Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 22 Mércores, 31 de xaneiro de 2018 Páx. 6883

III. Outras disposicións

Axencia Turismo de Galicia

RESOLUCIÓN do 29 de decembro de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións á cooperación entre pequenos operadores para organizar procesos de traballo conxunto e compartir instalacións e recursos, así como para o desenvolvemento e a comercialización do turismo, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e se anuncia a súa convocatoria para o ano 2018.

A Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia, establece entre os fins que persegue a lei, aos cales a Administración autonómica acomodará as súas actuacións, a promoción e o estímulo dun sector turístico galego competitivo, de calidade e accesible, e a difusión de Galicia como destino turístico de calidade, con garantía do seu tratamento unitario na promoción interior e exterior dos recursos do país.

A Axencia Turismo de Galicia créase en virtude da autorización contida na disposición adicional cuarta da Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia, polo Decreto 196/2012, do 27 de setembro, como unha axencia pública autonómica, que terá como finalidade impulsar, coordinar e xestionar a política autonómica en materia de turismo e, en especial, a promoción e a ordenación do turismo dentro da comunidade.

Entre os obxectivos básicos da Axencia están o desenvolvemento do turismo na comunidade autónoma de acordo cos principios de calidade, accesibilidade e sustentabilidade; a potenciación do turismo como un factor de crecemento económico, a valorización dos recursos turísticos; o fomento do turismo como un instrumento de reequilibrio territorial.

O Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020 (PDR), aprobado pola Comisión Europea mediante a Decisión de execución C(2015) 8144, do 18 de novembro de 2015, recolle diversas medidas dirixidas á mellora da calidade de vida nas zonas rurais e á diversificación da economía rural. Esas medidas están financiadas, igual que as restantes que integran o PDR, polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) nun 75 %, xunto con fondos da Comunidade Autónoma de Galicia nun 22,5 % e da Administración xeral do Estado, Ministerio de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente (MAPAMA) nun 2,5 %.

No artigo 6 do Regulamento (UE) 1407/2013, da Comisión, do 18 de decembro de 2013, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da UE ás axudas de minimis, regúlanse as obrigas de información e control previstas na lexislación de minimis.

Dado que a promoción do desenvolvemento rural galego debe abordarse desde unha perspectiva integral, prevese o apoio a actuacións de diferente natureza, que a Axencia Turismo de Galicia vai materializar a través da concesión de subvencións en réxime de concorrencia competitiva.

Esta resolución ten como obxecto establecer as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións á cooperación entre pequenos operadores para organizar procesos de traballo conxunto e compartir instalacións e recursos, así como para o desenvolvemento e a comercialización do turismo.

Apoiaranse actuacións de promoción e/ou comercialización conxunta de produtos e servizos turísticos entre dous ou máis operadores. En particular, fomentaranse accións de colaboración entre establecementos turísticos de aloxamento e restauración con establecementos de servizos turísticos complementarios que realicen actividades vinculadas ao turismo de ocio e tempo libre (combinación de aloxamento e turismo de aventura, enoloxía e rutas turísticas, turismo gastronómico, de saúde, de natureza...).

Esta actuación encádrase dentro da medida 16.3 do PDR de Galicia 2014-2020, destinada á cooperación entre pequenos operadores para organizar procesos de traballo conxunto e compartir instalacións e recursos, así como para a comercialización do turismo.

A través da dita actuación fomentarase a coordinación entre pequenos operadores económicos das áreas rurais para permitirlles adquirir en común unha escala económica da cal carecen individualmente. O requisito destas iniciativas é que a participación destes axentes estea vinculada a microempresas e que o proxecto teña unha orientación comercial.

Con estas subvencións prestarase apoio a aquelas actividades que poñan en valor e dinamicen economicamente as zonas rurais a través da oferta conxunta de dous ou máis operadores.

Estas subvencións, no correspondente aos fondos propios, financiaranse con cargo aos créditos orzamentarios da Axencia Turismo de Galicia asignados para esta finalidade, e conforme o establecido sobre medidas de fomento no artigo 94 da Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia, en concordancia co sinalado no artigo 95 da dita lei e tendo en conta o determinado na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o seu regulamento.

De acordo co anterior,

RESOLVO:

1. Convocatoria e bases reguladoras.

1º. Esta resolución ten por obxecto aprobar as bases, que se inclúen como anexo I, polas que se rexerá a concesión das subvencións da Axencia Turismo de Galicia, en réxime de concorrencia competitiva, destinadas á cooperación entre pequenos operadores para organizar procesos de traballo conxunto e compartir instalacións e recursos, así como para o desenvolvemento e a comercialización do turismo, e efectuar a súa convocatoria para o ano 2018 (TU983A).

2º. O procedemento de concesión destas subvencións tramitarase en réxime de concorrencia competitiva e quedará suxeito ao Regulamento (UE) 1407/2013 da Comisión, do 18 de decembro de 2013, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis.

2. Solicitudes.

1º. Para poder ser beneficiario das subvencións deberá presentarse unha solicitude en que se exprese claramente o título do proxecto, axustada ao modelo normalizado que se inclúe como anexo II desta resolución, que irá acompañada dos documentos que se especifican no artigo 6 das bases reguladoras.

2º. As solicitudes deberán presentarse da forma e no prazo establecidos no artigo 5 das bases reguladoras.

3. Prazo de duración do procedemento de concesión.

Unha vez rematado o prazo para a presentación de solicitudes, estas serán tramitadas de acordo co procedemento establecido nas bases reguladoras.

O procedemento de concesión non poderá ter unha duración superior aos cinco meses contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG.

4. Información ás persoas interesadas.

Sobre este procedemento administrativo poderase obter documentación normalizada ou información adicional na Axencia Turismo de Galicia, a través dos seguintes medios:

a) Páxina web oficial da Axencia Turismo de Galicia: http://www.turismo.xunta.gal.

b) Os teléfonos 981 54 74 04 e 981 54 63 64 e o fax 981 54 63 71 da devandita Axencia.

c) Enderezo electrónico: xerencia.turismo@xunta.gal.

d) Presencialmente.

5. Réxime de recursos.

Esta resolución pon fin á vía administrativa e contra ela poderán interpoñerse os seguintes recursos, sen prexuízo de que os interesados poidan exercer calquera outro que consideren procedente:

a) Recurso potestativo de reposición ante a Dirección da Axencia Turismo de Galicia, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

b) Recurso contencioso-administrativo ante os xulgados do contencioso- administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da publicación da resolución.

Esta resolución entrará en vigor ao día seguinte da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 29 de decembro de 2017

Mª Nava Castro Domínguez
Directora da Axencia Turismo de Galicia

ANEXO I
Bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva,
das subvencións á cooperación entre pequenos operadores para organizar procesos de traballo conxunto e compartir instalacións e recursos, así como
para o desenvolvemento e a comercialización do turismo

Artigo 1. Obxecto e réxime das subvencións

1. As subvencións reguladas por estas bases teñen por obxecto o fomento da cooperación entre pequenos operadores para colaborar na organización de procesos de traballo conxuntos e compartir recursos para o desenvolvemento e a promoción do turismo.

2. O procedemento de concesión destas subvencións tramitarase en réxime de concorrencia competitiva.

3. Os proxectos subvencionables consistirán no deseño, creación e promoción de produtos turísticos de Galicia. Enténdese por produtos turísticos os bens ou servizos turísticos ofertados ao público mediante contraprestación económica. As propostas deberán ser concretas e definidas en todos os elementos que compoñan o produto e o seu plan de promoción.

Para o caso de que o produto turístico se configure como paquete turístico, a súa comercialización requirirá a intermediación dunha axencia de viaxes, que pode formar parte da agrupación ou actuar como un provedor externo.

As actividades deberán ser realizadas ou promovidas no ámbito rural de Galicia, entendido como tal o ámbito de aplicación do PDR de Galicia.

A definición de zona rural realizarase por eliminación daquelas zonas consideradas densamente poboadas (urbanas) en cada territorio. No caso de Galicia, só teñen a consideración de zonas urbanas os 7 concellos dos núcleos de poboación máis grandes da Comunidade Autónoma (A Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, Vigo, Ferrol e Santiago de Compostela).

A delimitación destas zonas onde se debe realizar ou promover a actividade está definida a nivel de parroquia en función da densidade da poboación (só serán elixibles as parroquias definidas como rurais ou intermedias para os efectos da aplicación do Feader).

4. Os produtos turísticos deberán ter carácter innovador e poderán axustarse a algunha das liñas temáticas seguintes:

a) Produtos cabeceira de marca de Galicia.

Os produtos cabeceira de marca de Galicia, que poden ser consultados na páxina web oficial de Turismo de Galicia, na epígrafe denominada «experiencias» http://www.turismo.xunta.gal.

– Camiño de Santiago.

– Bosques de Galicia (natureza).

– Mananciais de Galicia (termalismo).

– Paseando entre viñedos (enogastronomía).

– Turismo mariñeiro.

– Ruta das Camelias (xardíns de Galicia).

– Faros e praias salvaxes.

– Patrimonio oculto.

– Santuarios máxicos.

b) Produtos destinados á creación de oferta de turismo familiar

c) Produtos destinados á creación de oferta para o turismo sénior.

d) Produtos destinados á xeración dunha oferta distintiva que se acomode ao concepto «que facer en Galicia cando chove».

e) Produtos innovadores e de descubrimento de novos nichos de mercado.

f) Creación de rutas turísticas innovadoras

g) Produtos construídos baixo a idea da «cultura celta de Galicia».

h) Produtos baseados na creación de fins de semana, pontes ou outros períodos temporais de carácter temático.

i) Produtos que se desenvolvan e valoricen turisticamente os núcleos históricos de Galicia.

Artigo 2. Gastos subvencionables

1. Considéranse gastos subvencionables aqueles en que incorrese a entidade solicitante con posterioridade á presentación da solicitude de axuda, como consecuencia da realización de proxectos acordes cos requisitos e criterios indicados neste artigo.

2. Serán gastos subvencionables os custos derivados dos seguintes investimentos de carácter inmaterial.

a) Os gastos de deseño e creación de produtos turísticos, folletos, paquetes turísticos e gastos en promoción, publicidade e difusión das actividades (material publicitario, merchandising, asistencia a feiras, encontros, publicidade en medios de comunicación tradicionais, internet e revistas especializadas).

b) Viaxes de promoción e familiarización do destino Galicia, en relación cos paquetes e servizos turísticos obxecto desta orde de subvencións (gastos de xestión, aloxamentos, manutención, transportes, entrega de materiais promocionais…).

c) Desenvolvemento das TIC na xestión, promoción e difusión da oferta turística.

d) Material inventariable: adquisición de equipamentos estritamente necesarios para a realización da actuación e posta en marcha dos novos produtos propostos (bicicletas, parques infantís, material deportivo, educativo, equipamento de oficina, envases e packaging, etc.).

e) Material funxible: adquisición de materiais funxibles ou compoñentes precisos para a execución do proxecto, debidamente xustificados.

f) Prestación de servizos por parte de monitores especializados para desenvolver as actividades propostas.

g) Asistencias técnicas de apoio ao deseño, creación e promoción de produtos turísticos.

3. En ningún caso serán obxecto de subvención os gastos de xuros debedores en contas bancarias nin os derivados de recargas e sancións administrativas e penais.

De conformidade co disposto no PDR de Galicia 2014-2020, o IVE non será subvencionable excepto cando non sexa recuperable conforme a lexislación estatal.

4. Os proxectos non poderán estar iniciados na data de presentación da solicitude da axuda e só serán subvencionables os custos efectuados con posterioridade á presentación da solicitude de axuda en tempo e forma ao abeiro desta convocatoria.

Artigo 3. Financiamento e concorrencia

1. Para as subvencións obxecto desta resolución imputarase un crédito de 666.667 € á aplicación orzamentaria 04 A2 761A 770.0, proxecto 2016 00007, cofinanciada nun 75 % por fondos Feader, nun 22,5 por fondos propios da comunidade autónoma e nun 2,5 % con fondos do Ministerio de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente, sen prexuízo de ulteriores variacións producidas como consecuencia da existencia dunha maior dispoñibilidade orzamentaria, de conformidade co disposto no artigo 30.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia, o que poderá dar lugar á posibilidade de atender novas solicitudes que poderán obter a subvención oportuna.

Nestes casos o órgano concedente deberá publicar a ampliación de crédito nos mesmos medios nos que publicou a convocatoria sen que esta publicación implique unha apertura do prazo para presentar novas solicitudes nin o inicio de novo cómputo dos prazos para resolver.

Esta convocatoria tramítase ao abeiro do artigo 25.1.a) do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, como expediente anticipado de gasto, e existe crédito suficiente previsto no proxecto de orzamentos da Comunidade Autónoma para o exercicio 2018.

Así mesmo, estará sometida ao regulado na Orde da Consellería de Economía e Facenda do 11 de febreiro de 1998, sobre tramitación anticipada de expedientes de gasto, modificada polas ordes da mesma consellería do 27 de novembro de 2000 e do 25 de outubro de 2001.

Ao abeiro desta normativa, a concesión das subvencións queda condicionada á existencia de crédito adecuado e suficiente no momento da resolución de concesión.

2. A intensidade da axuda acadará o 70 % do custo elixible subvencionable. A contía da axuda non superará o importe máximo de 30.000 €.

3. Ao estar este réxime de axudas suxeito ao Regulamento (UE) 1407/2013, relativo ás axudas de minimis, deberase garantir que, no caso de recibiren as persoas beneficiarias outras axudas baixo este réxime de minimis, non se supere o límite de 200.000 € nun período de tres exercicios fiscais. Este límite aplicarase independentemente da forma da axuda de minimis ou do obxectivo perseguido. O período determinarase tomando como referencia os dous exercicios fiscais anteriores e o exercicio fiscal en curso, de acordo co establecido no artigo 2 do citado regulamento.

4. As subvencións reguladas nestas bases están financiadas con fondos Feader e, polo tanto, serán incompatibles con calquera outra axuda que para o mesmo proxecto ou finalidade leve cofinanciamento comunitario, independentemente do fondo de procedencia e da súa tipoloxía (subvención directa, bonificación de xuros...). Tamén serán incompatibles con outras axudas encadradas en calquera das outras medidas do PDR.

5. Non obstante, é posible a concorrencia con outras subvencións, axudas, ingresos ou recursos para o mesma obxecto e finalidade, pero o seu importe en ningún caso poderá ser de tal contía que, illadamente ou en concorrencia con subvencións, axudas, ingresos ou recursos para o mesmo obxecto e finalidade, procedentes doutras administracións públicas ou doutros entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, supere o custo da actividade subvencionada, segundo se establece no artigo 17.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Artigo 4. Persoas beneficiarias

1. Poderán ser persoas beneficiarias das subvencións, sen prexuízo de reuniren os requisitos establecidos nestas bases, e de conformidade co establecido no artigo 8.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, as empresas do sector turístico de Galicia que se agrupen para colaborar e que, polo menos unha delas, estean inscritas conforme estableza a normativa turística, no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Xunta de Galicia (en diante, REAT), con base nos artigos 50 e 51 da Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia, que teñan a condición de microempresas e sexan entidades privadas autónomas, constituídas baixo calquera forma xurídica admisible, co obxecto de practicar de xeito efectivo a colaboración, con domicilio social ou sede na Comunidade Autónoma de Galicia, e desenvolvan a actividade para a cal se solicita a subvención no ámbito rural de Galicia.

Tamén poderán ser persoas beneficiarias das subvencións os consorcios, asociacións e calquera outra forma de personificación xurídica xa constituídas, en que se atopen asociadas as empresas ou entidades do sector turístico de Galicia, e que polo menos unha delas estea inscrita no REAT.

2. A definición das zonas rurais realizarase por eliminación daquelas zonas consideradas densamente poboadas (urbanas) no seu territorio. No caso de Galicia, só teñen esa consideración os 7 concellos dos núcleos de poboación máis grandes da comunidade autónoma (A Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, Vigo, Ferrol e Santiago de Compostela).

3. Para os efectos das axudas de minimis conforme a normativa aplicable, enténdese por empresa calquera entidade que exerza unha actividade económica, con independencia da súa natureza xurídica e da súa forma de financiamento.

Así mesmo, terán a consideración de empresa, para os efectos de poder ser beneficiarias das subvencións, as persoas físicas que desenvolvan a súa actividade en réxime de autónomos.

4. As empresas obxecto de subvención non deberán estar vinculadas entre si. Considéranse vinculadas as empresas entre as cales existe algunha das seguintes relacións:

a) Unha empresa posúe a maioría dos dereitos de voto dos accionistas ou socios doutra empresa.

b) Unha empresa ten dereito a nomear ou revogar a maioría dos membros do órgano de administración e dirección ou o control doutra empresa.

c) Unha empresa ten dereito a exercer unha influencia dominante sobre outra, en virtude dun contrato subscrito por ela ou dunha cláusula estatutaria da segunda empresa.

d) Unha empresa accionista doutra ou asociada a outra controla soa, en virtude dun acordo subscrito con outros accionistas ou socios da segunda empresa, a maioría dos votos dos seus accionistas ou socios.

e) Así mesmo, consideraranse empresas vinculadas as que manteñan algunha das ditas relacións a través dunha persoa física ou un grupo de persoas físicas que actúen de común acordo, se tales empresas exercen a súa actividade ou parte dela no mesmo mercado de referencia ou mercados contiguos.

f) Consideraranse «mercados contiguos» o mercado dun produto ou servizo situado na posición inmediatamente anterior ou posterior do mercado en cuestión.

En relación con estas bases reguladoras a definición de «pequenos operadores» enténdese conforme o disposto no PDR de Galicia 2014-2020, que dispón que serán beneficiarias desta submedida as microempresas, tal e como aparecen definidas no artigo 2 do anexo I do Regulamento 651/2014, do 14 de xuño de 2014, polo que declaran diversas categorías de axudas compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do TFUE.

Así, microempresa é aquela que ocupa menos de 10 traballadores e o seu volume de negocio anual ou balance xeral anual non supera os 2 millóns de euros.

Para optar a estas axudas será necesaria a colaboración entre dúas ou máis empresas.

No caso de que o beneficiario sexa unha asociación, consorcio ou calquera outra forma xurídica que agrupe varias empresas, enténdese cumprida a colaboración establecida no parágrafo anterior.

5. No caso de solicitarse a axuda polas agrupacións do artigo 8.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, tanto na solicitude como na resolución de concesión deberán facerse constar os compromisos de execución asumidos por cada empresa, así como o importe de subvención que se aplicará por cada unha delas, que terán igualmente a consideración de persoas beneficiarias. En todo caso, deberá nomearse un líder que será o representante único da agrupación, único interlocutor coa Administración en todo o procedemento, e con poderes bastantes para cumprir as obrigas que, como beneficiario, corresponden á agrupación.

6. As agrupacións rexeranse por calquera instrumento xurídico válido en dereito que as regule, onde se acredite un acordo de vontades de todas as empresas participantes na agrupación. O funcionamento interno da agrupación responderá a criterios de autonomía de xestión, e un dos socios, o líder, asumirá a dirección do proxecto e a representación da agrupación ante a Administración, o cal deberá constar expresamente no instrumento xurídico válido que se realice para ese efecto. O líder recibirá a axuda concedida e será o responsable da súa distribución entre os socios participantes, de acordo coa repartición establecida no orzamento aprobado na resolución de concesión da axuda, conforme os seus compromisos de participación nel e coa resolución de pagamento tras a xustificación finalmente admitida pola Axencia Turismo de Galicia.

O instrumento xurídico de regulación da agrupación deberá prever, como mínimo, o seguinte:

a) Acordo de representación da agrupación e elección do seu representante ante a Administración para os efectos de interlocutor con ela e perceptor da axuda, con poderes suficientes para cumprir as obrigas que como beneficiario lles correspondan ás empresas agrupadas.

b) Orzamento desagregado por conceptos do investimento que se vai realizar. De ser o caso, achegaranse tres orzamentos de diferentes provedores, co obxecto de atender á moderación de custos propostos conforme o previsto no artigo 48.2.e) do Regulamento de execución (UE) 809/2013, da Comisión, do 17 decembro de 2013.

c) Compromisos de execución asumidos por cada empresa e o importe de subvención que se aplicará por cada unha delas.

d) Compromiso de distribución da axuda percibida polo líder entre todos os participantes da agrupación conforme o gasto aprobado e a resolución de pagamento da Axencia Turismo de Galicia tras a xustificación finalmente admitida.

e) Acordos de confidencialidade.

f) Propiedade, protección legal (patentes) e divulgación dos resultados.

g) Xestión da agrupación, plan de continxencias e distribución de responsabilidades ante posibles dificultades.

7. Esta agrupación non poderá disolverse ata que transcorra o prazo de prescrición previsto nos artigos 35 e 63 da citada lei.

8. Os requisitos para ser persoas beneficiarias deberán cumprirse antes do remate do prazo de presentación de solicitudes.

9. Non poderán obter a condición de beneficiario aqueles nos cales concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. A acreditación de non estar incursos nas ditas prohibicións realizarase mediante declaración responsable das empresas solicitantes.

Artigo 5. Solicitudes

1. A presentación das solicitudes realizarase obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal. Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

2. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. A Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.

Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberanse indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente se se dispón del.

As copias dos documentos gozarán da mesma validez e eficacia que os seus orixinais, sempre que exista constancia de que sexan auténticas.

3. Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar durante a tramitación deste procedemento deberán ser realizados electronicamente accedendo á carpeta do cidadán da persoa interesada.

4. O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación.

Se o último día de prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes do vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo finaliza o último do mes.

Artigo 6. Documentación necesaria para a tramitación do procedemento

As persoas interesadas achegarán a seguinte documentación:

a) Solicitude de axuda, presentada pola empresa líder do proxecto, cos datos de identificación das empresas participantes segundo o modelo normalizado que se inclúe como anexo II desta resolución.

b) Memoria explicativa completa da actuación que se vai desenvolver, que comprenderá os obxectivos que se pretende acadar, fases de execución e os recursos involucrados. A memoria deberá incluír un orzamento desagregado dos custos da actuación.

c) Copia do instrumento xurídico regulador da agrupación establecido no artigo 4.6 destas bases reguladoras.

d) En todo caso deberán solicitarse, como mínimo, tres ofertas de diferentes provedores, con carácter previo á contratación do compromiso para a obra, prestación do servicio ou entrega do bien, salvo que polas súas especiais características non exista no mercado suficiente número de entidades que as realicen, presten ou subministren.

e) Declaracións de conformidade de participación no proxecto, asinadas polos representantes legais de cada unha das empresas da agrupación, en que se outorgue ao líder do proxecto a autorización para presentar a solicitude de axuda no seu nome e canalizar a súa relación coa Administración, segundo o modelo normalizado anexo III.

f) Declaración responsable do representante legal de cada membro da agrupación segundo o anexo IV.

g) Acreditación, de ser o caso, de que o IVE non se recupera ou compensa, para os efectos de poder ser gasto subvencionable.

Se a solicitude non reúne os requisitos establecidos na convocatoria, o órgano competente requirirá o interesado para que a emende no prazo máximo e improrrogable de 10 días, e indicaralle que, se non o fai, se considerará que desiste da súa solicitude, logo de resolución que deberá ser ditada nos termos previstos no artigo 21 da Lei do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Artigo 7. Comprobación de datos

Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:

– NIF en vigor da entidade líder que solicita a axuda.

– NIF en vigor das entidades membros da agrupación.

– Acreditación de que está ao día nas súas obrigas tributarias estatais e autonómicas e da Seguridade Social e que non ten pendente de pagamento ningunha outra débeda, por ningún concepto, coa Administración pública da comunidade autónoma. Para tales efectos, o solicitante deberá achegar certificación de estar ao día nas citadas obrigas, no caso de denegar expresamente que a solicite o órgano xestor, de conformidade co disposto no artigo 5.1. No caso de que as actuacións de oficio levadas a cabo polo órgano instrutor, consonte o artigo 20.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, dean como resultado que o solicitante ou o beneficiario ten débedas ou obrigas con algunha destas administracións, requirirase o solicitante ou beneficiario para que regularice a situación e presente por si mesmo o correspondente certificado.

No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no cadro correspondente habilitado no formulario de inicio e achegar os documentos.

Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.Todo isto sen prexuízo de que se solicite documentación complementaria aclaratoria dos datos que figuren na solicitude.

Artigo 8. Transparencia e bo goberno

1. A presentación da solicitude implica o coñecemento e a aceptación destas bases reguladoras.

2. De conformidade co artigo 17.3 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, a Axencia Turismo de Galicia publicará na súa páxina web, ademais da información que se debe facer pública segundo a normativa básica en materia de transparencia (importe, obxectivo ou finalidade e persoas beneficiarias), o texto íntegro da convocatoria das axudas ou subvencións, e as concesións das devanditas axudas ou subvencións, polo que a presentación da solicitude leva implícita a autorización para o tratamento necesario dos datos das persoas beneficiarias e a referida publicidade.

3. En cumprimento do disposto nos artigos 18 e 20.8 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, comunicarase a concesión das axudas reguladas nesta convocatoria á Base de datos nacional de subvencións, que operará como sistema nacional de publicidade de subvencións.

Así mesmo, a entidade beneficiaria acepta o sometemento aos controis específicos da Unión Europea reflectidos no Regulamento (UE) 809/2014, da Comisión, do 17 de xullo de 2014.

Artigo 9. Datos de carácter persoal

De conformidade coa Lei orgánica 15/1999, do 13 decembro, de protección de datos de carácter persoal, os datos persoais recollidos na tramitación desta disposición, cuxo tratamento e publicación autoricen as persoas interesadas mediante a presentación das solicitudes, serán incluídos nun ficheiro denominado Relacións administrativas coa cidadanía e entidades, cuxo obxecto é xestionar o presente procedemento, así como para informar as persoas interesadas sobre o seu desenvolvemento. O órgano responsable deste ficheiro é a Axencia Turismo de Galicia. Os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición poderanse exercer ante a Axencia Turismo de Galicia, mediante o envío dunha comunicación ao seguinte enderezo: estrada Santiago-Noia km 3 (A Barcia) 15897 Santiago de Compostela, ou a través dun correo electrónico a xerencia.turismo@xunta.gal.

Artigo 10. Órganos competentes

A Dirección de Competitividade da Axencia Turismo de Galicia será o órgano competente para a instrución do procedemento de concesión da subvención, e corresponderalle á persoa titular da dirección da Axencia ditar a resolución de concesión.

Artigo 11. Instrución dos procedementos

1. De conformidade co establecido no artigo 68.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se a solicitude non reúne algún dos requisitos exixidos nestas bases reguladoras ou na correspondente convocatoria, requirirase o interesado para que, nun prazo de dez días hábiles, emende a falta ou achegue os documentos preceptivos. Neste requirimento farase indicación expresa de que, se así non o fai, se considerará que desistiu na súa petición, logo da correspondente resolución.

2. Sen prexuízo do disposto no parágrafo anterior, poderáselle requirir ao solicitante que achegue cantos datos, documentos complementarios e aclaracións resulten necesarios para a tramitación e resolución do procedemento.

3. Os proxectos ou memorias valoradas serán avaliados pola Dirección de Promoción, que emitirá un informe ao respecto para o seu estudo pola comisión.

4. Os expedientes que non cumpran as exixencias contidas nestas bases ou na normativa de aplicación, ou que non conteñan a documentación necesaria, quedarán á disposición do órgano instrutor para que formule a proposta de resolución de inadmisión, en que se indicarán as causas desta.

Artigo 12. Comisión de valoración

1. As solicitudes serán valoradas en réxime de concorrencia competitiva, conforme os criterios de adxudicación e baremación previstos nestas bases por unha comisión de valoración, que será a responsable de propoñer a resolución final ao órgano competente para resolver.

2. A composición da comisión de valoración será a seguinte:

a) A persoa titular da Xerencia de Turismo de Galicia, que a presidirá.

b) Os/as xefes/as das áreas de turismo provinciais.

c) O/a xefe/a da Área de Fomento e Desenvolvemento Empresarial, que actuará como secretario/a.

d) Un representante da Dirección de Promoción.

3. Os/as suplentes serán designados/as pola persoa titular da Dirección da Axencia Turismo de Galicia.

4. No informe que formule a comisión figurarán de xeito individualizado os solicitantes propostos para obter a subvención, así como as denegacións, con especificación da valoración que lles corresponde, segundo os criterios recollidos no artigo seguinte, con indicación do importe da concesión que se propón para cada un deles.

5. No caso de existiren solicitudes que non acaden o dereito á subvención en función do baremo aplicado por terse esgotado o crédito dispoñible, a comisión poderá emitir propostas sucesivas, ben por dispor de crédito por producirse algunha renuncia ou modificación nos proxectos inicialmente propostos ou ben por incremento do orzamento inicialmente destinado a esta subvención.

Artigo 13. Criterios de valoración

Os proxectos ou actuacións que se presenten deberán ser técnica, económica e financeiramente viables, e os criterios de valoración que servirán de base para a determinación da preferencia na concesión da subvención serán os seguintes:

1. Número de empresas asociadas superior a dúas: 15 puntos.

No caso de consorcios, asociacións e calquera outra forma de personificación xurídica xa constituídas, en que se atopen asociadas as empresas ou entidades do sector turístico de Galicia, enténdese acreditado este requisito.

2. Pola creación de produtos turísticos que inflúan na desestacionalización do turismo en Galicia. As datas propostas para os produtos turísticos deberán estar formuladas fóra do período de Semana Santa e dos meses de xullo e agosto: 15 puntos.

3. Que algunha das empresas ou entidades solicitantes estea en posesión dalgún certificado de calidade para o sector turístico: 15 puntos.

4. Que algunha das empresas ou entidades solicitantes estea en posesión dalgunha certificación ambiental internacionalmente recoñecida: 15 puntos.

5. Que algunha das empresas ou entidades solicitantes teña implantado algún plan de formación/plan de igualdade: 10 puntos.

Para puntuar este requisito a entidade solicitante deberá xuntar coa solicitude o dito plan de formación/igualdade.

6. Pola creación, deseño ou oferta de servizos turísticos accesibles: 15 puntos.

7. Por innovación e singularidade: 15 puntos.

Para valorar este criterio, consideraranse innovadoras aquelas propostas que non existen no mercado.

Por outra banda, entenderase que unha proposta é singular cando se distinga no seu deseño e contido con respecto ás xa existentes no mercado ou cando se formulen solucións que utilicen ideas orixinais, novos conceptos ou pensamentos diverxentes.

Os proxectos que se recollen no parágrafo anterior como accións subvencionables poderán acadar unha subvención do 70 % sobre o investimento subvencionable, ata unha contía máxima de 30.000 €.

As solicitudes que non acaden 30 puntos non serán obxecto de subvención.

Se por aplicación dos criterios de valoración dúas ou máis solicitudes acadasen igual puntuación e non existise crédito suficiente para atendelas todas, atenderanse aquelas solicitudes cuxo importe solicitado sexa menor.

O resultado da análise plasmarase nun informe da comisión de valoración, que o órgano de instrución elevará, xunto coa proposta de resolución provisional, ao órgano competente para resolver.

A proposta de resolución expresará de forma motivada a relación de proxectos para os cales se propón a concesión da axuda, coa identificación, en relación con cada proxecto, do beneficiario e importe e porcentaxe da subvención proposta. De ser o caso, contará cunha lista dos proxectos admitidos que non acadasen subvención polo esgotamento do orzamento dispoñible. Así mesmo, expresará, de xeito motivado, a relación de proxectos para os cales non se propón a concesión de subvención, por falta de documentación ou por non reuniren os requisitos.

De conformidade co establecido no artigo 6 do Regulamento (UE) 1407/2013 da Comisión, do 18 do decembro de 2013, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da UE ás axudas de minimis, informarase o beneficiario do carácter de minimis desta axuda facendo referencia de forma expresa ao presente regulamento e citando o subtítulo e a referencia da súa publicación no Diario Oficial de la Unión Europea.

No suposto de que algún beneficiario renuncie á subvención concedida, decaia no dereito á súa percepción ou proceda o reintegro de acordo co previsto nestas bases e na normativa que resulte de aplicación, os créditos liberados poderán asignarse por orde decrecente de puntuación aos proxectos admitidos que non obtivesen subvención por esgotamento do crédito previsto. Actuarase de igual xeito cando, por razóns de dispoñibilidade orzamentaria, se acorde incrementar o crédito máximo inicialmente previsto nesta convocatoria.

Artigo 14. Audiencia

1. Instruído o procedemento, o órgano instrutor formulará proposta de resolución provisional, debidamente motivada, que será notificada aos interesados para que, nun prazo de dez días, poidan formular alegacións e presentar os documentos e xustificacións que coiden pertinentes, de acordo co establecido no artigo 21.4 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

2. Porén, poderase prescindir do trámite a que se refire o punto anterior cando non figuren no procedemento nin se vaian ter en conta na resolución outros feitos nin outras alegacións ou probas que as aducidas polo interesado. Neste caso, a proposta de resolución formulada terá carácter de definitiva.

Artigo 15. Resolución e notificación

1. Unha vez concluído o trámite de audiencia, o órgano instrutor elaborará a proposta de resolución definitiva, que elevará á persoa titular da Axencia Turismo de Galicia para a súa resolución. Esta proposta conterá a relación de expedientes instruídos, establecida por rigorosa orde de incoación, e nela indicaranse o número de expediente, a denominación e o NIF do representante das empresas agrupadas, data de presentación da solicitude, a actuación subvencionable e a contía da subvención proposta, ou ben a causa da proposta de denegación ou inadmisión, segundo corresponda.

2. A persoa titular da Dirección da Axencia Turismo de Galicia, á vista da proposta, ditará a correspondente resolución, que deberá estar debidamente motivada e expresará, cando menos, o solicitante ao cal se lle concede a subvención e a actuación subvencionada, así como a subvención concedida e a súa contía ou, de ser o caso, a causa de inadmisión ou denegación da solicitude.

3. O prazo máximo para resolver e notificar a resolución ao interesado será de cinco meses, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Se transcorre o prazo máximo para resolver sen que se dite resolución expresa, os interesados poderán entender desestimadas as súas solicitudes por silencio administrativo.

4. As notificacións de resolucións e actos administrativos practicaranse só por medios electrónicos, nos termos previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

5. As notificacións electrónicas realizaranse mediante a plataforma de notificación electrónica Notifica.gal, dispoñible a través da sede electrónica da Xunta de Galicia https://notifica.xunta.gal. De acordo coa normativa vixente en materia de desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes, o sistema de notificación permitirá acreditar a data e a hora en que se produza a posta á disposición da persoa interesada do acto obxecto de notificación, así como a de acceso ao seu contido, momento a partir do cal a notificación se entenderá practicada para todos os efectos legais. Sen prexuízo do anterior, a Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia poderá remitir ás persoas interesadas avisos da posta á disposición das notificacións, mediante correo electrónico dirixido ás contas de correo que consten nas solicitudes para efectos de notificación. Estes avisos non terán, en ningún caso, efectos de notificación practicada.

6. Se transcorren dez días naturais desde a posta á disposición dunha notificación electrónica sen que accedese ao seu contido, entenderase que a notificación foi rexeitada, considerararse por efectuado o trámite e seguirá o procedemento, salvo que de oficio ou por instancia da persoa destinataria se comprobe a imposibilidade técnica ou material do acceso.

7. Se a notificación electrónica non é posible por problemas técnicos, a Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia practicará a notificación polos medios previstos na normativa vixente en materia de procedemento administrativo

8. Nas notificacións indicarase, de modo expreso, que a subvención foi concedida en virtude dun programa cofinanciado polo Feader e a medida do PDR de Galicia en que se enmarca o proxecto.

9. As solicitudes desestimadas notificaranse individualmente, con indicación das causas da desestimación.

Artigo 16. Réxime de recursos

As resolucións ditadas ao abeiro da correspondente resolución de convocatoria poñerán fin á vía administrativa e contra elas poderán interpoñerse os seguintes recursos, sen prexuízo de que os interesados poidan exercer calquera outro que consideren procedente:

a) Recurso potestativo de reposición ante a Axencia Turismo de Galicia. O prazo para a interposición do recurso de reposición será dun mes, se o acto foi expreso. Transcorrido o dito prazo, unicamente poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo sen prexuízo, de ser o caso, da procedencia do recurso extraordinario de revisión. Se o acto non foi expreso, o solicitante e outros posibles interesados poderán interpoñer recurso de reposición en calquera momento a partir do día seguinte a aquel en que de acordo coa súa normativa específica se produza o acto presunto.

b) Recurso contencioso-administrativo ante os xulgados do contencioso-administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da notificación da resolución, se esta foi expresa, ou de seis meses contados a partir do seguinte a aquel en que se produza o acto presunto.

Artigo 17. Modificación da resolución

1. Unha vez ditada a resolución de concesión, as persoas beneficiarias poderán solicitar a modificación do seu contido antes de que remate o prazo para a realización da actividade.

2. A modificación poderase autorizar sempre que non dane dereitos de terceiros. En todo caso, a modificación da resolución de concesión deberá respectar o obxecto da subvención, as actuacións subvencionables e non dar lugar a actuacións deficientes e incompletas.

3. Para a modificación da resolución non poderán ser tidos en conta requisitos ou circunstancias que, debendo concorrer no momento en que se ditou a resolución, tivesen lugar con posterioridade a ela.

4. Xunto coa solicitude, as persoas beneficiarias deberán presentar memoria xustificativa, orzamento modificado e relación e identificación concreta dos cambios introducidos.

5. O acto polo cal se acorde ou denegue a modificación da resolución será ditado pola persoa titular da Axencia Turismo de Galicia, logo da instrución do correspondente expediente en que se lles dará audiencia aos interesados, nos termos previstos no artigo 14.

6. Cando as persoas beneficiarias da subvención poñan de manifesto na xustificación que se produciron alteracións das condicións tidas en conta para a concesión desta que non alteren esencialmente a natureza ou os obxectivos da subvención, e que puidesen dar lugar á modificación da resolución conforme o establecido no artigo 14.1.m) da Lei de subvencións de Galicia, e se omite o trámite de autorización administrativa previa para a súa aprobación, o órgano concedente da subvención poderá aceptar a xustificación presentada, sempre e cando tal aceptación non supoña danar dereitos de terceiros.

Esta aceptación por parte do órgano concedente non exime o beneficiario das sancións que poidan corresponderlle conforme a citada Lei de subvencións de Galicia.

Artigo 18. Aceptación e renuncia

1. Notificada a resolución definitiva polo órgano competente, os interesados propostos como beneficiarios disporán dun prazo de dez días para a súa aceptación; transcorrido este sen que se producise manifestación expresa en contra, entenderase tacitamente aceptada.

2. A renuncia á subvención poderase facer axustándose ao modelo que se inclúe como anexo V, así como por calquera outro medio que permita a súa constancia, de acordo co establecido no artigo 94 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

No caso de que se comunicase a renuncia en prazo, a persoa titular da dirección da Axencia ditará a correspondente resolución nos termos do artigo 21 da citada lei.

Artigo 19. Obrigas das persoas beneficiarias

As persoas beneficiarias das subvencións adquiren os seguintes compromisos e obrigas, de conformidade co establecido no anexo III do Regulamento (UE) 808/2014 da Comisión, do 17 de xullo de 2014, polo que se establecen as disposicións de aplicación do Regulamento (UE) 1305/2013, e co disposto na Estratexia de información e publicidade do PDR 2014-2020 de Galicia e no artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, sen prexuízo das demais obrigas que resulten da normativa aplicable:

a) Cumprir o obxectivo e realizar a actuación subvencionada, de conformidade co presentado ao concurso de subvencións ou, se é o caso, ao modificado coa autorización da Axencia Turismo de Galicia.

b) Xustificar ante o órgano concedente o cumprimento dos requisitos e das condicións, así como a realización da actividade e o cumprimento da finalidade que determine a concesión ou o gozo da subvención.

c) Someterse ás actuacións de comprobación que efectuará a Axencia Turismo de Galicia, ás de control financeiro que lle corresponden á Intervención Xeral da Comunidade Autónoma en relación coas subvencións e axudas concedidas, ás previstas na lexislación do Tribunal de Contas e do Consello de Contas, para o cal se achegará canta información lle sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores.

d) Someterse ás verificacións previstas no Regulamento (UE) 809/2014 da Comisión, do 17 de xullo de 2014, polo que se establecen as disposicións de aplicación do Regulamento (UE) 1306/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, no que refire ao sistema integrado de xestión e control e ás medidas de desenvolvemento rural e á condicionalidade.

e) Comunicarlle á Axencia Turismo de Galicia a obtención doutras subvencións, axudas, ingresos ou recursos que financien as actividades subvencionadas, así como a modificación das circunstancias que fundamentasen a concesión da subvención. Estas comunicacións deberanse efectuar tan pronto como se coñezan e, en todo caso, con anterioridade á xustificación da aplicación dada aos fondos percibidos.

f) As persoas beneficiarias deberán dispoñer dos libros contables, rexistros dilixenciados e demais documentos debidamente auditados nos termos exixidos na lexislación mercantil e sectorial aplicable, coa finalidade de garantir o exercicio adecuado das facultades de comprobación e control; así mesmo, deberán conservar os documentos xustificativos da aplicación dos fondos recibidos.

g) As persoas beneficiarias estarán obrigadas a levar un sistema de contabilidade separado ou ben un código contable axeitado para todas as transaccións relativas ao proxecto subvencionado (artigo 66.ci do Regulamento (CE) 1305/2013).

h) As persoas beneficiarias deberán dar a adecuada publicidade do carácter público do financiamento en todas as actuacións que deriven da execución do proxecto, en cumprimento do artigo 15.3 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia.

En concreto, as persoas beneficiarias deberán facer constar o financiamento dos proxectos subvencionados pola Xunta de Galicia a través da Axencia Turismo de Galicia e polo Ministerio de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente.

i) En todas as actividades de información e comunicación que leven a cabo, as persoas beneficiarias deberán recoñecer o apoio do Feader á operación mostrando:

1. O emblema da Unión de acordo coas normas gráficas presentadas na páxina http://ec.europa.eu/agriculture/rural-development-2014-2020/index_es.htm.

2. Unha explicación da axuda Feader por medio da declaración seguinte: Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural Europa inviste no rural.

j) Durante a realización da operación as persoas beneficiarias informarán o público da axuda obtida do seguinte xeito:

1. Presentando no sitio web do beneficiario para uso profesional, no caso de que exista o dito sitio, unha breve descrición da operación cando poida establecerse un vínculo entre o obxecto do sitio web e a axuda prestada á operación en proporción ao nivel de axuda, cos seus obxectivos e resultados e destacando a axuda financeira da Unión.

2. No caso de operacións que reciban unha axuda pública superior a 10.000 € e en función da operación financiada, colocando polo menos un panel con información sobre a operación dun tamaño mínimo A3, no que se destaque a axuda financeira recibida da Unión, nun lugar ben visible para o público.

O beneficiario colocará, nun lugar ben visible para o público, un cartel ou placa permanente de tamaño significativo no prazo de tres meses a partir da conclusión dunha operación cando esta consista na compra dun obxecto físico, no financiamento dunha infraestrutura ou en traballos de construción.

Este cartel indicará o nome e o principal obxectivo da operación e destacará a axuda financeira achegada pola Unión.

Os carteis, paneis, placas e sitios web levarán unha descrición do proxecto ou da operación e os elementos, o logotipo do Feader e o lema: «Feader: Europa inviste no rural». Esta información ocupará, como mínimo, o 25 % do cartel, placa ou páxina web.

3. Todas as publicacións (tales como folletos, prospectos e boletíns) e os paneis que versen sobre actividades cofinanciadas polo Feader indicarán claramente na páxina de portada a participación da Unión Europea e incorporarán o emblema desta no caso de que tamén se utilicen outros emblemas nacionais ou rexionais. As publicacións incluirán referencias ao organismo responsable do contido e a autoridade de xestión encargada da aplicación da axuda do Feader e/ou nacional correspondente.

4. No caso de que a información se ofreza por medios electrónicos (como en sitios web ou bases de datos) ou como material audiovisual, o parágrafo cuarto aplícarase por analoxía.

Igualmente o beneficiario deberá incluír, nas súas accións promocionais, a marca turística de Galicia. De ser o caso, na páxina web deberá inserir un banner cunha ligazón á páxina de promoción turística de Galicia. Nos folletos e outras publicacións deberá incluír na contraportada a marca turística, seguindo as indicacións do manual de uso. Para a aplicación correcta da marca deberán descargar de www.turgalicia.gal/marca01 os arquivos informáticos cos elementos gráficos en calidade e formatos axeitados, así como as indicacións de uso.

As persoas beneficiarias quedan obrigadas a reintegrar, total ou parcialmente, o importe percibido pola subvención concedida, así como os correspondentes xuros de demora devindicados desde o momento do pagamento, nos seguintes casos:

– Por incumprimento dos compromisos e obrigas relacionados neste artigo.

– Obtención da subvención sen reunir os requisitos exixidos para a súa concesión, con falsificación das condicións requiridas para isto ou ocultación daquelas que o impedisen.

– Incumprimento total ou parcial do obxectivo da actividade, do proxecto ou non adopción do comportamento que fundamentou a subvención.

– Resistencia, escusa, obstrución ou negativa ás actuacións de comprobación e control financeiro, incumprimento das obrigas contables, rexistrais ou de conservación de documentos, cando disto derive a imposibilidade de verificar o emprego dado aos fondos percibidos, o incumprimento do obxectivo ou a concorrencia con outras axudas para a mesma finalidade percibidas de calquera Administración ou ente público ou privado.

– Nos demais supostos previstos na normativa reguladora da subvención

En relación cos xuros de demora deberá observarase o previsto no artigo 7 do Regulamento 809/2014 da Comisión, do 17 de xullo de 2014:

«1_No caso de pagamento indebido, o beneficiario quedará obrigado a reembolsar o importe en cuestión ao cal se engadirán, de ser o caso, os xuros calculados conforme o disposto no apartado 2.

2_Os xuros de demora calcularanse en función do tempo transcorrido entre a finalización do prazo de pago para o agricultor indicado na orde de recuperación, que non poderá fixarse en máis de 60 días, e a data de reembolso ou dedución».

Artigo 20. Subcontratación

Poderán ser obxecto de subcontratación ata o 100 %, as actuacións subvencionadas, nos termos establecidos no artigo 27 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 43 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007. En todo caso quedan fóra da subcontratación aqueles gastos en que teña que incorrer o beneficiario para a realización por si mesmo da actividade subvencionada.

En ningún caso poderán subcontratarse actividades que, aumentando o custo da actividade subvencionada, non proporcionen valor engadido ao seu contido.

No caso de que se realice a subcontratación, só se considerará gasto subvencionable o custo dos traballadores contratados de conformidade co disposto no artigo 27 e en ningún caso se subvencionará o beneficio da empresa ou entidade que realice a contratación, nin ningún imposto indirecto derivado desta.

«En ningún caso poderá o beneficiario concertar a execución total ou parcial das actividades subvencionadas con:

a) Persoas ou entidades incursas nalgunha das prohibicións do artigo 10 da antedita lei.

b) Persoas ou entidades que percibisen outras subvencións para a realización da actividade obxecto da contratación.

c) Intermediarios ou asesores en que os pagamentos se definan como a porcentaxe de custo total da operación, salvo que o pagamento estea xustificado coa referencia ao custo de mercado do traballo realizado ou dos servizos prestados.

d) Persoas ou entidades vinculadas co beneficiario, salvo que concorran as seguintes circunstancias:

– Que a contratación sexa realizada de acordo coas condicións normais de mercado.

– Que se obteña a autorización previa do órgano concedente nos termos que se fixen nas bases reguladoras.

e) Persoas ou entidades solicitantes de axuda ou subvención na mesma convocatoria e programa que non obtivesen subvención por non reuniren os requisitos ou non alcanzaren a valoración suficiente».

Artigo 21. Xustificación da subvención

1. A entrega da documentación xustificativa de todos os socios deberá realizala o líder do proxecto, que terá de prazo ata o 1 de outubro de 2018 para presentar, nos lugares sinalados no artigo 5 destas bases, mediante a modalidade de conta xustificativa, copia da documentación que a continuación se indica:

a) Solicitude de cobramento asinada segundo o modelo do anexo VI.

b) Unha memoria completa sobre a actuación subvencionada, que indicará claramente o resultado da execución e que incluirá a seguinte información:

1º. Fotografías, en soporte dixital ou papel, das actuacións en que conste a colaboración de Turismo de Galicia e a Marca Galicia.

2º. Ter cumprido o estipulado no anexo III do Regulamento (UE) nº 808/2014, da Comisión, do 17 de xullo de 2014, polo que se establecen disposicións de aplicación do Regulamento (UE) nº 1305/2013, relativo á axuda ao desenvolvemento rural a través do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural, para o cal se achegará:

– Fotografías, en soporte dixital ou papel do cartel ou carteis das actuacións, nos cales se aprecie a publicidade de cofinanciamento das actuacións con fondos Feader (75% da subvención).

– Fotografías, en soporte dixital ou papel da placa ou placas explicativas permanentes coa publicidade sobre o financiamento das actuacións, colocada en lugar visible no lugar das actuacións, que deberá permanecer cando menos 5 anos.

c) Facturas ou outros documentos de valor probatorio equivalente no tráfico xurídico mercantil ou con eficacia administrativa (p.e: escritura pública de adquisición de inmoble, contratos, libros contables, etc.), entendendo por tal calquera documento presentado para xustificar que a contabilidade reflicte a imaxe fiel da realidade.

As facturas presentaranse en orixinal e achegarase xustificante bancario do pagamento polo beneficiario (extractos ou certificacións bancarias) debidamente identificados, selados e asinados polo beneficiario. No xustificante de pagamento constará o número da factura obxecto de pagamento, a identificación do beneficiario que paga e do destinatario do pagamento, que deberá coincidir coa persoa, empresa ou entidade que emitiu a factura.

As facturas deben reunir os requisitos establecidos no Real decreto 1619/2012, do 30 de novembro, polo que se aproba o Regulamento polo que se regulan as obrigas de facturación.

Non se admitirán como xustificantes de gasto albarás, notas de entrega, facturas pro forma, tiques cando sexa obrigatoria a expedición de factura, nin as facturas que non conteñan todos os requisitos citados para a súa consideración como tal ou cuxa data non se axuste aos prazos citados.

Unha partida do orzamento auxiliable poderá xustificarse mediante unha ou varias facturas relativas aos conceptos de gasto incluídos na dita partida, sempre que a dita partida admita a desagregación en distintos conceptos.

d) Anexo VII: modelo de declaracións actualizado. Un por cada empresa membro da agrupación, asinado polo seu representante.

2. Os gastos xustificados deberán ter correspondencia clara coas partidas do orzamento aceptadas pola Axencia Turismo de Galicia na resolución de concesión da subvención e responder de xeito indubidable á natureza da actividade subvencionada.

Só se considerará gasto realizado o que foi efectivamente pagado con anterioridade á finalización do período de xustificación determinado na normativa reguladora da subvención.

O investimento xustificado deberá coincidir coa resolución de concesión da subvención ou coas modificacións autorizadas.

Se o beneficiario xustifica conceptos e elementos subvencionables aprobados que representen menos do 60 % do importe do investimento subvencionable, entenderase que non acadou os obxectivos propostos na solicitude e, polo tanto, perderá o dereito ao cobramento da subvención. Se a xustificación é superior ao 60 %, pero sen acadar o 100 % do investimento subvencionable, percibirá a subvención proporcional correspondente ao investimento xustificado admisible, sempre que cumpra o resto das condicións de concesión e a finalidade ou obxectivos para os cales se concedeu a axuda.

En todo caso, para a determinación das reducións e exclusións aplicarase o establecido no artigo 63 do Regulamento de execución (UE) 809/2014 da Comisión, do 17 de xullo de 2014, polo que se establecen as disposicións de aplicación do Regulamento (UE) 1306/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, no que se refire ao sistema integrado de xestión e control, ás medidas de desenvolvemento rural e á condicionalidade, e a modificación realizada a este polo Regulamento de execución (UE) 2017/1242 da Comisión, do 10 de xullo de 2017, que determina o seguinte:

«1_Os pagamentos calcularanse sobre a base dos importes que se consideren admisibles durante os controis administrativos recollidos no artigo 48 (controis administrativos).

A autoridade competente examinará a solicitude de pago presentada polo beneficiario e determinará os importes admisibles. Ademais, fixará:

a) O importe que lle deberá pagar ao beneficiario en función da solicitude de pagamento e a decisión de concesión.

b) O importe que se lle deberá pagar ao beneficiario tras o exame da admisibilidade do custo que figure na solicitude de pagamento.

Se o importe fixado conforme a letra a) do parágrafo segundo supera o importe fixado conforme a letra b) do mesmo parágrafo en máis dun 10 %, aplicarase unha sanción administrativa ao importe fixado conforme a letra b). O importe da sanción será igual á diferenza entre eses dous importes, pero non irá máis alá da retirada total da axuda.

2_A sanción administrativa mencionada no número 1 aplicarase, mutatis mutandi, aos gastos non admisibles detectados durante os controis sobre o terreo previstos no artigo 49. Neste caso, os custos examinados serán os custos acumulados contraídos con respecto á operación de que se trate. Isto entenderase sen prexuízo dos resultados dos anteriores controis sobre o terreo das operacións de que se trate».

3. A falta de presentación da xustificación no prazo establecido ou a concorrencia dalgunha das causas de reintegro previstas no artigo 33 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, comportará a perda do dereito ao cobramento total ou parcial da subvención, a exixencia do reintegro e demais responsabilidades establecidas na Lei de subvencións de Galicia. Neste caso ditarase a oportuna resolución, nos termos do artigo 21.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Artigo 22. Pagamento

1. Recibida a documentación xustificativa da subvención, os órganos competentes da Axencia, antes de proceder ao seu pagamento, realizarán as actuacións de comprobación oportunas para verificar o cumprimento da actividade subvencionada.

Procederá a minoración da subvención concedida cando o investimento realizado teña un custo inferior ao inicialmente previsto, e sempre que esta minoración, debidamente xustificada pola entidade beneficiaria, non supoña unha realización deficiente da actuación subvencionada.

Previamente ao pagamento deberá acreditarse que as persoas beneficiarias se atopan ao día no cumprimento das súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social e que non teñen pendente de pagamento débeda por ningún concepto coa Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia nin son debedores por resolución de procedencia de reintegro.

Para tales efectos, o solicitante deberá achegar as certificacións de estar ao día nas citadas obrigas no caso de denegar expresamente que as solicite o órgano xestor, de conformidade co disposto no artigo 7. No caso de que as actuacións de oficio levadas a cabo polo órgano instrutor, consonte o artigo 20.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, desen como resultado que as persoas beneficiarias teñen débedas ou obrigas con algunha destas administracións, requirirase o solicitante ou beneficiario para que regularice a situación e presente por si mesmo o correspondente certificado.

2. De conformidade co disposto nos artigos 45 e 63 do Regulamento (UE) nº 1305/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013, relativo á axuda ao desenvolvemento rural a través do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural, as persoas beneficiarias destas axudas poderán solicitar un anticipo dun 50 % como máximo da axuda pública correspondente ao investimento.

O pagamento de anticipos estará supeditado á constitución dunha garantía equivalente que corresponda ao 100 % do importe anticipado.

Un instrumento proporcionado como garantía por unha autoridade pública considerarase equivalente á garantía mencionada sempre que esa autoridade se comprometa a aboar o importe cuberto pola garantía no caso de que non se establecese o dereito ao importe anticipado.

A garantía liberarase cando o organismo pagador competente considere que o importe dos gastos reais correspondentes á axuda pública destinada á operación supera o importe do anticipo.

Artigo 23. Incumprimento, reintegros e sancións

1. O incumprimento das obrigas contidas nestas bases reguladoras, na convocatoria ou na demais normativa aplicable, así como das condicións que, se é o caso, se establezan na resolución de concesión, dará lugar á obriga de devolver total ou parcialmente as subvencións percibidas, así como os xuros de demora correspondentes, de conformidade co establecido no artigo 38 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e co disposto no Regulamento de execución (UE) 809/2014, da Comisión, do 17 de xullo de 2014, polo que se establecen as disposicións de aplicación do Regulamento (UE) 1306/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, no que se refire ao sistema integrado de xestión e control, as medidas de desenvolvemento rural e a condicionalidade, en relación coa determinación dos xuros de demora.

2. Para facer efectiva a devolución a que se refire o punto anterior, tramitarase o oportuno procedemento de reintegro, que se axustará ao previsto no título II da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e na súa normativa de desenvolvemento.

3. De conformidade co artigo 14.1.n) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, cando o cumprimento polo beneficiario se aproxime de modo significativo ao cumprimento total e este acredite unha actuación inequivocamente tendente á satisfacción dos seus compromisos, a cantidade que se reintegrará será unha porcentaxe da subvención percibida igual á do tempo de incumprimento da actividade ou requisito exixido (mantemento do emprego, prestación do servizo, mantemento do ben, etc.).

4. No caso de incumprimento dalgunha das obrigas asumidas por un membro da agrupación, o reintegro afectará toda a agrupación.

5. Ás persoas beneficiarias das subvencións reguladas nestas bases seralles de aplicación o réxime de sancións previsto no Regulamento de execución (UE) 809/2014, da Comisión do 17 de xullo de 2014, polo que se establecen as disposicións de aplicación do Regulamento (UE) 1306/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, no que se refire ao sistema integrado de xestión e control, ás medidas de desenvolvemento rural e á condicionalidade.

Artigo 24. Control

1. A Axencia Turismo de Galicia poderá realizar as actividades de inspección que considere oportunas para controlar o cumprimento das subvencións.

2. Así mesmo, as subvencións estarán sometidas á función interventora e de control financeiro exercida pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, nos termos que establece o título III da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e na súa normativa de desenvolvemento. Así mesmo, estará sometida ás actuacións de comprobación previstas na lexislación do Tribunal de Contas e do Consello de Contas.

3. Igualmente, están sometidas ás verificacións previstas no Regulamento de execución (UE) 809/2014, da Comisión, do 17 de xullo de 2014 e, de ser o caso, ás dos servizos financeiros da Comisión Europea e do Tribunal de Contas Europeo

Artigo 25. Publicidade

No prazo máximo de tres meses contados desde a data de resolución da concesión, publicarase no Diario Oficial de Galicia a relación das subvencións concedidas, con indicación da norma reguladora, do beneficiario, do programa e crédito orzamentario, da contía e da finalidade da subvención.

Igualmente, será aplicable o réxime de publicidade establecido na Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno.

Os interesados poderán facer constar o seu dereito a que non se fagan públicos os seus datos cando concorra algunha das causas previstas no artigo 15.2.d) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Cando os importes das subvencións concedidas, individualmente consideradas, sexan de contía inferior a tres mil euros (3.000 €), non será necesaria a publicación no Diario Oficial de Galicia, que será substituída pola publicación das subvencións concedidas na páxina web da Axencia Turismo de Galicia.

Así mesmo, en cumprimento do disposto nos artigos 18 e 20.8 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións (LXS, en diante), comunicarase a concesión das axudas reguladas nesta convocatoria á Base de datos nacional de subvencións, que operará como sistema nacional de publicidade de subvencións.

A solicitude para ser beneficiario da axuda levará implícita a autorización, no suposto de que se conceda a axuda solicitada, para a inscrición no Rexistro Público de Axudas, Subvencións, Convenios e Sancións, dependente da Consellería de Facenda, dos datos facilitados á Xunta de Galicia na súa solicitude. Non obstante, as persoas ou entidades solicitantes poderán denegar expresamente o seu consentimento á inscrición dos seus datos no Rexistro Público de Subvencións, cando concorra algunhas das circunstancias previstas na letra d) do número 2 do artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

As persoas ou entidades interesadas terán, en calquera momento, o dereito de acceso, rectificación, cancelación e oposición dos datos que figuren no Rexistro Público de Subvencións, de conformidade co establecido na Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal.

Artigo 26. Remisión normativa

Aplicarase o previsto na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, no Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, no Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, o disposto na Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, e o Real decreto 887/2006, do 21 de xullo, polo que se aproba o seu regulamento.

Na medida en que as subvencións concedidas ao abeiro destas bases reguladoras están previstas pola UE, rexeranse polas seguintes normas:

• Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020 (PDR), aprobado pola Comisión Europea mediante a Decisión CE(2015) 8144, do 18 de novembro.

• Regulamento (UE) 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro.

• Regulamento (UE) 1305/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro.

• Regulamento 1407/2013, do 18 de decembro de 2013, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do TFUE ás axudas de minimis.

• Regulamento (UE) 807/2014 da Comisión, do 11 de marzo de 2014, que completa o Regulamento (UE) 1305/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, relativo á axuda ao desenvolvemento rural a través do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), e introduce disposicións transitorias.

• Regulamento (UE) 808/2014 da Comisión, do 17 de xullo de 2014.

• Regulamento de execución (UE) 809/2014 da Comisión, do 17 de xullo de 2014, polo que se establecen as disposicións de aplicación do Regulamento (UE) 1306/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, no que se refire ao sistema integrado de xestión e control, ás medidas de desenvolvemento rural e a condicionalidade.

• Regulamento de execución (UE) 2017/1242 da Comisión, que modifica o Regulamento de execución (UE) 809/2014, polo que se establecen disposicións de aplicación do Regulamento (UE) 1306/2013 do Parlamento e do Consello, no que se refire ao sistema integrado de xestión e control, ás medidas de desenvolvemento rural e á condicionalidade.

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file