Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 20 Luns, 29 de xaneiro de 2018 Páx. 6454

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 9 de xaneiro de 2018 pola que se emprazan os interesados no procedemento ordinario 353/2017 no expediente sancionador e de reposición da legalidade POL/50/2014-RP1, ao ser devolta a notificación polo servizo de Correos.

Para os efectos de darlle cumprimento ao solicitado polo Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Pontevedra, en relación co procedemento ordinario número 353/2017, interposto por Comunidad de Propietarios Mar Tambo contra a resolución desestimatoria ditada polo director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística no recurso potestativo de reposición o 5 de outubro de 2017, interposto contra outra do 9 de xullo de 2015, na cal se resolve arquivar o expediente sancionador e de reposición da legalidade POL/50/2014-RP1, por actuacións abusivas na servidume de protección do dominio público marítimo-terrestre, consistentes na construción dun muro de peche de predio no camiño de Urxeira, 7, en Chancelas, concello de Poio, esta dirección resolveu ordenar a remisión do correspondente expediente ao Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Pontevedra.

Ao non poder realizarse a notificación persoal do emprazamento, mediante a presente cédula (que, ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas (LPACAP), se lle notifica por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado), emprázase a Fernando Torres Albar para que poida presentarse como interesado nos autos no prazo de nove (9) días, de acordo co disposto no artigo 49.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 9 de xaneiro de 2018

José Antonio Cerdeira Pérez
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística