Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Venres, 2 de febreiro de 2018 Páx. 7655

III. Outras disposicións

Consellería de Economía, Emprego e Industria

EXTRACTO da Orde do 31 de decembro de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa de incentivos á formación de persoas traballadoras ocupadas en sectores estratéxicos para as empresas galegas, cofinanciado polo programa operativo FSE Galicia 2014-2020, e se procede á primeira convocatoria.

BDNS (Identif.): 383198.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións
(http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).

Primeiro. Entidades beneficiarias

Poderán ser entidades beneficiarias das axudas reguladas nesta orde as empresas privadas con centro de traballo en Galicia, calquera que sexa a forma xurídica que adopten, excepto as persoas traballadoras por conta propia, sempre que cumpran as condicións e os requisitos establecidos nesta orde.

Tamén poderán ser entidades beneficiarias as agrupacións de empresas, que deberán estar constituídas, como mínimo, por dúas empresas non vinculadas entre si con necesidades formativas similares, de tal modo que así se poida alcanzar o número mínimo de alumnado participante que se establece nestas bases. O tamaño máximo da agrupación será de seis empresas.

Segundo. Obxecto

Esta orde ten por obxecto fixar as bases reguladoras do Programa de incentivos á formación de persoas traballadoras ocupadas en sectores estratéxicos para as empresas galegas e proceder a unha primeira convocatoria (procedemento TR310A).

A finalidade deste programa de incentivos é mellorar a cualificación profesional das persoas traballadoras ocupadas en sectores estratéxicos da economía galega, contribuíndo a mellorar a competitividade das empresas que operan nestes sectores identificados como estratéxicos.

Terceiro. Bases reguladoras

Orde do 31 de decembro de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa de incentivos á formación de persoas traballadoras ocupadas en sectores estratéxicos para as empresas galegas, cofinanciado polo programa operativo FSE Galicia 2014-2020, e se procede á primeira convocatoria.

Cuarto. Importe

A contía da subvención desta convocatoria, que se cofinancia nun 80 % con cargo ao programa operativo FSE Galicia 2014-2020, ascende a 3.051.020,82 euros, dos cales 2.000.000 de euros corresponden á anualidade 2018, con cargo á aplicación 09.41.323B.471.0 e no proxecto 2016 00329, tal e como figura no proxecto de Lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2018, e por outra banda 1.051.020,82 euros corresponden á anualidade 2019 con cargo á mesma aplicación e proxecto.

Quinto. Prazo de presentación das solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes será de dous meses a partir do día seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia da presente convocatoria. Se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.

Santiago de Compostela, 31 de decembro de 2017

Francisco José Conde López
Conselleiro de Economía, Emprego e Industria