Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 25 Luns, 5 de febreiro de 2018 Páx. 8237

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

RESOLUCIÓN do 23 de xaneiro de 2018 pola que se fai pública a formalización da contratación do servizo de evolución da ferramenta de HelpDesk da Xunta de Galicia (expediente 2017/PA/0046).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Xerencia da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizo.

b) Descrición do obxecto: servizo de desenvolvemento, soporte e mantemento dun sistema de Oficina Agraria Virtual.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.gal

d) Medio de publicación do anuncio de licitación: DOG, DOUE e BOE.

e) Data de publicación do anuncio de licitación:

DOG: 30.5.2017.

DOUE: 26.5.2017.

BOE: 6.6.2017.

3. Tramitación e procedemento.

a) Procedemento: aberto, harmonizado.

b) Tramitación: ordinaria, documentalmente simplificada.

4. Valor estimado do contrato: o valor estimado é de 516.000,00 €.

5. Orzamento base de licitación.

O orzamento máximo autorizado é de 258.000,00 € máis 54.180,00 € que corresponden ao IVE (21 %), o que supón un total de 312.180,00 €.

6. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 25.9.2017.

b) Data de formalización do contrato: 14.11.2017.

c) Contratista: Everis Spain, S.L.U.

d) Importe de adxudicación: 296.442,74 € (IVE incluído).

Santiago de Compostela, 23 de xaneiro de 2018

Mar Pereira Álvarez
Directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia