Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 20 Luns, 29 de xaneiro de 2018 Páx. 6496

VI. Anuncios

b) Administración local

Consorcio Provincial de Ourense para a Prestación do Servizo contra Incendios e Salvamento

ANUNCIO de licitación do procedemento aberto para a contratación da subministración dun vehículo furgón de servizos varios.

No perfil do contratante publícanse íntegros os pregos de condicións do procedemento aberto para a contratación da subministración dun vehículo furgón de servizos varios con destino ao Consorcio Provincial de Ourense para a Prestación do Servizo contra Incendios e Salvamento, cun gasto autorizado de 130.578,51 € (IVE excluído). As proposicións presentaranse ata as 14.00 horas do décimo quinto (15) día natural contado desde o seguinte ao da publicación do anuncio de licitación no DOG, a través da plataforma www.leal.gal, única e exclusivamente. A apertura de proposicións terá lugar de conformidade co disposto na cláusula XIII do prego de condicións. A documentación necesaria e demais datos figuran no prego de condicións ao cal poderá accederse gratuitamente a través do perfil do contratante na web da Deputación www.depourense.es ou na plataforma www.leal.gal. As solicitudes de información poderán formularse telefonicamente ao número 988 31 75 40 ante o Servizo de Contratación.

Sen prexuízo de calquera outro recurso que se considere procedente, o prego de condicións, os anuncios de licitación e os demais documentos contractuais que establezan as condicións que teñan que rexer a licitación, serán susceptibles de recurso potestativo de reposición ante a Presidencia da Deputación no prazo dun mes e alternativamente de recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Ourense no prazo de dous meses, contados ambos os prazos desde o día seguinte ao da publicación dos anuncios de licitación ou, de ser o caso, da última publicación (se non fosen simultáneos).

Ourense, 8 de xaneiro de 2018

Pablo Pérez Pérez
Presidente do Consorcio Provincial de Ourense para a Prestación
do Servizo contra Incendios e Salvamento