Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Martes, 6 de febreiro de 2018 Páx. 8534

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

RESOLUCIÓN do 30 de xaneiro de 2018 pola que se rectifica erro material na Resolución do 7 de decembro de 2017 pola que se anuncia a licitación, polo procedemento aberto multicriterio e tramitación ordinaria, documentalmente simplificado e non suxeito a regulación harmonizada, do contrato de obra para a construción dun edificio para 36 vivendas de protección pública, garaxes, rochos e locais nas parcelas B-8A e B-8B do Plan parcial de Cambeses, na rúa Ignacio Grobas en Vigo (expediente PO-2015/020).

1. O 26 de decembro de 2017 publicouse no DOG núm. 243 a Resolución do 7 de decembro de 2017 pola que se anuncia a licitación da contratación, polo procedemento aberto multicriterio e tramitación ordinaria, documentalmente simplificado e non suxeito a regulación harmonizada, do contrato de obra para a construción dun edificio para 36 vivendas de protección pública, garaxes, rochos e locais nas parcelas B-8A e B-8B do Plan parcial de Cambeses, na rúa Ignacio Grobas en Vigo (expediente PO-2015/020).

2. No citado anuncio advertiuse a existencia de erro material en canto á garantía definitiva exixida ao adxudicatario, polo que debe procederse á súa rectificación, de conformidade co disposto no artigo 109.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, así:

No número 5. Garantías, onde di: «(...) b) Definitiva: 5 % do importe de adxudicación (IVE excluído)»; debe dicir: «(...) b) Definitiva: 5 % do orzamento de licitación (IVE excluído)».

Santiago de Compostela, 30 de xaneiro de 2018

A presidenta do Instituto Galego da Vivenda e Solo
P.D. (Resolución do 23.6.2010)
Heriberto García Porto
Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo