obxecto a construción pola marxe esquerda da estrada PO-313, Marín-Moaña, dun itinerario peonil e ciclista, no treito comprendido entre o p.q. 1+380 e 3+330. As actuacións proxectadas son as seguintes:

– Construción dun beiril sobre unha canle fluvial con zona peonil.

– Execución dunha senda de formigón coloreado, reforzado con mallazo.

– Execución dunha senda de formigón con zona axardinada entre o bordo da senda e a plataforma.

– Instalación de beirarrúa e ampliación da xa existente.

– Ocupación de parte da beiravía existente para que a senda dispoña da anchura mínima.

Considerando todo o exposto e o establecido na normativa vixente,

RESOLVO:

Primeiro. De acordo co establecido no artigo 21.1 da Lei 8/2013, do 28 xuño, de estradas de Galicia, o mencionado proxecto de construción sométese ao trámite de información pública durante un período de trinta días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial Galicia, para que as persoas que o consideren oportuno poidan formular por escrito, ante a Axencia Galega de Infraestruturas, as observacións que crean convenientes relativas á concepción global do trazado deseñado.

Segundo. Que simultaneamente ao trámite sinalado no parágrafo anterior, e para os efectos previstos no artigo 56.1 do Regulamento de expropiación forzosa, se someta a información pública a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados pola realización da obra correspondente, para que os afectados presenten cantas alegacións ou rectificacións consideren convenientes en canto aos bens e dereitos descritos na relación anexa.

Terceiro. A exposición ao público, para os efectos da presente resolución, realízase na Axencia Galega de Infraestruturas (San Caetano, s/n, 15781 Santiago Compostela), no Servizo de Infraestruturas de Pontevedra (rúa Fernández Ladreda, 43, 1º, 36071 Pontevedra), e na casa do concello de Marín (avenida de Ourense, s/n, 36900 Marín, Pontevedra). Así mesmo, na páxina web da Consellería de Infraestruturas e Vivenda (http://civ.xunta.gal/organizacion/c/CIV_Axencia_Galega_de_Infraestruturas) atópase á disposición dos interesados o documento completo da separata do proxecto construción.

Santiago Compostela, 10 de xaneiro de 2018

Francisco Menéndez Iglesias
Director da Axencia Galega de Infraestruturas

ANEXO
Relación de bens, dereitos e propietarios afectados

Itinerario peonil e ciclista na PO-313.

Treito: Coirados-Pardavila, p.q. 1+380 - 3+330.

Clave: PO/16/266.06.

Concello de Marín (Pontevedra).

Nº orde

Referencia

catastral

Titular

Tipo

Cultivo

Clasificación

urbanística

Área afectada (m2)

Bens afectados

1

36026A01200562

Acuña Acuña, Manuel

Rústico

C-labor ou labradío secaño

Solo rústico especial protexido

6,5

3 tubos salvacunetas

2

36026A01200563

Acuña Acuña, Manuel

Rústico

C-labor ou labradío secaño

Solo rústico especial protexido

16,22

1,50 árbore froiteira

2,70 xardineira formigón

5 plantas varias

3

36026A01200564

Villanueva Nores, M. Carmen

Rústico

C-labor ou labradío secaño

Solo rústico protección ordinario

4,34

4

36026A01200566

Santos S-S, Umbelina de los

Rústico

C-labor ou labradío secaño

Solo rústico protección ordinario

0,28

5

36026A01200580

Rey Carabelos, Susana

Iglesias Parada, Antonio

Rústico

V-viña secaño

Solo rústico protección ordinario

20,67

6

36026A01200581

Soutullo Pazos, M. Elsa

Rústico

C-labor ou labradío secaño

Solo rústico protección ordinario

46,34

3 muros de mampostería

7

36026A01200585

Torre Calvar, Manuel de la

Rústico

C-labor ou labradío secaño

Solo rústico protección ordinario

104,72

10 peche formigón

40 peche malla arame

8

36026A01200001

Iglesias Acuña, Silverio

Rústico

C-labor ou labradío secaño

Solo rústico protección ordinario

17,78

9

36026A01200005

Acuña Dopazo, Adelina

Rústico

I-improdutivo

Solo rústico protección ordinario

0,76

10

36026A01200006

Piñeiro Barcia, Ignacio

Rústico

V-viña secaño

Solo rústico protección ordinario

1,6

11

36026A01200562

Pazos Recaman, Ignacio

Rústico

C-labor ou labradío secaño

Solo rústico protección ordinario

1,21

12

36026A01200562

Plyesteres Bidasoa, S.L.

Rústico

C-labor ou labradío secaño

Solo rústico protección ordinario

65,38

13

36026A01200562

Concello de Marín

Rústico

VT-vía comunicación dominio público

Solo rústico protección ordinario

8,21

14

36026A01200029

Crespo Calvar, Manuel, herdeiros de

Rústico

C-labor ou labradío secaño

Solo rústico protección ordinario

13,45

15

36026A01200030

Crespo Dopazo, Manuel

Rústico

C-labor ou labradío secaño

Solo rústico protección ordinario

22,27

2,35 paso salvacunetas

16

36026A01200075

Crespo Calvar, Hermosinda
Crespo Calvar, Ángela, herdeiros de

Rústico

C-labor ou labradío secaño

Solo de núcleo rural

27,15

17

36026A01200076

Guimerans Pereira, Alberto

Rústico

V-viña secaño

Solo de núcleo rural

37,95

18

36026A01200077

Rial Amoedo, Consuelo

Rústico

V-viña secaño

Solo rústico protección ordinario

6,43

19

36026A01200088

Dopazo Fernández, Arturo
Novegil Crespo, Dolores

Rústico

C-labor ou labradío secaño

Solo rústico protección ordinario

2

3,50 soleira de formigón

20

36026A01200089

Fernández Amoedo, Antonia, herdeiros de

Rústico

V-viña secaño

Solo rústico protección ordinario

1,25

3,50 soleira de formigón

21

36026A01400162

Villanueva Calvar, Manuel, herdeiros de

Rústico

FG-carballeira

Solo rústico protección ordinario

0,28

22

36026A01400161

Breasco González, Pablo
González Lemos, Elena

Rústico

MM-piñeiral madeirable

Solo rústico protección ordinario

12,12

23

36026A01400377

Araújo Aboy, Mª Montserrat
Araújo Aboy, José Luis
Veiga Rial, Beatriz

Rústico

Improdutivo

Solo rústico protección ordinario

8,86

24

36026A01400083

García, Josefa

Rústico

MM-piñeiral madeirable

Solo rústico protección ordinario

14,02

25

36026A01400082

Macenlle Rosales, Dolores

Rústico

C-labor ou labradío secaño

Solo rústico protección ordinario

0

MT-mato

27,36