Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 20 Luns, 29 de xaneiro de 2018 Páx. 6494

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Coruña

ANUNCIO rectificativo (expediente O-17/2017).

En cumprimento da Resolución do tenente de alcalde de Emprego e Economía Social do 15 de xaneiro de 2018, de modificación do prego de cláusulas administrativas regulador da contratación das obras comprendidas no proxecto de acondicionamento das dependencias do GRA na planta baixa do parque de bombeiros, modifícase o anuncio publicado no DOG do 1 de decembro de 2017, núm. 229, páxina 55034, coa consecuente aprobación do novo prego rectificado.

Segundo o artigo 75 do Real decreto 1098/2001, do 12 de outubro, polo que se aproba o Regulamento xeral da Lei de contratos, o prazo de presentación de ofertas será de 15 días contados a partir do seguinte á publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 22 de xaneiro de 2018

O alcalde
P.D. (Decreto do 12.1.2018)
Mª Eugenia Vieito Blanco
Concelleira delegada de Facenda e Administración