Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 20 Luns, 29 de xaneiro de 2018 Páx. 6440

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 11 de xaneiro de 2018, da Xefatura Territorial de Vigo, polo que se notifica o acordo de inicio do procedemento de retirada do viveiro Exp. Ameixa de Carril 2 que a sociedade Ameixa de Carril ten fondeado no polígono B, distrito marítimo de Vilagarcía.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselle á sociedade interesada que se sinala no anexo deste anuncio o acordo de inicio do procedemento de retirada do viveiro Exp. Ameixa de Carril 2 que a sociedade Ameixa de Carril, ten fondeado no polígono B, distrito marítimo de Vilagarcía (Pontevedra).

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU do BOE), polo que o prazo para presentar o recurso se computará desde esa publicación.

As persoas interesadas poderán comparecer nas oficinas da Xefatura Territorial da Consellería do Mar, sitas na rúa Concepción Areal, 8, 4º andar, Vigo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da resolución e constancia de tal coñecemento.

Contra a resolución do expediente de referencia, que non poñen fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso de alzada ante a conselleira do Mar no prazo dun mes, contado o dito prazo a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no TEU do BOE, de conformidade co disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, en relación coa disposición transitoria terceira, alínea c) da mesma lei.

Vigo, 11 de xaneiro de 2018

Sonia Lorenzo Santos
Xefa territorial de Vigo

ANEXO

Viveiro

Interesado/a

DNI/NIF/NIE

Acto que se notifica

Enderezo

Exp. Ameixa de Carril 2 (cuadrícula 256,

polígono B de Vilagarcía)

Ameixa de Carril, S.L.

B36282853

Resolución do acordo de inicio do procedemento retirada viveiro

Punta Preguntoiro, 20, Vilaxoán, 36611 Vilagarcía de Arousa (Pontevedra)