Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Xoves, 1 de febreiro de 2018 Páx. 7402

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ORDE do 10 de xaneiro de 2018 pola que se aproban as táboas de avaliación documental de determinadas series documentais do patrimonio documental de Galicia e se dispón a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Lei 7/2014, do 26 de setembro, de arquivos e documentos de Galicia, determina no seu artigo 19 que os documentos de titularidade pública serán avaliados e seleccionados para determinar a súa conservación ou eliminación, de acordo co interese que presenten desde o punto de vista administrativo, xurídico, legal e histórico e os seus prazos de vixencia, acceso e conservación.

Os documentos de titularidade pública son patrimonio documental de Galicia desde a súa creación ou a súa acumulación, tal como establece a citada Lei de arquivos e documentos de Galicia e a Lei 5/2016, do 4 de maio, do patrimonio cultural de Galicia. A xestión, custodia e acceso aos documentos de titularidade pública réxense polos principios desta normativa e son responsabilidade directa dos seus titulares.

A Lei de arquivos e documentos establece que non se poderá eliminar ningún documento público se antes non foi avaliado e seleccionado de acordo co procedemento que se estableza para tal fin. Con este obxectivo, o Decreto 15/2016, do 14 de xaneiro, que regula a composición do Consello de Avaliación Documental de Galicia, establece o procedemento que se debe seguir na avaliación para a selección de documentos.

No procedemento de avaliación, regulado no título II do Decreto 15/2016, establécese que as propostas de avaliación serán sometidas a ditame do Consello de Avaliación Documental de Galicia, que elaborará as táboas de avaliación documental. Unha vez aprobadas, de ser o caso, as táboas de avaliación polo titular da consellería competente en materia de arquivos e patrimonio documental, disporá a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, mediante un extracto, sen prexuízo de facelas públicas na páxina web da consellería.

De acordo con esta normativa e procedemento, as series documentais que se mencionan nesta orde foron presentadas ao Consello de Avaliación Documental de Galicia que, na súa sesión do 15 de marzo de 2017, emitiu o seu ditame a través das táboas de avaliación documental elevadas para a súa aprobación polo titular da consellería competente en materia de arquivos e patrimonio documental.

Para estes efectos, no exercicio das facultades que me confire o artigo 34 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e da súa Presidencia, modificada parcialmente pola Lei 11/1988, do 20 de outubro, e de conformidade co disposto na Lei 7/2014, do 26 de setembro, de arquivos e documentos de Galicia, así como as normas de desenvolvemento,

RESOLVO:

Primeiro

Aprobar as táboas de avaliación documental cuxos extractos se recollen no anexo a esta resolución e que corresponden ás seguintes series documentais, procedentes da Administración local, ditaminadas polo Consello de Avaliación Documental de Galicia na súa sesión do 7 de novembro de 2017:

De deputacións provinciais:

• Libros de actas do pleno da deputación provincial.

• Libros de actas da comisión de goberno da deputación provincial.

• Libros de actas da comisión xestora da deputación provincial.

• Libros de acordos da comisión xestora da deputación provincial.

• Libros rexistro de entrada de documentos da deputación provincial.

• Libros rexistro de saída de documentos da deputación provincial.

De concellos:

• Expedientes do imposto sobre o incremento do valor dos terreos de natureza urbana.

• Libros de actas do pleno do concello.

• Libros de actas da comisión de goberno do concello.

• Libros rexistro de entrada de documentos do concello.

• Libros rexistro de saída de documentos do concello.

Segundo

Ordenar a publicación das táboas de avaliación documental das mencionadas series, mediante un extracto, no Diario Oficial de Galicia.

Terceiro

Esta resolución pon fin á vía administrativa e contra ela poderá interpoñerse, potestativamente, recurso de reposición ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes, ou directamente, recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, conforme o disposto na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 10 de xaneiro de 2018

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO I
Extractos das táboas de avaliación de series documentais

Táboa: 001.

– Código de serie: AP 11.

– Denominación: libros de actas do pleno.

– Procedencia: pleno da corporación da deputación provincial.

– Datas extremas da serie: 1836 (serie aberta).

– Datas extremas da fracción de serie avaliada: 1836-2016.

– Resolución de aprobación:

Ditame do Consello de Avaliación Documental: sesión do 7 de novembro de 2017.

Acceso: libre.

Transferencias: ao arquivo histórico aos catro anos.

Táboa: 002.

– Código de serie: AP 2.

– Denominación: libros de actas da comisión de goberno.

– Procedencia: comisión de goberno da deputación provincial.

– Datas extremas da serie: 1979-2003.

– Datas extremas da fracción de serie avaliada: 1979-2003.

– Resolución de aprobación:

Ditame do Consello de Avaliación Documental: sesión do 7 de novembro de 2017.

Acceso: libre.

Transferencias: serie pechada. Transferencia total ao arquivo histórico.

Táboa: 003.

– Código de serie: AP 17.

– Denominación: libros de actas da comisión xestora.

– Procedencia: comisión xestora da deputación provincial.

– Datas extremas da serie: 1931-1949.

– Datas extremas da fracción de serie avaliada: 1931-1949.

– Resolución de aprobación:

Ditame do Consello de Avaliación Documental: sesión do 7 de novembro de 2017.

Acceso: libre.

Transferencias: serie pechada. Transferencia total ao arquivo histórico.

Táboa: 004.

– Código de serie: AP 18.

– Denominación: libros de acordos da comisión xestora.

– Procedencia: comisión xestora da deputación provincial.

– Datas extremas da serie: 1942-1948.

– Datas extremas da fracción de serie avaliada: 1942-1948.

– Resolución de aprobación:

Ditame do Consello de Avaliación Documental: sesión do 7 de novembro de 2017.

Acceso: libre.

Transferencias: serie pechada. Transferencia total ao arquivo histórico.

Táboa: 005.

– Código de serie: AP 53.

– Denominación: libros rexistro de entrada de documentos.

– Procedencia: secretaría da deputación provincial. Rexistro.

– Datas extremas da serie: 1930 (serie aberta).

– Datas extremas da fracción de serie avaliada: 1930-2015.

– Resolución de aprobación:

Ditame do Consello de Avaliación Documental: sesión do 7 de novembro de 2017.

Acceso: restrinxido.

Transferencias: ao arquivo central aos cinco anos.

Táboa: 006.

– Código de serie: AP 54.

– Denominación: libros rexistro de saída de documentos.

– Procedencia: secretaría da deputación. Rexistro.

– Datas extremas da serie: 1932 (serie aberta).

– Datas extremas da fracción de serie avaliada: 1932-2015.

– Resolución de aprobación:

Ditame do Consello de Avaliación Documental: sesión do 7 de novembro de 2017.

Acceso: restrinxido.

Transferencias: ao arquivo central aos cinco anos.

Táboa: 007.

– Código de serie: AL 548.

– Denominación: expedientes do imposto sobre o incremento do valor dos terreos de natureza urbana.

– Procedencia: servizo de facenda e patrimonio do concello.

– Datas extremas da serie: 1938 (serie aberta).

– Datas extremas da fracción de serie avaliada: 1938-2016.

– Resolución de aprobación:

Ditame do Consello de Avaliación Documental: sesión do 7 de novembro de 2017.

Acceso: restrinxido.

Transferencias: non se prevén.

Selección: eliminación total aos cinco anos da finalización dos expedientes que non foron obxecto de reclamacións, recursos, denuncias ou calquera outro acto de calquera tipo que interrompa os prazos legais de prescrición.

Táboa: 008.

– Código de serie: AL 4.

– Denominación: libros de actas de sesións do pleno.

– Procedencia: pleno da corporación municipal.

– Datas extremas da serie: 1836 (serie aberta).

– Datas extremas da fracción de serie avaliada: 1836-2016.

– Resolución de aprobación:

Ditame do Consello de Avaliación Documental: sesión do 7 de novembro de 2017.

Acceso: libre.

Transferencias: ao arquivo histórico aos catro anos.

Táboa: 009.

– Código de serie: AL 107.

– Denominación: libros de actas da comisión de goberno.

– Procedencia: comisión de goberno do concello.

– Datas extremas da serie: 1979-2003.

– Datas extremas da fracción de serie avaliada: 1979-2003.

– Resolución de aprobación:

Ditame do Consello de Avaliación Documental: sesión do 7 de novembro de 2017.

Acceso: libre.

Transferencias: serie pechada. Transferencia total ao arquivo histórico.

Táboa: 010.

– Código de serie: AL 125.

– Denominación: libros rexistro de entrada de documentos.

– Procedencia: secretaría do concello. Rexistro.

– Datas extremas da serie: 1930 (serie aberta).

– Datas extremas da fracción de serie avaliada: 1930-2016.

– Resolución de aprobación:

Ditame do Consello de Avaliación Documental: sesión do 7 de novembro de 2017.

Acceso: restrinxido.

Transferencias: ao arquivo central aos cinco anos.

Táboa: 011.

– Código de serie: AL 126.

– Denominación: libros rexistro de saída de documentos.

– Procedencia: secretaría do concello. Rexistro.

– Datas extremas da serie: 1932 (serie aberta).

– Datas extremas da fracción de serie avaliada: 1932-2016.

– Resolución de aprobación:

Ditame do Consello de Avaliación Documental: sesión do 7 de novembro de 2017.

Acceso: restrinxido.

Transferencias: ao arquivo central aos cinco anos.