Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 20 Luns, 29 de xaneiro de 2018 Páx. 6392

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO de notificación de sentenza (DSP 618/2017).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 618/2017 deste xulgado do social, seguidos por instancia de Ramiro José Triana Frechilla contra a empresa Seguridad y Planificación Galicia, S.L., foi pronunciada a sentenza, cuxa parte dispositiva di:

«Debo estimar e estimo a demanda presentada contra Seguridad y Planificación Galicia, S.L. e, en consecuencia:

– Declárase nulo o despedimento do traballador efectuado pola demandada por medio de comunicación do 31 de xullo de 2017.

– Condénase a empresa demandada á inmediata readmisión do demandante no seu posto de traballo, nas mesmas condicións que rexían con anterioridade ao despedimento, con aboamento dos salarios deixados de percibir desde a data do despedimento ata a efectiva readmisión a razón de 49,22 euros/día.

Condeno a administración concursal e o Fogasa a pasaren por esta resolución.

Notifíquese a presente resolución ás partes facéndolles saber que contra ela poden interpor recurso de suplicación no prazo de cinco días desde a súa notificación, logo de consignación do depósito de 300 euros e, no caso da empresa condenada, do importe obxecto de condena».

E para que sirva de notificación en legal forma a Seguridad y Planificación Galicia, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese a destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de decreto auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 2 de xaneiro de 2018

A letrada da Administración de xustiza