Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 20 Luns, 29 de xaneiro de 2018 Páx. 6495

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Ourense

ANUNCIO de licitación do procedemento aberto para a contratación do servizo de xestión de residuos metálicos (chatarra) con recollida en punto limpo, transporte e entrega a xestor para o ano 2018.

No perfil do contratante publícanse íntegros os pregos de condicións para a contratación, mediante procedemento aberto, do servizo de xestión de residuos metálicos (chatarra) con recollida en punto limpo, transporte e entrega a xestor para o ano 2018. As proposicións presentaranse ata as 14.00 horas do décimo quinto (15º) día natural contado desde o seguinte ao da publicación do anuncio de licitación no DOG, no Rexistro da Deputación Provincial de Ourense. A apertura de proposicións terá lugar de conformidade co disposto na cláusula XIII do prego de condicións. A documentación necesaria e demais datos figuran no mencionado prego de condicións, que será facilitado gratuitamente aos que o soliciten, no Rexistro da Deputación Provincial de Ourense, rúa Progreso nº 32 ou por teléfono: 988 31 75 40 y fax: 988 31 75 02 ou na páxina web da Deputación www.depourense.es.

Sen prexuízo de calquera outro recurso que se considere procedente, o prego de condicións, os anuncios de licitación e os demais documentos contractuais que establezan as condicións que teñan que rexer a licitación, serán susceptibles de recurso potestativo de reposición ante a Presidencia da Deputación no prazo dun mes e alternativamente de recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Ourense no prazo de dous meses, contados ambos os prazos desde o día seguinte ao da publicación dos anuncios de licitación ou, de ser o caso, da última publicación (se non fosen simultáneos).

Ourense, 11 de xaneiro de 2018

José Manuel Baltar Blanco
Presidente da Deputación Provincial de Ourense