Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Venres, 2 de febreiro de 2018 Páx. 7657

III. Outras disposicións

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 18 de xaneiro de 2018, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Economía, Emprego e Industria, pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos por esta consellería no terceiro cuadrimestre do ano 2017.

O artigo 15.2 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (DOG núm. 30, do 15 de febreiro), impón a cada consellería da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para dar cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Darlle publicidade á relación dos convenios subscritos pola Consellería de Economía, Emprego e Industria nos meses de setembro a decembro do ano 2017, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 18 de xaneiro de 2018

Borja Verea Fraiz
Secretario xeral técnico da Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANEXO
Convenios de colaboración subscritos pola Consellería de Economía, Emprego e Industria nos meses de setembro, outubro, novembro e decembro do ano 2017

Convenio

Data de sinatura

Importe total

Convenio de colaboración entre a Consellería de Economía, Emprego e Industria, a Universidade de Santiago e a Fundación da Universidade de Cantabria para o estudo e a investigación do sector financeiro-UCEIF para o fomento do emprendemento a través do programa Yuzz 2017.

1.9.2017

30.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Economía, Emprego e Industria e o Clúster da Pizarra de Galicia para a realización de diversas actuacións dirixidas ao fomento do sector da lousa.

8.9.2017

65.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Economía, Emprego e Industria e a Cámara Oficial Mineira de Galicia para o desenvolvemento de diversos estudos destinados a mellorar a integración ambiental e social das actividades extractivas e as condicións laborais dos traballadores do sector.

8.9.2017

35.000,00 €

Convenio específico de colaboración entre a Consellería de Economía, Emprego e Industria e o Consorcio para o desenvolvemento de aplicacións para a xestión universitaria (CIXUG), para a posta en marcha dun plan de fomento do emprendemento a través de iniciativas empresariais de base tecnolóxica no ámbito universitario de Galicia.

11.9.2017

75.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Economía, Emprego e Industria e a entidade Editorial La Capital, S.L., editora dos xornais El Ideal Gallego, Diario de Ferrol, Diario de Arousa e Diario de Bergantiños, para elaborar e publicar información relacionada con estratexias, programas e/ou iniciativas da consellería e actividades da Xunta de Galicia que resulten de interese para a cidadanía.

15.9.2017

9.254,57 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Economía, Emprego e Industria e a entidade Lérez Ediciones, S.L.U., editora do xornal Diario de Pontevedra, para elaborar e publicar información relacionada con estratexias, programas e/ou iniciativas da consellería e actividades da Xunta de Galicia que resulten de interese para a cidadanía.

15.9.2017

8.165,80 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Economía, Emprego e Industria e a entidade El Progreso de Lugo, S.L., editora do xornal El Progreso de Lugo, para elaborar e publicar información relacionada con estratexias, programas e/ou iniciativas da consellería e actividades da Xunta de Galicia que resulten de interese para a cidadanía.

15.9.2017

25.858,36 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Economía, Emprego e Industria e a entidade La Región, S.A., editora do xornal La Región, para elaborar e publicar información relacionada con estratexias, programas e/ou iniciativas da consellería e actividades da Xunta de Galicia que resulten de interese para a cidadanía.

15.9.2017

22.319,84 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Economía, Emprego e Industria e a entidade Faro de Vigo, S.A.U., editora do xornal Faro de Vigo, para elaborar e publicar información relacionada con estratexias, programas e/ou iniciativas da consellería e actividades da Xunta de Galicia que resulten de interese para a cidadanía.

15.9.2017

66.415,14 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Economía, Emprego e Industria e a entidade Rías Baixas de Comunicación, S.A., editora do xornal Atlántico Diario, para elaborar e publicar información relacionada con estratexias, programas e/ou iniciativas da consellería e actividades da Xunta de Galicia que resulten de interese para a cidadanía.

15.9.2017

3.538,51 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Economía, Emprego e Industria e a entidade La Opinión de La Coruña, S.L., editora do xornal La Opinión A Coruña, para elaborar e publicar información relacionada con estratexias, programas e/ou iniciativas da consellería e actividades da Xunta de Galicia que resulten de interese para a cidadanía.

15.9.2017

9.526,76 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Economía, Emprego e Industria e a Corporación Voz de Galicia, S.L.U., editora do xornal La Voz de Galicia, para elaborar e publicar información relacionada con estratexias, programas e/ou iniciativas da consellería e actividades da Xunta de Galicia que resulten de interese para a cidadanía.

15.9.2017

149.978,46 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Economía, Emprego e Industria e a entidade Editorial Compostela, S.A., editora do xornal El Correo Gallego, para elaborar e publicar información relacionada con estratexias, programas e/ou iniciativas da consellería e actividades da Xunta de Galicia que resulten de interese para a cidadanía.

15.9.2017

17.692,56 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia e a Confederación de Empresarios de Galicia para o desenvolvemento de actividades de información e difusión do Eures transfronteirizo Galicia-Norte de Portugal.

22.9.2017

21.500,00 €

Convenio específico de colaboración entre a Consellería de Economía, Emprego e Industria e o Consorcio para o desenvolvemento de aplicacións para a xestión universitaria (CIXUG), para a realización do curso de posgrao e do curso ponte de especialización en orientación laboral 2017.

28.9.2017

140.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Economía, Emprego e Industria e a Fundación Centro Tecnolóxico do Granito de Galicia para a realización de traballos para o control da exposición ao radón dos traballadores do sector do granito e o estudo das radiacións emitidas por diferentes materiais de granito.

23.10.2017

85.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia e a Fundación Instituto Feiral de Vigo, para financiamento de gastos relativos á celebración de actividades de promoción no recinto feiral Instituto feiral da cidade de Vigo.

27.10.2017

36.165,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Economía, Emprego e Industria e a Fundación Centro Tecnolóxico do Granito de Galicia para a realización de traballos de valorización da pedra natural mediante a vixilancia tecnolóxica que fomenten o desenvolvemento do sector do granito.

10.11.2017

30.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Economía, Emprego e Industria e a Fundación Centro Tecnolóxico do Granito de Galicia para a realización de traballos para o desenvolvemento de actuacións de dinamización e difusión nacional do sector da pedra natural e, en especial, do sector do granito.

10.11.2017

90.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia e o Consello Galego de Cámaras para o desenvolvemento do proceso electoral nas cámaras de comercio, industria, servizos e navegación de Galicia.

24.11.2017

112.000,00 €

Addenda 3ª ao Convenio de colaboración entre a Consellería de Economía e Industria e o Concello de Vilagarcía de Arousa para a mellora de instalacións do mercado de abastos 2ª fase.

27.11.2017

Non ten

achega económica

Addenda ao Convenio de colaboración entre a Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia e o Concello de Ourense para desenvolver un plan integral de mellora das infraestruturas do polígono industrial do Vinteún (As Coíñas).

28.11.2017

Non ten

achega económica

Addenda de modificación ao Convenio de colaboración subscrito o 30 de decembro de 2014 entre o Ministerio de Fomento, a Consellería de Economía e Industria da Xunta e o Concello de Cambados (Pontevedra) para a realización e financiamento das obras de remodelación da praza de abastos e lonxa vella.

13.12.2017

Non ten

achega económica

Addenda ao Convenio de colaboración entre a Consellería de Economía, Emprego e Industria, a Deputación da Coruña e o Concello de Pontedeume para a reforma e ampliación do mercado municipal.

15.12.2017

Non ten

achega económica