Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Venres, 2 de febreiro de 2018 Páx. 7538

III. Outras disposicións

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

RESOLUCIÓN do 20 de outubro de 2017 de aprobación definitiva do expediente de delimitación do núcleo rural de Pedrafita, parroquia de San Salvador de Pacios, concello de Castro de Rei (expediente PTU-LU-16/013).

O Concello de Castro de Rei remite o proxecto de delimitación do núcleo rural de Pedrafita, datado en xuño de 2016 e subscrito pola consultora Monsa Urbanismo, S.L., para os efectos da súa aprobación definitiva, consonte o establecido na disposición transitoria segunda da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, segundo a cal os plans aprobados provisionalmente antes da entrada en vigor desta lei poderán continuar a súa tramitación ata a súa aprobación definitiva segundo o teor do disposto na Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia (LOUG).

Analizada a documentación achegada polo Concello e vista a proposta subscrita pola Subdirección Xeral de Urbanismo, resulta:

I. Antecedentes.

I.1. O Concello de Castro de Rei carece de figura de planeamento xeral e réxese polas normas de aplicación directa da LOUG e, no que non se opón a estas, polas Normas complementarias e subsidiarias de planeamento provincial aprobadas o 3.4.1991.

I.2. Polo que respecta á tramitación do presente expediente, consta:

• Aprobación inicial da delimitación (Decreto da Alcaldía nº 40/2013, do 13 de febreiro).

• Exposición pública (do 18.3.2013 ao 18.4.2013), mediante anuncios nos xornais El Progreso do 27.2.2013, e La Voz de Galicia do 13.3.2013; e no DOG do 18.3.2013. Segundo certificación de 30.4.2013, non se presentaron reclamacións.

• Emisión de informes sectoriais: Dirección Xeral do Patrimonio Cultural (21.10.2014), Consellería do Medio Rural e do Mar (Servizo de Infraestruturas Agrarias 27.2.2013), Dirección Xeral de Telecomunicacións (9.2.2015), todos favorables.

• Informe técnico (16.11.2015) e xurídico (16.11.2015) municipais, de carácter favorable.

• Primeira aprobación provisional da delimitación polo Concello Pleno (21.11.2015).

• Requirimentos desta SXOTU de datas 6.5.2016 e 1.3.2017.

• Informe técnico (25.11.2016) e xurídico (28.11.2016) municipais, de carácter favorable.

• Segunda aprobación provisional da delimitación polo Concello Pleno (11.11.2016).

II. Aspectos xerais. Contido.

II.1. Trátase dun proxecto de iniciativa particular, de delimitación dun ámbito de 8.126 m2, como núcleo rural histórico-tradicional, correspondente ao asentamento poboacional de Pedrafita, pertencente á parroquia de San Salvador de Pacios.

II.2. O proxecto delimita o núcleo, define o trazado da rede viaria existente, regula as condicións urbanísticas aplicables, e cataloga varias construcións de carácter tradicional, incorporando medidas de protección.

O ámbito atópase dentro da zona de concentración parcelaria de Pacios, con data de entrega de títulos o 1 de febreiro de 1975.

III. Análise e observacións.

III.1. En canto ao cumprimento do requirimento da SXOTU do 6.5.2016, púidose comprobar a súa efectividade, nomeadamente incorporouse o expediente administrativo debidamente dilixenciado; integráronse as condicións impostas no informe de Patrimonio Cultural, en canto á incorporación das modificacións e documentación complementaria, así como o establecemento do contorno de protección na totalidade do núcleo; e completouse o sistema viario interior do núcleo ao cal dan fronte as parcelas coas referencias catastrais 002200900PH39A, 002201000PH39A e 000200100PH38G.

III.2. O asentamento cumpre o artigo 13 da LOUG para núcleos rurais; conta cun topónimo oficial -Pedrafita- recoñecido no nomenclátor oficial de entidades da provincia de Lugo (Decreto autonómico 6/2000); e acada o requisito de consolidación mínima exixida do 50 % establecido no artigo 13.3.a) da LOUG.

III.3. Compróbase que se acredita o cumprimento dos requisitos establecidos pola disposición adicional 2ª.2 da LOUG.

De conformidade co artigo 78.2.c) da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e co artigo 10 do Decreto 167/2015, do 13 de novembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, en relación co Decreto 177/2016, do 15 de decembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Vicepresidencia e das Consellerías da Xunta de Galicia, a competencia para resolver sobre a aprobación definitiva dos expedientes de delimitación de solo de núcleo rural corresponde á Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo.

IV. Resolución.

Visto canto antecede,

RESOLVO:

1. Aprobar definitivamente a delimitación de solo de núcleo rural de Pedrafita, parroquia de San Salvador de Pacios, do concello de Castro de Rei.

2. De conformidade co artigo 88 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e o artigo 212.1 do Decreto 143/2016, do 22 de setembro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, a Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo inscribirá de oficio a delimitación no Rexistro de Planeamento Urbanístico de Galicia.

3. De conformidade co disposto polos artigos 82 e 88.4 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, e 70 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, o Concello deberá publicar a normativa da delimitación aprobada no Boletín Oficial da provincia, unha vez inscrita a mesma no Rexistro de Planeamento Urbanístico.

4. Notifíquese ao Concello e publíquese no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co disposto no artigo 199.2 do Decreto 143/2016, do 22 de setembro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 2/2016, do 10 de febreiro.

5. Contra esta resolución cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, que se contarán desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto nos artigos 10 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 20 de outubro de 2017

María Encarnación Rivas Díaz
Directora xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo

ANEXO

missing image file