Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Xoves, 1 de febreiro de 2018 Páx. 7525

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Lobios

ANUNCIO da aprobación inicial da modificación puntual número 1 do Plan xeral de ordenación municipal.

Aprobada inicialmente a modificación puntual número 1 do Plan xeral de ordenación municipal do Concello de Lobios, por acordo do Pleno do 18 de xaneiro de 2018, de conformidade co artigo 60.6 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, sométese a información pública polo prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da última publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia e no xornal La Región. Durante o devandito prazo poderá ser examinado o expediente por calquera interesado nas dependencias municipais, para que se formulen as alegacións que se consideren pertinentes ou obter copias.

Quedan suspendidas as licenzas para a seguinte área: a que se corresponde co predio de referencia catastral 32043A023003340000EO.

A duración da suspensión é de dous anos, aínda que se extinguirá cando se aprobe de maneira definitiva a modificación do PXOM.

Lobios, 18 de xaneiro de 2018

María del Carmen Yáñez Salgado
Alcaldesa