Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 20 Luns, 29 de xaneiro de 2018 Páx. 6437

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

RESOLUCIÓN do 11 de xaneiro de 2018 pola que se anuncia a contratación do servizo para o desenvolvemento dunha campaña para a promoción dos produtos procedentes da pesca e da acuicultura en 2018 (expediente 5/2018).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería do Mar.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación e Réxime Patrimonial

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: contrato administrativo de servizos.

b) Descrición do obxecto: realización dunha campaña de promoción dos produtos procedentes da pesca e da acuicultura no ano 2018.

c) División por lotes e número: non hai lotes.

d) Prazo de execución: seis meses.

e) Admisión de prórroga: non.

f) CPV: 79341000.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación: ordinaria, suxeito a regulación harmonizada e como gasto anticipado.

Criterios de adxudicación: os detallados na alínea A do cadro de criterios do prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Orzamento de licitación: 620.000 €, excluído o IVE.

Valor estimado: é igual ao orzamento de licitación.

5. Financiamento: cofinanciado pola Unión Europea- Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (eixe/medida 5.1.3-Medidas de comercialización) nun 75 % e con fondos propios da Comunidade Autónoma nun 25 %.

6. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: non se exixe. Non obstante, se o licitador xustifica a clasificación no grupo T, subgrupo 1, categoría D ou 4 quedará acreditada a súa solvencia.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: segundo o especificado na alínea F do cadro de características do contrato.

7. Garantía exixida. Definitiva: 5 % do importe de licitación, excluído o IVE: 31.000 €.

8. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Mar. Servizo de Contratación e Réxime Patrimonial.

b) Domicilio: Edificio Administrativo, nº 5, 2º andar, Santiago de Compostela.

c) Teléfonos: 981 54 57 44 e 981 54 40 46 (consultas administrativas); 981 54 62 61 (consultas técnicas).

d) Telefax: 981 54 50 03.

e) Enderezo electrónico: licitacion.mar@xunta.gal

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata a data límite de presentación das ofertas, todos os días laborables, excepto sábados, das 9.00 ás 14.00 horas.

Tamén se poderán obter os pregos relativos a esta contratación a través da internet no enderezo http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=238460

9. Presentación das ofertas.

a) Data límite de presentación: 19.2.2018.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: o único rexistro válido será a oficina de Rexistro Xeral e Información á Cidadanía da Xunta de Galicia (Edificio Administrativo de San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela), poderase enviar por correo dentro do prazo de admisión sinalado a este rexistro xeral. Cando a oferta se envíe por correo certificado dentro do prazo de admisión, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciarlle a súa remisión ao órgano de contratación no mesmo día, mediante telegrama, burofax, fax (981 54 50 03) ou correo electrónico (licitacion.mar@xunta.gal).

d) Prazo en que o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous (2) meses contados desde a data de apertura das proposicións.

10. Apertura das ofertas.

a) Enderezo: sala de xuntas da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Mar.

b) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

c) Datas e horas: a apertura dos sobres B terá lugar, en acto público, ás 12.30 horas do día 2 de marzo de 2018. O lugar, a data e a hora de apertura dos sobres C publicarase na páxina web do perfil de contratante, no enderezo indicado no anterior punto 8.f) deste anuncio.

11. Gastos de publicidade: serán por conta do adxudicatario.

12. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: 11 de xaneiro de 2018.

Santiago de Compostela, 11 de xaneiro de 2018

A conselleira do Mar
P.D. (Orde do 8.9.2017; DOG núm. 180, do 21 de setembro)
Mª Isabel Concheiro Rodríguez-Segade
Secretaria xeral técnica da Consellería do Mar