Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Martes, 6 de febreiro de 2018 Páx. 8528

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

RESOLUCIÓN do 11 de xaneiro de 2018, da Comisión Provincial de Vivenda da Coruña, pola que se acorda o inicio do proceso de selección de persoas adxudicatarias de vivendas de protección oficial de promoción pública (aloxamento protexido) en segundas ou posteriores adxudicacións no concello das Pontes de García Rodríguez.

De conformidade co establecido no Decreto 1/2010, do 8 de xaneiro, polo que se regula o Rexistro Único de Demandantes de Vivenda da Comunidade Autónoma de Galicia e a adxudicación das vivendas protexidas, así como as acollidas a programas de acceso á vivenda con axudas públicas, e no Decreto 253/2007, do 13 de decembro, de réxime xurídico do solo e das edificacións promovidas polo Instituto Galego da Vivenda e Solo, a Comisión Provincial de Vivenda da Coruña

Acorda iniciar o proceso de selección de persoas adxudicatarias de vivendas de protección oficial de promoción pública (aloxamento protexido) en segundas ou posteriores adxudicacións no concello das Pontes de García Rodríguez, que se desenvolverá de conformidade coas seguintes bases:

Primeira. Obxecto do procedemento

1. O procedemento ten por obxecto adxudicar, logo do seu correspondente proceso de selección, as catorce (14) vivendas de promoción pública do concello das Pontes que se indican á continuación e as que estean de novo a disposición do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) ao longo do período de vixencia destas bases, consonte o establecido na base oitava.

Expediente

Conta

Enderezo

m2 útiles

Nº hab.

Anexos

C-2006/040

1

Sergio Rivera Chao, 13-15, 1º A

54,52

2

Rocho e garaxe

C-2006/040

3

Sergio Rivera Chao, 13-15, 1º C

43,52

1

Rocho e garaxe

C-2006/040

4

Sergio Rivera Chao, 13-15, 1º D

43,68

1

Rocho e garaxe

C-2006/040

6

Sergio Rivera Chao, 13-15, 1º F

43,68

1

Rocho e garaxe

C-2006/040

14

Sergio Rivera Chao, 13-15, 2º F

43,68

1

Rocho e garaxe

C-2006/040

16

Sergio Rivera Chao, 13-15, 2º H

54,52

2

Rocho e garaxe

C-2006/040

17

Sergio Rivera Chao, 13-15, 3º A

54,52

2

Rocho e garaxe

C-2006/040

18

Sergio Rivera Chao, 13-15, 3º B

43,68

1

Rocho e garaxe

C-2006/040

19

Sergio Rivera Chao, 13-15, 3º C

43,52

1

Rocho e garaxe

C-2006/040

20

Sergio Rivera Chao, 13-15, 3º D

43,68

1

Rocho e garaxe

C-2006/040

23

Sergio Rivera Chao, 13-15, 3º G

43,68

1

Rocho e garaxe

C-2006/040

26

Sergio Rivera Chao, 13-15, 4º B

43,68

1

Rocho e garaxe

C-2006/040

27

Sergio Rivera Chao, 13-15, 4º C

43,52

1

Rocho e garaxe

C-2006/040

31

Sergio Rivera Chao, 13-15, 4º G

43,52

1

Rocho e garaxe

2. Para realizar as adxudicacións elaborarase unha lista, integrada por 40 persoas inscritas no Rexistro Único de Demandantes de Vivenda, para a quenda xeral, elixidas polo procedemento previsto nestas bases.

Segunda. Requisitos dos/das beneficiarios/as

1. Poderán resultar adxudicatarias das vivendas as persoas, nacionais ou estranxeiras, maiores de idade ou menores emancipadas, con plena capacidade de obrar que reúnan os seguintes requisitos:

a) Atoparse inscritas no Rexistro Único de Demandantes, na data desta resolución de inicio, na Sección Primeira do Rexistro como demandantes de vivenda en réxime de arrendamento para o concello das Pontes de García Rodríguez como concello preferente.

b) Acreditar ingresos ponderados por unidade familiar ou convivencial, no último exercicio fiscal vencido, entre 0,45 e 2,5 veces o índice público de rendas de efectos múltiples (IPREM).

c) Residir ou traballar no concello das Pontes de García Rodríguez, agás no caso de emigrantes que desexen retornar e que acrediten residir fóra de Galicia por un tempo non inferior a cinco anos.

d) Carecer, calquera membro da unidade familiar ou convivencial, de vivenda en calidade de propietario/a, agás que se dean algunha das seguintes circunstancias:

– Acreditar que a vivenda que se dispón sexa inhabitable, insuficiente ou inadecuada nos termos do artigo 10.IV do Decreto 253/2007. Neste caso, a persoa adxudicataria queda obrigada a ofertarlle ao IGVS a dita vivenda.

– Habitar unha vivenda suxeita a expediente de expropiación ou desafiuzamento xudicial ou administrativo non imputable á persoa interesada, ou ben ocupar aloxamentos provisionais como consecuencia de situacións de emerxencia ou remodelación que impliquen a perda da vivenda.

e) Pertencer a algún dos colectivos aos cales están destinadas estas vivendas: maiores de 60 anos ou menores de 35 anos.

f) Non encontrarse en ningunha destas circunstancias, referidas a calquera membro da unidade familiar ou convivencial:

– Que xa fosen titulares de vivenda de protección pública (VPP) e a perdesen como consecuencia dun procedemento de desafiuzamento, resolución de contrato tramitado polo IGVS ou a allease por calquera causa, coa excepción de cambio de residencia por motivos laborais, ou outros xustificados, ao xuízo da Comisión Provincial.

– Que sexan titulares de bens inmobles de natureza rústica ou urbana suxeitos ao imposto sobre bens inmobles que teñan un valor catastral superior a 30.000 euros.

2. Sen prexuízo do dito, será requisito para a adxudicación da vivenda manter a vixencia da inscrición ao longo de todo o proceso de selección, de xeito que a falta de renovación da inscrición, de resultar obrigado/a a iso nos termos do artigo 15 do Decreto 1/2010, en calquera momento anterior ao acordo de adxudicación definitiva, determinará a perda do dereito ao acceso á vivenda.

Terceira. Cualificación das vivendas

As vivendas foron cualificadas definitivamente mediante a Resolución do xefe territorial da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, do 9 de setembro de 2011, como vivendas de protección oficial de promoción pública en réxime de arrendamento.

Cuarta. Réxime de adxudicación

1. As vivendas adxudicaranse en réxime de arrendamento para satisfacer as necesidades dos colectivos especificados.

2. O réxime de adxudicación manterase durante toda a vixencia do réxime legal de protección sen que sexa posible o cambio de réxime de arrendamento a compra.

3. De conformidade co artigo 74 da Lei 8/2012, a Comisión Provincial de Vivenda poderá, en calquera momento anterior á aprobación da lista definitiva de persoas adxudicatarias e de espera, afectar vivendas deste proceso para a súa adxudicación polo procedemento previsto no artigo 47 e seguintes do Decreto 253/2007.

Quinta. Condicións xerais de carácter económico

1. Os contratos de arrendamento terán unha vixencia de cinco (5) anos prorrogables por períodos anuais e estará prohibido, en todo caso, a cesión ou subarrendamento total ou parcial. A contravención desta prohibición dará lugar á resolución do contrato de arrendamento, con independencia das sancións a que houber lugar.

2. A renda inicial anual será a que resulte de lle aplicar o 3 % ao que sería o prezo de venda da vivenda e anexos, determinado de acordo co establecido no Decreto 253/2007.

3. A eficacia da adxudicación estará condicionada á sinatura do correspondente contrato de arrendamento, logo do pagamento por parte da persoa adxudicataria da fianza correspondente.

Sexta. Procedemento de selección

1. O procedemento de selección tramitarase consonte o establecido nos artigos 22 a 30 do Decreto 1/2010.

2. A selección efectuarase mediante sorteo, que se celebrará ante notario o día 19 de febreiro de 2018, agás indispoñibilidade do fedatario autorizante, caso en que se publicará a data definitiva do sorteo na páxina web do IGVS, cunha antelación mínima de tres días naturais.

No sorteo elixiranse un total de 40 persoas por orde correlativa, se as houber.

Unha vez rematado o sorteo, procederase á publicación da lista provisional de persoas adxudicatarias e de espera. Realizados os trámites previstos nos artigos 24 e 25 do Decreto 1/2010, a Comisión Provincial de Vivenda ditará resolución aprobatoria da lista definitiva de persoas adxudicatarias e de espera.

3. Se o número de inscritos no Rexistro, nos termos reflectidos na base segunda, non excede o número de vivendas ofertadas, non será precisa a celebración de sorteo e o presidente da comisión quedará facultado para a aprobación da lista provisional de adxudicatarios/as.

Sétima. Publicidade, reclamacións e recursos

1. A resolución de inicio do procedemento de adxudicación publicarase no DOG e nela indicarase o medio onde se efectuarán as sucesivas publicacións, entendendo por sucesivas publicacións as das listas provisional e definitiva de persoas adxudicatarias e de espera.

A publicación das listas provisional e definitiva de persoas adxudicatarias e de espera realizarase nos taboleiros de anuncios do concello, no da área provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo e na páxina web do organismo.

A publicación substituirá as notificacións persoais de conformidade co previsto no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

2. Tras a publicación da lista provisional na forma indicada, as persoas solicitantes que se consideren prexudicadas no seu dereito disporán dun prazo de dez días para presentaren reclamacións ante a Comisión Provincial de Vivenda, que deberá adoptar a resolución que proceda no prazo máximo de tres meses.

3. Contra a aprobación da lista definitiva de persoas adxudicatarias e de espera, logo da súa publicación nos termos sinalados no número 1, poderase interpor recurso de reposición de conformidade co establecido no artigo 123 da Lei 39/2015.

Oitava. Vixencia das listas definitivas

As listas definitivas deste proceso de selección manterán a súa vixencia ata que teña lugar algunha das seguintes circunstancias:

– Que se cumpra un ano desde a aprobación de tales listas.

– Que se produza a súa caducidade automática ao resultar esgotadas por non quedaren integrantes a quen ofertar as vivendas.

– Que sexan aprobadas novas listas definitivas noutro proceso en que se inclúan vivendas vacantes deste.

A Coruña, 11 de xaneiro de 2018

José Antonio Álvarez Vidal
Presidente da Comisión Provincial de Vivenda