Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Xoves, 1 de febreiro de 2018 Páx. 7526

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Monfero

ANUNCIO de publicación da convocatoria e das bases para a provisión dunha praza de arquitecto/a, persoal funcionario/a.

No Boletín Oficial da provincia da Coruña número 234, do 12 de decembro de 2017, publícase a convocatoria e o texto íntegro das bases para a provisión da seguinte praza.

Persoal funcionario:

Unha praza de arquitecto/a mediante oposición libre.

O prazo de presentación de solicitudes para tomar parte na convocatoria será de vinte días naturais, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios da convocatoria publicaranse unicamente no taboleiro de anuncios do concello de Monfero e no Boletín Oficial da provincia da Coruña.

Monfero, 13 de decembro de 2017

Andrés Feal Varela
Alcalde