Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Xoves, 1 de febreiro de 2018 Páx. 7419

III. Outras disposicións

Instituto Galego da Vivenda e Solo

RESOLUCIÓN do 16 de xaneiro de 2018 pola que se publican as porcentaxes de reserva de solo para vivenda protexida correspondentes ao ano 2018.

A Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, no seu artigo 42.9 establece que os plans xerais deberán prever unhas reservas de solo para a vivenda suxeita a algún réxime de protección pública que, como mínimo, comprenderán os terreos necesarios para realizar o 30 % da edificabilidade residencial prevista pola ordenación urbanística no solo urbanizable e no solo urbano non consolidado regulado no artigo 17.b).1. Esta proporción será do 10 % no suposto do solo urbano non consolidado regulado no artigo 17.b).2. No suposto do solo urbano non consolidado regulado no artigo 17.b).3 non será obrigatorio prever unha reserva para vivenda suxeita a algún réxime de protección.

Excepcionalmente, os plans xerais, atendendo á demanda real de vivenda protexida, poderán fixar unha reserva inferior axustada á porcentaxe de reserva total de solo para vivenda protexida do concello e aos diferentes réximes de vivenda protexida. A porcentaxe de reserva total do concello determinaraa anualmente o Instituto Galego da Vivenda e Solo, con base nos inscritos no Rexistro Único de Demandantes de Vivenda da Comunidade Autónoma de Galicia. A resolución que determine esta porcentaxe será obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia.

Cando se produza unha variación de máis ou menos dous puntos porcentuais da porcentaxe de reserva total de solo para vivenda protexida do concello establecida no plan xeral respecto da última publicada, o pleno do concello, por maioría absoluta, e sen necesidade de seguir o procedemento de modificación do plan, deberá acordar a modificación das porcentaxes de reserva e axustalas á resolución do Instituto Galego da Vivenda e Solo.

Estarán exentos das reservas de solo reguladas neste punto aqueles concellos que conten con menos de 5.000 habitantes inscritos no padrón municipal no momento da aprobación inicial do plan xeral, cando este non conteña previsión para novos desenvolvementos urbanísticos en solos clasificados como urbanos non consolidados e urbanizables que na totalidade do municipio superen as 300 vivendas.

A citada lei deixa á consideración do Instituto Galego da Vivenda e Solo a determinación anual da referida porcentaxe; para tal efecto, o citado organismo, mediante Resolución do 15 de febreiro de 2017 (DOG nº 42, do 1 de marzo), estableceu o método de cálculo aplicable.

Por todo o exposto, e en función das atribucións que me confire o artigo 12 do Decreto 97/2014, do 24 de xullo, polo que se establece a estrutura orgánica do Instituto Galego da Vivenda e Solo,

ACORDO:

Primeiro. Establecer as porcentaxes de reserva de solo para vivenda protexida para o ano 2018 que figuran no anexo desta resolución.

Segundo. Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia e na páxina web do Instituto Galego da Vivenda e Solo da listaxe das ditas porcentaxes.

Santiago de Compostela, 16 de xaneiro de 2018

Heriberto García Porto
Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANEXO
Porcentaxe de reserva de solo para vivendas protexidas por concellos
de máis de 5.000 habitantes

Porcentaxe media para o conxunto de Galicia: 4,93 %.

Concello

Inscritos

Padrón

PRTC

Porcentaxe aplicable

Abegondo

4

5.467

0,73 %

4,93 %

Allariz

26

6.026

4,31 %

4,93 %

Ames

110

30.835

3,57 %

4,93 %

Ares

5

5.658

0,88 %

4,93 %

Arteixo

91

31.534

2,89 %

4,93 %

Arzúa

0

6.123

0,00 %

4,93 %

Baiona

23

12.169

1,89 %

4,93 %

Barbadás

2

10.791

0,19 %

4,93 %

Barco de Valdeorras, O

26

13.581

1,91 %

4,93 %

Bergondo

9

6.623

1,36 %

4,93 %

Betanzos

19

12.941

1,47 %

4,93 %

Boiro

12

18.885

0,64 %

4,93 %

Brión

64

7.699

8,31 %

8,31 %

Bueu

9

12.145

0,74 %

4,93 %

Burela

27

9.524

2,83 %

4,93 %

Caldas de Reis

3

9.825

0,31 %

4,93 %

Camariñas

0

5.419

0,00 %

4,93 %

Cambados

12

13.900

0,86 %

4,93 %

Cambre

143

24.348

5,87 %

5,78 %

Cangas

52

26.490

1,96 %

4,93 %

Cañiza, A

2

5.233

0,38 %

4,93 %

Carballiño, O

14

13.854

1,01 %

4,93 %

Carballo

19

31.195

0,61 %

4,93 %

Carral

5

6.237

0,80 %

4,93 %

Castro de Rei

1

5.013

0,20 %

4,93 %

Cedeira

1

6.888

0,15 %

4,93 %

Cee

3

7.539

0,40 %

4,93 %

Celanova

1

5.455

0,18 %

4,93 %

Cerdedo-Cotobade

0

6.107

0,00 %

4,93 %

Chantada

27

8.371

3,23 %

4,93 %

Coristanco

3

6.313

0,48 %

4,93 %

Coruña, A

2.006

244.099

8,22 %

8,22 %

Culleredo

146

29.982

4,87 %

4,93 %

Estrada, A

12

20.700

0,58 %

4,93 %

Fene

25

13.110

1,91 %

4,93 %

Ferrol

624

67.569

9,24 %

9,24 %

Foz

67

9.931

6,75 %

6,75 %

Gondomar

18

14.233

1,26 %

4,93 %

Grove, O

1

10.746

0,09 %

4,93 %

Guarda, A

3

10.051

0,30 %

4,93 %

Guitiriz

1

5.512

0,18 %

4,93 %

Lalín

13

20.075

0,65 %

4,93 %

Laracha, A

8

11.281

0,71 %

4,93 %

Lugo

757

97.995

7,72 %

7,72 %

Malpica de Bergantiños

0

5.518

0,00 %

4,93 %

Marín

44

24.637

1,79 %

4,93 %

Meaño

0

5.318

0,00 %

4,93 %

Melide

3

7.503

0,40 %

4,93 %

Miño

4

5.905

0,68 %

4,93 %

Moaña

39

19.439

2,01 %

4,93 %

Monforte de Lemos

72

18.783

3,83 %

4,93 %

Mos

36

15.132

2,38 %

4,93 %

Mugardos

7

5.303

1,32 %

4,93 %

Muros

0

8.792

0,00 %

4,93 %

Narón

196

39.280

4,99 %

4,99 %

Neda

5

5.165

0,97 %

4,93 %

Negreira

2

6.883

0,29 %

4,93 %

Nigrán

28

17.622

1,59 %

4,93 %

Noia

22

14.295

1,54 %

4,93 %

Oleiros

108

35.198

3,07 %

4,93 %

Ordes

4

12.580

0,32 %

4,93 %

Oroso

14

7.452

1,88 %

4,93 %

Ortigueira

11

5.966

1,84 %

4,93 %

Ourense

226

105.636

2,14 %

4,93 %

Outeiro de Rei

4

5.063

0,79 %

4,93 %

Outes

0

6.514

0,00 %

4,93 %

Oza-Cesuras

0

5.133

0,00 %

4,93 %

Padrón

6

8.463

0,71 %

4,93 %

Pereiro de Aguiar, O

0

6.228

0,00 %

4,93 %

Pobra do Caramiñal, A

2

9.440

0,21 %

4,93 %

Poio

40

16.871

2,37 %

4,93 %

Ponte Caldelas

4

5.562

0,72 %

4,93 %

Ponteareas

11

22.893

0,48 %

4,93 %

Ponteceso

0

5.613

0,00 %

4,93 %

Pontedeume

2

7.937

0,25 %

4,93 %

Pontes de García Rodríguez, As

18

10.324

1,74 %

4,93 %

Pontevedra

710

82.671

8,59 %

8,59 %

Porriño, O

107

19.600

5,46 %

5,46 %

Porto do Son

1

9.271

0,11 %

4,93 %

Redondela

39

29.392

1,33 %

4,93 %

Rianxo

18

11.188

1,61 %

4,93 %

Ribadavia

20

5.095

3,93 %

4,93 %

Ribadeo

35

9.962

3,51 %

4,93 %

Ribadumia

15

5.081

2,95 %

4,93 %

Ribeira

21

27.159

0,77 %

4,93 %

Rosal, O

1

6.328

0,16 %

4,93 %

Sada

20

15.242

1,31 %

4,93 %

Salceda de Caselas

11

9.017

1,22 %

4,93 %

Salvaterra de Miño

8

9.657

0,83 %

4,93 %

San Cibrao das Viñas

1

5.184

0,19 %

4,93 %

Santa Comba

1

9.477

0,11 %

4,93 %

Santiago de Compostela

739

96.456

7,66 %

7,66 %

Sanxenxo

19

17.241

1,10 %

4,93 %

Sarria

52

13.359

3,89 %

4,93 %

Silleda

5

8.669

0,58 %

4,93 %

Soutomaior

10

7.242

1,38 %

4,93 %

Teo

7

18.478

0,38 %

4,93 %

Tomiño

2

13.585

0,15 %

4,93 %

Tui

18

16.860

1,07 %

4,93 %

Valdoviño

6

6.594

0,91 %

4,93 %

Valga

0

5.986

0,00 %

4,93 %

Vedra

0

5.051

0,00 %

4,93 %

Verín

30

13.889

2,16 %

4,93 %

Vigo

3.731

292.986

12,73 %

12,73 %

Vila de Cruces

8

5.389

1,48 %

4,93 %

Vilaboa

9

6.023

1,49 %

4,93 %

Vilagarcía de Arousa

194

37.479

5,18 %

5,18 %

Vilalba

44

14.354

3,07 %

4,93 %

Vilanova de Arousa

1

10.361

0,10 %

4,93 %

Vimianzo

0

7.270

0,00 %

4,93 %

Viveiro

32

15.550

2,06 %

4,93 %

Xinzo de Limia

19

9.875

1,92 %

4,93 %