Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 20 Luns, 29 de xaneiro de 2018 Páx. 6393

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 287/2017).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 287/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Mercedes Gil Facorro contra Asociación Profesional de Selvicultores de España e Fogasa, se ditaron as seguintes resolucións, cuxa partes dispositivas son do teor literal seguinte:

«Auto.

Maxistrada xuíza: Carolina Nores Díaz.

Santiago de Compostela, 2 de xaneiro de 2018.

Parte dispositiva.

Dispoño:

Despachar orde xeral de execución da sentenza número 488/2017, do 3 de novembro de 2017, ditada no procedemento ordinario 362/2015 e rectificada mediante o auto do 14 de novembro de 2017 a favor da parte executante, Mercedes Gil Facorro, contra Asociación Profesional de Selvicultores de España e Fogasa, parte executada, por importe de 7.099,66 euros en concepto de principal (5.461,67 euros en concepto de salarios e paga extra, 1.437,99 euros en concepto de xuros do artigo 29.3 do ET respecto da cantidade anterior, 200 euros en concepto de honorarios do letrado), máis outros 709,96 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, de ser o caso, se poidan devindicar durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación.

Contra este auto poderase interpor recurso de reposición ante este órgano xudicial, no prazo dos tres días hábiles seguintes ao da súa notificación.

Así o acorda e asina SSª. Dou fe.

A maxistrada xuíza

A letrada da Administración de xustiza».

«Decreto.

Letrada da Administración de xustiza: María Teresa Vázquez Abades.

Santiago de Compostela, 2 de xaneiro de 2018.

Parte dispositiva.

Para dar efectividade ás medidas concretas solicitadas, acordo:

– Requirir de pagamento a Asociación Profesional de Selvicultores de España co fin de que, no prazo de dez días, aboe a cantidade de 7.099,66 euros en concepto de principal (5.461,67 euros en concepto de salarios e paga extra, 1.437,99 euros en concepto de xuros do artigo 29.3 do ET respecto da cantidade anterior, 200 euros en concepto de honorarios do letrado), máis outros 709,96 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, de ser o caso, se poidan devindicar durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación, ingresando o dito importe na conta deste xulgado, aberta en Banco Santander, co número IBAN ES55 0049 3569 9200 0500 1274 (nº expediente xudicial 1589 0000 64 0287 17), con apercibimento de que, en caso de non cumprir o requirimento no prazo conferido, se embargarán os seus bens para cubrir a dita suma, logo de indagación destes a través da aplicación informática deste xulgado.

– Requirir a Asociación Profesional de Selvicultores de España co fin de que, no prazo de dez días, manifeste unha relación de bens e dereitos suficientes para cubrir a contía da execución, con expresión, de ser o caso, das cargas e gravames, así como, no caso de inmobles, se están ocupados, por que persoas e con que título, baixo apercibimento de que, no caso de non o verificar, poderá ser sancionado, cando menos, por desobediencia grave, en caso de que non presente a relación dos seus bens, inclúa nela bens que non sexan seus, exclúa bens propios susceptibles de embargo ou non desvele as cargas e gravames que pesen sobre eles, e poderánselle impor tamén multas coercitivas periódicas.

Modo de impugnación. Contra esta resolución cabe recurso directo de revisión, que se deberá interpor ante este órgano xudicial no prazo dos tres días hábiles seguintes ao da súa notificación, con expresión da infracción que contén a xuízo do recorrente (artigo 188 da LXS).

A letrada da Administración de xustiza».

E para que sirva de notificación en legal forma a Asociación Profesional de Selvicultores de España, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 2 de xaneiro de 2018

A letrada da Administración de xustiza