BDNS (Identif.): 379383.
De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo pode consultarse na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans):
Primeiro. Entidades beneficiarias
– As asociacións de entidades de economía social.
– Os concellos de Galicia, e as áreas metropolitanas, mancomunidades de municipios e os consorcios locais.
– As cámaras de comercio.
– As universidades.
– As fundacións e asociacións, e as organizacións profesionais, empresariais e sindicais.
As entidades beneficiarias deben ter formalizada a súa adhesión á Rede Eusumo mediante a subscrición de convenio de colaboración coa Consellería de Economía, Emprego e Industria, nos termos previstos no artigo 13 do Decreto 225/2012, do 15 de novembro, polo que se crea a Rede Eusumo para o fomento do cooperativismo e da economía social e se regula o seu funcionamento, con anterioridade á publicación da orde de convocatoria.
Segundo. Obxecto e finalidade
Realizar actividades de promoción e impulso do cooperativismo e da economía social.
Terceiro. Bases reguladoras
Orde do 29 de decembro de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións ás entidades colaboradoras da Rede Eusumo para realizar actividades de promoción e impulso do cooperativismo e da economía social, e se convocan para os anos 2018 e 2019.
Cuarto. Contía
O orzamento total ascende a un millón cento vinte e catro mil euros (1.124.000,00 €), distribuído en dúas anualidades: anualidade 2018, 650.000,00 €; anualidade 2019, 474.000,00 €.
Quinto. Prazo de presentación de solicitudes
O prazo xeral para a presentación das solicitudes de axuda é dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia.
Sexto. Outros datos
Unha vez acreditada a aceptación da subvención e logo de solicitude, poderase facer efectivo en concepto de pagamento anticipado ata un 80 % do importe da subvención.
Santiago de Compostela, 29 de decembro de 2017
Francisco José Conde López
Conselleiro de Economía, Emprego e Industria