Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 20 Luns, 29 de xaneiro de 2018 Páx. 6417

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 20 de decembro de 2017, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública o proxecto de explotación, o estudo de impacto ambiental e o plan de restauración da solicitude de autorización de explotación para recursos da sección A) denominada Vilaseco número 169, situada no concello de Vimianzo (A Coruña), promovido pola sociedade Áridos del Noroeste, S.L.

Para os efectos previstos no artigo 36 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación de impacto ambiental (BOE núm. 296, do 11 de decembro) e, así mesmo, no artigo 21 da Lei 3/2008, do 23 de maio, de ordenación da minaría de Galicia (DOG núm. 109, do 6 de xuño), esta xefatura territorial

RESOLVE:

Someter a información pública, durante un prazo de trinta (30) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación da presente resolución, o proxecto de explotación, o estudo de impacto ambiental e o plan de restauración da solicitude de autorización de explotación do recurso da canteira que a continuación se describe:

Solicitante: Áridos del Noroeste, S.L.

Domicilio social: r/ Obispo Romero Lema, edificio M.I., nº 67, 15150 Baio, Zas (A Coruña).

Nome: Vilaseco.

Número: 169.

Situación: Vimianzo.

Recurso: granito para árido.

A designación do terreo vén dada polas coordenadas seguintes:

Vértice

Xeográficas (ETRS 89)

UTM (ETRS 89)

Fuso

Lonxitude (W)

Latitude (N)

Lonxitude (W)

Latitude (N)

29

1

09° 03’ 16.5886”

43° 04’ 33.8015”

495554.491

4769262.185

29

2

09° 03’ 06.3719”

43° 04’ 32.2431”

495785.494

4769213.966

29

3

09° 03’ 06.8231”

43° 04’ 31.3909”

495775.274

4769187.685

29

4

09° 03’ 07.3170”

43° 04’ 29.7373”

495764.073

4769136.685

29

5

09° 03’ 07.9630”

43° 04’ 29.1286”

495749.453

4769117.915

29

6

09° 03’ 09.4585”

43° 04’ 28.0471”

495715.613

4769084.576

29

7

09° 03’ 10.7618”

43° 04’ 27.3620”

495686.128

4769063.460

29

8

09° 03’ 12.2901”

43° 04’ 26.6654”

495651.552

4769041.995

29

9

09° 03’ 14.8830”

43° 04’ 25.8660”

495592.902

4769017.374

29

10

09° 03’ 14.7676”

43° 04’ 30.3936”

495595.601

4769157.035

29

11

09° 03’ 16.8250”

43° 04’ 30.1077”

495549.071

4769148.245

29

Durante o prazo indicado, aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas polo citado proxecto poderán examinar o expediente nas dependencias da Sección de Minas da Xefatura Territorial da Coruña e no portal da Consellería de Economía, Emprego e Industria: http://ceei.xunta.gal/recursos/iniciativas e formular as súas alegacións por escrito ante este órgano administrativo, con enderezo no Edificio Administrativo Monelos, rúa Vicente Ferrer, 2, 2ª planta 15071 A Coruña, presentándoas en calquera das oficinas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. Transcorrido o período de información pública, proseguirase coa tramitación da avaliación de impacto ambiental ordinaria, prevista no artigo 36 da Lei 22/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental a que está sometido o presente proxecto, cuxa autorización compete, como órgano substantivo, á Consellería de Economía, Emprego e Industria, ao abeiro do establecido na Lei 3/2008, do 23 de maio.

A Coruña, 20 de decembro de 2017

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña