Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 20 Luns, 29 de xaneiro de 2018 Páx. 6419

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 10 de xaneiro de 2018, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello da Fonsagrada (expediente IN407A 2017/103-2, 8577 AT).

Visto o expediente para outorgamento da autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica que a seguir se describe:

Solicitante: Begasa.

Domicilio social: Ramón Mª Aller Ulloa, 9, 27003 Lugo.

Denominación: LMT, CT e RBT Xestoso.

Situación: concello da Fonsagrada.

Características técnicas:

1. Liña de media tensión aérea a 20 kV cunha lonxitude de 156 m, con orixe nun apoio existente da LMT Fonsagrada, dirección Lamas de Campos, condutor tipo LA 56, e final no centro de transformación proxectado Xestoso.

2. Centro de transformación intemperie, cunha potencia de 50 kVA e unha relación de transformación de 20.000/400-230 V.

3. Rede de baixa tensión aérea, cunha lonxitude de 465 m, con orixe no CT proxectado Xestoso, condutor tipo RZ 95 e final na conexión coa rede de baixa tensión soterrada proxectada.

4. Rede de baixa tensión soterrada, cunha lonxitude de 306 m, con orixe na RBT aérea proxectada, condutor tipo RV 95 e RV 150, e final na conexión coa rede de baixa tensión existente.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE núm. 310, do 27 de decembro), do sector eléctrico, e no título VII, capítulo II do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE núm. 310, do 27 de decembro), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e na Resolución do 19 de febreiro de 2014, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción (DOG núm. 54, do 19 de marzo), esta xefatura territorial, de acordo coas competencias que resultan dos decretos 129/2015, do 8 de outubro (DOG núm. 194, do 9 de outubro) e 175/2015, do 3 de decembro (DOG núm. 232, do 4 de decembro), polos que se crea e establece a estrutura orgánica da consellería, e tendo en conta o Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro (DOG núm. 22, do 1 de febreiro), sobre órganos competentes para autorización de instalacións eléctricas na Comunidade Autónoma de Galicia, resolve:

Conceder a autorización administrativa previa e de construción das ditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no seu proxecto e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente, independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial e outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.

O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de doce meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.

Contra esta resolución cabe interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria no prazo dun mes, a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución; tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que xulgue pertinente ao seu dereito.

Lugo, 10 de xaneiro de 2018

A xefa territorial de Lugo
P.A. (Artigos 62.3 e 63.1 do Decreto 175/2015, do 3 de decembro)
Patricia Dans Grela
Xefa do Servizo de Coordinación Administrativa e Xestión Económica