Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 21 Martes, 30 de xaneiro de 2018 Páx. 6592

III. Outras disposicións

Instituto Enerxético de Galicia

RESOLUCIÓN do 26 de decembro de 2017 pola que se aproban as bases reguladoras das subvencións para a creación, mellora e ampliación de pequenas infraestruturas para proxectos de enerxías renovables destinadas a particulares e cofinanciadas parcialmente co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, se anuncia a convocatoria anticipada para o ano 2018 e se procede á selección das entidades colaboradoras que participarán na xestión destas subvencións (IN421H, IN421I).

A sensibilidade especial que para a cidadanía está a ter o uso racional das enerxías e a busca de novas fontes enerxéticas renovables calou de forma importante no enfoque das administracións públicas, que unanimemente están a actuar neste campo, prestando o seu apoio ás iniciativas que sobre aforro e eficiencia enerxética ou enerxías renovables se están a desenvolver na actualidade.

O Instituto Enerxético de Galicia (Inega) constitúese en Axencia por Decreto 142/2016, do 22 de setembro, mantendo a súa adscrición a consellería competente en materia de enerxía, conforme o establecido na Lei 3/1999, do 11 de marzo , e entre cuxas funcións destacan a de incidir na utilización racional da enerxía, así como diversificar as fontes enerxéticas e reducir, na medida do posible, a dependencia exterior.

Para o desenvolvemento dos obxectivos anteriores, e na procura de incentivar o coidado do medio natural, o Inega establece este sistema de subvencións, complementario aos creados por outras entidades públicas, relacionados con proxectos que fomenten a xeración e aproveitamento de enerxía procedente de fontes renovables.

A presente convocatoria de axudas financiarase con cargo aos orzamentos do Inega, procedendo de fondos propios 4.380.000 euros e de fondos do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020 (Feader) 1.840.000 euros.

O Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020 (PDR), aprobado pola Comisión Europea por Decisión de Execución da Comisión, do 18 de novembro de 2015, e modificado mediante Decisión de Execución da Comisión C (2017) 5420 final, do 26 de xullo de 2017, prevé, na medida 7, actuacións dirixidas á mellora dos servizos básicos e renovación de poboacións nas zonas rurais. Esas medidas están financiadas, igual que as restantes que integran o PDR, polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), xunto con fondos da Comunidade Autónoma de Galicia e da Administración Xeral do Estado.

Neste contexto danse as condicións para que o Inega xestione e tramite a presente liña de subvencións, co obxectivo de fomentar o aforro enerxético a través da utilización de fontes de enerxía renovables como son: a biomasa, a aerotermia, a solar e a xeotérmica.

Máis concretamente, preténdese fomentar a utilización da biomasa forestal con fins enerxéticos, o que implica toda unha serie de vantaxes tanto sociais coma ambientais, económicas e enerxéticas. Non se debe esquecer que a biomasa é unha enerxía renovable cun reducido impacto ambiental que, polo seu carácter de recurso autóctono, favorece, dentro do campo enerxético, o autoabastecemento e a seguridade da subministración a prezos competitivos. Por obxectivos similares, é necesario impulsar outras tecnoloxías renovables como a solar, a xeotérmica e a aerotermia.

Precisamente o uso das enerxías renovables pode representar para Galicia un gran xacemento de nova actividade, e por iso, a Xunta de Galicia entende que é preciso facer unha aposta firme e realista de cara ao futuro, materializando esta a través da concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva.

As subvencións financiadas con fondos Feader centraranse na submedida 7.2. Creación, mellora e expansión de infraestruturas a pequena escala, incluíndo enerxía renovable e aforro enerxético do PDR 2014-2020, financiando con estes tipo de fondos os proxectos de biomasa (tipoloxía B2-B3) que se desenvolvan no medio rural.

De acordo co anterior

RESOLVO:

Artigo 1. Obxecto

1. Aprobar as bases reguladoras das subvencións, para a creación, a mellora e a ampliación de pequenas infraestruturas para proxectos de enerxías renovables, cofinanciadas parcialmente polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2014-2020, para o exercicio 2018, que se xuntan a esta resolución como anexo I. No caso das tipoloxías de proxectos cofinanciadas con fondos Feader irán destinadas exclusivamente a zonas rurais (IN421H, IN421I).

2. Seleccionar, en réxime de concorrencia competitiva, as entidades colaboradoras que participarán na súa xestión.

3. Aprobar os formularios para a xestión da convocatoria do ano 2018 que se xuntan a esta resolución como anexos II a IX.

4. Publicar o convenio de colaboración para as axudas a particulares para proxectos de enerxías renovables, ao cal deben adherirse as entidades colaboradoras (anexo X).

5. Convocar para o ano 2018, en réxime de concorrencia competitiva, segundo o disposto no artigo 19.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, as subvencións dirixidas a proxectos de enerxías renovables e a mellora dos servizos básicos e renovación da poboación nas zonas rurais para equipos térmicos de biomasa.

Artigo 2. Financiamento

1. A dotación máxima para financiar esta convocatoria é de 6.220.000 €, que se distribuirá do seguinte xeito:

Medida 7.2. Creación, mellora e expansión de infraestruturas a pequena escala, incluíndo enerxía renovable e aforro enerxético

Anualidade 2018

Aplicación orzamentaria

Biomasa (tipoloxía B2-B3, en zonas non densamente poboadas)

1.840.000 €

09.A2.733A.780.1

Anualidade 2018

Aplicación orzamentaria

Biomasa (excluída a tipoloxía B2-B3, en zonas non densamente poboadas)

3.580.000 €

09.A2.733A.780.1

Xeotérmica

500.000

09.A2.733A.780.2

Aerotermia e solar

300.000

09.A2.733A.780.3

2. O importe dos fondos previstos entenderase máximo, ben que cabería a posibilidade de ampliar o crédito como consecuencia dunha maior dispoñibilidade orzamentaria derivada dalgunha das circunstancias previstas no artigo 30.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia e, se é o caso, logo da aprobación da modificación orzamentaria que proceda. Isto podería dar lugar á concesión de máis subvencións de acordo coa orde de prelación de solicitantes que resulte da aplicación dos criterios de valoración fixados no artigo 19 das bases reguladoras.

De producirse a ampliación do crédito, publicarase no DOG e na páxina web do Inega (www.inega.gal), sen que tal publicidade implique a apertura de prazo para presentar novas solicitudes nin o inicio de novo cómputo para resolver.

3. Este crédito está financiado con fondos propios, ascendendo estes a 4.380.000 €, e con fondos do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020, ascendendo estes a 1.840.000 € dos cales o 75 % procede Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco da medida 7 «Actuacións dirixidas á mellora dos servizos básicos e renovación de poboacións nas zonas rurais», e da submedida 2 «Creación, mellora e expansión de infraestruturas a pequena escala, incluíndo enerxía renovable e aforro enerxético», un 7,50 % procede dos orzamentos xerais do Estado e un 17,50 % dos orzamentos da Comunidade Autónoma.

4. O crédito máximo para a biomasa será de 5.420.000 euros, coa seguinte distribución de fondos propios e fondos Feader:

Tipoloxía

Orzamento

Fondos

Grupo A1-A2-B1 e grupo

B2-B3 en zonas densamente poboadas

3.580.000 €

Propios

Grupo B2-B3 en zonas non densamente poboadas

1.840.000 €

Feader

Total

5.420.000 €

5. A presente convocatoria tramítase polo procedemento anticipado de gasto. O outorgamento das subvencións queda condicionado á existencia de crédito adecuado e suficiente no momento da resolución de concesión.

Artigo 3. Prazo para presentar as solicitudes e a documentación

1. As solicitudes de axudas presentaranse polas entidades colaboradoras segundo o modelo do anexo III desta resolución, xunto coa documentación que se indica nas bases reguladoras.

As solicitudes deberán presentarse exclusivamente por vía electrónica a través do formulario normalizado accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal), ou ben desde a páxina web do Inega (http://www.inega.gal ) de acordo co establecido no artigo 14 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (LPACAP).

Se a entidade colaboradora presenta a solicitude presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela na que fose realizada a emenda.

2. As entidades colaboradoras contarán cun prazo de quince (15) días hábiles, contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, para solicitar a súa adhesión, cubrindo e confirmando o formulario de adhesión (anexo II).

3. O prazo de presentación das solicitudes de axudas será dun (1) mes contado desde o día seguinte ao do remate do prazo de adhesión das entidades colaboradoras. Se o último día do prazo fose inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.

Artigo 4. Prazo de resolución das solicitudes

O prazo para ditar resolución expresa de concesión das axudas aos beneficiarios e notificarlla as entidades colaboradoras será de catro (4) meses contado desde o día seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de solicitudes. Se transcorrese o prazo sen que recaese resolución expresa as entidades colaboradoras poderán entender desestimadas as súas solicitudes por silencio administrativo, de conformidade co artigo 23.5 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Artigo 5. Prazos de execución e xustificación dos investimentos

Os investimentos xustificaranse documentalmente de acordo co disposto nas bases reguladoras. O prazo límite para a execución dos investimentos vinculados aos proxectos subvencionados e para a xustificación dos gastos será o 30 de setembro de 2018. O feito de non xustificar correctamente ditos investimentos devirá en perda do dereito ao cobramento da axuda concedida.

Disposición adicional única. Réxime recursos

Contra esta resolución, sen prexuízo de que os interesados poidan exercer calquera outro que consideren procedente, poderán interpor recurso de alzada, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, perante o presidente da Axencia Instituto Enerxético de Galicia, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Disposición derradeira primeira

O director do Inega poderá ditar os actos necesarios para asegurar a correcta execución desta convocatoria.

Disposición derradeira segunda

Esta resolución será aplicable desde o día seguinte á súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 26 de decembro de 2017

Ángel Bernardo Tahoces
Director do Instituto Enerxético de Galicia

ANEXO I

Bases reguladoras das subvencións para a creación, a mellora e a ampliación de pequenas infraestruturas para proxectos de enerxías renovables, destinadas a particulares, financiadas con fondos propios: Biomasa (proxectos do grupo A1-A2 e B1 e do grupo B2 e B3 en zonas densamente poboadas), aerotermia, xeotermia e solar e para proxectos e actuacións dirixidas a mellora dos servizos básicos e renovación da poboación nas áreas rurais de Galicia cofinanciadas parcialmente polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2014-2020: biomasa dos grupos B2-B3 en zonas que non estean densamente poboadas.

Artigo 1. Obxecto

O obxecto destas subvencións é apoiar proxectos promovidos polos particulares e as súas agrupacións e asociacións con fins de aforro enerxético e fomento do uso das enerxías renovables. Os proxectos limitaranse a instalacións para a xeración de enerxía térmica mediante equipamentos que utilicen biomasa como combustible e outras instalacións de enerxías renovables que utilicen como fonte enerxética a xeotermia, a aerotermia ou a solar.

Financiaranse con fondos propios os proxectos de biomasa do grupo A1: estufas de aire, cociñas calefactoras, A2: cambio de queimadores existentes que non sexa de biomasa e B1: equipamentos térmicos sen sistema de alimentación automática ou volume de acumulación de combustible V < 250 litros. Con estes fondos tamén se financiarán os grupos B2 e B3 de biomasa (grupo B2: caldeiras con sistemas de alimentación automática e volume de acumulación de combustible V ≥ 250 litros e V < 1.000 litros e B3: caldeiras con sistema de alimentación automática e volume de acumulación de combustible V ≥ 1.000 litros) que se desenvolvan en zonas densamente poboadas. Tamén se financiarán con fondos propios, en Galicia, os proxectos de aerotermia, solar térmica, solar fotovoltaica e enerxías xeotérmicas.

Cofinanciaranse con fondos Feader os proxectos de biomasa do grupo B2: caldeiras con sistemas de alimentación automática e volume de acumulación de combustible V ≥ 250 litros e V < 1.000 litros e B3: caldeiras con sistema de alimentación automática e volume de acumulación de combustible V ≥ 1.000 litros que se desenvolvan en parroquias definidas como rurais ou intermedias para os efectos da aplicación do Feader (clasificación ZPP ou ZIP do grao de urbanización da parroquia segundo o GU 2016).

Artigo 2. Requisitos e regras xerais

1. Todos os proxectos deberán cumprir os requisitos seguintes:

a) Que non estean iniciados na data de presentación da solicitude da axuda. Os solicitantes poderán iniciar a execución do proxecto unha vez presentada a solicitude de axuda.

b) Os proxectos financiados con fondos Feader: (biomasa dos grupos B2-B3) deberán ser realizadas no ámbito rural de Galicia, entendido como tal o ámbito de aplicación do PDR 2014-2020 de Galicia.

A delimitación destas zonas onde se debe realizar a actividade está definida a nivel de grao de urbanización.

Non obstante o anterior, non serán subvencionables con fondos Feader os proxectos de biomasa dos grupos B2-B3 que se desenvolvan nas zonas consideradas densamente poboadas (urbanas) en cada territorio. A delimitación destas zonas onde se debe realizar a actividade está definida a nivel de parroquia en función da densidade da poboación. Só serán elixibles as parroquias definidas como rurais ou intermedias para os efectos da aplicación do Feader (clasificación ZPP ou ZIP do grao de urbanización da parroquia segundo o GU 2016). Na páxina web do Inega pode consultarse a relación de parroquias clasificadas como ZDP.

c) Que sexan finalistas, é dicir, que no momento da certificación final cumpran os obxectivos e funcións para os que foron aprobados.

d) Que sexan viables tecnicamente.

e) Que se axusten á normativa sectorial (comunitaria, estatal e autonómica) en materia enerxética.

f) Que se axusten ás especificacións indicadas nas presentes bases.

g) Que o solicitante non teña sido sancionado pola Consellería de Economía, Emprego e Industria pola comisión de infraccións en materia de subvencións no prazo dun ano se a infracción foi cualificada como leve, de dous anos se a infracción foi cualificada como grave, ou tres anos se a infracción foi cualificada como moi grave. Os prazos computaranse desde a data de remate do prazo de presentación das solicitudes.

2. O beneficiario no caso de pagamento indebido quedará obrigado a reembolsar o importe en cuestión, ao que se engadirán, se é o caso, os xuros. Non se aplicará a obriga de reembolso se o pagamento é froito dun erro da autoridade competente ou de outra autoridade sen que o beneficiario puidese detectar razoablemente ese erro (artigo 7.1 e 3 do Regulamento (UE) 809/2014, da Comisión, do 17 de xullo de 2014).

Con carácter xeral, os supostos de retirada total e parcial da axuda e a imposición de sancións administrativas ao beneficiario e as entidades colaboradoras veñen reguladas no artigo 63 do Regulamento (UE) 809/2014, da Comisión, do 17 de xullo de 2014.

Artigo 3. Conceptos subvencionables

1. Serán subvencionables:

a) O equipamento principal de xeración enerxética (paneis solares, bomba de calor, caldeira).

No caso da biomasa o custo do equipamento térmico e os seus accesorios principais (sistema de regulación e control, sistemas de limpeza, depuración de fumes, extracción cinzas).

b) Resto de accesorios da instalación para o correcto funcionamento de sistema.

c) O custo do sistema de almacenamento do combustible.

d) O custo do sistema de alimentación do combustible.

e) O custo de montaxe e conexionado.

f) No caso da enerxía xeotérmica, o sistema de captación do recurso xeotérmico: sondaxes, intercambiadores, acumuladores, tubarías, etc.

g) No caso da enerxía fotovoltaica o acondicionamento da enerxía eléctrica (inversores, convertedores, reguladores, cadros eléctricos, elementos de interconexión, proteccións, cableado, equipamentos de medidas, etc.), monitorización (sensores, adquisición de datos, comunicación remota, etc.) e sistema de acumulación con baterías. Serán subvencionables tanto as instalacións illadas da rede como as conectadas a ela.

h) IVE, cando non sexa recuperable conforme a lexislación nacional sobre IVE.

En todo caso, os beneficiarios que gocen da exención do IVE, deberán acreditar esta circunstancia mediante a presentación do correspondente certificado emitido pola Administración tributaria.

2. Non son subvencionables:

a) Os gastos de funcionamento da actividade subvencionada e material funxible en xeral.

b) Os gastos anteriores á presentación da solicitude.

c) A reposición ou mera substitución de equipamentos existentes en proxectos financiados con fondos Feader. Para estes efectos, enténdese por gastos de reposición ou substitución aqueles que se limiten a substituír unha máquina existente ou parte desta por unha máquina nova e moderna sen ampliar a capacidade de produción en máis dun 25 % ou introducir cambios fundamentais na natureza da produción ou tecnoloxía correspondente).

d) Equipamento e materiais de segunda man.

e) As obras de mantemento e os gastos de alugueiro.

f) As taxas e licenzas administrativas.

g) As conducións de distribución interior da calor e os equipamentos emisores, salvo cando estes sexan parte activa do circuíto de xeración térmica.

Artigo 4. Normas específicas

1. Co obxectivo de garantir ao máximo aproveitamento enerxético do combustible e minimizar as emisións de substancias contaminantes á atmosfera, os equipamentos de xeración de calor deberán ser instalacións con avanzadas prestacións operativas, con elevados niveis de eficiencia enerxética e cun bo comportamento con respecto ao ambiente.

Para tal efecto, as instalacións financiadas deben cumprir cos requisitos establecidos no Real decreto 1027/2007, do 20 de xullo, polo que se aproba o Regulamento de instalacións térmicas de edificios (RITE), coas condicións establecidas no documento recoñecido do RITE sobre biomasa térmica, así como calquera outra normativa enerxética nacional, rexional ou local que lles sexa de aplicación. Especificamente:

a) Equipamentos térmicos de biomasa.

En relación ás estufas de aire e outros equipamentos que non requiran o cumprimento do Real decreto 1027/2007, exixirase que o solicitante presente un rendemento do equipamento térmico superior ao 75 % e, no caso de que fose de aplicación, unha cualificación enerxética en modo calefacción igual ou superior a D.

b) Bombas de calor.

No caso das bombas de calor, os equipamentos que se instalan deberán contar cun coeficiente de eficiencia enerxética en modo calefacción (COP) igual ou superior a 3,5, nas condicións establecidas na norma que lles afecte (UNE-EN 14511:2012, UNE-EN 15316:2010, UNE-EN 16147, UNE-EN 14825:2012, etc). Tomaranse como temperaturas de referencia para o cálculo do COP e da potencia 0/35 ºC para bombas de calor xeotérmicas e 7/35 ºC para aerotermia. No caso dos equipamentos que, segundo a normativa específica, deban dispoñer dunha cualificación enerxética, os equipamentos deberán contar cunha cualificación A ou superior, salvo no caso de equipamentos acumuladores que será C ou superior.

Ademais, en calquera dos casos anteriores, o sistema deberá poder ser considerado como renovable, para o que verificará os requirimentos mínimos incluídos no documento «Prestacións medias estacionais das bombas de calor para a produción de calor en edificios», emitido polo Instituto para a Diversificación e Aforro da Enerxía, en función das características da instalación. Polo tanto, para xustificar esta condición, deberá achegarse a documentación xustificativa do ensaio para a obtención do COP, do factor de corrección FC e do factor de ponderación FP segundo a zona climática e o tipo de instalación.

c) Solar térmica.

Considéranse neste punto as instalacións que aproveitan a radiación solar para o quentamento dun fluído mediante paneis solares planos ou tubos de baleiro, sempre que a súa utilización conduza a un aforro dun combustible convencional.

Non serán subvencionables aquelas instalacións destinadas á xeración de auga quente sanitaria (AQS) ou climatización de piscinas que sexan obrigatorias en virtude do Documento básico HE 4-Contribución solar mínima de auga quente sanitaria do Código técnico da edificación (CTE), aprobado polo Real decreto 314/2006, do 17 de marzo, independentemente da porcentaxe de contribución solar que cubra a instalación solar proxectada nestes usos. Para instalacións afectadas polo CTE que tamén se destinen a outras aplicacións non obrigadas por esta normativa, unicamente se poderá obter axuda pola parte correspondente a estas últimas aplicacións.

As instalacións solares destinadas ao apoio á calefacción no sector doméstico e terciario, unicamente serán subvencionables se utilizan emisores de baixa temperatura de deseño (menores de 50 ºC), como chan radiante, radiadores de baixa temperatura ou fan coils.

Non serán subvencionables aquelas instalacións destinadas ao quentamento da auga de piscinas descubertas.

O coeficiente global de perdas do panel solar deberá ser inferior ou igual a 9 W/(m2ºC). Os equipamentos acumuladores deben dispoñer dunha cualificación enerxética clase C ou superior.

2. O investimento elixible máximo por potencia unitaria (sen IVE) estará limitado polas características do sistema segundo a seguinte táboa:

a) Biomasa

Tipoloxía

Tipo de equipo xerador

de biomasa

Rango de potencias

Custo elixible máximo por potencia sen IVE (€/kW)

A1

Estufas de aire, cociñas calefactoras e xeradores de aire quente

P ≤ 25 kW

225-5 P

P > 25 kW

100

A2

Cambio de queimador en equipo existente que non sexa de biomasa

50

B1

Equipamentos térmicos sen sistema de alimentación automática ou volume de acumulación de combustible

V < 250 litros

P ≤ 20 kW

300-5 P

20 kW < P ≤ 40 kW

250-2,5 P

P > 40 kW

150

B2

Caldeiras con sistema de alimentación automática e volume de acumulación de combustible V ≥ 250 litros e V < 1.000 litros

P ≤ 40 kW

300

40 kW < P ≤ 440 kW

310-(P/4)

P > 440 kW

200

B3

Caldeiras con sistema de alimentación automática e volume de acumulación de combustible

con V ≥ 1.000 litros

P ≤ 40 kW

325

40 kW < P ≤ 440 kW

335-(P/4)

P > 440 kW

225

P: potencia nominal total do sistema de caldeira(s) (kW).

V: capacidade do sistema externo de acumulación de combustible (litros).

Nas tipoloxías B1, B2 e B3, no caso de que a caldeira incorpore un sistema de limpeza automática de intercambiador, o custo elixible máximo por potencia unitaria (sen IVE) poderá incrementarse en 50 €/kW adicionais.

O Inega comprobará (con referencia dos orzamentos presentados, tarifas oficiais e outra información dispoñible) que o orzamento do equipamento térmico se corresponde co valor de mercado minorando o custo presentado no caso de que existan diverxencias.

Para o resto dos conceptos subvencionables, o importe destes puntos poderá ser corrixido unha vez valorado o orzamento presentado.

Non se admitirán nunha mesma solicitude varias caldeiras de distintas tipoloxías.

b) Xeotermia.

Tipoloxía

Características do equipamento

Rango de potencias

Investimento elixible máximo por potencia (€/kW)

A1

Instalacións con bombas de calor xeotérmicas con intercambio soterrado horizontal

P ≤ 10 kW

1.300

10 kW < P ≤ 30 kW

1.300-10 · (P-10)

30 kW < P ≤ 100 kW

1.100-2 · (P-30)

P > 100 kW

960

A2

Instalacións con bombas de calor xeotérmicas con intercambio soterrado vertical

P ≤ 10 kW

1.900

10 kW < P ≤ 30 kW

1.900-25 · (P-10)

30 kW < P ≤ 100 kW

1.400-3 · (P-30)

P > 100 kW

1.190

P: potencia térmica útil da bomba de calor (kW), debidamente xustificada coa documentación achegada, tal e como se indica no artigo 14 (documentación complementaria).

c) Aerotermia.

O investimento elixible máximo será de 600 €/kW para as bombas de calor aire/auga e 400 €/kW para ás aire/aire, sendo avaliada a potencia tal e como se indica no artigo 14 (documentación complementaria).

d) Solar térmica.

Segundo a tecnoloxía utilizada, a contía máxima da subvención será a seguinte:

Tipo de instalación

Investimento elixible máximo

Paneis planos

1.500 euros/kW (*)

Tubos de baleiro

1.000 euros/m2 (**)

(*) A potencia en kW calcularase a partir da superficie útil de captación (de apertura) e da curva de rendemento do panel, con temperatura de entrada 45 ºC, temperatura ambiente 15 ºC e 800 W/m2 de radiación.

(**) Superficie de apertura.

Adicionalmente, na procura de instalacións de potencia racionais, establécese un custo elixible máximo por vivenda segundo a seguinte táboa e habilítase a comisión de valoración para establecer limitacións da potencia térmica elixible en función da aplicación (por exemplo, en función da superficie que se vai calefactar. Para estes efectos, defínese vivenda como todo inmoble que se utilice ou fose deseñado para a residencia dunha familia, independentemente do tamaño desta e da súa tipoloxía (piso, vivenda unifamiliar, acaroado,…).

Tipoloxía

Investimento elixible máximo por vivenda (€, excluído o IVE)

Xeotermia

12.000

Aerotermia

6.000

Solar térmica

6.000

e) Solar fotovoltaica.

O custo elixible máximo establécese como o sumatorio de dous compoñentes:

i) Establécense para cada solicitante custos na instalación por KWp en función da potencia instalada en paneis fotovoltaicos.

Potencia en paneis (kwp)

€/kwp (sen IVE)

P <=5 kWp

2.500

5 < P <=20 kWp

2.850-70 P

P > 20 kWp

1510-3P

ii) Adicionalmente a táboa anterior consideraranse custos por kWh de acumulación nas baterías, distinguindo entre as baterías de última tecnoloxía (litio) e o resto das baterías convencionais (monoblock, opz, xel, etc.). De non incorporar o proxecto baterías este sumando sería cero.

Tipo de baterías

€/kWh acumulación (sen IVE)

Baterías de litio

750

Resto de baterías (monoblock, opzs, xel, etc.)

200

Artigo 5. Compatibilidade das subvencións

1. Cando as subvencións reguladas nestas bases estean financiadas con fondos Feader, é dicir, para proxectos de biomasa B2-B3 en zonas que non sexa densamente poboadas, serán incompatibles con calquera outra axuda que, para o mesmo proxecto ou finalidade, leve cofinanciamento comunitario, independentemente do fondo de procedencia e a súa tipoloxía (subvención directa, bonificación de xuros, ...).

2. Cando se trate de subvencións financiadas con fondos propios, é dicir, para proxectos do grupo A1-A2 e B1 e B2-B3 en zonas densamente poboadas, estas serán compatibles con outras axudas, subvencións ou recursos destinados á mesma finalidade. A intensidade máxima das axudas con fondos públicos non excederá o 100 % do importe elixible do proxecto.

3. O incumprimento do disposto neste artigo considerarase unha alteración das condicións tidas en conta para a concesión da axuda, e poderá dar lugar á modificación da resolución de concesión nos termos previstos no artigo 26 destas bases reguladoras.

Artigo 6. Información aos interesados

Sobre este procedemento administrativo poderase obter documentación normalizada ou información adicional a través dos seguintes medios:

1. Na páxina web do Inega (www.inega.gal) e no correo electrónico inega.info@xunta.gal

2. No teléfono 981 54 15 00 (Inega).

3. Presencialmente, no Inega (rúa Avelino Pousa Antelo, 5. San Lázaro. 15703 Santiago de Compostela), previa cita no teléfono 981 54 15 00.

Artigo 7. Entidades colaboradoras

1. As entidades colaboradoras actuarán en nome e por conta do órgano concedente para todos os efectos relacionados coa subvención, colaborando na xestión desta e sen que isto implique a entrega e distribución dos fondos públicos aos beneficiarios, que recibirán o importe da axuda directamente do Inega. Así, serán as encargadas da venda, promoción e instalación dos equipamentos indicados no artigo 3.

2. Na súa relación co Inega, as entidades colaboradoras realizarán as seguintes funcións:

a) Realización ante o Inega dos trámites para solicitar a axuda.

b) Desenvolvemento das accións vinculadas á convocatoria.

c) Xustificación da axuda ante o Inega.

3. Para os efectos destas axudas, poderán ser entidades colaboradoras as entidades privadas con personalidade xurídica, validamente constituídas, así como os empresarios individuais sempre que, en ambos os dous casos, teñan o seu domicilio social ou algún centro de traballo na Comunidade Autónoma de Galicia e que acrediten as condicións de eficacia e solvencia técnica e económica que se establecen neste artigo.

4. Para lograr a solvencia técnica e económica, as entidades colaboradoras deberán dispor dos medios tecnolóxicos precisos que garantan o acceso á aplicación informática habilitada para a xestión de selección de entidades colaboradoras e para a tramitación das solicitudes de axuda, así como, a utilización de medios electrónicos nas comunicacións entre as entidades colaboradoras e o Inega. As características técnicas exixibles poderán consultarse na páxina web do Inega (www.inega.gal).

5. Será necesario que as entidades colaboradoras estean dadas de alta na Consellería de Economía, Emprego e Industria como empresas de instalacións térmicas en edificios para os casos de aerotermia, xeotermia, biomasa e solar térmica e como empresa instaladora de baixa tensión para enerxía solar fotovoltaica.

6. Poderán adquirir a condición de entidade colaboradora aquelas entidades que reúnan os requisitos establecidos neste artigo e que o soliciten no prazo que se indica no artigo 4 da resolución de convocatoria, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

7. Non poderán obter a condición de entidade colaboradora aquelas nas que concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10.2 e 3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e na súa normativa de desenvolvemento.

8. As entidades colaboradoras seleccionaranse de acordo co procedemento que se establece no artigo 9 destas bases, con suxeición á normativa que resulte de aplicación.

De conformidade coa Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, as entidades colaboradoras deberán formalizar o convenio de colaboración entre elas e o Inega, no que se regularán as condicións e obrigas asumidas por aquelas, cuxo modelo figura no anexo X destas bases. O dito convenio posuirá o contido mínimo previsto no artigo 13 da Lei de subvencións.

Artigo 8. Obrigas e compromisos das entidades colaboradoras

1. Son obrigas das entidades colaboradoras, sen prexuízo do disposto no artigo 12 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia:

a) Encontrarse ao día no pagamento das obrigas coa Facenda pública do Estado, da Administración autonómica, así como coa Seguridade Social.

b) Someterse ás actuacións de comprobación e control financeiro dos órganos competentes da Administración autonómica, estatal e comunitaria no exercicio das súas funcións.

c) Cumprir cos criterios establecidos no convenio subscrito co Inega.

d) Actuar en nome e por conta do Inega para todos os efectos relacionados coa subvención, colaborando na xestión das subvencións sen que se produza a previa entrega e distribución dos fondos recibidos.

e) Conservar os xustificantes orixinais e o resto da documentación relacionada coa axuda durante un período de cinco anos desde a súa concesión.

f) Remitir copia dixitalizada da dita documentación ao Inega.

g) Deixar clara constancia nos seus rexistros contables e, así, facilitar a axeitada xustificación da subvención e a comprobación do cumprimento das condicións establecidas, de acordo co disposto no artigo 13.2.j) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

h) Transcorrido o prazo máximo sen ditarse resolución expresa, as entidades colaboradoras poderán entender desestimadas as súas solicitudes por silencio administrativo.

2. As entidades colaboradoras adheridas asumirán os seguintes compromisos:

a) Cubrir convenientemente os formularios de solicitude de axuda (anexo III) a través da aplicación informática que se habilite para o efecto.

b) Vender no marco da iniciativa só os equipamentos que cumpran coas condicións establecidas nas bases.

c) Cumprir coa normativa establecida para o desenvolvemento do convocatoria, en concreto, a autorización ou inscrición da instalación no rexistro correspondente da consellería competente en materia de industria.

Artigo 9. Adhesión de entidades colaboradoras

1. Adhesión simplificada.

Esta forma de adhesión está unicamente dirixida ás entidades colaboradoras adheridas ao Convenio de xestión das axudas de biomasa particulares 2017, regulado na Resolución do 9 de febreiro de 2017 (DOG núm. 43, do 2 de marzo) e que desexen adherirse ao procedemento de xestión das axudas para proxectos de enerxías renovables para particulares 2018.

A entidade colaboradora deberá acceder á aplicación informática dispoñible na páxina web do Inega (http://www.inega.gal) ou accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia (http://sede.xunta.gal), para cubrir a solicitude de adhesión (anexo II) e o convenio de colaboración (anexo X), xerarase un documento en formato pdf con estes dous anexos.

Por defecto, a aplicación informática cubrirá os anexos cos datos dispoñibles da convocatoria da anualidade 2017. A entidade colaboradora poderá actualizar os datos, se é o caso. No caso de modificación de datos, a entidade colaboradora deberá xuntar a documentación necesaria para xustificar estes cambios, de igual xeito que se realiza na adhesión común, regulada no punto dous deste artigo.

Para acceder á aplicación informática e solicitar a adhesión simplificada, utilizará o usuario e o contrasinal outorgados polo Inega na convocatoria 2017. No caso de que algunha entidade colaboradora non recorde estes datos, poderá solicitalos a través do correo electrónico habilitado para tal efecto, indicando os seus datos para identificación.

Unha vez xerada a solicitude normalizada (anexo II) e o convenio de colaboración (anexo X), deberá presentalos por vía electrónica de conformidade co establecido.

2. Adhesión común (altas novas entidades colaboradoras).

a) A primeira vez que a entidade colaboradora acceda á aplicación asignarase un usuario e un contrasinal. Este usuario e contrasinal serán os válidos para consultar o estado da solicitude de adhesión, para cubrir as solicitudes de axuda e para ver o seu estado.

b) A entidade colaboradora deberá acceder á aplicación informática dispoñible na páxina web do Inega (http://www.inega.gal) ou accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia (http://sede.xunta.gal) para cubrir a solicitude de adhesión (anexo II) e o convenio de colaboración (anexo X), xerarase un documento en formato pdf con estes dous anexos -o segundo por duplicado-.

Unha vez xerada a solicitude normalizada (anexo II), deberá presentala por vía electrónica de conformidade co establecido. As copias dos documentos dixitalizados gozarán da mesma validez e eficacia que os orixinais sempre que exista constancia de que sexan auténticas.

Se a entidade interesada presenta a súa solicitude presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela na que fose realizada a emenda.

A publicación dos formularios de solicitude no DOG farase unicamente para os efectos informativos.

c) As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:

i. Documento acreditativo de poder suficiente do representante legal da entidade.

ii. Recibo do imposto de actividades económicas (IAE) ou, se é o caso, declaración responsable de exención de pagamento segundo figura no anexo II.

iii. Convenio de colaboración (anexo X) debidamente asinados pola entidade colaboradora.

iv. Unha vez asinado polo Inega, a entidade colaboradora poderá acceder ao citado convenio no taboleiro.

d) Comprobación de datos.

Para a tramitación deste procedemento, consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:

I. Certificacións de estar ao día no pagamento coa AEAT, Seguridade Social e Facenda Autonómica.

II. DNI ou NIE, cando a entidade colaboradora sexa unha persoa física (autónomo).

III. NIF, cando a entidade colaboradora sexa unha persoa xurídica.

IV. Certificación de alta no Imposto de actividades económicas cando a entidade colaboradora sexa unha empresa.

No caso de que as persoas interesada se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no cadro habilitado no modelo de solicitude e achegar os documentos correspondentes.

Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

e) A documentación complementaria deberase presentar electronicamente. As entidades interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.

Se a entidade interesada presenta a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose presentada a emenda.

As copias dos documentos gozarán da mesma validez e eficacia que os seus orixinais sempre que exista constancia de que sexan auténticas.

Sempre que se realice a presentación de documentación separadamente da solicitude, deberá indicarse o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se dispón del.

No caso de que algún dos documentos que se van presentar de forma electrónica superase os tamaños máximos establecidos 5 MB, por arquivo individual, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos.

3. Prazo de presentación das solicitudes de adhesión.

O prazo para a presentación das solicitudes de adhesión será o establecido no artigo 3.2 da resolución de convocatoria.

4. Instrución do procedemento de adhesión.

a) Unha vez presentada a solicitude de adhesión xunto coa documentación complementaria, o órgano instrutor comprobará que reúne todos os requisitos e que se achegan todos os documentos exixidos polas bases reguladoras. De conformidade coa normativa reguladora do procedemento administrativo común, se a solicitude non reúne os requisitos exixidos, requirirase a entidade colaboradora, para que, nun prazo de 10 días hábiles, emende a falta ou presente os documentos preceptivos, coa advertencia expresa de que, se así non o fixese, se terá por desistido da súa petición e se arquivará o expediente.

Igual requirimento se efectuará por parte do Inega no suposto de resultado negativo da consulta efectuada a Axencia Estatal da Administración Tributaria (AEAT); Tesouraría Xeral da Seguridade Social (TXSS); consellería competente en materia de economía e facenda, rexistro mercantil e outros rexistros públicos.

b) De conformidade co establecido no artigo 7 en canto á solvencia técnica das entidades colaboradoras, utilizaranse medios electrónicos para as notificacións, de maneira que, cando existindo constancia da posta á disposición da notificación, transcorresen 10 días naturais sen que se acceda ao seu contido, entenderase que a notificación foi rexeitada, salvo que, de oficio ou por instancia do destinatario, se comprobe a imposibilidade técnica ou material de acceso.

c) A práctica dos requirimentos electrónicos, farase da seguinte maneira:

i. Enviaráselle a entidade colaboradora, ao enderezo de correo electrónico que facilitara na adhesión, un aviso que o informará da posta á disposición do requirimento.

ii. Poderá acceder ao citado requirimento no taboleiro dispoñible na aplicación co seu usuario e contrasinal.

d) Todos os trámites posteriores que as persoas interesadas teñan que realizar presentaranse electronicamente a través da aplicación do Inega.

5. Instrución do procedemento e audiencia.

a) A xerencia do Inega realizará de oficio os actos de instrución necesarios para a determinación, coñecemento e comprobación dos datos en virtude dos cales se debe formular a proposta de resolución.

b) Logo de revisar as solicitudes e as emendas feitas, e inmediatamente antes da resolución, porase de manifesto ás entidades colaboradoras para que, nun prazo de 10 días hábiles, poidan formular alegacións e presentar os documentos e xustificacións que consideren pertinentes.

Poderase prescindir do trámite a que se refire o parágrafo anterior cando non figuren no procedemento nin se vaian ter en conta na resolución outros feitos nin outras alegacións ou probas que as aducidas polo interesado.

c) Unha vez concluído o trámite de audiencia, o órgano instrutor formulará a proposta de resolución, que elevará ao órgano competente para resolver.

6. Resolución.

a) O director do Inega é o órgano competente para resolver o procedemento de selección das solicitudes de obtención da calidade de entidade colaboradoras das entidades colaboradoras.

b) O prazo máximo para resolver sobre as adhesións é de 25 días hábiles desde a publicación desta Resolución no Diario Oficial de Galicia (DOG). Pasado o devandito prazo, as entidades colaboradoras poderán entender desestimadas as súas solicitudes por silencio administrativo. A resolución ditarase individualmente para cada unha das solicitudes, e notificarase seguindo estritamente a súa orde de presentación, salvo que se deba emendar, momento en que se terá en conta a data de presentación da emenda.

Aqueles expedientes que reúnan todos os requisitos e a documentación necesaria serán adheridos a este programa.

7. Notificación das resolucións.

a) Todas as resolucións serán notificadas de acordo co establecido na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

b) Segundo o establecido no artigo 7, en canto á solvencia técnica das entidades colaboradoras, utilizaranse medios electrónicos para as notificacións, de maneira que, cando existindo constancia da posta á disposición da notificación, transcorresen 10 días naturais sen que se acceda ao seu contido, entenderase que a notificación foi rexeitada salvo que de oficio ou por instancia do destinatario se comprobe a imposibilidade técnica ou material de acceso.

c) Na páxina web do Inega (www.inega.gal) poderá consultarse a listaxe de entidades colaboradoras adheridas ao programa.

Artigo 10. Beneficiarias

1. Poderán ser beneficiarias das subvencións, sen prexuízo de reunir os demais requisitos establecidos nestas bases, as persoas físicas propietarias de calquera dereito sobre un inmoble de dereito residencial ou as comunidades e mancomunidades de veciños, sempre que as actuacións subvencionables descritas no artigo 3 se realice en vivendas ou edificios do sector residencial sitas na Comunidade Autónoma de Galicia. Así mesmo, as agrupación de persoas físicas, privadas sen personalidade, non podendo estas disolverse ata que transcorra o prazo de prescrición previsto nos artigos 35 e 63 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

2. Non poderán ter a condición de beneficiarias as persoas ou entidades en que concorra algunha das circunstancias previstas nos números 2 e 3 do artigo 10 da citada Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Artigo 11. Obrigas dos beneficiarios

1. Son obrigas dos beneficiarios as establecidas no artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia e, en particular, as seguintes:

a) As descritas no artigo 8.1, letras a), b) deberes comúns ás entidades colaboradoras.

b) Proporcionarlle á entidade colaboradora todos os documentos necesarios para poder tramitar as axudas establecidas nestas bases, así como acreditar os requisitos ou condicións que determinen a concesión da axuda, no prazo sinalado na convocatoria ou, excepcionalmente, o que se sinale na resolución, cando esta sexa consecuencia da estimación dun recurso.

O solicitante ten que facilitarlle á entidade colaboradora seleccionada as outras dúas ofertas que necesariamente teñen que acompañar a solicitude de axuda.

As ofertas presentadas teñen que ser sempre con carácter previo á contratación do compromiso para a prestación do servizo ou a entrega do ben.

As ofertas deberan respectar a moderación de custos, tal como establece o artigo 48.2.e) do Regulamento de execución (UE) 809/2014, da Comisión, do 17 de xullo de 2014. Para iso, para todos os gastos incluídos na solicitude de axuda, deberá solicitarse, como mínimo tres ofertas de diferentes provedores con carácter previo á contratación, e presentar coa solicitude de axuda. As ofertas presentadas para cada gasto deberán cumprir cos seguintes requisitos:

i. Deberán proceder de empresas que teñan como obxecto social a fabricación ou subministración dos bens ou servizos incluídos na oferta, salvo na compra de terreos e edificacións.

ii. Non poderán proceder de empresas vinculadas entre elas, nin co solicitante, nos termos establecidos na lexislación de contratos do sector público.

iii. Deberán incluír, como mínimo, o NIF, nome e enderezo da empresa oferente, o nome ou razón social da empresa solicitante da axuda, a data de expedición e unha descrición detallada dos conceptos ofertados. Para que a descrición dos conceptos se considere detallada, deberá incluír no caso de obra civil e instalacións a relación pormenorizada e cuantificada das unidades de obra que inclúe, no caso de subministración de maquinaria e equipamentos a súa marca, modelo, así como características técnicas, e no caso de prestación de servizos, a descrición detallada destes.

Excepcionalmente, no caso de conceptos subvencionables que polas súas especiais características non exista no mercado suficiente número de entidades que o subministren, a moderación de custos poderá xustificarse alternativamente mediante un informe dun taxador, perito ou dun organismo público autorizado no que se determine xustificadamente o seu valor de mercado.

Non se considerarán subvencionables os gastos nos que non se xustifique a moderación de custos conforme os criterios e requisitos sinalados.

c) Acreditar ante a entidade colaboradora, con anterioridade a ditarse a proposta de resolución de concesión, así como antes das correspondentes propostas de pagamento, que está ao día nas súas obrigas tributarias estatais e autonómicas e da Seguridade Social e que non ten pendente de pagamento ningunha outra débeda, por ningún concepto, coa Administración pública da comunidade autónoma.

d) Realizar o pagamento das facturas emitidas pola entidade colaboradora antes da data en que se deban presentar ante o Inega. Este pagamento debe estar debidamente documentado mediante xustificante bancario, tal e como se establece no artigo 25 destas bases.

e) Cando non poida executar o proxecto deberá renunciar á subvención. A renuncia tramitarase pola entidade colaboradora, mediante a presentación do anexo VI que se xunta a título informativo. Este anexo estará dispoñible na páxina web do Inega (http://www.inega.gal).

f) O beneficiario está obrigado a respectar o destino do investimento, polo menos, os cinco (5) anos posteriores á data da resolución de pagamento final, salvo que existan prazos de maior amplitude aplicables no ámbito da Xunta de Galicia para proxectos determinados, caso no que se aplicarán estes.

g) Os bens subvencionados quedarán afectos á actividade subvencionada un mínimo de cinco (5) anos desde a resolución de pagamento final, salvo que existan prazos de maior amplitude aplicables no ámbito da Xunta de Galicia para proxectos determinados, caso no que se aplicarán estes.

h) Conservar os documentos xustificativos da aplicación dos fondos recibidos, incluídos os documentos electrónicos, que poidan ser obxecto das actuacións de comprobación e control.

i) Comunicarlle ao Inega, a través da entidade colaboradora, a obtención de outras subvencións, axudas, ingresos ou recursos que financien as actividades subvencionadas, así como a modificación das circunstancias que fundamentasen a concesión da subvención. Esta comunicación deberá efectuarse no momento en que se coñeza e, en todo caso, con anterioridade á xustificación da aplicación dada aos fondos.

j) Proceder ao reintegro dos fondos percibidos nos supostos establecidos no artigo 33 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

k) En cumprimento do artigo 15.3 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia, no caso de promoción ou difusión pública que as persoas beneficiarias realicen da actuación subvencionada por calquera soporte, deberá constar o cofinanciamento con fondos da Xunta de Galicia a través do Instituto Enerxético de Galicia, que se efectuará incorporando de forma visible o símbolo e logotipo da Xunta de Galicia e do Inega.

l) Cando se trate de proxectos de biomasa do grupo B2 e B3 en zonas que non sexa densamente poboadas, debe cumprir as medidas en materia de información e comunicación, sobre o apoio procedente dos fondos Feader, recollidas no punto 2 da parte 1 do anexo III do Regulamento de execución (UE) 808/2014, da Comisión do 17 de xullo de 2014, polo que se establecen disposicións de aplicación do Regulamento (UE) 1305/2013, do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013, relativo a axuda ao desenvolvemento rural a través de Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader).

En todas as actividades de información, publicidade e comunicación que leve a cabo o beneficiario deberá recoñecer o apoio do Feader a operación financiada mostrando o emblema da Unión e unha referencia a axuda do Feader.

m) No marco das medidas de desenvolvemento rural comprometerase a proporcionar á autoridade de xestión, aos avaliadores designados ou a outros organismos en que dita autoridade delegase a realización deste tipo de tarefas, toda a información necesaria para poder realizar o seguimento e avaliación do programa, en particular en relación co cumprimento de determinados obxectivos e prioridades (artigo 71 do Regulamento (UE) 1305/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013).

Artigo 12. Transparencia e bo goberno

1. De conformidade co artigo 17.1 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, e co previsto no Decreto 132/2006, do 27 de xullo, polo que se regulan os rexistros públicos creados nos artigos 44 e 45 da Lei 7/2005, do 29 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2006, o Inega publicará na súa páxina web oficial a relación das persoas beneficiarias e o importe das axudas concedidas. Incluirá, igualmente, as referidas axudas e as sancións que, como consecuencia delas, se puidesen impoñer nos correspondentes rexistros públicos, polo que a presentación da solicitude leva implícita a autorización para o tratamento necesario dos datos das persoas beneficiarias e a referida publicidade.

2. En cumprimento do disposto no artigo 20 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, o texto da convocatoria e a información requirida no ordinal oitavo do devandito artigo será comunicado á Base de datos nacional de subvencións (BDNS). A BDNS dará traslado ao Diario Oficial de Galicia do extracto da convocatoria para a súa publicación.

Artigo 13. Presentación de solicitudes

1. As entidades colaboradoras adheridas son as encargadas de tramitar o procedemento (presentar a solicitude e presentar a documentación xustificativa da actuación).

2. O beneficiario da axuda terá que pedir as tres ofertas necesarias para garantir a moderación de custos tal e como se recolle no artigo 11.1.b) destas bases reguladoras, tendo en conta que a oferta seleccionada corresponderá a da entidade colaboradora adherida encargada da tramitación da súa solicitude e que o equipamento térmico de biomasa cumpra os requisitos mínimos exixidos no artigo 2 destas bases.

3. Na páxina web do Inega (www.inega.gal) estará dispoñible unha listaxe de entidades colaboradoras adheridas a convocatoria de axudas.

4. Unha vez elixida a instalación, a entidade colaboradora terá que:

a) Comprobar que a persoa que vai solicitar a axuda cumpre cos requisitos establecidos no artigo 10 para poder ser beneficiario da axuda.

b) A entidade colaboradora cubrirá a solicitude para ese solicitante, mediante a aplicación informática habilitada para o efecto e accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia ou ben desde a páxina web do Inega (www.inega.gal). A aplicación solicitará a inclusión da documentación necesaria e xerará a solicitude do beneficiario por duplicado.

5. A solicitude imprímese obrigatoriamente desde a aplicación informática.

A entidade colaboradora presentará telematicamente desde a aplicación a solicitude de axuda unha vez asinada polo beneficiario, mediante o formulario normalizado accesible desde a citada aplicación informática e que se xunta como anexo III.

Artigo 14. Documentación complementaria da solicitude

1. Co envío da solicitude (anexo III) deberase incluír dixitalmente e en formato PDF, con tamaño máximo por arquivo individual de 5 MB, a seguinte documentación complementaria:

a) Autorización para a representación segundo o anexo IV.

b) Acreditar a titularidade dos terreos ou inmobles sobre os que se vai executar o proxecto, ou da dispoñibilidade destes durante un período mínimo de cinco anos (que permitan concretar a situación do predio ou inmoble sobre o terreo).

Os documento admitidos para acreditar a titularidade son: Certificado do Rexistro da Propiedade, escritura pública de obra nova, escritura pública de compravenda, escritura pública de aceptación da herdanza, escritura pública de doazón e aceptación ou sentenza xudicial, segundo corresponda. Contrato de arrendamento ou cesión de uso, acompañado de documento que acredita a titularidade do arrendador ou cedente.

Non se admitirán como acreditación da titularidade recibos de impostos de bens inmobles ou certificacións do Catastro Inmobiliario.

c) No suposto de que o solicitante sexa unha agrupación de persoas físicas, privadas sen personalidade, o representante deberá asinar a solicitude achegando a entidade colaboradora a seguinte documentación:

I. Documentación que acredite a súa constitución.

II. Documentación que acredite a representación con que se actúa.

III. Documento no que consten os compromisos de execución asumidos por cada un dos integrantes, así como o importe de subvención que vai aplicar cada un deles, que terán igualmente a condición de beneficiarios mediante a presentación do anexo V, que se xunta a título informativo. Este anexo deberá cubrirse a través da aplicación informática accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal, ou ben desde a páxina web do Inega (http://www.inega.gal).

d) No caso de que unha comunidade de veciños sexa a solicitante, de conformidade co artigo 13.3 da Lei 49/1960, do 21 de xullo, sobre propiedade horizontal, o/a presidente/a desempeñará a representación da comunidade neste procedemento e será a persoa asinante da documentación, e deberá presentarse:

I. A acta de constitución da comunidade de propietarios coa relación dos propietarios e a determinación da cota de participación respectiva.

II. Certificación do acordo adoptado pola maioría legalmente establecida pola correspondente comunidade de propietarios aceptando as bases da convocatoria, comprometéndose á execución das respectivas obras e facultando o presidente ou administrador de predios para formular a solicitude de subvención.

III. Acta onde conste o nomeamento do presidente ou certificado expedido polo secretario da comunidade referente a este punto, ou certificación do administrador de predios que xestione a comunidade.

IV. Documento no que consten os compromisos de execución asumidos por cada un dos integrantes, así como o importe de subvención que vai aplicar cada un deles, que terán igualmente a condición de beneficiarios mediante a presentación do anexo V, que se xunta a título informativo. Este anexo deberá cubrirse a través da aplicación informática accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal, ou ben desde a páxina web do Inega (http://www.inega.gal).

e) Memoria técnica da actuación. Composta polos seguintes documentos:

I. Planos de situación no que se indique a localización dos equipamentos. Fotografía de vista aérea na que se indique de forma apreciable a edificación onde se executará a instalación (Sixpac, catastro, etc). Croques ou planos no que se localicen os equipamentos na edificación.

II. Folla de características do equipo xerador utilizado.

III. Descrición da instalación proxectada segundo o modelo específico dispoñible na web do Inega (www.inega.gal): unha memoria técnica na que se describirán, de forma detallada, os sistemas xeradores e os compoñentes principais da instalación.

IV. No caso da xeotermia, aerotermia e solar térmica, os certificados de rendemento dos sistemas xeradores coa seguintes especificacións:

Xeotérmica e aerotermia.

Certificado do coeficiente de rendemento en modo calefacción (COP) emitido por un laboratorio independente e acreditado para realizar as probas segundo a norma que lles afecte (UNE- EN 14511:2012, UNE-EN 15316:2010, UNE-EN 16147, UNE-EN 14825:2012, etc). Para acreditar este coeficiente, deberá xuntarse a certificación emitida por Eurovent, a EPHA (Asociación Europea da Bomba de Calor) ou por un laboratorio de ensaio acreditado para este tipo de ensaios, segundo a normativa vixente. No caso de Eurovent e da EPHA, admitirase a impresión da páxina web na que se poden consultar os datos de potencia e COP do propio equipamento ou do ensaiado na serie técnica sempre que se acompañe dunha captura do link no que se pode contrastar a información. Tomarase como temperaturas de referencia para o cálculo do COP e da potencia 0/35 ºC para bombas de calor xeotérmicas e 7/35 ºC para aerotermia. No caso dos equipamentos que deban dispoñer dunha cualificación enerxética, deberán achegar a documentación xustificativa correspondente.

Solar térmica.

Resolución de certificación do panel solar en vigor, emitida pola Administración competente. Se na resolución de certificación non se recolle de xeito íntegro a seguinte información do panel: marca, modelo, superficie de apertura e coeficientes de rendemento, entregarase a maiores copia do ensaio realizado por unha entidade debidamente acreditada (segundo a Orde ITC/71/2007, do 22 de xaneiro, do Ministerio de Industria, Turismo e Comercio, ou, se é o caso, a norma que a substitúa) que serviu de base para a emisión da resolución de certificación. No caso dos equipamentos que deban dispoñer dunha cualificación enerxética deberán achegar a documentación xustificativa correspondente.

f) Con independencia do importe do gasto subvencionable e, na procura da moderación de custos propostos, é obrigatorio que a entidade adherida á que corresponde a oferta seleccionada presente, xunto co resto da documentación complementaria, as tres ofertas da instalación que se pretende levar a cabo.

As ofertas deberán ser comparables desde un punto de vista técnico-económico, correspondendo a instalacións con características similares. No caso de que non se escolla a oferta máis vantaxosa desde un punto de vista económico, deberá estar debidamente xustificada a elección, fundamentándose en criterios técnico-económicos. No caso de que a xustificación non sexa a axeitada, poderá tomarse como investimento elixible o orzamento correspondente á oferta máis económica.

Deberá remitirse o contido de cada unha das ofertas e non se admitirá o certificado, informe, invitacións realizadas ou documento similar, indicando que se solicitaron e se tiveron en conta tales ofertas na elección da proposta escollida sen que se concrete o seu alcance.

No caso de conceptos subvencionables que polas súas especiais características non exista no mercado suficiente número de entidades que o subministren, a moderación de custos poderá xustificarse alternativamente mediante un informe dun taxador, perito ou dun organismo público autorizado no que se determine xustificadamente o seu valor de mercado.

Non se considerarán subvencionables os gastos nos que non se xustifique a moderación de custos conforme os criterios e requisitos sinalados.

2. A documentación complementaria deberase presentar electronicamente. As entidades interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.

Se a entidade interesada presenta a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose presentada a emenda.

As copias dos documentos gozarán da mesma validez e eficacia que os seus orixinais sempre que exista constancia de que sexan auténticas.

3. Sempre que se realice a presentación de documentación separadamente da solicitude, deberá indicarse o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se dispón del.

4. No caso de que algún dos documentos que se van presentar de forma electrónica superase os tamaños máximos establecidos 5 MB, por arquivo individual, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos.

5. Non será necesario achegar os documentos que xa foron presentados anteriormente. Para estes efectos, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os citados documentos. Presumirase que esta consulta é autorizada polas persoas interesadas, salvo que conste no procedemento a súa oposición expresa.

Nos supostos de imposibilidade material de obter o documento, o órgano competente poderá requirirlle a persoa interesada, con anterioridade á formulación da proposta de resolución.

6. Todos os trámites administrativos que as entidades colaboradoras deban realizar durante a tramitación deste procedemento deberán ser realizados electronicamente a través da aplicación informática habilitada para estas axudas, accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia (http://sede.xunta.gal) ou da páxina web do Inega (www.inega.gal).

Artigo 15. Comprobación de datos

Para a tramitación deste procedemento, consultaranse automáticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas.

a) Certificacións de estar ao día no pagamento coa AEAT, Seguridade Social e Facenda Autonómica.

b) DNI ou NIE, cando a persoa solicitante sexa unha persoa física.

Artigo 16. Órganos competentes

A Xerencia do Inega será o órgano competente para a instrución do procedemento administrativo de concesión das subvencións e corresponde ao director do Inega ditar as diferentes resolucións que se deriven do dito procedemento.

Artigo 17. Instrución do procedemento de concesión das axudas

1. Unha vez presentada a solicitude xunto coa documentación complementaria, o órgano instrutor comprobará que reúne todos os requisitos e que se achegan todos os documentos exixidos polas bases reguladoras. De non ser así, de conformidade coa normativa reguladora do procedemento administrativo común requirirase á entidade colaboradora, para que, nun prazo de 10 días hábiles, emende a falta ou presente os documentos preceptivos exixidos, con indicación de que, de non facelo así, se lle terá por desistido da súa petición e arquivarase o expediente.

2. Igual requirimento se efectuará por parte do Inega no suposto de resultado negativo da consulta efectuada a Axencia Estatal da Administración Tributaria (AEAT); Tesouraría Xeral da Seguridade Social (TXSS); consellería competente en materia de economía e facenda, e da verificación do DNI/NIE.

3. De conformidade co establecido no artigo 9.7 das bases reguladoras, en canto á solvencia técnica das entidades colaboradoras, utilizaranse medios electrónicos para o requirimento de emenda, de xeito que, cando existindo constancia da posta á disposición da notificación, transcorresen 10 días naturais sen que se acceda ao seu contido, entenderase que a notificación foi rexeitada salvo que de oficio ou por instancia do destinatario se comprobe a imposibilidade técnica ou material de acceso.

A práctica dos requirimentos electrónicos farase da seguinte maneira:

a) Enviaráselle ao interesado ao enderezo de correo electrónico que facilitara na adhesión un aviso que lle informará da posta á disposición do requirimento.

b) Poderá acceder ao citado requirimento no taboleiro dispoñible na aplicación co seu usuario e contrasinal.

4. A documentación a que se refire a emenda deberá presentarse de forma electrónica a través da aplicación informática habilitada para estas axudas, accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia, (http://sede.xunta.gal), e da páxina web do Inega, (http://www.inega.gal).

5. Sen prexuízo do disposto no parágrafo anterior, poderá requirirse a entidade colaboradora para que achegue aqueles datos, documentos complementarios ou aclaracións que resulten necesarios na tramitación e resolución do procedemento.

6. Unha vez revisadas as solicitudes e as emendas feitas, os expedientes administrativos que reúnan todos os requisitos e a documentación necesaria serán remitidos á comisión encargada da súa valoración. Aqueles que non cumpran coas exixencias contidas nestas bases ou na normativa de aplicación, ou que non conteñan a documentación necesaria, serán obxecto de resolución de inadmisión a trámite ou de denegación, dependendo da circunstancia que concorra en cada caso.

Artigo 18. Comisión de valoración

1. A Comisión de valoración será o órgano colexiado encargado de avaliar as solicitudes de acordo cos criterios obxectivos fixados no artigo seguinte.

2. A composición da comisión de valoración será a seguinte:

a) Presidente: o director do departamento de Enerxías e Planificación Enerxética.

b) Un xefe de área do Inega.

c) Dous técnicos do Inega.

3. No documento co resultado da avaliación que elabore a comisión figurarán de xeito individualizado os solicitantes propostos para obter a subvención, especificándose a puntuación que lles corresponde, así como o importe da subvención para cada un deles, ata esgotar o crédito dispoñible nos diferentes tipos de actuacións que se subvencionan.

4. Exceptúase o sistema de valoración previsto no artigo seguinte cando os fondos dispoñibles sexan dabondo para que perciban as axudas solicitadas todos os proxectos que fosen admitidos a trámite e reúnan os requisitos establecidos nesta convocatoria.

Artigo 19. Criterios de valoración

De acordo co documento de Criterios de selección de operacións PDR Galicia 2014-2020 aprobado no comité de seguimento do PDR Galicia 2014-2020, os criterios de selección destas bases axústanse ao recollido no punto 7.2.2 que establecen as puntuacións deses puntos.

1. Características técnicas dos principais equipos (ata 50 puntos).

Biomasa.

a) Prestacións segundo as características do equipo xerador (ata 30 puntos).

Valorarase o equipo xerador tendo en conta os seguintes criterios:

a.1) Rendemento (20 puntos).

Utilizaranse os seguintes valores para definir as puntuacións deste subpunto, utilizando o valor da etiqueta enerxética cando lle sexa de aplicación ao equipamento térmico e o rendemento en caso contrario.

Valor da clase de eficiencia enerxética incluída na etiqueta en modo calefacción

Rendemento (R)

P: 20 puntos

A+++

R ≥ 95 %

P: 18 puntos

A++

75 < R < 95(1)

P: 16 puntos

A+

P: 12 puntos

A

P: 8 puntos

B

P: 4 puntos

C

P: 0 puntos

D

R = 75 %

(1) O resto dos equipamentos puntuaranse proporcionalmente.

a.2) Fluído caloportador (5 puntos).

Auga: 5 puntos.

Aire: 0 puntos.

a.3) Sistema de alimentación do combustible (5 puntos).

Automática: 5 puntos.

Manual: 0 puntos.

b) Calidade enerxética do combustible empregado polo equipo (ata 10 puntos).

Valorarase este punto tendo en conta o combustible utilizado:

i. Pellet: 10 puntos.

ii. Estelas: 6 puntos.

iii. Leña: 3 puntos.

iv. Residuos forestais e outros tipos de biomasa: 1 punto.

c) Sistema de limpeza automática do intercambiador (10 puntos).

Aerotermia, xeotermia e solar térmica.

Neste punto avaliaranse os coeficientes de rendemento enerxético dos principais equipos, COP no caso das bombas de calor e o rendemento de paneis solares en termos de kW/m2 , rendemento obtido a partir dos coeficiente de ensaio indicados no punto correspondente.

No caso das bombas de calor, outorgarase unha puntuación de 0 puntos para as bombas de calor con COP de 3,5 e a máxima puntuación para as de COP igual ou superior a 5,5. O resto de bombas de calor puntuaranse proporcionalmente.

No caso dos paneis solares, outorgarase unha puntuación de 0 puntos para os paneis solares con rateo igual ou inferior a 0,4 kW/m2 e a máxima puntuación para os iguais ou superiores a 0,55 kW/m2. O resto de paneis solares puntuaranse proporcionalmente.

Solar fotovoltaica.

Neste punto avaliaranse as características técnicas do principal compoñente da instalación panel fotovoltaico e das baterías.

a) Paneis fotovoltaicos (máximo 35 puntos).

Avaliarase as características técnicas da instalación en función da tecnoloxía do panel fovotoltaico segundo os seguintes criterios de puntuación.

Tipo de módulo fotovoltaico

Puntuación

Silicio monocristalino

30

Silicio policristalino

25

Película fina de cobre, indio ou selenio

20

Película fina de CdTe

15

Silicio amorfo

10

b) Eficiencia e innovación do sistema de acumulación (15 puntos).

Baterías de litio: 15 puntos.

Resto de baterías: 5 puntos.

Sen baterías: 0 puntos.

2. Grao de utilización da instalación (ata 25 puntos).

Biomasa.

a) Grao de utilización da instalación segundo o uso (ata 5 puntos).

i. Uso de calefacción e auga quente sanitaria (AQS): 5 puntos.

ii. Uso de calefacción: 3 puntos.

iii. Uso de AQS: 1 punto.

b) Grao de autonomía do almacenamento de biomasa na instalación (ata 5 puntos).

i. Volume do silo con alimentación automática superior a 1.000 litros: 5 puntos.

ii. Volume do silo con alimentación automática e volume de acumulación de combustible V ≥ 250 litros e V < 1.000 litros: 3 puntos.

iii. Volume do silo con alimentación automática inferior a 250 litros: 1 punto.

iv. Silo ou sistema de almacenamento da biomasa sen alimentación automática inferior a 250 litros: 0 puntos.

c) Zona climática do concello segundo o Código técnico da edificación (CTE/HE1) (ata 10 puntos). Os proxectos situados en concellos definidos, tendo en conta a súa altitude, como zona E, terán 10 puntos; os da zona D, 7 puntos; os da zona C, 4 puntos e os da zona B, 1 punto.

d) Rateo investimento/potencia da instalación (ata 5 puntos). Avaliarase en relación aos rateos de investimento máximo elixible por potencia do proxecto segundo bases. Outórgase 0 puntos aos proxectos cuxo rateo inversión/potencia supere un 120 % do custo máximo elixible que lle corresponde polas súas características e a puntuación máxima para aqueles cuxo rateo sexa inferior ao 80 % do custo máximo elixible. O resto dos proxectos puntuaranse proporcionalmente.

Aerotermia, solar térmica e xeotérmica.

a) Grao de utilización da instalación segundo o uso (ata 5 puntos).

i. Uso de calefacción e auga quente sanitaria (AQS): 5 puntos.

ii. Uso de calefacción: 3 puntos.

iii. Uso de AQS: 1 punto.

b) Zona climática do concello segundo o Código técnico da edificación (CTE/HE1) (ata 10 puntos). Os proxectos situados en concellos definidos, tendo en conta a súa altitude, como zona E, terán 10 puntos; os da zona D, 7 puntos; os da zona C, 4 puntos e os da zona B, 1 punto.

c) Rateo investimento/potencia da instalación (ata 10 puntos). Avaliarase en relación aos rateos de investimento máximo elixible por potencia do proxecto segundo bases. Outórgase 0 puntos aos proxectos cuxo rateo inversión/potencia supere un 120 % do custo máximo elixible que lle corresponde polas súas características e a puntuación máxima para aqueles cuxo rateo sexa inferior ao 80 % do custo máximo elixible. O resto dos proxectos puntuaranse proporcionalmente.

Solar fotovoltaica.

a) Relación almacenamento/xeración da instalación (5 puntos):

Capacidade de almacenamento en baterías (kWh) >= 0,4 x potencia pico (kWp): 5 puntos.

Capacidade de almacenamento en baterías (kWh) < 0,4 x potencia pico (kWp): 0 puntos.

b) Integración arquitectónica dos paneis (chan, superposto ao tellado, marquesiña, tellado horizontal): 5 puntos

Tipoloxía

Puntuación

Sobre chan

1

Sobre soportes con distinta inclinación ca cuberta

2

Marquesiña

3

Superposición na cuberta coa mesma inclinación

5

c) Zona climática do concello segundo o Código técnico da edificación (CTE_HE 5) (ata 5 puntos). Os proxectos situados en concellos definidos como zona I, terán 2 puntos e os da zona II, 5 puntos.

d) Rateo investimento/potencia da instalación (ata 10 puntos). Avaliarase en relación aos rateos de investimento máximo elixible por potencia do proxecto segundo bases. Outórgase 0 puntos aos proxectos cuxo rateo inversión/potencia supere un 120 % do custo máximo elixible que lle corresponde polas súas características e a puntuación máxima para aqueles cuxo rateo sexa inferior ao 80 % do custo máximo elixible. O resto dos proxectos puntuaranse proporcionalmente.

3. Localización xeográfica do proxecto (ata 25 puntos).

Renda do concello (ata 25 puntos). Valoraranse os proxectos que se desenvolvan en zonas economicamente menos favorecidas, utilizando os datos máis recentes dispoñibles polo IGE da renda dispoñible bruta por habitante dos municipios galegos. Outórgase 0 puntos aos proxectos situados no concello que teña a máxima renda dispoñible bruta por habitante de Galicia, e a puntuación máxima ao de menor. O resto dos proxectos puntuaranse proporcionalmente.

Artigo 20. Intensidade da axuda e contía máxima

1. A intensidade da axuda será do 50 %.

2. A contía máxima da axuda por proxecto será de 60.000 €.

Artigo 21. Resolución das solicitudes

1. Elaborada a relación prevista no artigo 18.3 destas bases, e sempre con anterioridade á resolución do procedemento, efectuarase o trámite de audiencia, por un prazo de 10 días. Cando non figuren no procedemento nin sexan tidos en conta outros feitos nin outras alegacións e probas que as aducidas polos interesados, prescindirase do trámite de audiencia.

2. O prazo máximo para resolver e notificar a resolución do procedemento será o establecido no artigo 4 da resolución de convocatoria.

Se transcorrese o prazo sen que se ditase resolución expresa, os interesados poderán entender desestimadas as súas solicitudes por silencio administrativo, de conformidade co artigo 23.5 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

3. No suposto de ampliación do crédito e ata o límite do crédito dispoñible, haberá que aterse ao sinalado no artigo 33.7 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o regulamento da Lei de subvencións de Galicia.

4. En cumprimento do disposto no artigo 1.5 anexo III. «Notificación da concesión da axuda», do Regulamento de execución (UE) 808/2014, da Comisión do 17 de xullo de 2014, polo que se establecen disposicións de aplicación do Regulamento (UE) 1305/2013, do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013, relativo á axuda ao desenvolvemento rural a través do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) na notificación da concesión da axuda debese informar tamén os beneficiarios de que a medida se subvenciona en virtude dun programa cofinanciado polo Feader dentro do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020 (PDR), medida 7.4.

Artigo 22. Aceptación e renuncia

1. Transcorridos 10 días hábiles a partir do seguinte ao da publicación da proposta de resolución definitiva sen que a entidade colaboradora comunique expresamente a renuncia á subvención, entenderase que o solicitante acepta a subvención, e desde ese momento, adquirirá a condición de beneficiario.

2. No caso de que o beneficiario dunha subvención desexe renunciar á axuda concedida para a súa solicitude, deberá comunicarllo a entidade colaboradora que presentará a anexo VI polos medios establecidos no artigo 13.5 destas bases reguladoras, comunicando este feito co fin de proceder ao arquivo do expediente.

No caso de que se comunicase a renuncia, ditarase a correspondente resolución que se notificará, de conformidade co procedemento establecido no artigo 13 destas bases reguladoras.

Artigo 23. Prazos de execución das instalacións

A execución da instalación deberá respectar a data de inicio establecida no artigo 2.1 do anexo I destas bases e a data de finalización establecida no artigo 5 da resolución de convocatoria para a xustificación.

Artigo 24. Xustificación da subvención

1. A documentación correspondente á xustificación do investimento realizado presentarase pola entidade colaboradora de forma electrónica a través da aplicación informática accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia (http://sede.xunta.gal) ou da páxina web do Inega (www.inega.gal).

2. Tal e como dispón o artigo 46 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei de subvención de Galicia, cando o órgano administrativo competente para a comprobación da subvención aprecie a existencia de defectos emendables nas xustificacións presentadas polas entidades colaboradoras, porao no seu coñecemento e concederalle un prazo de dez (10) días para a súa corrección. Os requirimentos de emenda serán notificados, tal e como se establece no artigo 17.3 destas bases reguladoras.

3. No suposto de que transcorrese o prazo establecido para a xustificación sen terse presentado ningunha documentación, requirirase igualmente a entidade colaboradora para que no prazo improrrogable de 10 días hábiles a presente.

Igual requirimento se efectuará por parte do Inega no suposto de resultado negativo da consulta de verificación do NIF do solicitante (persoa física).

A presentación da xustificación no prazo adicional de 10 días non eximirá das sancións que, conforme a lei correspondan.

Artigo 25. Documentación xustificativa do investimento

1. Os documentos de xustificación deberán presentarse dentro do prazo establecido no artigo 23 destas bases reguladoras, debendo estar, nese momento, os investimentos plenamente realizados, operativos e verificables.

2. Para o cobramento polo solicitante da subvención concedida, a entidade colaboradora deberá presentará toda a documentación que se sinala neste artigo e solicitará o pagamento mediante a presentación do anexo VII, que se xunta a título informativo. Este anexo deberá cubrirse a través da aplicación informática accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal, ou ben desde a páxina web do Inega (http://www.inega.gal).

3. Documentación xustificativa que se ten que presentar xunto coa solicitude de pagamento:

a) Para xustificar cada un dos gastos realizados achegaranse as facturas, nas que figurará o importe da axuda e o total que vai pagar, e os documentos xustificativos que aseguren a efectividade do pagamento da totalidade do equipamento polo solicitante.

I. A factura deberá reflectir con claridade os seguintes datos:

– Data de emisión.

– Nome e NIF/NIE do beneficiario.

– Enderezo onde se realiza a obra.

– Descrición detallada da totalidade do equipamento instalado de acordo coa solicitude.

– Base impoñible, IVE, total da base impoñible máis IVE.

– Importe total da subministración.

En caldeiras de biomasa deberá figurar na factura os seguintes datos:

– Volume do silo.

– Número de serie da caldeira.

A factura deberá estar asinada pola entidade colaboradora. Non se admiten as facturas que non cumpran co indicado o que se manipulen.

A expedición das facturas e o seu contido axustarase ao disposto no Real decreto 1619/2012, do 30 de novembro, polo que se aproba o regulamento polo que se regulan as obrigas de facturación.

II. Considéranse documentos xustificativos do pagamento das facturas: transferencia bancaria, xustificante bancario de ingreso de efectivo polo portelo, certificación bancaria, nos cales deberán estar claramente identificados:

– Titular da conta desde a que se realiza a operación ou persoa que realiza o ingreso efectivo, que deben coincidir en todo caso coa persoa beneficiaria da subvención.

– Receptor do pagamento (empresa ou autónomo).

– Número de factura obxecto do pagamento.

Os documentos deberán vir asinados pola entidade financeira.

III. Non se admitirán os supostos de autofacturación e, en relación coas empresas ou entidades vinculadas co beneficiario que executasen total ou parcialmente as actuacións subvencionadas, deberán concorrer as dúas circunstancias previstas no artigo 27.7.d) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia:

Que a contratación se realice de acordo coas condicións normais de mercado.

Que se obteña a pertinente autorización por parte do órgano xestor.

IV. En ningún caso, poderá concertar o beneficiario a execución total ou parcial das actividades subvencionadas nos supostos contemplados nas letras a), b) e c) do artigo 27.7 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

V. Non se admitirán como xustificantes os documentos acreditativos de pagamento en metálico nin os obtidos a través da internet, se non están validados pola entidade bancaria ou non dispoñen de códigos para a súa verificación por terceiros na sede electrónica da dita entidade.

VI. No caso dunha factura cuxo pagamento se xustifique mediante varios documentos de pagamento, cada un destes deberá facer referencia á factura á cal se imputa o pagamento.

VII. No caso de que as persoas beneficiarias da axuda se acollan a cesión do dereito de cobro, establecido no punto 1 do artigo 83 do Real decreto 887/2006, do 21 de xullo, polo que, se aproba o Regulamento da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, considerase efectivamente pagado o gasto coa cesión do dereito de cobramento da subvención a favor dos cesionarios.

b) Achegaranse fotografías dos principais equipamentos instalados.

c) Declaración complementaria do conxunto de axudas solicitadas para as mesmas actuacións subvencionadas, tanto as aprobadas e concedidas como as pendentes de resolución, das distintas administracións públicas ou calquera dos seus organismos, entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais (anexo IX).

d) Xustificación, nos casos que proceda, de ter dado cumprimento ás obrigas establecidas no artigo 9.1.k) e 9.1.l) en relación coa publicidade que o beneficiario lle deberá dar ao financiamento do investimento que se subvenciona.

e) O beneficiario achegará un certificado asinado polo técnico instalador, no que se indique a data de finalización da instalación que se subvenciona. Naqueles proxectos de xeración térmica con potencia superior a 70 kW ou eléctrica de potencia superior a 10 kW deberá achegarse o certificado de dirección de obra asinado polo técnico. Naquelas instalacións que requiran a súa inscrición no rexistro da consellería competente en materia de industria, o beneficiario deberá achegar o xustificante de solicitude de inscrición da instalación nese rexistro. Nese xustificante deberán figurar as características técnicas e o correspondente código de acceso ao referido rexistro, para ter a posibilidade de verificación no caso de que fose necesario.

f) No caso de instalacións fotovoltaicas, comunicación fidedigna realizada polo titular á compañía distribuidora de solicitude de punto de conexión para a instalación en cuestión, de acordo co Real decreto 1699/2011 (non necesario se a instalación é illada da rede ).

Lémbrase que a data de finalización da obra, debe estar comprendida dentro do período de xustificación.

Artigo 26. Modificación da resolución de concesión da subvención

1. Unha vez recaída a resolución de concesión, poderá solicitarse a modificación do seu contido se concorresen as circunstancias previstas no parágrafo segundo deste punto 1. Toda variación das circunstancias tidas en conta para ditar a resolución de concesión poderá dar lugar á modificación da subvención concedida debendo a entidade colaboradora notificalo mediante a presentación do anexo VIII que se xunta a título informativo. Este anexo deberá cubrirse a través da aplicación informática accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal, ou ben desde a páxina web do Inega (http://www.inega.gal).

O beneficiario da axuda poderá solicitar a modificación da resolución de concesión polos seguintes motivos:

a) Variación do orzamento aceptado polo Inega.

b) Obtención concorrente de subvencións, axudas ou recursos outorgados por outras administracións ou entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais.

c) Finamento do titular.

d) A alteración das condicións establecidas na resolución de adxudicación da subvención.

e) Circunstancias de forza maior e circunstancias asimilables.

Unha vez recaída a resolución de concesión e, en todo caso, cun límite de 20 días hábiles antes da data de finalización do prazo para a realización do proxecto, a entidade colaboradora poderá solicitar a modificación do seu contido.

2. Para a modificación da resolución de concesión non poderán ser tidos en conta requisitos ou circunstancias que debendo concorrer no momento en que se ditou a resolución tiveron lugar con posterioridade a ela.

3. As entidades colaboradoras terán a obriga de presentar unha solicitude de modificación, nos prazos establecidos no punto 1 deste punto, cando o orzamento definitivo sexa inferior a un 80 % do orzamento máximo elixible da instalación subvencionada.

4. A modificación poderase autorizar sempre que:

a) A modificación solicitada non desvirtúe a finalidade da axuda e non supoña incremento do orzamento.

b) Non exista prexuízo a terceiros.

c) Os novos elementos e circunstancias que motivan a modificación, de concorrer na concesión inicial, non supuxeran a denegación da axuda.

Artigo 27. Incumprimentos xerais do proxecto

1. Incumprimento total. Se se xustifican conceptos, partidas e/ou elementos subvencionables aprobados que representen menos do 60 % do importe total do investimento subvencionable, se entenderá que non acadou os obxectivos propostos na solicitude e, polo tanto, determinará a perda do dereito ao cobramento da subvención concedida.

2. Incumprimento parcial. Se a xustificación é igual ou superior ao 60 %, pero sen acadar o 100 % do investimento subvencionable, percibirá a subvención proporcional correspondente ao investimento xustificado admisible, sempre que cumpra o resto das condicións de concesión e a finalidade ou obxectivos para os que se concedeu a axuda.

Artigo 28. Importe que hai que pagar ao beneficiario

1. Os pagamentos calcularanse sobre a base dos importes que se consideren admisibles durante a comprobación efectuada polo Inega.

O Inega examinará a solicitude de pagamento presentada e determinará os importes admisibles. Ademais, fixará:

a) O importe que se vai pagar ao beneficiario en función da solicitude de pagamento e a decisión de concesión.

b) O importe que se vai pagar ao beneficiario tras o exame da admisibilidade do custo que figura na solicitude de pagamento.

Para proxectos financiados con fondos Feader (proxectos de biomasa dos grupos B2-B3 en zonas que non estean densamente poboadas), se o importe fixado conforme a letra a) supera o importe fixado conforme a letra b) do mesmo parágrafo en máis dun 10 %, aplicarase unha redución ao importe fixado conforme a letra b). A cantidade que se vai reintegrar será igual á diferenza entre eses dous importes, pero non irá máis alá da retirada total da axuda.

2. O reintegro mencionada no punto 1 aplicarase aos gastos non admisibles detectados durante as comprobacións efectuadas polo Inega. Os custos examinados serán os custos acumulados contraídos con respecto a operación de que se trate. Isto entenderase sen prexuízo dos resultados dos anteriores controis das operacións de que se trate (artigo 63 do Regulamento (UE) 809/2014 da Comisión).

Artigo 29. Datos de carácter persoal

De conformidade coa Lei orgánica 15/1999, do 13 decembro, de protección de datos de carácter persoal, os datos persoais recollidos na tramitación desta disposición, cuxo tratamento e publicación autoriza as persoas interesadas mediante a presentación das solicitudes, serán incluídos nun ficheiro denominado concesión de subvencións cuxo obxecto é xestionar o presente procedemento, así como para informar as persoas interesadas sobre o seu desenvolvemento. O órgano responsable deste ficheiro é a Xerencia do Inega. Os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición poderanse exercer ante a Xerencia, mediante o envío dunha comunicación ao seguinte enderezo: rúa Avelino Pousa Antelo, nº 5, Santiago de Compostela (A Coruña) ou a través dun correo electrónico a inega.info@xunta.gal

A cesión de datos de carácter persoal que se debe efectuar á Intervención Xeral da Administración do Estado, que é o órgano responsable da administración e custodia da base de datos nacional de subvencións, non requirirá o consentimento do afectado.

Artigo 30. Comprobación de investimentos

As operacións de investimento financiadas con fondos Feader (proxectos de biomasa dos grupos B2-B3 en zonas que non estean densamente poboadas), cando proceda, de acordo con Plan galego de controis Feader en vigor, incluirán unha visita in situ para comprobar o final da operación obxecto da solicitude de pagamento. Os gastos xustificados deben coincidir cos compromisos adquiridos segundo a resolución de concesión da subvención.

Artigo 31. Moderación de costos

En aplicación do disposto no artigo 30.5 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e do artigo 48.2.d) do Regulamento 809/2014 da Comisión, do 17 de xullo, polo que se establecen as disposicións de aplicación do Regulamento (CE) nº 1306/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, o órgano instrutor comprobará en calquera momento, e particularmente, nas fases de instrución e de xustificación, a moderación dos custos ou valor de mercado dos gastos subvencionables e xustificados mediante a comparación de ofertas comerciais ou de custos de proxectos similares, prezos coñecidos de mercado ou por calquera dos medios previstos no artigo 30.5 da LSG.

Artigo 32. Reintegro da subvención e réxime sancionador

1. Procederá o reintegro das contías percibidas indebidamente e a exixencia dos xuros de demora nos supostos previstos no artigo 33.1 da LSG. Estes xuros calcularanse en función do tempo transcorrido entre a finalización do prazo de pagamento para o beneficiario indicado na orde de recuperación, que non poderá fixarse en máis de 60 días, e a data de reembolsamento ou dedución (Regulamento (UE) nº 809/2014 da Comisión, do 17 de xullo).

2. Tendo en conta o artigo 14.1.n) da LSG, se o incumprimento atañe ao mantemento do ben, a cantidade que se vaia reintegrar será proporcional ao incumprimento non podendo superar o 5 % do importe total.

3. O procedemento de reintegro tramitarase nos termos previstos no artigo 77 do Decreto 11/2009.

4. O Inega reservase para si o dereito que se vaia realizar cantas comprobacións, inspección e demais medidas de control que se consideren oportunos para velar pola correcta aplicación dos recursos públicos, e os beneficiarios someteranse ás actuacións de control que realice o Inega para o seguimento dos proxectos aprobados e as de control financeiro que correspondan a Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, ás actuacións de comprobación previstas na lexislación do Tribunal de Contas e do Consello de Contas, así como, e se é o caso, ás dos servizos financeiros da Comisión Europea e do Tribunal de Contas Europeo.

Se no curso destas verificacións se detectase que os beneficiarios da subvencións ou as entidades colaboradora adheridas incumpriron algunha das condicións establecidas nesta bases reguladoras, resolverase a adhesión, o que implicará a perda dos beneficios e, se é o caso, o deber de reintegrar as cantidades obtidas indebidamente cos xuros legais que correspondan, sen prexuízo das accións legais e sancións que correspondan.

5. Para facer efectiva a devolución a que se refire o número anterior, tramitarase o oportuno procedemento de reintegro, que se axustará ao previsto no título II da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

6. As entidades colaboradoras e os beneficiarios das subvención, de ser o caso, estarán suxeitos ao réxime sancionador previsto no título IV da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia e desenvolto no título VI do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007 e cando proceda ao disposto no título V do Regulamento de execución (UE) nº 809/2014 da Comisión, do 17 de xullo de 2014, polo que se establecen as disposicións de aplicación do Regulamento (CE) nº 1306/2013 do Parlamento Europeo e do Consello.

7. Será de aplicación en materia de reintegramento de subvencións e réxime sancionador a seguinte normativa comunitaria:

a) Regulamento da (UE) 640/2014 da Comisión, do 11 de marzo de 2014, polo que se completa o Regulamento da (UE) 1306/2013, do Parlamento Europeo e do Consello, no que respecta ao sistema integrado de xestión e control e ás condicións sobre a denegación ou retirada dos pagamentos e sobre as sancións administrativas aplicables aos pagamentos directos, á axudas ao desenvolvemento rural e á condicionalidade.

b) Regulamento (UE) 809/2014 da Comisión, do 17 de xullo de 2014, polo que se establecen disposicións de aplicación do Regulamento (UE) 1306/2013 do Parlamento Europeo e do Consello no que se refire ao sistema integrado de xestión e control, as medidas de desenvolvemento rural e a condicionalidade, e a modificación realizada a este, polo Regulamento de execución (UE) 2017/1242 da Comisión do 10 de xullo de 2017.

Artigo 32. Réxime de recursos

As resolucións dos procedementos instruídos ao abeiro destas bases esgotan a vía administrativa e contra elas cabe interpor os seguintes recursos:

1. Contra as resolucións ditadas ao abeiro desta resolución de convocatoria, sen prexuízo de que os interesados poidan exercer calquera outro que consideren procedente, poderán interpoñer recurso de alzada no prazo dun mes desde o día seguinte ao da notificación da resolución, se esta fose expresa, ou en calquera momento a partir do día seguinte a aquel en que, de acordo coa súa normativa específica se produzan os efectos do silencio administrativo, perante o presidente da Axencia Instituto Enerxético de Galicia, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

2. Contra as resolucións de reintegro, que poñen fin á vía administrativa, sen prexuízo de que os interesados poidan exercer calquera outro que consideren procedente, poderán interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes desde o día seguinte ao da notificación da resolución se esta fose expresa, ou en calquera momento a partir do día seguinte a aquel en que, de acordo coa súa normativa específica se produzan os efectos do silencio administrativo, perante o director da Axencia Instituto Enerxético de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Artigo 33. Normativa de aplicación

1. As subvencións concedidas ao abeiro destas bases reguladoras que estean previstas pola UE (proxectos de biomasa dos grupos B2-B3 en zonas que non estean densamente poboadas), rexeranse, entre outras, polas seguintes normas:

a) Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020, aprobado por Decisión da comisión C (2015) 8144, do 18 de novembro de 2015.

b) Regulamento (UE) nº 1305/2013, do Parlamento e do Consello, do 17 de decembro de 2013, relativo á axuda ao desenvolvemento rural a través do Fondo Europeo Agrario de Desenvolvemento Rural (Feader) e polo que se derroga o Regulamento (CE) nº 1698/2005.

c) Regulamento (CE) nº 1974/2006, da Comisión, do 15 de decembro de 2006, polo que se establecen disposicións de aplicación do Regulamento (CE) nº 1698/2005 relativo á axuda ao desenvolvemento rural a través do Feader, modificado polos regulamentos (CE) nº 1175/2008, do 27 de novembro, 363/2009, do 4 de maio, 482/2009, do 8 de xuño, 108/2010, do 8 de febreiro, e 679/2011, do 14 de xullo, da Comisión.

d) Regulamento (UE) nº 809/2014 da Comisión, do 17 de xullo de 2014, polo que se establecen disposicións de aplicación do Regulamento (UE) nº 1306/2013, do Parlamento Europeo e do Consello, no que se refire ao sistema integrado de xestión e control, as medidas de desenvolvemento rural e a condicionalidade.

e) Regulamento da (UE) 640/2014 da Comisión, do 11 de marzo de 2014, polo que se completa o Regulamento da (UE) 1306/2013, do Parlamento Europeo e do Consello, no que respecta ao sistema integrado de xestión e control e ás condicións sobre a denegación ou retirada dos pagamentos e sobre as sancións administrativas aplicables aos pagamentos directos, ás axudas ao desenvolvemento rural e á condicionalidade.

2. Así mesmo, rexeranse pola normativa aplicable ás axudas e subvencións na Comunidade Autónoma, en particular, a seguinte:

a) Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

b) Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

c) Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.

d) Real decreto 887/2006, do 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.

e) Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

f) Lei 40/2015, do 1 de outubro, do réxime xurídico do sector público.

g) Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei 30/2007, do 30 de outubro, de contratos do sector público.

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file