Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 25 Luns, 5 de febreiro de 2018 Páx. 8235

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

RESOLUCIÓN do 23 de xaneiro de 2017 pola que se fai pública a formalización da contratación da subministración e actualización tecnolóxica de software de servidor e licenzas de acceso de cliente, da Xunta de Galicia (expediente 2017/PA/0049).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Xerencia da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: subministración.

b) Descrición do obxecto: o obxecto é a contratación da subministración e actualización tecnolóxica de software de servidor, e licenzas de acceso de cliente, para a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) da Xunta de Galicia.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es

d) Medio de publicación do anuncio de licitación: DOG, DOUE e BOE.

e) Datas de publicación do anuncio de licitación:

DOG: 19.6.2017.

DOUE: 17.6.2017.

BOE: 19.6.2017.

3. Tramitación e procedemento.

a) Procedemento: aberto, harmonizado.

b) Tramitación: ordinaria, documentalmente simplificada.

4. Valor estimado do contrato: o valor estimado é de 330.570,40 €.

5. Orzamento base de licitación.

O orzamento máximo autorizado é de 330.570,40 €, máis 69.419,78 € que corresponden ao IVE (21 %), o que supón un total de 399.990,18 €.

6. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 22.9.2017.

b) Data de formalización do contrato: 17.11.2017.

c) Contratista: Specialist Computer Centres, S.L.

d) Importe de adxudicación: 313.923,37 € (IVE incluído).

Santiago de Compostela, 23 de xaneiro de 2017

Mar Pereira Álvarez
Directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia