Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 25 Luns, 5 de febreiro de 2018 Páx. 8153

III. Outras disposicións

Instituto Galego de Promoción Económica

EXTRACTO da Resolución do 21 de decembro de 2017 pola que se dá publicidade do acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das liñas de apoio ao acceso e adecuación do financiamento das explotacións agrarias de toda a Comunidade Autónoma de Galicia afectadas pola seca do ano 2017, instrumentadas mediante convenio de colaboración subscrito coas entidades financeiras e as sociedades de garantía recíproca, e se convocan en réxime de concorrencia non competitiva.

BDNS (Identif.): 383656.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (BDNS) (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).

Primeiro. Beneficiarias

Poderán acceder ás liñas de financiamento previstas nestas bases as pequenas e medianas empresas, incluídos os autónomos, segundo a definición establecida pola Comisión Europea, que desenvolvan unha actividade económica agraria.

Tamén poderán acceder á condición de beneficiario as comunidades de bens, sociedades civís ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado que, mesmo carecendo de personalidade xurídica, poidan levar a cabo as actividades ou se encontren na situación que motiva a concesión da axuda.

Neste caso, o préstamo deberá estar formalizado a nome da entidade e deberá ser asinado por cada un dos seus membros. No caso das cooperativas, o préstamo poderá estar asinado por un representante da entidade, logo da súa autorización, ou polos cooperativistas, que asumirán a débeda en proporción á súa porcentaxe de participación.

Ademais, deberán cumprir os requisitos establecidos no artigo 2 das bases reguladoras.

Segundo. Obxecto

As axudas concédense en réxime de concorrencia non competitiva e teñen por obxecto regular o contido e o procedemento de tramitación de dúas liñas de financiamento bonificado dirixido ás explotacións agrarias de toda a Comunidade Autónoma de Galicia afectadas pola seca do ano 2017, co obxecto de adecuar e reforzar a súa estrutura financeira.

Os apoios poderanse materializar a través de dúas liñas:

Liña 1. Refinanciamento de pasivos.

Liña 2. Apoio ao circulante.

Terceiro. Bases reguladoras

Resolución do 21 de decembro de 2017 pola que se dá publicidade do acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das liñas de apoio ao acceso e adecuación do financiamento das explotacións agrarias de toda a Comunidade Autónoma de Galicia afectadas pola seca do ano 2017, instrumentadas mediante convenio de colaboración subscrito coas entidades financeiras e as sociedades de garantía recíproca, e se convocan en réxime de concorrencia non competitiva.

Cuarto. Importe

Os créditos dispoñibles para concesións de subvención nesta convocatoria aboaranse con cargo á aplicación orzamentaria 09.A1.741A.7700, por un importe de 500.000 € para o exercicio 2018.

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes por parte da interesada no Igape comezará o día seguinte ao da publicación da resolución de convocatoria no Diario Oficial de Galicia e rematará o 28 de marzo de 2018. As entidades financeiras deberán comunicar ao Igape a súa decisión sobre a concesión da operación financeira ata o 25 de abril de 2018.

No caso de esgotamento do crédito, o Igape publicará a dita circunstancia no Diario Oficial de Galicia e na páxina web do Igape www.igape.es co fin de pechar anticipadamente o prazo de presentación de solicitudes, de conformidade co establecido no artigo 31.4 da Lei de subvencións de Galicia.

Santiago de Compostela, 21 de decembro de 2017

Pablo Casal Espido
Secretario xeral do Instituto Galego de Promoción Económica