Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 20 Luns, 29 de xaneiro de 2018 Páx. 6421

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 12 de xaneiro de 2018, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se fai pública a inscrición do acordo de modificación de estatutos sociais da entidade Codegui, S. Coop. Galega.

En cumprimento do disposto no artigo 74 da Lei 14/2011, do 16 de decembro, pola que se modifica a Lei 5/1998, do 18 de decembro, de cooperativas de Galicia, e no artigo 53 do Regulamento do Rexistro de Cooperativas, fago público que esta xefatura territorial resolveu inscribir a modificación de estatutos sociais da entidade Codegui, S. Coop. Galega, pola modificación do seu enderezo (O Merendeiro, s/n, parroquia dos Vilares, 27307 Guitiriz (Lugo).

Lugo, 15 de xaneiro de 2018

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo