Eu, Rafael González Alió, letrado da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Lugo, fago saber que no procedemento ordinario 428/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Paula María Núñez Piñeiro contra Courier Lugo, S.L., Delivercour, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial, sobre ordinario, ditouse a seguinte resolución:
«Dilixencia de ordenación.
Letrado da Administración de xustiza: Rafael González Alió.
Lugo, 9 de xaneiro de 2018
Presentado o anterior escrito, únase aos autos da súa razón. Como solicita a parte demandante, tense por ampliada a demanda reitora destes autos contra a empresa Delivercour, S.L., á cal se citará en legal forma e coas advertencias legais, para que o día 1 de xullo de 2019, ás 11.15 horas, compareza na Sala de Audiencia deste xulgado co obxecto de celebrar os actos de conciliación e xuízo, se é o caso, debendo comparecer con todos os medios de proba de que intente valerse, non suspendéndose estes pola non comparecencia dos demandados.
Resultado negativas as dilixencias practicadas para a citación da empresa Courier Lugo, S.L., acórdase citar esta por medio de edicto que se inserirá no Diario Oficial de Galicia.
Déase traslado da demanda ao Fondo de Garantía Salarial.
Notifíquese ás partes, facéndolles saber que en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, se é o caso, os profesionais designados sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas mentres non sexan facilitados outros datos alternativos, sendo carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.
Modo de impugnación: mediante recurso de reposición que se interpoñerá no prazo de tres días hábiles seguintes ao da súa notificación ante o/a letrado/a da Administración de xustiza que dita esta resolución, con expresión da infracción que a xuízo do recorrente contén esta, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución impugnada.
O/a letrado/a da Administración de xustiza».
E para que sirva de notificación e citación en legal forma á empresa Courier Lugo, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.
Advírtese a destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.
Lugo, 9 de xaneiro de 2018
O letrado da Administración de xustiza


