Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Xoves, 1 de febreiro de 2018 Páx. 7444

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (529/2015).

Eu, Encarnación Mercedes Tubío Lariño, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 529/2015 por instancia de María José Vaamonde Miraz contra a Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo, Asociación de Empresarios Discapacitados de Galicia, AED Galicia, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, o Instituto Nacional da Seguridade Social e o Fondo de Garantía Salarial, sobre procedemento ordinario, nos cales se ditou auto de aclaración o 9 de xaneiro de 2018 que, copiado nos particulares necesarios, di así:

«Parte dispositiva.

A súa señoría acorda: procede a aclaración solicitada e, en consecuencia, o encabezamento, antecedente de feito primeiro, feito probado primeiro e resolución da sentenza quedarán do teor literal seguinte:

Sentenza.

A Coruña, 24 de novembro de 2017

Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado xuíz do Xulgado do Social número 4 da Coruña, despois de ver os presentes autos seguidos neste xulgado co número 529/2014 en que figuran como partes, dun lado, como demandante María José Vaamonde Miraz, asistida polo letrado Sr. López Pérez, e, doutro, como demandada, a Mutua Gallega, asistida pola letrada Sra. Sueiro Lemus, o Instituto Nacional da Seguridade Social e a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, ambos asistidos pola letrada Sra. Suárez Herva, e a empresa Asociación de Discapacitados de Galicia, que non comparece, sobre incapacidade temporal, pronunciou en nome da súa maxestade o rei, a seguinte sentenza

Antecedentes de feito.

Primeiro. María José Vaamonde Miraz presentou o 22 de maio de 2015 ante o xulgado decano, que foi repartida a este xulgado o 25 de maio do mesmo ano, na cal, despois de expoñer os feitos e fundamentos que considerou pertinentes, remataba suplicando que se ditase sentenza pola que se recoñezan como certos os feitos da demanda e que se condenen a Asociación de Discapacitados de Galicia, o Instituto Nacional da Seguridade Social e a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e Asociación de Discapacitados de Galicia a aboar á traballadora a cantidade de 498,18 euros pola prestación de IT polo período do 18 de marzo de 2014 ao 9 de abril de 2014, incrementada no xuro do 10 % anual ata o seu completo pagamento polo atraso nestes, e condeno expresamente as entidades demandadas por temeridade e mala fe ao aboamento dunha sanción conforme o artigo 97.3 da LRXS.

Feitos probados.

Primeiro. María José Vaamonde Miraz mentres prestaba os seus servizos para a empresa Asociación de Discapacitados de Galicia, a cal ten cubertas as continxencias comúns coa Mutua Gallega, estivo de baixa por IT por continxencias comúns do 18 de marzo de 2014 ao 9 de abril de 2014.

Resolución.

Estímase parcialmente a demanda interposta por María José Vaamonde Miraz fronte á Mutua Gallega, o Instituto Nacional da Seguridade Social, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e a Asociación de Discapacitados de Galicia e, en consecuencia:

– Condénase a empresa Asociación de Discapacitados de Galicia a aboar a José María Vaamonde Miraz a cantidade de 288 euros e á cantidade de 5,14 euros, con obriga de anticipo da mutua.

– Condénase a Mutua Gallega a aboar a María José Vaamonde Miraz a cantidade de 204,86 euros, con responsabilidade subsidiaria do INSS en caso de insolvencia da mutua.

Notifíquese a presente resolución ás partes, facéndolles saber que contra ela non cabe recurso de suplicación por razón da contía, sen prexuízo dos demais motivos previstos no artigo 191 da LRXS.

A competencia para coñecer o recurso de suplicación corresponderá, se é o caso, ao Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, debendo anunciarse este neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución, abondando a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, no momento de anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña».

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Asociación de Empresarios Discapacitados de Galicia, AED Galicia, expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 11 de xaneiro de 2018

A letrada da Administración de xustiza