Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 21 Martes, 30 de xaneiro de 2018 Páx. 6718

III. Outras disposicións

Instituto Enerxético de Galicia

EXTRACTO da Resolución do 26 de decembro de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras e se anuncia a convocatoria de subvencións para a realización de auditorías enerxéticas, implantación de sistemas de xestión e proxectos de aforro e eficiencia enerxética nas empresas dos sectores industria, servizos e agrícola primario, para o ano 2018, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder-Galicia 2014-2020 (código IN417Y).

BDNS (Identif.): 382975.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index):

Primeiro. Beneficiarios

1. Poderán ser beneficiarios das subvencións, sen prexuízo de reuniren os demais requisitos establecidos nestas bases:

a) As empresas legalmente constituídas e os empresarios autónomos que teñan domicilio social ou algún centro de traballo en Galicia, incluídos no sector servizos, agrícola primario ou da industria. Para os efectos desta resolución, consideraranse sector servizos as actividades incluídas nas seccións H, I, J, L, M, N, O, P, Q, R, S, T ou U do CNAE 2009. Para os efectos desta resolución, consideraranse sector de produción agrícola primaria as actividades incluídas na sección A e, en concreto, as clases da 1.11 á 02.40 do CNAE-2009, ambas as dúas incluídas. Dentro do sector industria serán subvencionables as empresas incluídas na sección B, C ou D do CNAE-2009, coa excepción da industria extractiva enerxética, as de refinación do petróleo e biocombustible, así como as empresas de xeración, transporte e distribución de enerxía eléctrica.

Tamén serán subvencionables as actividades recollidas no IAE que se correspondan con estas seccións do CNAE 2009.

b) As empresas de servizos enerxéticos que xestionen total ou parcialmente instalacións consumidoras de enerxía e que teñan como obxecto destes contratos a consecución de aforro económico derivado dun menor consumo de enerxía. Os centros de consumo en que se actúe deben estar situados en Galicia, corresponder a empresas incluídas no ámbito de actuación das presentes bases e, en concreto, desenvolver algunha das actividades recollidas no parágrafo anterior e amparadas polo Regulamento (UE) 651/2014 da Comisión, do 17 de xuño de 2014, polo que se declaran determinadas categorías de axudas compatibles co mercado interior.

Segundo. Obxecto

A realización de auditorías enerxéticas, implantación de sistemas de xestión e proxectos de aforro e eficiencia enerxética nas empresas do sector industria, servizos e agrícola primario.

Terceiro. Bases reguladoras e convocatoria

Resolución do 26 de decembro de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras e se anuncia a convocatoria de subvencións para a realización de auditorías enerxéticas, implantación de sistemas de xestión e proxectos de aforro e eficiencia enerxética nas empresas dos sectores industria, servizos e agrícola primario, para o ano 2018, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder-Galicia 2014-2020 (código IN417Y).

Cuarto. Contía

1. As subvencións que se concedan financiaranse con cargo aos orzamentos do Inega para o exercicio 2018 e imputaranse á aplicación orzamentaria 09.A2.733A.770.0.

O crédito máximo, segundo a tipoloxía de proxecto e tipo de solicitante, será o seguinte:

Distribución por liña de axuda

Aplicación orzamentaria

Total (€)

AE-Auditorías enerxéticas

09.A2.733A.770.0

09.A2.733A.770.0

09.A2.733A.770.0

09.A2.733A.770.0

09.A2.733A.770.0

100.000,00

SX-Implantación sistemas de xestión

100.000,00

PAEI-Proxectos de aforro e eficiencia enerxética no sector industrial e ESE

2.862.377,00

PAES-Proxectos de aforro e eficiencia enerxética no sector servizos

500.000,00

PAEA-Proxectos de aforro e eficiencia enerxética no sector agrícola primario

820.000,00

Total

4.382.377,00

Están cofinanciadas dentro do marco do programa operativo Feder-Galicia 2014-2020 as seguintes tipoloxías de proxectos: as AE-Auditorías enerxéticas, a SX-Implantación sistemas de xestión, os PAEI-Proxectos de aforro e eficiencia enerxética no sector industrial e ESE, e os PAES-Proxectos de aforro e eficiencia enerxética no sector servizos.

2. A contía da subvención será do 35 % do custo elixible da actuación. A intensidade da axuda incrementarase un 20 % no caso de axudas concedidas a pequenas empresas e un 10 % no caso de medianas empresas.

No caso de auditorías enerxéticas e de implantación de sistemas de xestión, o importe total das axudas de minimis concedidas a unha única empresa non excederá os 200.000 euros durante calquera período de tres exercicios fiscais, de 100.000 euros cando se trate de empresas de transportes de mercadoría por estrada por conta allea, de 30.000 euros para empresas do sector da pesca e da acuicultura e de 15.000 euros para empresas do sector agrícola.

No resto dos casos a axuda máxima por empresa beneficiaria será de 500.000 euros.

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes será dun (1) mes, contado desde o día seguinte a aquel en que se publiquen as presentes bases no Diario Oficial de Galicia.

A presentación das solicitudes realizarase unicamente por medios electrónicos a través do formulario electrónico normalizado accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal, e na páxina web do Inega, www.inega.gal. Xunto coa solicitude presentaranse, anexadas, copias dixitalizadas da documentación complementaria.

Santiago de Compostela, 26 de decembro de 2017

Ángel Bernardo Tahoces
Director do Instituto Enerxético de Galicia